CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

MESA SECTORIAL 27 DE XULLO DE 2010 Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 28 Xullo 2010 10:35

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 27 DE XULLO DE 2010.


Previa á reunión de Mesa Sectorial tivemos unha reunión das organizacións sindicais, agora parece que todas as organizacións sindicais coincidimos no diagnóstico do que está a facer o SERGAS coa política sanitaria e moi particularmente coa política de persoal.

Unha vez iniciada a xuntanza de Mesa Sectorial, a Directora de RRHH do SERGAS pretende dar por aprobado o Plan de Ordenación de Recursos Humanos (PORH), limitando o debate do documento á periodicidade coa que se convocarían os concursos de traslados e OPE. O resto do articulado do documento  parece que non ten máis debate, pois a Admón non acepta ningunha das alegacións presentadas e dá por rematada a negociación. A súa intención é publicar o PORH mediante unha Resolución de Orde, para a axilizar a súa entrada en vigor, por iso non o tramitan como Decreto xa que canto antes sexa efectivo seica mellor.

Na quenda de intervencións das organizacións sindicais demos lectura ao escrito conxunto, por parte da Admón comunicóusenos que o consultarían coas instancias superiores e daríannos a contestación pertinente. A nosa impresión é que por parte do SERGAS onte deron por rematada a negociación.

 

Conclusións de CIG-SAÚDE sobre PORH.

Na rolda de intervención como CIG-SAÚDE, denunciamos unha vez máis a actitude da Admón. É impresentable que unha Admón pretenda sacar adiante dúas normas de tanto calado sen o mínimo consenso sindical.

O documento que pretende aprobar a Admón non é un PORH, senón unha norma que lle permita a Admón xogar coas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das súas políticas privatizadoras.

 

Para a CIG-SAÚDE o PORH debe ser un instrumento vinculado directamente a un proxecto de adecuación de persoal, esixe por tanto a realización previa dun diagnóstico de necesidades actuais e futuras, globais ou para ámbitos determinados, que non aparece por ningures no borrador do SERGAS.

Se non hai diagnóstico de necesidades mal pode haber proposta de solucións ou medidas a adoptar, agás que do que se trate por parte do SERGAS non sexa outra cousa que lexitimar a través dun PORH unha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

Este documento en vez de concretar as medidas, limítase a reiterar que no futuro se deseñarán tales medidas, previo paso ou non pola Mesa Sectorial.

 

CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, a retirada deste documento e a presentación por parte do SERGAS dun verdadeiro Plano de Ordenación de RRHH.

 

No mes de setembro teremos unha nova reunión das organizacións sindicais de Mesa Sectorial para analizar as posibilidades de adoptar medidas concretas contra os dous documentos do Sergas: xestión integrada e PORH. Independentemente das actuacións que poidamos facer de futuro co resto das organizacións, nós faremos unha campaña intensiva de explicación dos documentos do SERGAS e das nosas alegacións.

Addthis
 

Comentarios 

 
# due 28-07-10 14:12
Cal sería esa periodicidade da OPE e traslados???
Queren cambiar a periodicidade de cada dous anos??
 
 
# CIG Saúde O Barco 29-07-10 08:32
A periodicidade está por negociar, mais non se pode mirar cal vai ser a periodicidade sen antes pechar outras cuestións como qué prazas se van ofertar, posto que, coa actual política sanitaria do PP, moitas categorías van desaparecer na maioría dos centros e non vai haber prazas a ofertar. En principio a periodicidade ven indicada no Decreto de Provisión de Prazas como cada dous anos.
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info