CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Aviso sobre a convocatoria de traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 28 Xullo 2010 10:38

Onte comentámoslle ao SERGAS que no borrador do concurso de traslados faltaban prazas que si se recollían nos documentos anteriores, hoxe volvimos falar con eles e dixéronnos que están a preparar unha corrección de erros.

Addthis
 

Comentarios 

 
# pedro 28-07-10 22:24
TEÑO PENSADO CONCURSAR NA CATEGORIA DE ADMINISTRATIVO, INTERÉSANME PONTEVEDRA E OURENSE. TENDO EN CONTA A ESCASA OFERTA DE PLAZAS,MESMO COAS RESULTAS, GUSTARIAME CONTACTAR COAS PERSOAS QUE TEÑAN INTENCIÓN DE MOVERSE PARA CLAREXAR UN POUCO A SITUACIÓN. GRACIÑAS
 
 
# pepa 28-07-10 22:34
Unha pregunta
Podese renunciar á nova praza unha vez incorporados e voltar a q se tiña anteriormente en caso de non querer quedarse nela? como nos acoplamentos internos por exemplo
 
 
# CIG Saúde O Barco 29-07-10 08:35
O destino acadado é irrenunciable.
 
 
# pepa 28-07-10 22:35
Outra cousa pidense tamen as posibles res
ultas non?
 
 
# CIG Saúde O Barco 29-07-10 08:36
Efectivamente, pódense pedir tamén as resultas.
 
 
# APAJDOM 29-07-10 07:25
Pepa:

Creo que non se pode renunciar ao destino do concurso de traslados.
saúdos
 
 
# pepa 30-07-10 06:22
Pregunto o das resultas xq na convocatoria non salen as posibles resultas de enfermeria e dee outras categorias sí
 
 
# CIG Saúde O Barco 30-07-10 08:18
Na convocatoria si que saen as resultas de enfermaría. Compróbao.
 
 
# PR 30-07-10 06:46
unha ultima pregunta rapaces: estou pendiente de que me entreguen a miña nova vivenda antes de finais de ano. Se o proceso inda non rematou, teño que notificar a este efecto a nova dirección, ou non é necesario?
 
 
# CIG Saúde O Barco 30-07-10 08:19
O enderezo é a efectos de notificación. Se vas poder seguir a recibir as notificacións no teu antigo enderezo non é necesario que o cambies, mais se non é así, deberías notificalo.
 
 
# PR 30-07-10 08:34
Dacordo, como non o sei, porque non sabemos o que tardará isto e non sei cando me mudarei, podo por a dirección da miña casa familiar, é dicir, o enderezo dos meus pais, que iso é inamobible, se só é a efectos de notificación non hai problema en poñelo así, non?
 
 
# CIG Saúde O Barco 30-07-10 10:44
Si, só é a efectos de notificación.
 
 
# Miriam 30-07-10 10:52
Teño unha dúbida na cumplimentación da instancia: no apartado "situación administrativa", no meu caso servizo activo, hay que por "data da resolución", iso que é? a data do nombramento, cando o firmei, ou a data na que saliu a miña ope? non sei que poñer, e nas instruccións non o di
 
 
# CIG Saúde O Barco 30-07-10 11:21
Supoñemos que se refire ao caso en que esteas nunha situación administrativa distinta, para poñer a data da resolución na que che concederon a outra situación administrativa. En todo caso, se se refire á data da praza, tes que poñer a data da resolución de toma de posesión, que é a data efectiva do nomeamento.
 
 
# Juan 30-07-10 10:59
Boas, eu teño a mesma dubida, que é a data de resolucion.

Por certo cales son esas modificacións que van publicar, digo eu que o normal sería paralizar a aplicación pois moita xente xa cubriu todo, e vai pasar que logo non tiveron as mesmas opcións...

En espacializada, non aparecen as resultas!!!!

Deberían de engadir as prazas que non estan e publicar todo no doga de novo, poñendo un prazo do 3 de agosto o 15 de setembro.

Por que non e normal que cada vez que quero coller lugares non esten, e cada dia haxa un listado de destinos diferente....
 
 
# CIG Saúde O Barco 30-07-10 11:23
Tes toda a razón do mundo, mais isto é o SERGAS. Xa a estas alturas non nos sorprende nada. Estivemos un mes agardando a que nos enviaran as prazas, preguntando cada día, e non o fixeron, e mándanas a DOG así e agora andamos con correccións.
 
 
# Miriam 30-07-10 11:26
Non entendo ben, a data da resolución é a data de cando o sergas publicou a listas das personas con dereito a praza da miña ope, ou a data do meu nomeamento firmado como persoal estatutario no meu centro de destino? porque non é a mesma...
 
 
# CIG Saúde O Barco 30-07-10 11:48
a data do nomeamento
 
 
# Currito 30-07-10 12:09
Citando Miriam:
Non entendo ben, a data da resolución é a data de cando o sergas publicou a listas das personas con dereito a praza da miña ope, ou a data do meu nomeamento firmado como persoal estatutario no meu centro de destino? porque non é a mesma...


Trátase da data que figura na DILIXENCIA DE TOMA DE POSESIÓN. Vamos, a data na que firmaches a toma de posesión...
 
 
# amalita 30-07-10 14:58
Hai plazas que están mal, peor que antes por exemplo a psx de Xanceda, poñía centro "Mesia", ahora pon centro "Mesia" e en municipio"Ordes", cando son dous municipios distintos,deber ia ser centro "Xanceda" municipio "Mesia", a de Curtis o centro está en Teixeiro, as de Guitiriz pon 3 e 2 son en Guitiriz pero a terceira é en Parga e estan as 3 co mesmo código.Non sei no momento de pedir a que aternos.
 
 
# CIG Saúde O Barco 31-07-10 08:35
Sabemos de varios dos erros que comentades. Respostámosche igual que a Juan nun comentario anterior: isto é o SERGAS. Quedaron en enviar as prazas que pensaban sacar definitivamente hai case un mes e non as enviaron. Envian a DOG sen contar con nós e agora veñen os problemas e hai correccións de erros e demais.
Estamos remitindo todas as queixas que nos van chegando por ver se entran na corrección de erros. É todo o que podemos facer.
 
 
# Miriam 30-07-10 17:58
Dacordo, moitas gracias, tanto a ciga como a currito :)
 
 
# Tolón 30-07-10 18:50
Hola, teño unha dúbida: na solicitude electrónica de traslados, no apartado "Centro en propiedade " se temos a praza no Sergas e non é ningunha do listado, ¿Poñemos Sistema Nacional se Saúde ou ben Outra praza so Sergas?.
 
 
# CIG Saúde O Barco 31-07-10 08:39
Estráñanos que non apareza algún centro no listado, pero podería ser. Nese caso pon "Outra praza no SERGAS" se é que existe esa opción.
 
 
# rocky 30-07-10 20:29
A compulsa do nomeamento en propiedade refirese o papel que nos deron no acto de eleccion de destino?
E para @s enfermer@s non contan nada os cursos no apartado de formacion?
 
 
# CIG Saúde O Barco 31-07-10 08:40
Refírese a unha copia cotexada do papel que che entregan cando asinas a toma de posesión no centro.
Nos traslados só conta formación para o persoal facultativo. É algo que se está a negociar para os seguintes e veremos como queda.
 
 
# Carol 30-07-10 20:49
Hola, mi pregunta es si en el registro donde entregemos la documentación del concurso nos compulsan alli el dni y el titulo. Gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 31-07-10 08:41
Normalmente así é. Poden cobrarche a compulsa ou non dependendo do rexistro onde o entregues. Se é do SERGAS ou da Consellaría de Sanidade non deberían.
 
 
# PR 02-08-10 07:49
Sobre o mesmo tema da "data da resolución", eu estou en servizo activo, pucen a data pero o imprimir non sae, será que neste caso non hay que poñer nada??
 
 
# CIG Saúde O Barco 02-08-10 08:55
Non saberíamos respostarche. Se non se imprime será que non é necesaria. Entendemos que ao que se refire con data da resolución, é naqueles casos en que se está en excedencia ou situacións deste tipo e non en servizo activo.
 
 
# PR 02-08-10 09:18
Dacordo, moitisimas gracias pola pronta resposta. No meu centro de traballo dixeronme que non me poden dar os servizos prestados ata polo menos o 15 de agosto. E isto normal?
 
 
# CIG Saúde O Barco 02-08-10 12:00
Supoñemos que se refiren a que ata esa data non os terán certificados e asinados. É bastante tempo, pero segundo a xerencia, pode ser normal.
 
 
# Currito 02-08-10 10:16
Unha pregunta, esa correción de erros que vai a sair, ¿sabedes de que vai a ir e a qué categorías vai a afectar...?
Grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 02-08-10 12:01
Nós remitimos diversas alegacións sobre diversas categorías. Non sabemos cales recollerán e cales non na corrección de erros. O lóxico tería sido enviarnos as prazas antes para poder difundilas e que a xente alegara, para deste xeito poder enviar a DOG un cadro de prazas correcto e non andar con correccións de erros despois.
 
 
# PR 03-08-10 09:01
Nas categorias de tel, ter e teap non hai resultas, non?
 
 
# CIG Saúde O Barco 03-08-10 09:25
Pódense pedir resultas co código do hospital, non están especificadas porque as prazas están codificadas por centro.
 
 
# natalia 03-08-10 10:25
Buenos días:

No sé si me he entarado bien, entonces al pedir un hospital ya estás pidiendo las vacantes y las resultas, entiendo por lo tanto que no hay que pedir las resultas a parte, con pedirlo una vez basta para pedirlo todo, no?
 
 
# CIG Saúde O Barco 04-08-10 07:56
Efectivamente, ao pedir o código do hospital correspondente xa estás pedindo as prazas ofertadas e as resultas que poidan quedar.
 
 
# PR 03-08-10 17:39
Citando natalia:
Buenos días:

No sé si me he entarado bien, entonces al pedir un hospital ya estás pidiendo las vacantes y las resultas, entiendo por lo tanto que no hay que pedir las resultas a parte, con pedirlo una vez basta para pedirlo todo, no?

Eu tampouco o entendo ben: por exemplo, se eu pido as prazas de ter no chuvi, xa estou pedindo as posibles resultas? e que non van por hospital, van por area, xa que non temos att. primaria...
 
 
# CIG Saúde O Barco 04-08-10 07:58
Ao pedir as prazas ofertadas de TER no CHUVI xa estás pedindo as resultas que poidan quedar nese centro.
 
 
# natalia 04-08-10 08:12
Buenos días;

No sé que haríamos sin vosotros para resolvernos las dudas porque desde luego llamando al sergas dicen que la persona que lo lleva está de vacaciones y que todo está claro en la convocatoria y punto, vamos de escandalo es esto del sergas.

Otra pregunta, con la corrección que va salir el día 6 ahora salen resultas en 3 centros de salud en la catogoría de auxiliar administrativo, esas plazas las tenemos que pedir como otra cualquira más, no sé si me explico, si lo primero que me interesa es una resulta yo la puedo pedir de primara sin expeficar nada, no?
 
 
# CIG Saúde O Barco 04-08-10 09:16
Efectivamente as resultas deben solicitarse igual que as prazas ofertadas por orde de preferencia.
 
 
# natalia 04-08-10 09:23
Gracias por vuestra información.

Entiendo entonces que se pueden pedir incluso antes de las vacantes, no?
 
 
# CIG Saúde O Barco 04-08-10 11:03
así é
 
 
# Currito 04-08-10 10:07
Citando natalia:
Gracias por vuestra información.

Entiendo entonces que se pueden pedir incluso antes de las vacantes, no?



Claaaaaaaaaaaaa ro....
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info