CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Setembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Frase pra baixar os modulos en firefox

Reclaman sancións para os policias que ameazaron a unha xornalista de el pais Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Mércores, 28 Xullo 2010 11:19

fonte Vieiros
A Policía española amosa un ano máis o seu desprezo polo galego durante o Día da Patria

Reclaman sancións para o axente 'antidisturbios' que ameazou a unha xornalista con "darle unas hostias" por usar o nome oficial dunha praza en Compostela
A celebración Día da Patria en Santiago de Compostela deixou un ano máis distintos exemplos do desprezo da Policía española polo idioma galego. Varios xornalistas foron insultados e ameazados por utilizar a lingua e a toponimia propias do país. O BNG e a Mesa pola Normalización Lingüística reclaman que se investiguen estes sucesos e se sancione aos axentes implicados.
Luis Davila amosou a súa particular visión do tema.

Aínda que ano tras ano se tiñan rexistrado incidentes similares, a actitude dos policías españois desprazados á capital galega con motivo da celebración do Día da Patria acadou este ano maior relevancia despois de que un rotativo madrileño con delegación en Galiza recollese unha das denuncias. Nesta ocasión a vítima foi unha xornalista andaluza do propio medio de comunicación. Segundo relata o diario, un axente que se atopaba na noite do 24 instigando unha concentración independentista na porta Faxeira dirixiuse á redactora, que viña de preguntarlle a unha viandante pola praza da Peixería Vella, para espetarlle que “se llama Pescadería Vieja y tú, que eres de fuera, deberías saberlo”. A continuación recomendoulle que correse, “no vaya a ser que te demos unas hostias”.

Outra traballadora dun medio dixital galego tamén foi insultada por un axente 'antidisturbios' cando camiñaba acompañada dunhas amigas. Nesta ocasión preguntoulles se tiñan algún problema porque el non falase galego, para a continuación dicirlles que “a ver si camináis tan lento cuando vayamos de trás de vosotras”. Pero aínda foi máis alá e díxolles rindo: “Tú, con lo gorda que estás, debes de andar cerca de los 90 quilos”.

Reclaman sancións

Diante disto, tanto o BNG como a Mesa pola Normalización Lingüística reclaman que se investiguen os casos e se adopten medidas disciplinarias contra os axentes implicados. A formación nacionalista presentou unha iniciativa parlamentaria no Congreso español e a Mesa solicitou ao Ministerio do Interior que depure responsabilidades por estes novos exemplos de criminalización do idioma.

Tamén vén sendo habitual que ano tras ano os axentes españois veten a entrada a distintas rúas da capital galega a persoas que portan bandeiras da patria ou simboloxía nacionalista. Feitos similares foron denunciados tamén nesta ocasión.

Addthis
 

Comentarios 

 
# heitor76 03-08-10 11:16
Para min o problema esta en quen instiga ,permite ou lle da igual que se comporten así. Ainda que esta claro que os policias que entran nese xogo tamén teñen a súa parte de culpa e o conto de sempre, que matamos ao mensaxeiro.

Saudos e parabens pola web que a tedes moi currada.
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info