CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Información Comisión Técnica OPE-Traslados Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 29 Xullo 2010 15:28

O martes houbo unha primeira reunión da Comisión Técnica de Provisión de Prazas, que pretende sentar as bases sobre as que se regulen os procesos de provisión vindeiros (OPEs, Concursos de Traslados). Esta é a información sobre esa reunión:

 

INFORMACIÓN SOBRE A COMISIÓN TÉCNICA DE PROVISIÓN DE PRAZAS 27 - XULLO - 2010.

Tratábase dunha primeira reunión de toma de contacto. A primeira reunión xa de traballo será na 2ª quincena de setembro, e posteriormente de forma mensual, con idea de que teña continuidade como comisión de seguimento.

fotografo

Puxéronse sobre a mesa os principais puntos que se ían tocar nas sucesivas reunións:

  • Instruccións de incorporacións e ceses da OPE en marcha. Envían un documento con estas instruccións para que lles fagamos chegar as nosas alegacións antes de 10 días. Podedes descargalo abaixo.

  • Plans de Acollida dos centros. Irán enviando os borradores dos distintos Plans de Acollida a medida que os vaian elaborando para que poidamos traballar sobre eles e facer as nosas alegacións.

  • Criterios estables de baremación.

  • Convocatoria:

    • O SERGAS falou de tratar o tema de que na convocatoria se recolla dalgún xeito (como xa se fai noutros servizos de saúde) que as persoas que se presenten á OPE non poidan ser propietarias dunha praza da mesma categoría noutro servizo de saúde. Ante isto, desde a CIG-Saúde xa puxemos enriba da mesa que non se pode falar deste tema sen que se garanta a convocatoria do 100% das prazas. Neste sentido o SERGAS respondeu que a súa intención é que se valore convocar e resolver os traslados previamente á OPE.

    • Quenda de discapacidade. Capacidade funcional, adaptación de postos...

    • Baremos: actualización e mellora. Neste punto como CIG-Saúde lembrámoslles que se na negociación do novo Pacto de Contratacións se optou pola vía de utilizar o baremo OPE, os baremos para ambos procesos deberían de ser os mesmos. É dicir, para selección temporal e definitiva o baremo a utilizar terán que ser os mesmos e non como sucedía ata agora que había cousas que se valoraban para un proceso e para outro non. Neste sentido, esiximos que se negocien os baremos dos dous procesos conxuntamente.

  • Traslados: valorar se existe a necesidade de cambiar o baremo, dándolle tamén unha valoración a outros parámetros ademais da experiencia.

  • Oposición: Tribunais (criterios de nomeamento, guía de formación dos tribunais, guía de funcionamento...)

Desde CIG-Saúde insistimos na necesidade dunhas instruccións de incorporacións e ceses que fosen clarificadoras para que non se deran casos de confusión como os vividos na última OPE. Nomeadamente esiximos que se clarifiquen as incorporacións das persoas seleccionadas pola quenda de discapacidade e das persoas que se atopan en situación de IT, para que se saiba con certeza cómo se van realizar estes procesos. No caso da quenda de discapacidade esiximos que sexan valoradas pola UPRL antes da toma de posesión para que lle sexan ofertados os postos adecuados á súa capacidade funcional.

* Documento Borrador de Instruccións Incorporacións e Ceses da OPE 2009 entregado .
Addthis
 

Comentarios 

 
# APAJDOM 29-07-10 20:37
Ola:

¿Porqué a toma de posesión da OPE é de un mes non retibuído,(me imaxino que é igual tanto para p.Interna coma libre) e os de Traslados lle retribuen ese mes?
 
 
# CIG Saúde O Barco 30-07-10 08:21
As persoas que se trasladan en ningún momento deixan de ser persoal propietario, polo que deben ser remuneradas independentemen te de que teñan días de permiso polo traslado. No caso da OPE ese persoal non é persoal propietario ata que toma posesión, polo que o mes de prazo que se dá para tomar posesión non pode ser remunerado en ningún caso. No caso da promoción interna, a persoa continúa cobrando na súa praza de orixe ata o momento da toma de posesión na outra.
 
 
# APAJDOM 30-07-10 07:26
Ola:

En canto a ubicación do persoal en distintas unidades. No punto 3, terceiro di: que os da OPE se fara en criterio da puntuación obtida no proceso selectivo.
Pois ben os que collemos praza por P.Interna temos unha desventaxa, posto que, ao non facer unha parte do exame(lexislaci ón), non nos puntúan esa parte, co cal ata podemos ter 5 ptos. menos que unha persoa que vai por libre.
Podedes por favor comentalo.
Moitas grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 30-07-10 08:23
Intentaremos comentalo nas nosas alegacións, inda que o máis lóxico é que se escolla destino do mesmo xeito que na OPE, é dicir, a quenda de promoción interna vai antes.
 
 
# logopeda 30-07-10 08:41
Segun a lei de profesions sanitarias o logopeda é personal sanitario, non entendo como siguen a cometer ese erro na dirección xeral, e nos poñen no concurso de traslados como persoal NON sanitario.....Rogo lle chamedes a atención.. xa vale, xa vale..ainda que sexamos un colectivo pequeno penso que os sindicatos, calquera teñen que estar atentos a estos cousas..que poden ser "minucias"....pra alguns, pero pra nos non y estamos dentro do sistema sanitario
 
 
# CIG Saúde O Barco 30-07-10 10:45
Farémoslle chegar a túa queixa ao SERGAS.
 
 
# APAJDOM 30-07-10 12:33
GRAZAS CIG.Eu penso igual.
saudos
 
 
# Berto 30-07-10 15:09
Hola, CIG: Vos fago unha pregunta que afeita a bastantes PSX que aprobaron tamén Auxiliar Administrativo.
No punto Dous.- Cuarto do documento que puxéchedes ó final para descargar dí que os que aprobaron en dúas categorías só poden tomar posesión nunha, quedando na outra en excedencia. Eso o debemos decidir no mesmo ACTO de toma de posesión. ¿Se entende por ACTO eses 30 días que dan? Porque nun mesmo día é imposible saber os dous destinos que acadaches, pensalo en 15 minutos, facer en word a instancia á Dirección Provincial para a excedencia e facer unha fotocopia da dilixencia da toma de posesión...
¿Podedes explicalo un pouco?
Grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 31-07-10 08:44
O proceso é máis ou menos como segue:

* Haberá un acto de elección de destino. No caso da persoa que acadou dúas prazas de categorías distintas acudirá, xa que logo, a dous actos de elección de destino.

* Desde o momento en que coñece os destinos adxudicados nas dúas categorías ata que remata o prazo de toma de posesión, esa persoa ten todo ese tempo para pensar en cal das dúas prazas quere tomar posesión e cal quere deixar en excedencia.

* Antes de que remate o prazo de toma de posesión a persoa en cuestión debe presentarse no centro que finalmente decida, tomar posesión da praza que lle corresponda e comunicar que quere quedar en excedencia na outra.
 
 
# MARA 06-08-10 11:40
Hola,podriais aclararme una duda?Estoy en situacion de excedencia por cuidado de hijos y pretendo incorporarme con un traslado, me queda claro que el plazo de posesion sería no remunerado, pero no se cuanto tiempo tengo para incorporarme. Gracias. (Me traslado a otra provincia )
 
 
# CIG Saúde O Barco 09-08-10 07:40
Inda que esteas en situación de excedencia por coidado de fillos debes cumprimentar os trámites administrativos igual que se estiveras activa. É dicir, tés o mesmo prazo de toma de posesión (15 días se é dunha área a outra do SERGAS) e se queres continuar en situación de excedencia debes comunicalo antes para que o tramiten.
 
 
# Meiga 03-09-10 09:53
Hola. Gustaríame saber se hai algunha noticia de cando estará a fase de concurso de celador e as prazas que saíran en cada sitio. Graciñas. O da toma de posesión no mes de octubre.......
 
 
# CIG Saúde O Barco 03-09-10 11:04
acabamos de publicar a información dada polo SERGAS telefónicamente .
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info