CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

O orgullo de ser da CIG Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 02 Agosto 2010 08:56
Copiamos (e suscribimos 100%) este artigo que publican @s nos@s compañeir@s de Monforte:

Onte podiamos ler nos xornais o gran pacto social firmado por C.C.O.O. , U.G.T. e o goberno do señor Feijoo. Non sei como non se lles cae a cara de vergoña. Despois dos recortes sociais levados a cabo polo PP, tanto no ensino como na sanidade (intentando privatizar todo o que poden e mais), agora veñen estes e firman un acordo de "diálogo social". Pero a qué estamos xogando?

Eso si ,na foto saen todos preciosos.

Nestes momentos é cando un se sinte orgulloso de pertencer a un sindicato que non se presta a este tipo de xogos. Podemos ir coa cabeza ben alta, con este goberno hai pouco que pactar e moito que loitar, sobre todo porque ainda anuncian mais recortes de cara ao ano que ven.

O que mais me fode de todo isto é que a xente pense:"sodes todos iguais". Non,non somos nin parecidos. E xa vai sendo hora de que empecedes a diferenciar.

 

A noticia en El País.

A noticia en El Correo Gallego (de onde extraemos a foto).

cp6f03853461_407595

 


Un novo apunte, a conta disto:

Non sabemos que terá o PP que é capaz de impor a algunhas organizacións sindicais o seu modelo sanitario sen ningún custe.

 

O día 27 de xullo,  previa á xuntanza da  Mesa Sectorial, tivemos unha reunión das organización sindicais para valorar os documentos de xestión integrada e  plan de ordenación de RRHH, nesa reunión, aparentemente,  todas/os coincidiamos no diagnóstico da situación, e na necesidade de rexeitar os documentos.

 

Na reunión de M.S do 27 de xullo as O.O.S.S. demos lectura ao escrito conxunto; solicitábamos a retirada dos dous documentos.

 

Pero un día despois, o día 28 de xullo,  preténdese que asinemos un documento onde se lle pide á Administración que desenvolva as disposicións transitorias do documento de Plan de Ordenación de RRHH, é dicir, xa nos vale o texto do documento e só se pide que se negocie na Mesa Sectorial. A resposta da CIG-SAÚDE foi que nós non podiamos asinar, xa que para a CIG-SAÚDE o que está en cuestión é o modelo de política sanitaria e non iamos a entrar no xogo da Admón.

 

Como se pode comprobar e, por outra parte, como xa teñen por costume, entran no xogo, xa non se discute o modelo, se non que a Admón non tome ningunha medida que non pase pola M.S.

 

En todo caso, na reunión conxunta quedouse en ter unha nova reunión de todas as O.O.S.S. en setembro, onde se valorarían as medidas a tomar. Veremos, pois, o que se decide nese momento.

 

Posicionamento da CIG-SAÚDE na M.S do 27 de xullo de 2010


O documento que pretende aprobar a Admón non é un PORH, senon unha norma que lle permita a Admón xogar cas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das  súas políticas privatizadoras.

 

Para a CIG-SAÚDE o PORH debe ser un instrumento vinculado directamente a un proxecto de adecuación de persoal, esixe por tanto a realización previa dun diagnóstico de necesidades actuais e futuras , globais ou para ámbitos determinados, que non aparece por ningures no borrador do SERGAS.

 

Se non hai diagnóstico de necesidades mal pode haber proposta de solucións ou medidas a adoptar, agás que do que se trate por parte do SERGAS non sexa outra cousa que lexitimar a través dun PORH unha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

 

Este documento en vez de concretar as medidas, limítase a reiterar que no futuro se deseñaran tales medidas, previo paso ou non pola Mesa Sectorial.

 

Desde CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, a retirada deste documento e a presentación por parte do SERGAS dun verdadeiro Plano de Ordenación de RRHH.

 

Este é o noso posicionamento e seguiremos a defendelo.


Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info