CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica

logocigsaudebarco4

<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Aclaración sobre a cualificación de celador Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 03 Agosto 2010 08:01
O sábado pasado publicábamos una noticia sobre a resposta que a Xefa de Servizo de Deseño e Acreditación de Cualificacións da Consellaría de Traballo enviou a raiz da nosa proposta de incluir aos celadores dentro da familia profesional sanitaria. Parece ser que esta resposta positiva foi moi ben acollida entre @s celador@s e foi recollida en diversos foros de opinión, entre os que se atopa unha páxina web moi visitada por este persoal.

O caso é que nesta páxina falan de que se incurre nun erro ao falar de nivel II, polo que queremos aclarar que non se trata de ningún erro, a CIG procura facer as cousas con contido e visión de futuro e por iso se fala de nivel II. Desde CIG-Saúde solicitamos que o nivel d@s celador@s sexa nivel II e o das auxiliares nivel III. Isto esta vinculado á nova clasificación do artigo 76 do Estatuto básico, se algún día se aplica:

Celadores: nivel II, grupo C2

Auxiliares: nivel III, grupo C1.

Polo tanto, do que se trataría é de que @s celador@s dean un salto na clasificación profesional, pasando do grupo E a o grupo C1, e de ai a nosa petición de nivel II. Non é, como vedes, un erro.

Addthis
 
Comentarios 

+1 # rita333 03-08-10 11:01
E os PSX en qué nivel e grupo estarían???
 
# CIG Saúde O Barco 04-08-10 09:07
O que se está a solicitar é a cualificación profesional de celadores que, polo momento, ao igual que os PSX, non teñen cualificación.
 
# PR 03-08-10 17:36
E que pasa cos tel, ter, teap, etc? hay moito, moitisimo, que tiñamos que estar no grupo B, e parece que ninguén se acorda de nós, estamos moi discriminados, parece que aquí sobe de grupo todo dios menos nós, que en Europa somos diplomados, que xa nos deron un toque de atención, a que esperan? non me parece xusto dende logo
 
# CIG Saúde O Barco 04-08-10 08:00
CIG-Saúde levou adiante unha campaña conxunta para reclamar a subida de grupo de TCAE e Técnic@s, mais coa chegada do PP ao goberno e a súa política de "austeridade" a cousa está paralizada.
 
+1 # fernocas 04-08-10 09:03
Ben sei que CIG Saúde e varios sindicatos, organizacións e profesionais alegaron na fase de contraste externo (un dos últimos pasos do proceso de cualificación profesional da categoría de celador) para este colectivo o Nivel 2, cando dende a Administración a Cualificación do celador saía a contraste externo co Nivel 1 e incluindo o celador na familia de "Servicios Culturales y a la Comunidad"-.
Como dí o escrito remitido (cito literalmente) “Dentro do catálogo Nacional das Cualificacións elaborouse unha cualificación de "Traslado e movilización de usuarios e pacientes, documentación e materiais en centros sanitarios" esta cualificación ten nivel 2 e inclúese dentro da familia Servicios Socioculturais y á Comunidade...un servidor entende que existe un ERRO no nivel que se está a dicir, pois dende o INCUAL díse que debe ser un NIVEL 1, estando ben a familia (Servicios Socioculturales y a la Comunidad). Como ben digo, non aprecio un erro no que SOLICITA CIG Saude (O Barco) sinon máis ben no que a administración apunta no encabezamento de dito escrito.
Unha aperta e que os celadores acaden o que é digno e de xusticia dende hai moitos anos que non é nin máis nin menos que cualificarse profesionalment e en relación co que fan nos seus centros de traballo, pois é vergoñento que a día de hoxe non exista ningunha formación para traballar como celador e dende os centros non se lle ensine os que veñen a traballar como deben facer as cousas, repercutindo día tras outro na atención prestada, nas relacións interprofesiona is e sobre todo na impotencia do que quere saber traballar e non se lle ofrecen os medios.
Gracias por apoiar o que é xusto, pois parece incrible que preto de 2.000 profesionais galegos desempeñer a súa labor en centros sanitarios atendendo directamente a doentes sin formación ninguna.
 
+1 # CIG Saúde O Barco 04-08-10 09:06
Aclarado, pois. Agardamos que esta loita dea os seus froitos. Un saúdo.
 
+1 # fernocas 04-08-10 11:50
Citando PR:
E que pasa cos tel, ter, teap, etc? hay moito, moitisimo, que tiñamos que estar no grupo B, e parece que ninguén se acorda de nós, estamos moi discriminados, parece que aquí sobe de grupo todo dios menos nós, que en Europa somos diplomados, que xa nos deron un toque de atención, a que esperan? non me parece xusto dende logo

Os celadores non teneñ cualificación profesional NINGUHHA. Hoxe en día nin son nivel 1, nin 2, nin 0 (cero). Non pedimos acadar niveis ou subir niveis, pedimos que a nosa profesión se cualifique...e dicir, non pedimos CARTOS, pedimos FORMACIÓN REGLADA ¿é tanto pedir? ¿Non gustaría os TCAE, DUE, TEL, TEP e demáis que un celador sepa como ten que facer as cousas e teña acceso a unha formación continuada tal como existe para o persoal sanitario nos hospitais? Por favor...non vexamos que o celador quere pedir polo mero feito de querer máis, pois o celador NON TEN NADA.

É incrible que haxa profesionais nos hospitais nas portas dos servizos de urxencias ou nos quirófanos que non teñan unha formación nin de acceso (non me parece que un examen sexa unha formación) nin continuada (talleres, cursos etc.)ou o que é peor, aprender a traballar gracias a levar broncas ou gracias as explicacións do compañeiro veterano.
..pero está claro que cada un tira do seu para que lle medre...
 
# tiovara 04-08-10 18:48
Citando fernocas:

Para Fernocas......¡¡¡¡GRACIAS!!!
Coma sempre, pos en papel,o que temos na cabeza a maioria dos celadores.
 
# PR 04-08-10 19:15

Mira fernocas, non hai moito funme a Francia por razóns familiares, e, pese a ter título, non puiden traballar, xa que o meu titulo en europa non vale, nin en portugal, iso paréceche xusto? gastei moitos cartos en avogados para ó final ter que voltar. Nós fora tampouco temos nada. Evidentemente, cada un reivindica o seu, por suposto.
 
Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info