CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

improvisan e así nos vai... Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 04 Agosto 2010 11:09
Estamos comprobando, a medida que se vai consumindo o prazo de presentación de solicitudes de traslados, que con este SERGAS, coa súa líña de improvisación, de facer as cousas lentas pero ás presas, deixalo todo para o final e non facer caso das suxestións que se lle achegan, etc... non fan máis que xurdir problemas reais, tanxibles, que se poderían ter evitado de facer as cousas con sentidiño, ao seu tempo e facendo caso dalgunha cousiña que xa se lles dixo daquela.

O caso é que, como saberedes, na última reunión que tivo a ben ter esta administración coas organizacións sindicais para tratar o tema dos traslados, sobre a última proposta de prazas a ofertar que nos deron, as organizacións sindicais fixemos as nosas alegacións (moitas delas xa coñecidas por vós, porque fóstedes vós quen nolas fixo chegar) e o SERGAS quedou en enviar, a semana seguinte, o cadro definitivo coas nosas alegacións recollidas ou os motivos polos que non se recollían.
Ese cadro de prazas nunca chegou. Pasaron 3 semanas, e a administración, sempre tan "dilixente", enviou o cadro de prazas a DOG sen que nós tiveramos coñecemento del non sendo a posteriori.
tou_sinalando_p
Como sabedes tamén, e vistos os erros que aparecían nese cadro de prazas a traslados (como prazas de aux. admtvo do CTG que están paralizadas xudicialmente, ou prazas que aparecían en centros ubicados en concellos distintos aos que realmente corresponden e tantos outros erros) que a administración non tivo máis remedio que enviar unha corrección de erros ao DOG e... volveu cometer a mesma falta: envíannos a corrección cando xa fora remitida a DOG. Sabedes que esta corrección sairá publicada o próximo venres día 6 (cando xa vai consumido parte do prazo para solicitar e algunha xente xa terá solicitado) e segue contendo erros graves que vós mesm@s puidéstedes detectar, porque algúns xa nolos fixestes chegar.

A maiores do cadro de prazas, comprobamos que as instruccións de cumplimentación do formulario de solicitude non hai por onde collelas. Deberon copialas do anterior concurso sen matarse a revisalas e sen pensar que polo medio, a web do SERGAS cambiou e, polo tanto, o acceso ao apartado de Recursos Humanos e á sección de traslados xa non é igual, e nin sequera o formulario está no mesmo sitio, polo que, calquera persoa que se presente e queira acceder a través da páxina web e non do fides, é dicir, calquera persoa de fóra do SERGAS que se presente a este concurso de traslados, xa pode armarse de paciencia e ser habilidosa porque de seguir as instruccións que aparecen na convocatoria ou colgadas na propia web nunca chegará a facer a solicitude. Para estas persoas, deixamos aqui o enlace directo ao acceso do aplicativo.

E non queda ai a cousa. Como esta administración "está polo software libre" (entendede as aspas como ironía ou retranca) resulta que só se se accede ao aplicativo desde o Internet Explorer se poderá emitir unha solicitude, porque se o facedes desde o Firefox, ou desde outro navegador que non sexa de Microsoft (á que tantos favores paga este goberno da Xunta) ides aviados, xa que non vos vai permitir xerar a solicitude, porque se deshabilitan algúns dos botóns que hai que premer.

Asi que, xa sabedes, para participar neste concurso de traslados, primeiro hai que sortear os obstáculos das prazas que conteñen erros, averiguar si son así ou non son así, ou chamar a Recursos Humanos para saber a qué aterse (e inda así, veremos), despois teredes que ser o suficientemente "avispad@s" para ser capaces de chegar ao aplicativo a pesar das instruccións que dá o SERGAS, e para rematar, ou sodes clientes de Microsoft, ou non hai solicitude que valla.

E a todo isto, hai que ter en conta que todos estes atrasos e atrancos teríanse evitado se desde o primeiro momento o SERGAS sacara a concurso o 100% das prazas e non andara con bailes de unhas si e outras non... e tamén, claro está, se nos escoitara algunha vez cando lle remitimos alegacións ou suxestións, porque houbo tempo abondo para que tiveran en conta todos estes problemas.

Addthis
 

Comentarios 

 
# Currito 04-08-10 12:04
Entendo que o acceso directo que poñedes para o aplicativo (PLECE)é o mesmo que este: http://plece.sergas.es/HTML/Login.htm

Quero decir, é o mesmo PLECE ¿non?.
Grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 04-08-10 12:07
Non é exactamente o mesmo inda que dirixe ao mesmo aplicativo, porque o que poñemos no artigo é para o primeiro acceso ao aplicativo por parte de persoas que non están actualmente no SERGAS (persoal doutros servizos de saúde), e o que ti indicas é o acceso xeral para o persoal que xa forma parte do sistema (persoal do SERGAS). O acceso directo que nós poñemos é o resultado de premer neste acceso xeral na parte superior esquerda, onde di: se non está rexistrado, prema aqui.
 
 
# Flora Miranda 04-08-10 23:29
Gustaríame a ser posible que fóra trasladada unha reclamación ao respecto do cómputo de antigüedade durante as excedencias por coidado de fillos. Non está especificado e segundo o EBEP deben ser baremables a efectos de carreira e trienios, así que entendo que DEBE CONTAR. (Igual non o especifican para evitar a fraude dos que a solicitan para traballar na privada, pero o mal uso duns poucos non pode limitar os dereitos dos que fan un uso correcto).
UN SAÚDO
FLORA MIRANDA
AFILIADA CIG
 
 
# CIG Saúde O Barco 05-08-10 08:47
Non entendemos cal é a túa reclamación. As excedencias deste tipo con computadas a efectos de trienios e antigüidade para a carreira.
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info