CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Carta á Conselleira Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Xoves, 05 Agosto 2010 11:33
Poñemos aqui copia da carta dirixida hoxe á Conselleira de Sanidade e máis á prensa, denunciando o uso de topónimos deturpados no aplicativo dos traslados do SERGAS:

Pilar Farjas Abadia.

Conselleira de Sanidade.

Despois de convocado mediante  Resolución do 22 de xullo publicada en DOG o 28 de xullo, concurso de traslados para diversas categorías do Servizo Galego de Saúde, viñemos constatando diversos erros e problemas nesa resolución, o que motivou que a Dirección de Recursos Humanos do SERGAS se vira obrigada a publicar unha corrección de erros que sairá o vindeiro venres día 6 de agosto (transcorrida unha semana do prazo estipulado para as solicitudes e cando moita xente xa rexistrou a solicitude), corrección que aínda contén diversos erros, como reiteradamente temos advertido.

Varios dos problemas que mencionamos son achacables ao aplicativo informático habilitado para a xeración de solicitudes e ás instrucións de uso que se publicitaron ao efecto.

Mais comprobamos que este aplicativo non contén só erros e problemas de diversa índole, senón tamén, e o que é máis grave, unha ilegalidade manifesta, ao figurar como provincias, sen posibilidade de ser corrixido in situ e sen posibilidade de xerar a solicitude se non se plasma a provincia, *Orense e *La Coruña, que, como ben debe saber vostede, son formas ilegais, pois as formas correctas e únicas recoñecidas legalmente son Ourense e A Coruña. Non só figura tal deturpación no aplicativo, senón que no manual de instrucións do mesmo, aparece en varias ocasións nas imaxes que se plasman a modo de exemplo o topónimo deturpado *La Coruña.

Comprobamos unha vez máis a política lingüística do goberno do que vostede forma parte, que toma o galego como un “estorbo” e fai o posible por ocultalo e denostalo. Pois ben, señora Conselleira, lembrámoslle a vostede, que sendo Conselleira da Xunta de Galiza xa debería sabelo, que o galego é a lingua propia de Galiza, e os topónimos galegos as únicas formas legalmente recoñecidas, polo que emprazámola a que, sen máis dilación, proceda a tramitar a corrección do aplicativo informático que xera as solicitudes de traslados para que deixe de incorrer en ilegalidade.

Desde CIG-Saúde queremos denunciar a pasividade, torpeza e desidia, por non dicir mala praxe, desta administración coa nosa lingua e cos nomes de lugar do noso país. Esiximos un mínimo de respecto e, como ademais é preceptivo na administración galega, unha política de promoción e defensa da nosa lingua propia, o galego, que desde ese goberno están a torpedear constantemente.

 

Atentamente.

 

Compostela, 5 de agosto de 2010.

Asdo.: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info