CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Outubro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Frase pra baixar os modulos en firefox

nova regulación do SILENCIO ADMINISTRATIVO Imprimir Correo-e
Normativa
Martes, 04 Xaneiro 2011 10:05
Posicionamento da CIG-SAÚDE sobre a nova regulación do SILENCIO ADMINISTRATIVO nas reclamacións formuladas por profesionais do SERGAS

Mediante a disposición derradeira segunda da Lei galega 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG n.º 250, do 30.12.2010), tamén chamada Lei de Acompañamento dos Orzamentos, introdúcese unha modificación legal para determinar o carácter do silencio administrativo en determinadas solicitudes e reclamacións formuladas polos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

A modificación encádrase no disposto no artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que afirma con carácter xeral o carácter positivo do silencio administrativo, excepto cando unha norma con rango de lei ou norma comunitaria europea dispoña o contrario.
Aínda que a norma se refire conxuntamente ás «solicitudes, reclamacións ou recursos en materia de persoal, con contido retributivo» é necesario distinguir, para efectos analíticos, entre as «solicitudes e reclamacións» por un lado e os «recursos» por outro.
Comezando polos «recursos», o propio artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dispón con carácter xeral que nos procedementos de impugnación de actos e disposicións, o silencio administrativo terá carácter desestimatorio. Neste sentido, a actual reforma non supón ningunha mudanza relevante sobre a situación anterior.
Máis complexa é a cuestión relativa ás «solicitudes e reclamacións». Antes da reforma, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, en sentenzas do 23 de xullo e 29 de outubro de 2008 (esta última con referencia Arz. JUR\2009\105923) declarou o dereito dos profesionais do Servizo Galego de Saúde recorrentes a veren recoñecidos os trienios de antigüidade reclamadados por silencio administrativo positivo.

Resulta obvia a conexión entre a doutrina xurisprudencial anotada e a reforma legal. A finalidade da nova regulación é a de servir de escudo defensivo para a Administración, evitando que se continúen a producir recoñecementos por silencio administrativo positivo de solicitudes ou reclamacións con contido económico.

Deste xeito, a partir da entrada en vigor da Lei 15/2010, do 28 de decembro, toda solicitude, reclamación ou recurso en materia de persoal, con contido retributivo, formulada polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, cuxa resolución non sexa notificada ao interesado dentro do prazo máximo legal, ha de entenderse REXEITADA por silencio administrativo.

Con esta medida a Administración galega pretende, unha vez máis, recortar os nosos dereitos, incluídos os recoñecidos pola Administración de Xustiza.


Desde CIG-SAÚDE querémoslle lembrar á Sra. Conselleira de Sanidade que é máis beneficioso para o sistema sanitario público nomear xestores/as con capacidade e coñecemento da norma, que non pretender anular dereitos laborais, incluíndo, ás agachadas, esta modificación na Lei de Acompañamento dos Orzamentos, sen previa comunicación na Mesa Sectorial.

VIVAN A TRANSPARENCIA E A BOA XESTIÓN!
Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info