CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Maio 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
Baremación provisional de pinche e cociñeira/o Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 21 Novembro 2013 12:44

Contratacións: Publicada baremación provisional de pinche e cociñeira/o

Xoves, 21 Novembro 2013 08:04 | Imprimir | Correo-e

Publícase hoxe no DOG a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as para as listas de contratación de pinche e conciñeira/o, así como os resultados provisionais de baremación no Expedient-e.

  • RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de cociñeiro/a e pinche. Descargar PDF 

Contra a baremación provisional ábrese prazo de reclamacións de dez días naturais a partir de mañá. Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as só cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir de mañá, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, e potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes.

postcategoryiconCategoría: Contratacións / Noticias
 
LISSTAS DE CONTRATACION DE VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 14 Novembro 2013 21:29
  • Publicadas listas de baremación provisional de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e nutrición e técnico/a en farmacia. RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF
 
LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITID@S E EXCLUID@ PARA VINCULACIONS TEMPORAIS DE ENFERMEIR@ ESPECIALISTA DO TRABALLO E ENFERMEIR@SPECIALISTA DE SAÚDE MENTAL Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 06 Novembro 2013 21:35
  • RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de enfermeiro/a especialista do traballo e enfermeiro/a especialista de saúde mental. Descargar PDF
 
Publicación listas de contratación provisionáis Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 30 Outubro 2013 09:13

Publicación listas de contratación provisionais de Pediatra e Farmacéutico/a de Atención Primaria

Mércores, 30 Outubro 2013 09:14 | Imprimir | Correo-e

Publícase hoxe no DOG a relación definitiva de admitidos/as e excluídos xunto coa baremación provisional das categorías de Pediatra de Atención Primaria e Farmacéutico/a de Atención Primaria:

  • RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas categorías de pediatra de Atención Primaria e farmacéutico de Atención Primaria. Descargar PDF
postcategoryiconCategoría: Contratacións / Noticias
 
PACTO DE CONTRATACIONS DE VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 16 Outubro 2013 12:27

 INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DO 14 DE OUTUBRO DE 2013.

1. Información xeral do Pacto.

Informáronnos das previsións de publicación do último trimestre do ano 2013.

Publicacións en outubro:

 Listas definitivas de baremación da categoría de TCAE o mércores 16 de outubro, con entrada en vigor das listas o luns 21 de outubro de 2013.

 Listas definitivas de admitidos e excluídos e provisionais de baremación das categorías de Pediatra de atención primaria e Farmacéutico/a de atención primaria.

Publicacións de novembro:

 Listas definitivas de admitidos e excluídos e provisionais de baremación das categorías de Fisioterapeuta, Terapia ocupacional, Técnico/a superior en Documentación Sanitaria, Técnico/a Superior en Dietética e Nutrición e Técnico/a de farmacia.

 Na segunda quincena, listas provisionais de admitidos e excluídos e de baremación das categorías afectadas polo procedemento de actualización de listas.

Publicacións de decembro:

 Listas definitivas de admitidos e excluídos e provisionais de baremación da categoría de Médico/a de urxencias hospitalarias.

 Listas definitivas de baremación da categoría de Psicólogo/a Clínico/a.

 Se polos prazos de reclamacións lles da tempo, listas definitivas de baremación das categorías de Pediatra de atención primaria e Farmacéutico/a de atención primaria.

 Se non puideran sacar as listas anteriores, sairían as listas provisionais de admitidos e excluídos das categorías de pinche e cociñeiro/a. Se non, estas listas quedarían para o mes de xaneiro.

Publicacións do mes de xaneiro:

· Na segunda quincena, listas definitivas de baremación das categorías afectadas polo procedemento de actualización de listas.

As listas de médicos de familia e as de médicos/as do 061 sairán no primeiro trimestre do 2014.

Enfermeiras/os especialistas en Saúde Mental:

A Admón. informa que non vai a publicar as listas en espera dunha análise que están a facer de qué postos van a cubrir estes profesionais.

 
• Listas de baremación definitiva de TCAE Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 16 Outubro 2013 12:18
  • Listas de baremación definitiva de TCAE: RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría. Descargar PDF
 
Publicación listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 09 Outubro 2013 12:00

Publícanse a relación de admitidos/as e excluidos/as nas listas de contratación de facultativo/a especialista da área de Psicoloxía Clínica:

  • RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluidos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na categoría de facultativo/a especialista da área de Psicoloxía Clínica. Descargar PDF

 

Publícanse a relación de aprobados de varias categorías de Facultativos, da OPE do Estado de 2008:

    • Resolución de 2 de outubro de 2013, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se publica a relación de aprobados, da categoría de Facultativos/as Especialistas de Área en Medicina do Traballo, establécese o procedemento de elección de praza, e ábrese o prazo de presentación de determinados documentos. PDF (BOE-A-2013-10506 - 3 páxs. - 214 KB)

    • Resolución de 2 de outubro de 2013, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se publica a relación de aprobados, da categoría de Médico/a de Urxencia en Atención Primaria, establécese o procedemento de elección de praza, e ábrese o prazo de presentación de determinados documentos. PDF (BOE-A-2013-10507 - 3 páxs. - 213 KB)
    • Resolución de 3 de outubro de 2013, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se publica a relación de aprobados, da categoría de Médico/a de Familia en Equipos de Atención Primaria, establécese o procedemento de elección de praza, e ábrese o prazo de presentación de determinados documentos.PDF (BOE-A-2013-10508 - 3 páxs. - 220 KB)
    • Resolución de 3 de outubro de 2013, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se publica a relación de aprobados, da categoría de Médico/a de Urxencia Hospitalaria, establécese o procedemento de elección de praza, e ábrese o prazo de presentación de determinados documentos. PDF (BOE-A-2013-10509 - 3 páxs. - 218 KB)
    • Resolución de 2 de outubro de 2013, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se publica a relación de aprobados, da categoría de Facultativo/a Especialista de Área en Oftalmoloxía, establécese o procedemento de elección de praza, e ábrese o prazo de presentación de determinados documentos. PDF (BOE-A-2013-10510 - 3 páxs. - 216 KB).

 

 
RESUMO ACTUALIZACION LISTAS CONTRATACION Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 02 Outubro 2013 20:04

CIG-SAÚDE

RESUME DO PROCEDEMENTO DE ACTUALIZACION PERIODICA DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DO SERGAS (publicado en DOG o 23/9/2013).

 

No ano 2013, actualizaránse as listas das seguintes categorías:

        - T.S. Anatomía Patolóxica e Citoloxía

        - T. S. Hixiene bucodental

        - T.S. Laboratorio de Diagnóstico Clínico

        - T.S. Imaxe para o Diagnóstico Clínico

        - T.S.Radioterapia

        - P.S.X.

        - Aux. Da Función Administrativa

        - Celador/a

        - Enfermeiro/a

        - Matrón/a

A partir de agora actualizaránse automaticamente as listaxes daquelas categorías nas que transcorrese un ano dende o último proceso.

BASES

ACLARACIÓNS

Recordar que a través do FIDES se teñen que levar a cabo dúas actuacións independentes que se complementan:

Expedient-e: incorporación de todos os méritos. Pódense incorporar os novos méritos en calquera momento e non están suxeitos a prazos. En cada xeración de listas teranse en conta os rexistrados antes do último día do prazo de cómputo (15 de outubro ou data específica de OPE).

Procesos: inscrición na/s categoría/s correspondente/s. Esta opción estará dispoñible en calquera momento para as primeiras inscricións. As persoas xa inscritas en anteriores procesos, poderán modificar a súa inscrición cando o formulario de inscrición se atope en estado de validado editable.

INSCRICION

1. Aspirantes admitidos, con carácter definitivo, na última xeración de listas.

Non terán a obriga de formalizar unha nova inscrición.

A renovación farase automaticamente e estará visible a través do FIDES, en estado de validado editable.

Este formulario de inscrición poderase modificar en calquera momento ata o último día do prazo de cómputo (15 de outubro ou data específica de OPE.)

Se o aspirante non desexa efectuar ningunha modificación, non terá que realizar ningunha actuación.

 

Será imprescindible a presentación da documentación acreditativa dos novos méritos, previamente rexistrados no FIDES.

No caso de presentar algunha modificación (cambio de área ou zona de inscrición, tempo parcial, curta duración e áreas especiais), realizarase a través do FIDES.

Se os cambios non precisan da presentación de documentación (o FIDES avisará desta circunstancia), non se precisará realizar ningunha outra actuación.

Se os cambios requiren a presentación de documentación nova, o FIDES informará desta necesidade e a inscrición pasará a estado de borrador. Neste caso, haberá que confirmar electronicamente a solicitude, imprimila, asinala e presentala xunto coa documentación acreditativa no rexistro administrativo, antes da finalización do prazo de inscrición.

Non se admitirán as solicitudes que consten no FIDES en estado de borrador na data de finalización do prazo de inscrición.

No FIDES, a inscrición figurará en estado de validado editable dende o día seguinte á publicación das listas definitivas de publicación ata a finalización do prazo de inscrición (15 de outubro ou data específica de OPE).

2. Aspirantes excluídos, con carácter definitivo, na última xeración de listas.

Non terán obriga de formalizar unha nova inscrición.

A renovación farase automaticamente e estará visible a través do FIDES, en estado de validado editable.

Este formulario de inscrición poderase modificar en calquera momento ata o último día do prazo de cómputo (15 de outubro ou data específica de OPE.)

Se o aspirante non desexa efectuar ningunha modificación, non terá que realizar ningunha actuación.

Será imprescindible a presentación da documentación acreditativa dos novos méritos, previamente rexistrados no FIDES.

Se o motivo da exclusión consta emendado, o formulario da inscrición amosarase como validado editable.

Se o motivo da exclusión continúa a exixir a entrega de documentación acreditativa, o formulario amosarase en estado borrador. Neste caso, haberá que confirmar electronicamente a solicitude, imprimila, asinala e presentala xunto coa documentación acreditativa no rexistro administrativo, antes da finalización do prazo de inscrición.

3. Primeira inscrición.

Deberán formalizar a súa inscrición a través do FIDES.

Deberán confirmar electronicamente a súa solicitude, imprimila, asinala e presentala xunto coa documentación acreditativa no rexistro administrativo, antes da finalización do prazo de inscrición.

Por outra banda, deberán aportar os méritos correspondentes a esa categoría, de non telos aportados con anterioridade.

AREAS ESPECIAIS

A acreditación dos requisitos esixidos para o acceso ás áreas especiais efectuarase mediante certificación emitida para tal efecto.

Non será preciso presentalo se xa figurasen admitidas na mesma área especial no anterior proceso.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Poderase presentar a solicitude de inscrición en calquera momento.

TAXAS

Por cada nova categoría: 16.98 euros.

O xustificante de aboamento de taxas presentarase xunto coa solicitude de inscrición.

Estarán exentos do aboamento de taxas quen acredite unha discapacidade maior ou igual do 33% e integrantes de familias numerosas de categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50% na taxa a membros de familias numerosas de categoría xeral e a demandantes de emprego, que nos seis meses anteriores non percibiran prestación nin subsidio por desemprego.

Deberá presentarse xustificante de cada situación.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 1 mes dende a publicación da lista definitiva de admitidos/excluídos, para solicitar a devolución do importe aboado.

REXISTRO E ACREDITACIÓN DE MÉRITOS

Os méritos deberán rexistrarse no FIDES/Expedient-e.

Logo de rexistrarse electronicamente, imprimirase a solicitude de validación (Informe), dirixirase a unha unidade de validación e darase rexistro administrativo.

Xunto coa solicitude de validación achegarase a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación. (Sempre e cando esta documentación non fose presentada con anterioridade).

Non se presentará documentación de:

- Superación das probas do último proceso de OPE convocado polo SERGAS.

- Experiencia profesional como persoal estatutario do SERGAS e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

- Formación recibida e impartida pola FEGAS.

ELABORACIÓN DE LISTAS

Unha vez finalizado o prazo de inscrición publicarase unha lista provisional de admitidos/excluídos con puntuación e orde de prelación cun período de 10 días naturais para reclamación.

RENUNCIA VOLUNTARIA

Poderase renunciar a través do FIDES a formar parte da lista en calquera momento.

A inscrición posterior nunha lista a que se renunciou previamente, terá a condición de primeira inscrición para o aboamento de taxas.

 
Actualización das listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 23 Setembro 2013 12:09

Publicación do Procedemento para a Actualización Automática de Listas

Luns, 23 Setembro 2013 09:55 | Imprimir | Correo-e

Publícase hoxe no DOG o procedemento para a actualización automática de listas:

  • RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade e se regulan as súas bases. Descargar PDF
postcategoryiconCategoría: Contratacións / Noticias
 
contratacions Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 10 Xullo 2013 12:04

Ola

O SERGAS di que houbo un erro na baremación da lingua galega das listas de TCAE. Parece ser que o aplicativo só baremou os certificados de Celga 4 (equivalente a perfeccionamento), cando o mínimo requerido é o Celga 3. As persoas que tiveran Celga 3 non teñen puntuación de galego. Comentan que este erro vai ser solucionado cando se publiquen as listas definitivas.

 
contratacions Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 09 Xullo 2013 18:07

: VISIBILIDADE ORDE CHAMAMENTOS LISTAS SELECCIÓN TEMPORAL

Bo día,

Informáse que, desde mañá estará operativa unha nova funcionalidade en FIDES/expedient-e pola que os/as aspirantes admitidos/as nas listas de selección temporal poderán consultar on line,  de forma directa e actualizada, desde o seu expediente electrónico persoal, a orde de chamamento que ocupan en cada unha das listas elaboradas conforme ao novo Pacto, na que consten admitidos/as.

No apartado de “Novidades” de Fides facilitarase información aos/ás aspirantes sobre o procedemento de acceso a esta nova funcionalidade.

Un saúdo

 
Apertura de inscripción listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 02 Xullo 2013 08:57

 

Publícase hoxe en DOG a resolución que abre a inscrición nas listas de contratación das categorías de Grupo técnico da función administrativa, Grupo de xestión da función administrativ, Enxeñeira/o técnica/o. Poderanse formalizar as solicitudes desde o día 27 de xuño ata o 26 de xullo de 2013. Os méritos computables serán os causados ata o día 11 de xullo de 2013 que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

  • RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF
postcategoryiconCategoría: Contratacións / Noticias
 
lista definitiva de admitidos e excluidos e a provisional de baremación na categoría de TCAE Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 01 Xullo 2013 10:35

Mensaxe do SERGAS sobre publicación de listas de contratación.

Bo día.

Infórmase que está previsto que mañá martes día 2 de xullo se publique no DOG a resolución pola que se publica a lista definitiva de admitidos e excluidos e a provisional de baremación na categoría de TCAE.

 
Apertura de inscrición para listas de contratación para varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 26 Xuño 2013 17:33

Publicacións de hoxe en DOG:

  • Apertura de inscrición para listas de contratación para varias categorías.RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

 

                                                        

Grupo Técnico da función administrativa.

Grupo de Xestión da función administrativa.

Enxeñeira/o Técnica/o.

 
A COLA DO PARO NO SERGAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Sábado, 22 Xuño 2013 00:23

A COLA DO PARO NO SERGAS

IMG-20130620-WA0000 

 
A COLA DO PARO DO SERGAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 17 Xuño 2013 09:34

 cartaz_da_20

ANIMATE E CONCENTRATE CON NÓS. OS QUE QUEIRADES FACER COLA CONTACTADE CON  CALQUERA DELEGADO DE CIG-SAUDE DO BARCO. 

 
Previsión de publicacións listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 13 Xuño 2013 09:18

Información
xeral sobre o pacto. Previsión de publicacións listas de contratación:

- Publicacións no mes de XUÑO:

  • · Listas
    provisionais de admitidos e excluídos das categorías de pinche,cociñeiro/a e,
    Técnico/a superior, Técnico/a de Xestión e Técnico/aespecialista de Sistemas e T.I. (xa publicada)
  • · Listas
    definitivas de admitidos e excluídos e provisionais de baremación de TCAE
    .
  • · Listas
    definitivas
    de admitidos e excluídos e provisionais
    de baremación das categorías de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional,
    Técnico/a Superior de
    Documentación Sanitaria, Técnico/a Superior en nutrición e dietética e
    Técnico/a de farmacia
    .
  • ·
    Convocatoria de apertura de listas das categorías de grupo técnico e grupo
    de xestión da función administrativa, e enxeñeiro/a técnico/a
    .

- Publicacións no mes de XULLO:

  • · Listas
    definitivas de puntuación das categorías de Técnico/a superior e Técnico/a
    medio de Prevención de Riscos Laborais.Infórmannos que están a facer
    modificacións no apartado de docencia e investigación, no que se refire a publicacións, coa
    finalidade de simplificar a incorporación destes méritos. Contan con que para
    xuño estean incorporadas as modificacións e tentarán publicar no mes de xullo as listas provisionais de baremación
    dalgunha categoría de licenciados/as sanitarios/as. O resto de licenciados/as
    sanitarios/as quedarían parasetembro.

Non teñen previsto publicar ningunha lista en agosto.

 
publicación admitidos varias listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 13 Xuño 2013 08:50

Publícase hoxe en DOG a resolución pola que se  fan públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos das seguintes categorías:

  1. Técnica/o superior de sistemas y tecnologías de la información.
  2. Técnica/o de gestión de sistemas y tecnologías de la información.
  3. Técnica/o especialista de sistemas y tecnologías de la información.
  4. Cocinera/o.
  5. Pinche.
 
Seguimos a denunciar as "bondades" da orde que vai regular as modalidades de nomeamentos temporais Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 08 Maio 2013 21:59

Artigo 9 .- Cláusulas  ParticularesNos nomeamentos temporais, e nos nomeamentos en promoción interna temporal, poderán incorporarse cláusulas particulares, baseadas na normativa vixente, relativas á súa duración ou aos dereitos e obrigas inherentes aos mesmos.

No texto deste artigo recóllese que se poderán incorporar cláusulas particulares baseadas na normativa vixente. Segundo a Administración isto é para maior garantía da/o profesional contratado. Xa sabemos de sobra que esta Administración está moi preocupada polas garantías do persoal!

Segundo a normativa vixente, iso significa que nos nomeamentos temporais podería aparecer unha cláusula de mobilidade por razón do servizo; DENTRO OU FORA DO TEU CENTRO DE TRABALLO OU DA TÚA ÁREA SANITARIA.

Así se recolle ao Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS:

O supostos de mobilidade fóra do ámbito do nomeamento poderán obedecer ás seguintes circunstancias: (OU A OUTRAS QUE DETERMINE A ADMINISTRACIÓN)

a) Traslado definitivo de unidades a outros centros situados fóra do ámbito correspondente ao nomeamento.

b) Traslado temporal das unidades ou servizos, debido a obras ou a outros motivos que determinen a indispoñibilidade funcional das infraestruturas.

c) Traslado temporal a outras áreas sanitarias, cando as necesidades asistenciais da poboación dunha área non poidan ser garantidas cos recursos humanos propios desta.

Nos supostos b) e c), a adopción das medidas limitarase ao tempo indispensable para  outorgar a debida cobertura asistencial de acordo coas circunstancias que a motivaron ou, de ser o caso, ata dotar nos correspondentes cadros de persoal o número de prazas necesario para dar cobertura ás necesidades detectadas.

 

CIG-SAÚDE rexeita esta orde de vínculos pensada en exclusividade para desregular as condicións laborais das/os traballadoras/es. Esiximos que se anule este artigo, que o persoal preste servizo na unidade ou centro no que foi contratado.

NON Á MOBILIDADE FORZOSA!

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info