CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Maio 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
listas de enfermaria Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 03 Maio 2013 20:24

O SERGAS informa que o vindeiro martes 7 de maio está previsto que se publiquen no DOG as listas definitivas da categoría sanitaria de enfermaría.

 
publicación admitidos listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 24 Abril 2013 10:47

Informámoslle que hoxe mércores 24 publicouse  en DOG da Resolución do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias, convocadas por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde de 21 de setembro de 2012. As categorías son:

  1. Farmacéutica/o de atención primaria.
  2. Odontóloga/o de atención primaria
  3. Fisioterapeuta.
  4. Terapeuta ocupacional.
  5. Técnica/o superior en documentación sanitaria.
  6. Técnica/o superior en dietética e nutrición.
  7. Técnica/o en farmacia.
  8. Técnica/o en coidados auxiliares de enfermaría.

 

Remitiremos un procedemento de xestión das reclamacións que deriven da citada publicación.

O SERGAS informounos telefonicamente que a previsión de publicación das listas definitivas de enfermaría é finais de abril – primeiros de maio.

 
LISTAS DEFINITIVAS DE ENFERMARIA Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 23 Abril 2013 08:21

O SERGAS informounos de que a previsión de publicación das listas definitivas de enfermaría

é finais de abril ou primeiros de maio.

cigsaudebarco

 
apertura listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 02 Abril 2013 08:07

Información SERGAS

Informamos que o vindeiro xoves  4 de abril está previsto que se publiquen no DOG as listas definitivas das seguintes categorías:

  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a).
  • Logopeda.
  • Traballador/a social.

Publicaránse ademáis as listas definitivas de admitidos e excluidos e as provisionais de baremación das categorías:

  • Técnico/a superior en prevención de riscos laborais.
  • Técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais
 
apertura de novas listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 22 Febreiro 2013 10:10

Informamos que o vindeiro luns día 25 de Febreiro está prevista a publicación no DOG da Resolución de 15 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas seguintes categorías:

  1. Técnica/o superior de sistemas e tecnoloxías da información.
  2. Técnica/o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
  3. Técnica/o especialista de sistemas e tecnoloxías da información.
  4. Cociñeira/o.
  5. Pinche.

O prazo de inscripción se iniciará o 26/02/2013 e rematará o 25/03/2013.

 
ampliacion do prazo de reclamación nas listas de contratación publicadas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 27 Decembro 2012 09:26

O SERGAS informa que o prazo para presentar reclamaciois as listas publicadas recentemente se atrasa ata o 4 de xaneiro, este é o correo recibido:

Bo día,

Antes de nada, feliz nadal!!.

Informamos que o prazo de reclamacións das listas seguintes, ampliarase ata o 4 de xaneiro ( inclusive).  O Acordo que se xunta será publicado previsiblemente o día 31 /12/2012 no DOG.  Indicarémosvos a data exacta da publicación no DOG en canto dispoñamos dela.

Listas:

  • Enfermeiro/a.
  • Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (Matrón/a).
  • Logopeda.
  • Traballador/a Social.

Moitas grazas, un saúdo 

 
novas listas contratación enfermaría Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 19 Decembro 2012 11:36

Como poderiades comprobar, as listas de contratación de enfermaría publicadas onte, xa non están visibles, iso é debido según nos din a que contiñan  erros, e o venres publicarán un novo listado, a partir dese dia, abrirase un novo prazo de reclamación, polo tanto antes de preentar reclamación. esperade a que se publique e de pesistir a causa da reclamación faceino a partires dese dia

 
publicacion listas enfermaría Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 17 Decembro 2012 22:23

Recibimos este correo do SERGAS

informamoslle que mañá Martes 18 de Decembro está prevista á publicación en DOG da Resolución de 3 de Decembro pola se da publicidade as listas definitivas de persoas adm Aplicar itidas e excluidas e baremación provisional con número de orde nas categorías seguintes, convocadas por sendas resolucións do 14 de marzo de 2012 publicadas no DOG do 26 de marzo de 2012:

 

§ Enfermeiro/a.

§ Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

§ Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (Matrón/a).

§ Logopeda.

§ Traballador/a Social.

As persas que resultaron admitidas e non esten de acordo coa puntuación obtida, poderán presentar unha reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos no prazo de 10 días naturais dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Remitimos un modelos de reclamación por si fora de interese.

As persoas que presentaron a súa solicitude trala data do 26/04/2012, non figurará nestas listas. Daquela, a resolución da súa solicitude sairá na seguinte xeración que se formalice.

 
publicacion listas enfermaría Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 17 Decembro 2012 22:23

Recibimos este correo do SERGAS

informamoslle que mañá Martes 18 de Decembro está prevista á publicación en DOG da Resolución de 3 de Decembro pola se da publicidade as listas definitivas de persoas adm Aplicar itidas e excluidas e baremación provisional con número de orde nas categorías seguintes, convocadas por sendas resolucións do 14 de marzo de 2012 publicadas no DOG do 26 de marzo de 2012:

 

§ Enfermeiro/a.

§ Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

§ Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (Matrón/a).

§ Logopeda.

§ Traballador/a Social.

As persas que resultaron admitidas e non esten de acordo coa puntuación obtida, poderán presentar unha reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos no prazo de 10 días naturais dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Remitimos un modelos de reclamación por si fora de interese.

As persoas que presentaron a súa solicitude trala data do 26/04/2012, non figurará nestas listas. Daquela, a resolución da súa solicitude sairá na seguinte xeración que se formalice.

 
publicacion listas enfermaría Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 17 Decembro 2012 22:23

Recibimos este correo do SERGAS

informamoslle que mañá Martes 18 de Decembro está prevista á publicación en DOG da Resolución de 3 de Decembro pola se da publicidade as listas definitivas de persoas admitidas e excluidas e baremación provisional con número de orde nas categorías seguintes, convocadas por sendas resolucións do 14 de marzo de 2012 publicadas no DOG do 26 de marzo de 2012:

 

§ Enfermeiro/a.

§ Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

§ Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (Matrón/a).

§ Logopeda.

§ Traballador/a Social.

As persas que resultaron admitidas e non esten de acordo coa puntuación obtida, poderán presentar unha reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos no prazo de 10 días naturais dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Remitimos un modelos de reclamación por si fora de interese.

As persoas que presentaron a súa solicitude trala data do 26/04/2012, non figurará nestas listas. Daquela, a resolución da súa solicitude sairá na seguinte xeración que se formalice.

 
novas listas provisorias Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 27 Novembro 2012 09:55

O próximo xoves, día 29 de novembro, está previsto que  salga publicado no DOG a resolución pola que se publican as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais nas categorías de técnico/a superior en prevención de riscos laborais e técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais.  As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu Expedient-e, no apartado de procesos. 

A documentación correspondente á formación ou titulación esixida para o acceso pode ser emendada no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, así como tamén os erros materiais que as persoas aspirantes teñan producido.

 
novas listas definitivas correxidas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 15 Novembro 2012 10:54

O SERGAS publica unhas novas listas definitivas correxidas nas categorias das xa publicadas o dia 8 de novembro, a mensaxe que se nos fixo chegar é a seguinte:

Apreciados erros de baremación nas listas definitivas de celadores, PSX e auxiliares administrativos, está previsto publicar no DOG do día 15 de novembro unha corrección de erros pola que se van xerar novas listas que  substituirán as listas publicadas con data do 8 deste mesmo mes. Estas listas corrixidas entrarán en vigor o día 15 de novembro.

Nesta nova lista poidemos apreciar que non se corrixe a puntuación de pool, polo menos nalgun caso nos que presentamos reclamación, polo que habrá que interpoñer quén esté nesa situación un recurso de reposición.

listas de contratación


 
Listas definitivas PSX, Aux Admtvo e Celador/a: Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 08 Novembro 2012 08:52
  • Publicación listas definitivas PSX, Aux Admtvo e Celador/a: RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se procede a dar publicidade ás listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número de orde e puntuación, con respecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías estatutarias de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.  Descargar PDF  da convocatoria.
  • ENLACE ÁS LISTAS DE CONTRATACIÓN
 
LISTAS DE CONTRATACION DEFINITIVAS de PSX, Celador/a e Aux. Admtvo. Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 31 Outubro 2012 09:49

O  vindeiro xoves 8 de novembro está prevista a publicación das listas definitivas nas categorías de:  Grupo Auxiliar da función administrativa, Celador/a  e Persoal de Servizos Xerais. Informámoslle, ademais, que dita resolución entrará en vigor unha semana despois, o xoves 15 de novembro. 

 
novas. listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 28 Setembro 2012 08:48

RESOLUCIÓN de 21 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120928/AnuncioG0003-240912-0005_gl.html

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, que modifica a Resolución do 28 de agosto de 2012 (DOG número 177, do 17 de setembro), pola que se publican as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número de orde e puntuación, con respecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120928/AnuncioG0003-260912-0003_gl.html

 
publicacion listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 26 Setembro 2012 11:55

Está previsto que o próximo venres, 28 de setembro,  se publique a Resolución pola que se abre o prazo de inscrición das restantes categorías sanitarias:

  1. Farmacéutico/a de Atención Primaria.
  2. Odontólogo/a.
  3. Fisioterapeuta.
  4. Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.
  5. Enfermeiro/a especialista en saúde mental.
  6. Terapeuta ocupacional.
  7. Técnico/a superior en documentación sanitaria.
  8. Técnico/a superior en dietética e nutrición.
  9. Técnico/a en farmacia.
  10. Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

O prazo de inscrición será dende o 1 ao 31 de outubro, ambos incluídos. Os méritos computables serán os causados ata o 16 de outubro.

 
información reunión da mesa de seguimento do pacto de contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 17 Setembro 2012 10:39

 Comisión Central de Seguimento do Pacto

13 de setembro de 2012

1. Presentación do aplicativo de traslados internos no Expedient-e e pago telemático de taxas. O SERGAS amósanos cómo é o aplicativo para estas dúas opcións.Para traslados internos será moi sinxelo de aplicar. O primeiro centro onde se vai aplicar será en Lugo, o/a aspirante non terá que cubrir apenas datos, posto que xa virán cubertos. A solicitude será borrador e unha vez que se confirme non se poderá modificar e hai que imprimila e levala ao rexistro. Para os procesos nos que haxa pago de taxas, habilitarase a opción de facer o pago telemático (con tarxeta ou domiciliación) e seguirá operativa a opción de pagar persoalmente nas entidades bancarias. Tamén van habilitar unha enquisa de satisfacción de uso do Expedient-e.

megfono

2. Listas de contratación:

a. Categorías do 1º proceso (Técnicos superiores): O luns 17 de setembro publicarase no DOG a resolución de listas definitivas de persoal técnico superior, que entrarán en vigor o día 1 de outubro.

b. Categorías do 2º proceso: (celador, PSX e Aux. Admtvo) están terminando de resolver as reclamacións, contan con que durante o mes de outubro se publicarán as listas definitivas con entrada en vigor tamén nese mes.

c. Categorías do 3º proceso (enfermaría, matronas, psicólog@s, traballador/a social, logopeda), pretenden publicar as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e provisionais de baremación durante o mes de outubro.

d. Categorías do 4º proceso (Méd. Familia, Pediatra AP, Méd URX, Méd 061…): intentarán publicar as provisionais de baremación durante outubro ou novembro.

e. Sobre as categorías que faltan:

i. En outubro van convocar todas as categorías SANITARIAS que faltan (Farmacéutico/a AP, Odontólogo/a, Fisioterapeuta, Enferm do traballo, Enferm de saúde mental, Terapeuta ocupacional, Téc Documentación, Téc Dietética-Nutrición, Téc Farmacia, TCAE).

ii. O resto de categorías (Oficios, Xestión e Servizos) abriranse a medida que se vaian pechando as que están agora en proceso, contan que sexa en novembro.

Desde a Admon. propoñen que as categorías de Enfermaría do Traballo, Técnico/a en Dietética e Nutrición e Técnico/a en Documentación sanitaria sexan autonómicas, atendendo á pouca contratación que hai, nula nalgunhas áreas. Piden o posicionamento das centrais sindicais a favor desta proposta. Desde a CIG abstémonos, posto que a pouca contratación que hai débese á política de privatizacións desta Consellaría de Sanidade, que prefire entregar os servizos a empresas privadas (que finalmente saen máis caras) que contratar persoal estatutario, obedecendo a intereses que non son os da cidadanía e do servizo público que é a sanidade. O problema da baixa contratación destas categorías créao a Admon. ao privatizar os servizos nalgunhas áreas, polo que debe ser a Admon a que decida qué facer agora con el. Nós non nos pronunciamos. Abren prazo de alegacións e solicitan unha vez máis a nosa comprensión e que apoiemos esta proposta.

3. Constitución das novas comisións de seguimento periféricas e extinción das anteriores:

a. A Dirección Provincial da Coruña tén pendente unha última reunión para tratar temas pendentes e rematar a súa labor. As novas comisións periféricas: Santiago (incorpóranse a ela o 061, CTG, Fegas e Ingo), Ferrol e A Coruña asumirán os chamamentos a medida que se vaian publicando as listas do novo pacto, para evitar interferencias dos dous modelos de xestión de listas. Mentres, será a Dirección Provincial a que siga asumindo estes chamamentos. Na Comisión Periférica de Santiago, o 061 e o CTG terán que dar cumprida conta das contratacións que se fagan neses organismos en todas as áreas. O 061 realizará os chamamentos de menos de 60 días polas súas listas, os de máis de 60 días serán realizados pola Comisión Periférica.

b. Pontevedra asumirá tamén os chamamentos a medida que se publiquen as novas listas.

c. O resto de comisións queda igual: En Vigo e Lugo non hai área de xestión integrada polo que quedan as Direccións Provinciais. En Ourense, ao ser área única (contra a nosa opinión), só cambiará de nome (Comisión Provincial por Comisión Periférica), pero asumirá o mesmo.

4. Chamamentos técnicos de prevención. Están revisando as titulacións dos/as aspirantes. Teñen que facelo practicamente un por un, porque son titulacións moi heteroxéneas. As listas van tardar en sair, polo que propoñen unificar as listas dos tres tipos de técnico nunha soa e chamar pola orde de puntuación a quen teña as tres titulacións. Asíntese.

5. Acordo de non aplicación da cláusula II.4.3 do pacto durante o ano 2012. Como é obvio, non vai ser posible xerar unhas novas listas a 31 de outubro. Por este motivo, acórdase “deixar sen efecto durante o ano 2012 a aplicación automática da cláusula que establece a devandita norma”. Isto quere dicir que a segunda xeración de listas de todas as categorías será o 31 de outubro de 2013.

6. Médicos/as de Familia con Diploma en Puericultura. Acórdase que en caso de indispoñibilidade de pediatras, tirarase das listas de médicos/as de familia (os que teñan diploma de posgrao en puericultura). No caso de non haber médicos/as con esta titulación poderase chamar a médicos/as de familia sen esta titulación, pero non para contratos de longa duración, e sempre que acepten voluntariamente atender pediatría.

7. Nos rogos e preguntas:

Propostos por nós:

 Solicitamos unha vez máis un listado de categorías compatibles da Xunta de Galiza, de xeito que se saiba qué categorías da Xunta puntúan en qué categorías do SERGAS.

 Matronas e TEF: ante as reiteradas indispoñibilidades que se teñen dado nesta categoría, debátese o criterio de chamamentos en caso de indispoñibilidade. Do mesmo xeito, houbo tamén problemas nas contratacións de Técnicos de Farmacia, onde, ante a indispoñibilidade de aspirantes, chegou a contratarse xente que rematou as prácticas no centro nese momento. Apróbase o criterio xeral de que en caso de indispoñibilidade os chamamentos deben ter concorrencia pública e nunca ser chamamentos arbitrarios ou a dedo. Nós pedíamos un criterio xeral máis concreto, pero apelouse á autonomía das Comisións Periféricas, que poderán acordar de qué xeito actúan en caso de indispoñibilidade, sempre consultando a todos os membros da Comisión, e sempre acordando métodos que inclúan concorrencia pública. No caso das matronas, por exemplo, falábase de tirar das persoas apuntadas no expedient-e como matronas de Promoción Interna, excluídas por non cumprir o criterio dun ano con praza en propiedade. Isto foi o que se aprobou na Comisión Periférica da Coruña. Solicitamos que na nova lista de matronas xa non se tivera en conta o mínimo dun ano con praza, pero non é posible porque non foi contemplado na convocatoria.

 DUE contratadas para Medicina Nuclear (Galaria Vigo) e que despois son enviadas a traballar a Ourense. Clarificaráselle á Comisión de Seguimento e a Galaria que os chamamentos de Ourense hai que facelos pola lista de Ourense.

 Burela: contratatos de tempo parcial que se convertiron en xornada completa. Quedaron de volver miralo coa xerencia, inda que apuntan que foi para cubrir as vacacións do titular. Non é a información que temos nós.

 Tamén se lle clarificará á Comisión de Seguimento de Ourense que o criterio para chamar en caso de indispoñibilidade de xente nunha lista de área especial é chamar primeiro pola lista xeral e se non hai ninguén nesa lista “rescatar” ás persoas que están no descanso obrigatorio por orde estrita de lista.

 CTG: clarifícase que este organismo tén que chamar polas novas listas de Técnicos Especialistas en canto estean en vigor, e que o persoal laboral debe ser substituído con persoal estatutario.

 
corrección de erros das listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as das categorías de Enfermaría e Enfermaría do 061 Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 19 Xullo 2012 13:02

Publícase hoxe en DOG a corrección de erros das listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as das categorías de Enfermaría e Enfermaría do 061:

  • RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, que modifica a Resolución do 29 de xuño de 2012 pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as de diversas categorías sanitarias e de xestión de servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

Coa publicación das novas listas de admitidos/as e excluídos/as nas categorías citadas, ábrense novos prazos de reclamación e recurso (dez días naturais) contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no DOG para as dúas categorías de enfermeiro e enfermeiro do 061.

 
información SERGAS: listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 09 Xullo 2012 11:08

Infórmasevos que está previsto que mañá martes, día 10 de xullo, salga publicado no DOG a Resolución pola que se publican as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as das seguintes categorías:

-         Enfermeiros/as

-         Enfermería do 061

-         Matróns/as

-         Logopedas

-         Traballador/a social

-         Psicólogos/as clíncos

O prazo de emenda son 10 días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG.

As listas admitidos e excluídos de técnicos superiores e de grao medio de prevención, non se publicarán previsiblemente ata despois do verán por algún problema de titulacións que están pendentes de resolver.

 
listas correxidas contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 22 Xuño 2012 09:15

Publicada as nova listas de contratación con puntuaciois provisorias, xa correxida

Lembrade que tendes 10 dias naturais para facer as reclamaciois oportunas.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info