CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Maio 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
Listas provisionais varias categorias Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 18 Decembro 2015 09:29
Lista provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e
os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas
de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías
de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a
de ferro e pinche.
 
Publicación listas de contratación nas categorías de mantemento e técnico/a superior de Radioterapia Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 04 Novembro 2015 12:27

listas sergasPublícanse hoxe no DOG  dúas resolucións sobre listas de contratación:

  • Ampliación de prazo de actualización de listas de Técnico/a Superior de Radioterapia e incorporación da área de Lugo. RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se acorda incorporar a área sanitaria de Lugo como ámbito territorial de inscrición nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a superior en radioterapia e se amplía o prazo de inscrición correspondente ao proceso de actualización de 2015. Descargar PDF
  • Listas provisionais admitidos/as varias categorías oficios (calefactor, electricista, fontaneiro e mecánico). RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías de persoal de xestión e servizos. Descargar PDF
 
Aberto prazo de inscrición para listas de contratación da categoría de condutor/a Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 29 Outubro 2015 08:35



listas sergas 182x91Publícase hoxe a resolución que abre o prazo de inscrición para as listas de contratación da categoría de condutor/a, incluíndo tamén a sublista de condutor/a de vehículos especiais do ámbito sanitario:

  • Apertura listas de contratación categoría condutor/a. RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes da categoría de condutor/a nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

O prazo iníciase o 30 de outubro e remata o 30 de novembro de 2015 e os méritos que computarán son os que consten debidamente acreditados a data 15 de novembro de 2015. A inscrición farase a través do Expedient-e.

 
Listas de contratación de persoal de mantemento Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 25 Xuño 2015 14:21

DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25169

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

No pacto publicado no DOG nº 89, do 9 de maio de 2011, regúlase o procedemento de selección a través de listas elaboradas consonte baremo, das persoas aspirantes a nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

Este pacto aplicarase a todos os nomeamentos temporais que resulte necesario formalizar nas diversas categorías estatutarias, baixo as modalidades establecidas no artigo 9 da Lei 55/2003, do 16 de decembro.

Ao abeiro dos números I.4.4 e I.4.5 da citada norma, esta dirección xeral, logo do acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto na sesión do 27 de febreiro de 2015 e en uso das competencias que lle atribúe o artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xuño)

RESOLVE:

Primeiro

Iniciar o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas seguintes categorías:

1. Calefactor/a.

2. Electricista.

3. Fontaneiro/a.

4. Mecánico/a.

Prazo de inscripción do 26 de Xuño ata o 27 de Xullo, contando os méritos que consten acreditados con data límite do 12 de Xullo

 
LISTASDEFINITIVAS FEAs PSICOLOXIA E FARMACEUTI@ PRIMARIA Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 12 Xuño 2015 10:59

Infórmase que está previsto que o próximo luns, 15 de xuño se publique no Diario Oficial de Galicia, a Resolución pola

que se aproban as listas definitivas de selección temporal das categorías de Facultativo/a especialista de área de

Psicoloxía Clínica e Farmacéutico/a de Atención Primaria, derivadas do proceso de actualización.

 
Listas definitivas MUH Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 01 Xuño 2015 14:42
  • Listas definitivas MUH. RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que
  •  se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de 
  • actualización das listas de selección temporal da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias. Descargar PDF 

 
Publicada a baremación provisional das categorías de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 28 Maio 2015 13:42



                                                                                   listas sergas  

Publícase hoxe en DOG resolución que dá publicidade ás listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as e á baremación provisional das listas de contratación das categorías de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional, tras o proceso de actualización de outubro (si, pasaron sete meses e inda se publican agora as provisionais...)

  • Listas provisionais de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional. RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias.Descargar PDF
 
Publicadas listas de contratación definitivas de varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 19 Maio 2015 11:28

listas sergas

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas de contratación de varias categorías: médico/a de familia, médico/a especialista en medicina do traballo, pediatra de atención primaria, enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía

  • Listas definitivas de varias categorías (médico/a de familia, médico/a especialista en medicina do traballo, pediatra de atención primaria, enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía). RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

Estas listas entrarán en vigor a partir de mañá. As persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Tamén poderán, potestativamente, e con carácter previo, interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 
Listas provisionais PSX, Aux. Adm, Celad@r, Pinche e Cociñeir@ Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 01 Maio 2015 16:19

Publícase, o 29 de Abril no DOG a resolución que dá publicidade ás listas provisionais das categorías de celador/a, persoal de servizos xerais, grupo auxiliar da función administrativa, cociñeiro/a e pinche.

  • Publicación listas provisionais PSX, Celador/a, Aux. Adm., pinche, cociñeiro/a. RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos. Descargar PDF

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación (mañá). As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

 
Listas provisionais PSX, aux. adm, celador/a, pinche e cociñeiro Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 30 Abril 2015 13:11

Publícase  no DOG a resolución que dá publicidade ás listas provisionais das categorías de celador/a, persoal de servizos xerais, grupo auxiliar da función administrativa, cociñeiro/a e pinche.

  • Publicación listas provisionais PSX, Celador/a, Aux. Adm., pinche, cociñeiro/a. RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos. Descargar PDF

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación (mañá). As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

 
Listas provisionais de varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 22 Abril 2015 08:00
 

listas sergas

Publícase hoxe no DOG a resolución pola que se fan públicos os resultados da baremación provisional no proceso de actualización de listas de selección temporal das categorías de Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, Farmacéutico/a de Atención Primaria e Médico/a especialista en Medicina do Traballo.

De conformidade co disposto no apartado II.3.2 do vixente Pacto, a baremación de méritos nas categorías de facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica e Medicina do Traballo efectuouse consonte o último baremo aprobado para a categoría de facultativo especialista de área, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 91, de data 14 de maio de 2013.

  • Listas provisionais (Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, Farmacéutico/a de Atención Primaria e Médico/a especialista en Medicina do Traballo). RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF
 
LISTAS CONTRATACION VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 20 Abril 2015 09:33

   Ante os incumprimentos por parte do SERGAS das previsións de publicación de listas de contratación, puxémonos en contacto con Servizos Centrais e indícannos que se publicarán as seguintes listas:

Esta semana:

  • Persoal Licenciado Sanitario: Farmacéutica/o de Atención Primaria, Odontóloga/o de Atención Primaria, Psicóloga/o Clínica/o e Médica/o Especialista en Medicina do Traballo

En abril contan publicar:

  • Persoal de Xestión e Servizos: Auxiliar administrativo/a, PSX, celador/a, cociñeiro/a e pinche.

Preguntamos tamén sobre as listas que estaban pendentes de primeira convocatoria:

           (Oficios: Calefactor/a, Electricista, Fontaneiro/a, Mecánico/a, Condutor/a e Condutor/a vehículos especiais)

       Nos indican é que xa teñen as convocatorias preparadas, pero están pendentes de ultimar uns detalles para a súa publicación

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info