CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Xullo 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
  1  2  3  4  5  6  7
  8  91011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
Publicadas listas definitivas de contratación de varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 31 Marzo 2015 09:37



listas sergas

 Publícanse no DOG as resolucións seguintes:

  • RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría). Descargar PDF
  • RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías deenfermeiro/a especialista de saúde mental e enfermeiro/a especialista do traballo.Descargar PDF

Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir de mañá.

As listas entrarán en vigor con efectos do 7 de abril de 2015.
 
Sabes cantas prazas vacantes hai no SERGAS que non se van a convocar na OPE? Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 23 Marzo 2015 13:12

 O SERGAS anunciou coma se fora algo do outro mundo a publicación da OPE 2015, da cal unha parte das prazas van ser sumadas ás das OPE previamente publicadas. Así, o resultado das sumas sería este para as convocatorias que se van desenvolver este ano:

CATEGORÍAS

OPE 2013

OPE 2014

OPE 2015

TOTAL

Médica/o de Familia

40 prazas

 

42 prazas

82 prazas

Enfermeira /o

125 prazas

 

80 prazas

205 prazas

Matrón/a

 

7 prazas

6 prazas

13 prazas

Fisioterapeuta

 

5 prazas

6 prazas

11 prazas

TCAE

 

64 prazas

60 prazas

120 prazas

E quedarían para unha convocatoria posterior as irrisorias 150 prazas de FEAs, TEF e as poucas categorías de Xestión e Servizos que tiveron a ben incluír nesta oferta 2015.

Fagamos cálculos:

  • No período 2013-2015 convócanse 406 prazas de diplomados/as sanitarios/as e de persoal sanitario de formación profesional. As vacantes producidas deste persoal e neste período foron un total de 1520. Faltan 1114 prazas por convocar.
  • No período 2012-2015 convócanse 342 prazas de FEAs, o número de prazas vacantes neste período é de 906 prazas. Faltan por convocar 582 prazas.
  • Para persoal de Xestión é Servizos ofértanse na OPE 2015 40 prazas, o número de vacantes producidas desde o ano 2012 é de 1059 prazas. Faltan por convocar 1019 prazas.

Estes datos non os inventamos nós, son os recollidos nos planos de ordenación de RRHH 2012 e 2013 publicados polo SERGAS. Así que faltan por convocar 2715 prazas vacantes!

É dicir, segundo os cálculos que podedes ver, de se convocar unha OPE co número total de prazas vacantes, a oferta sería de3327 prazas.

Non te deixes enganar!

Exiximos a convocatoria do 100% de prazas para todas as categorías!

 
Información Comisión Central de Seguimento do Pacto Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 02 Marzo 2015 12:07

 INFORMACIÓN DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DE 27 DE FEBREIRO DE 2015.

Infórmannos das previsións de publicacións para os próximos 2 meses de 2015.

  • Marzo:
  • Publicación das listas provisionais de baremación de Enfermeira/o, Matrón/a, Enfermeira/o do 061, Facultativo/a de área de psicoloxía clínica, Farmacéutico/a de atención primaria, Médico/a do traballo, Celador/a, cociñeiro/a, pinche, PSX, Técnico/a Auxiliar da Función Administrativa.
  • Publicación das listas definitivas de baremación de Técnico/a Superior en anatomía patolóxica e citoloxía, Técnico/a Superior en Dietética e Nutrición, Técnico/a Superior en documentación sanitaria, Técnico/a Superior en hixiene bucodental, Técnico/a Superior en imaxe para o diagnóstico clínico, Técnico/a Superior en laboratorio de diagnóstico clínico, Técnico/a Superior en radioterapia, Técnico/a en farmacia e Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, enfermeira/o especialista en saúde mental e enfermeira/o especialista en enfermaría do traballo.
  • Abril:
  • Publicación das listas provisionais de baremación de Fisioterapeuta, Logopeda e Terapeuta ocupacional.
  • Publicación das listas definitivas de baremación de Pediatra de Atención Primaria, Médico/a de familia, Médico/a de urxencias hospitalarias e Enfermeira/o.
  • Novas convocatorias:
  • Calefactor/a
  • Electricista
  • Fontaneiro/a
  • Mecánico/a
  • Condutor/a
  • Condutor/a de vehículos especiais

CIGSAUDElogo

Dende CIG-Saúde preguntamos para cando teñen pensado publicar as listas definitivas tras os recursos da categoría de enfermeira/o da convocatoria anterior, porque ían a publicarse as novas sen ter a convocatoria anterior pechada. Responderon que só lles queda un recurso por resolver e que en marzo se publicarán.
No referente á categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, a Admón aclara que ata agora seguía en vigor a lista de área especial de enfermería en saúde mental do ano 2009, para a cobertura das necesidades nas áreas de saúde mental dos distintos centros. Unha vez que se publiquen as listas definitivas de Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental, poderanse cubrir as necesidades das áreas de saúde mental a través desta lista, quedando derrogada a lista de área especial de saúde mental antiga. É dicir, os centros serán os que decidan se as coberturas en saúde mental se fan a través da lista de Enfermeira/o ou pola lista de Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental.
No referente á categoría de Condutor/a, o Sergas vai a desdobrar a categoría en dúas, a de condutor/a e a de condutor/a de vehículos especiais. Apórtannos o borrador da convocatoria e do baremo da nova categoría para presentar alegacións. Na categoría de condutor/a de vehículos especiais non vai a puntuar ningunha OPE, somentes os puntos do galego. Estas dúas categorías de Condutor/a van ser compatibles.

No punto no que se trataban as solicitudes de cambio de área, dende CIG-Saúde denunciamos que os cambios de área non teñen sentido se non se van a facer efectivos ata que haxa unha publicación de listas. No caso das enfermeiras temos persoas cun cambio de área autorizado en xuño de 2014 e que como non se publicaron aínda as listas definitivas tras os recursos de reposición, seguen figurando na área de orixe.

Dende CIG-Saúde denunciamos que nas categorías de TER e TEL algunhas xerencias están invitando a que renuncien aos contratos que lles toquen en “áreas especias” sen penalización ou que se expoñen a ser investigados se non saben utilizar un determinado aparato. Insistimos en que nestas categorías non existen esas áreas especiais (TAC, RMN, Banco de sangue...) e que a formación dos/as traballadores/as é obriga da empresa. O SERGAS ratificou que nesas categorías non hai esas áreas especiais e só quedou en falar coas xerencias de Santiago e Vigo.
Dende CIG-Saúde solicitamos que dende a Comisión Central partise un criterio común para todas as áreas de que no caso de rexeitamento dun contrato da lista xeral que implicase a incorporación inmediata, non se penalizase. A Admón non o aceptou.
Dende CIG-Saúde volvemos a reiterarnos en que as renuncias ás listas teñen que facerse por escrito ao igual que a inscrición. Segue habendo numerosas renuncias por erro. Entenden que non queren volver ao papel. Comentan que fixeron varias modificacións e que agora se precisan varias confirmacións. Quedaron en valorar con informática a posibilidade de facer a última confirmación diferida no tempo (por exemplo dous días despois) ou que se confirme a través dun enlace remitido ao correo electrónico.
Dende CIG-Saúde denunciamos que na área de O Barco cando esgotan as listas de áreas especiais non chaman á lista xeral, senon que chaman ás áreas limítrofes. Contestan que ese tema xa está aclarado e quedaron en que volverán falar coa Xerencia.
Dende CIG-Saúde denunciamos que en Galaria se contratou a unha empresa externa para cubrir a PSXs e Aux. Administrativos estatutarios, en lugar de chamar polas listas. Contestaron que xa falaran con Galaria e que non se ía a volver a producir.
Dende CIG-Saúde denunciamos que en Hemodiálise de Vigo, a unha aspirante que fixo o mes de formación práctica específica se ía a declarar non apta porque consideran que non era tempo suficiente. A Admón respostou que nalgunhas áreas se adaptou a duración de dita formación e que concretamente nesa área non houbo tal petición. Quedaron en falar co centro para que rectifiquen a decisión.
Dende CIG-Saúde solicitamos a aclaración do criterio acordado en Ourense de permitir na área de O Barco que os contratos inferiores a 2 meses de matrona se oferten a Promoción Interna cando a lista de quenda libre en O Barco estea esgotada. A Admón entende que dito acordo o permite a normativa do Pacto.

Dende CIG-Saúde solicitamos que a reserva de contrato de longa duración recollida no Pacto referente á maternidade e adopción, se estenda tamén ás IT relacionadas co embarazo. A Admón non o acepta, e adíanos á negociación do novo pacto.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se permita a redución do número de titulares e reservas da lista pool da categoría de pinches de Ferrol, posto que foi remitido o acordo da Xunta de persoal antes da publicación das novas listas. A Admón aínda non recibira o escrito pero acepta incluír dita diminución.
Dende CIG-Saúde volvemos solicitar que nos aporten un listado das categorías da Xunta coas equivalencias co Sergas.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se elaboren as listas de contratación temporal de FEAS e das categorías da Lei 17. A Admón responde que son temas que se deberán negociar no novo Pacto.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se acorde o criterio de entender as substitucións de traballadoras en suspensión por risco laboral no embarazo de duración previsible igual ou superior a 3 meses, para poder ser ofertado aos/as titulares das listas de curta duración. Non o aceptan.
Dende CIG-Saúde aclaramos que a responsabilidade de comunicar a chamamentos do remate dun contrato non é do/a traballador/a, se non de RRHH. Solicitamos que remitan ás xerencias dita aclaración.

 
LISTAS PROVISIONAIS MEDICO/A URX. HOSPITALARIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 04 Febreiro 2015 11:24
  • RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional 
  • de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección 
  • temporal da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias. Descargar PDF 
 
PUBLICACION LISTAS DEFINITIVAS INFORMATICA Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Sábado, 29 Novembro 2014 14:24
  • Listas definitivas categorías informática. RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos
  •  Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas
  • nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais en diversas categorías de xestión e servizos.
  • Descargar PDF
 
listas definitivas de contratacións Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 29 Outubro 2014 10:55

Informamos  de que  saíron publicadas  no Diario Oficial de Galicia a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas

persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de:

 -grupo técnico da función administrativa,

 -grupo de xestión da función administrativa e

 -enxeñeiro/a técnico/a.

As listas entrarán en vigor con efectos do 31 de outubro.

 
QUEN MANEXA O COTARRO¿¿¿¿ Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 08 Outubro 2014 19:53

CHAMAMENTOS A DEDO NO HCV

CIG-SAUDE DENUNCIA

                   A CIG denuncia o “descontrol”, “mamoneo”, “pitorreo” que se está producindo no HCV á hora de efectuar os chamamentos ao persoal das listas de curta duración (pull) e lista xeral.
O que o pacto de contratación recolle como norma para estes chamamentos é o seguinte:


“II.8 Nomeamentos de curta duración.
  Nas categorías de enfermeiro/a, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, celador/a e pinche e as demais que sexan determinadas por acordo dá Comisión Central do Seguimento do Pacto, poderán elaborarse listas específicas para nomeamentos de curta duración co obxecto de daren cobertura ás necesidades de persoal estatutario producidas como consecuencia de ausencias de carácter urxente e non programado, de duración non superior a 4 días”

*¿Cómo hai persoal da lista do pull que sabe dunha semana para outra que días vai traballar?

*¿cómo hai persoas do pull que teñen contratos de 8 días seguidos?

*¿cómo se chama pola mañá a alguén da lista xeral para cubrir a tarde?.
    Cando preguntamos de porque se permite que pase isto a resposta da dirección é que foron “erros” que intentarán que non volvan suceder, isto foi dito por última vez fai unha semana e nestes días este sindicato xa tivo coñecemento doutro chamamento irregular.
   En vista de que estes “erros” cométense de forma repetitiva, e nós que somos moi mal pensados, chegamos á conclusión de que só poden pasar tres cosas:

   1. As supervisoras non leron o pacto de contratación ou non llo explicaron ben.
   2. A dirección non ten unha comunicación fluída e eficaz cos seus mandos intermedios, ou peor, téñena pero a ignoran.
   3. As supervisoras fan os chamamentos para cubrir as ausencias da súa unidade segundo gustos e preferencias sobre as persoas apuntadas á lista.Baixo a desculpa de ter a “alguén con experiencia no servizo” pásanseo as normas que rexen e xestionan os chamamentos polo forro.
   Nun tempo en que diminuíron de forma substancial os contratos, é indignante que se xogue co traballo das persoas apuntadas ás listas de contratación.

   Estanse convertendo en habituais as prácticas de esperar un tempo para dar as baixas ou outro tipo de contratos esperando que lle toque a unha persoa en concreto, e ata temos a sospeita doutro tipo de manobras e subterfugios para conseguir contratos, cousa que raia a ilegalidade.
   Por iso, dende CIG-saude esiximos unha volta á legalidade ;á Xerente que faga gala dese “carácter” do que presume e que usa sen problema á hora de controlar aos traballadores ou servizos que se enfrontaron a ela, que poña orde nas súas subdirectoras e supervisoras e esixa o  “estrito cumprimento” do pacto de contratación.

 

 
A aposta do SERGAS: Especialidades de Enfermaría a prezo de saldo Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 22 Xullo 2014 09:23

20140717_ESPECIALIDADES_DE_ENFERMARA_a_prezo_de_saldo

Especialidades de enfermería para o SERGAS: unha aposta polo recoñecemento profesional a prezo de saldo

O día 11 de xullo o SERGAS convocou o grupo de traballo sobre especialidades de enfermaría, segundo a Administración para dar cumprimento aos pactos da Moncloa, pactos acadados fóra dos órganos de representación elixidos democraticamente. Tanto pacto e tanta foto para recortar dereitos das/os enfermeiras/os.

Desde CIG-SAÚDE queremos lembrarlle ao SERGAS, que na Galiza o recoñecemento das especialidades de enfermaría iniciouse no ano 2007, coa creación da categoría de enfermeira/o especialista en Saúde Mental. Esta categoría conta con nivel 23,  e agora, sete (7) anos máis tarde, queren que aceptemos desta Administración a creación de novas especialidades de enfermería rebaixando o nivel do 23 ao 22, cunha importante rebaixa salarial, mesmo para a categoría xa creada anteriormente. Quérense aproveitar dos coñecementos profesionais a prezo de saldo.

CIG-SAÚDE non vai aceptar que as especialidades de enfermería que o SERGAS vai crear se fagan con nivel 22. As especialidades de enfermaría deben ter nivel 23, e estas teñen que ser as súas retribucións:

ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA  . Grupo A2 Nivel 23

Soldo base

Complemento Destino

Compl. Específico

Produtividade

958.98

546.41

262.44

147.96

O recoñecemento profesional non se fai baixando salarios. Os niveis no SERGAS son os mais baixos de toda a Administración Pública. Non retribúen nin as condicións do posto de trabalo, nin os coñecementos, nin o grao de responsabilidade que ten o persoal que presta a asistencia sanitaria.

CIG-SAÚDE, desde hai anos, ven demandando unha suba de nivel para todas as categorías do Sistema Sanitario Público. É dicir, que este se adapte ás condicións e responsabilidade do posto de traballo.  Xusto o contrario do que agora propón o SERGAS.

O SERGAS NON PODE UTILIZAR A CREACIÓN DAS CATEGORÍAS PARA PRECARIZAR MÁIS AS CONDICIÓNS LABORAIS

ESPECIALIDADES DE ENFERMARÍA XA!

E CO RECOÑECEMENTO PROFESIONAL E RETRIBUTIVO QUE CORRESPONDE!

Descarga e difunde!

 
Publicación de baremación provisional das categorías da Función Administrativa e Enxeñeiro/a Técnico/a Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 21 Xullo 2014 08:26

listas_sergas

Publícase hoxe no DOG resolución que dá publicidade ás listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e a baremación provisional das categorías de Grupo Técnico da Función Administrativa, Grupo de Xestión da Función Administrativa e Enxeñeiro/a Técnico/a.

  • Listas de contratación, baremación provisional varias categorías: RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, en diversas categorías de xestión e servizos. Descargar PDF

Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir de mañá, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Contra o resultado de baremación provisional poderase presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e direccións con competencias en xestión do persoal no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir de mañá.
 
 
Publicados acordos da Comisión Central de Seguimento do Pacto Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 21 Xullo 2014 08:19
  • RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autorizan e se publican diversos acordos adoptados pola Comisión central de seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (Diario Oficial de Galicia número 89, do 9 de maio de 2011). Descargar PDF 

Os acordos recollidos nesta publicación son:

  • Renuncia sen penalización a vínculos de longa duración a tempo parcial nos supostos de cambio de área
  • Determinación da orde de chamamentos para os supostos de rotación entre a quenda de promoción profesional temporal e a quenda de acceso libre
  • Suspensións de chamamentos excepcionadas do réxime xeral de reposición en lista previsto na norma III.4.3 do vixente pacto de selección temporal
  • Compatibilidade das listas de selección temporal e promoción profesional de enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía
  • Orde de anulación das solicitudes de inscrición en listas incompatibles
  • Actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade no ano 2014
postcategoryiconCategoría: Contratacións / Noticias
 
Aberta inscripción listas de contratación lavandeira/o e pasador/a de ferro Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 17 Xullo 2014 11:35

Publícase hoxe no DOG a resolución que abre o prazo para a inscrición nas listas de contratación de pasador/a de ferro e lavandeira/o.

  • RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías estatutarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF 

O prazo remata o 30 de agosto de 2014. Os méritos computables serán os causados ata o 15 de agosto de 2014 que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Ligazón á páxina do SERGAS.

postcategoryiconCategoría: Contratacións / Noticias
 
Publicadas listas provisionais de admitidos/as de varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 17 Xullo 2014 11:30

listas_sergasPublícase en DOG, tal e como se anunciou, resolución que dá publicidade ás listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as das categorías de técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a especialista en sistemas e tecnoloxías da información.

  • RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade en diversas categorías de xestión e servizos. Descargar PDF 

Lembrade que hoxe abre o prazo para a inscrición nas listas de lavandeira/o e pasador/a de ferro.

postcategoryiconCategoría: Contratacións / Noticias
 
Listas médico/a especialista en medicina do traballo Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 23 Xuño 2014 11:34
  • Listas de contratación: RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos

Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados

provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de

nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas

á Consellería de Sanidade, na categoría de médico/a especialista en medicina do traballo. Descargar PDF

 
Publicadas listas definitivas de médic@s de familia Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 09 Xuño 2014 11:32
Imprimir Correo-e

Publicada no DOG do 9 de xuño a resolución que da publicidade á lista de contratación da categoría de médicos/as de familia coa orde de prelación, as puntuacións definitivas e a relación de aspirantes en posesión do diploma de puericultura.

Listas de contratación médico/a de familia. RESOLUCIÓN DO 2 DE XUÑO DE 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de médico/a de familia e se fai pública a relación de aspirantes en posesión do diploma en puericultura.

As listas entran en vigor o día 10 de xuño e tamén ese día iniciase o prazo de un mes para interpoñer recurso de reposición fronte á resolución, e o de dous meses para interpoñer recurso contencioso-administrativo.

 
listas contratacion enfermeiro do traballo e enfermeiro saúde mental Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 05 Xuño 2014 08:45

·         RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que

se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de

baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos

estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería

de Sanidade, nas categorías de enfermeiro/a especialista do traballo e enfermeiro/a especialista

de saúde mental.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info