CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Xullo 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
  1  2  3  4  5  6  7
  8  91011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
LISTAS DE CONTRATACION MEDICOS DE URX. HOSPITALARIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 08 Abril 2014 08:02
  • Publicación listas definitivas MUH. RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos
  • Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes
  •  admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de
  • médico/a de urxencias hospitalarias. Descargar PDF
 
PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS URXENCIAS HOSPITALARIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 07 Abril 2014 17:02

Hoxe, día 7 de abril,  publicanse no Diario Oficial de Galicia os resultados definitivos de baremación

das listas de selección temporal da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias. As listas entrarán

en vigor con efectos do 10 de abril.

 
Listas definitivas de PSX, Celador/a e Aux. Admtvo. Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 25 Marzo 2014 10:11

·         Listas definitivas de PSX, Celador/a e Aux. Admtvo.

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014,

da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva

obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de

diversas categorías estatutarias de xestión e servizos. Descargar PDF

 
LISTAS CONTRATACIONS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 13 Marzo 2014 12:59

PUBLICACIÓNS DOG SOBRE LISTAS DE CONTRATACIÓN

Publícanse hoxe as resolucións de publicación das listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os das

categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e

enxeñeira/o técnica/o. E as listas definitivas de admitidas/os e excluídas/os da categoría de médica/o de

familia, así como os resultados provisionais de baremación:

 RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se

publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de

baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos

estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de

Sanidade, na categoría de médico/a de familia.

 RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se

publican as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para vinculacións temporais no

ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería

de Sanidade en diversas categorías de xestión e servizos (grupo técnico da función

administrativa, grupo de xestión da función administrativa e enxeñeira/o técnica/o).

Para as listas das categorías de grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función

administrativa e enxeñeira/o técnica/o, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días naturais

contados a partir de mañá para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante

solicitude que deberán dirixir ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e direccións

con competencias en xestión do persoal no suposto das entidades adscritas á Consellería de Sanidade. As

persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten

como admitidas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Para as listas das categorías de médica/o de familia, contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as,

as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses

contados a partir de mañá, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e

con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos

do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.As

persoas admitidas, con respecto aos resultados da baremación, poderán presentar reclamación ante as

direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias en xestión do

persoal, no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados

a partir de mañá.

Máis información nos nosos locais sindicais.

 
LISTAS CONTRATACION TECNIC@S Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 20 Febreiro 2014 10:52
  • Publicación listas definitivas de Técnicos/as: RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF
 
LISTAS CONTRATACION TECNICOS SANITARIOS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 19 Febreiro 2014 12:59

Infórmase que está previsto que este xoves, 20 de febreiro se publique no Diario Oficial de Galicia a orde de prelación e

 puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal

das categorías de técnicos sanitarios.  A data da súa entrada en vigor será o 24 de febreiro.

 
Listas definitivas de cociñeiro/a e pinche. Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 07 Febreiro 2014 10:50

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de cociñeiro/a e pinche.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140207/AnuncioG0003-030214-0001_gl.html

 
REUNION C.C. DO PACTO DE CONTRATACIONS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 06 Febreiro 2014 12:16

REUNIÓN COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO

3 DE FEBREIRO 2014

1. Información Xeral Pacto. Informan da previsión de datas de publicación de listas:

Venres 7 de febreiro: Listas definitivas de Pinche e Cociñeiro/a

 Durante o mes de febreiro:

          o Baremación Provisional de Médico/a de Familia.

          o Listas definitivas da actualización automática de Técnicos/as(TEL,TER, TEAP...)

 Durante o mes de marzo:

          o Listas definitivas de Médico/a de Urxencias Hospitalarias

          o Listas definitivas da actualización automática de PSX, celador/a,Aux. Admtvo., Enfermaría, Matrón/a

          o Baremación provisional das categorías da Función Administrativa eEnxeñeiro/a Técnico/a

 Durante o mes de abril:

          o Provisionais de Médico/a Coordinador/a e Asistencial 061,Médico/a do Traballo, Odontólogo/a de Atención Primaria,

            Técnicos (sup., xestión, esp.) en Tecnoloxías da Información,Enfermaría Saúde Mental e do Traballo.

   Outras informacións:

 Compatibilidade listas enfermaría-matrona. Cando se publique a lista definitiva de matrona e se vexa se o número de aspirantes é suficiente,valorarase facer compatíbeis as dúas listas. Tería que facerse mediante acordo da Comisión Central.

     Listas de oficios: están analizando se procede convocalas todas.

S A U D E

  2. Puntos levados pola CIG:

      a. Pedimos unha vez máis que se nos remita unha lista de categorías da Xunta coas súas equivalencias á hora de puntuar o

 tempo traballado.Esta petición levámola en cada reunión, igual que a das titulacións de Outras Actividades. A ver se a base de

 insistir…

      b. Solicitamos que se amplíen as instrucións que se publicaron no DOG para cambio de área e que se fagan extensíbeis ás

 persoas con vínculos de longa duración e tempo parcial. Nas instrucións indica expresamente que só afectan a persoas con

vínculos de longaduración e xornada completa.

     c. Insistimos na necesidade de reclasificación das prazas de enfermeiras especialistas. Preguntamos concretamente por cómo

 se están a cubrir as vacantes de enfermeira do traballo, sabemos dun contrato de interinidade que se chamou pola lista de

 enfermaría do traballo, pero que a persoa foi contratada como enfermeira xeral. A Admón.responde que non sabe cómo se están

 cubrindo, que teñen que mirar e remítennos ao que dixo a Directora de RRHH na Mesa Sectorial sobre que se vai ir mirando a

situación das Enfermeiras Especialistas no grupo de traballo que se convocará ao efecto.

     d. Lembrámoslle á Administración que as categorías da Lei 17 xa teñen rematada a súa OPE e continúan a contratarse por unha

lista do ano 2000. Exiximos que se convoquen listas destas categorías. Non hai resposta.

     e. Expoñemos o criterio que a Comisión Periférica de Vigo está a seguir, considerando que a lista xeral é subsidiaria das listas

de área especial ou das listas de tempo parcial. Ás persoas que figuran nestas listas só lles ofertan os contratos deste tipo e non

os que lles corresponden por lista xeral. A Administración quedou de pedir información e analizalo.

 
LISTAS DE CONTRATACIOIS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 31 Xaneiro 2014 20:32
  • Listas de contratación definitivas de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a en farmacia e técnico/a superior en dietética. RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF
 
LISTAS PROVISIONAIS DE ENFERMARIA Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 30 Xaneiro 2014 19:55

Listas provisionais categorías de enfermaría: RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía. Descargar PDF

 
LISTAS CONTRATACION Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 29 Xaneiro 2014 13:36

Infórmase que está previsto que esta semana se publiquen no Diario Oficial de Galicia as seguintes resolucións relativas a selección temporal:

-          Xoves, 30 de xaneiro.- Relación provisional de admitidos/excluídos e baremación provisional no proceso de actualización de listas das categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

-          Venres, 31 de xaneiro.- Lista definitiva de baremación das categorías de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e técnico/a en farmacia.

 
LISTAS CONTRATACION PSICOLOGO/A CLÍNICO/A Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 15 Xaneiro 2014 08:41
  • Listas contratación Psicólogo/a Clínico/a. RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de facultativo/a especialista da área de Psicoloxía Clínica. Descargar PDF
 
PREVISION DE PUBLICACION DE LISTAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 14 Xaneiro 2014 14:37

INFORMACIÓN PUBLICACIÓN LISTAS CONTRATACIÓN

Información remitida polo SERGAS a respecto das publicacións previstas en DOG

sobre contratacións:

Infórmase que está previsto que esta semana se publiquen no Diario Oficial de

Galicia as seguintes resolucións relativas a procesos de selección temporal:

- Mércores, 15 de xaneiro: Listas de selección temporal da categoría de

Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica: Baremación definitiva

- Xoves, 16 de xaneiro: Procedemento de actualización periódica das listas

de selección temporal das categorías de celador, persoal de servizos xerais e grupo

auxiliar da función administrativa: Relación provisional de admitidos/excluídos e

baremación provisional.

Así mesmo adiántase que, está previsto que na segunda quincena de xaneiro se

efectúen as seguintes publicacións:

- Procedemento de actualización de listas: Relación provisional de

admitidos/excluídos e baremación provisional das categorías de enfermeiro/a e

enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

- Baremación definitiva das categorías de fisioterapeuta, terapeuta

ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a de farmacia

e técnico/a superior en dietética e nutrición.

Na reunión da Comisión Central de Seguimento do Pacto que se convocará para a

segunda quincena deste mes, darase máis información sobre estes procesos.

 
CONTRATACION VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 26 Decembro 2013 12:40
  • Listas de contratación, actualizacións provisionais das categorías de técnicos/as: RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF
 
CONTRATACIONS FACULTATIVOS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 19 Decembro 2013 10:32

Publicacións DOG:

  • RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de pediatra de atención primaria e farmacéutico de atención primaria. Descargar PDF
 
ATERTURA BOLSA DE CONTRATACION SACYL Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 18 Decembro 2013 13:26

CONSTITUCIÓN DE LA BOLSA DE EMPLEO (deriva del proceso selectivo)

En el plazo de veinte días naturales (del 5 al 24 de diciembre de 2013), ÚNICAMENTE los aspirantes relacionados en el Anexo II de la presente Resolución, que son los admitidos al mencionado proceso selectivo, que participaron por el turno libre o por el de personas con discapacidad, que no hayan superado el mismo y que no hayan manifestado expresamente su deseo de no formar parte en  la bolsa de empleo, deberán presentar la siguiente documentación:

a) Solicitud según modelo que se adjunta como Anexo I de la presente Resolución.

b) Fotocopia de la titulación requerida, siendo ésta el título de Técnico en Cuidados Auxiliares de Enfermería (Ciclo Formativo de Grado Medio, rama sanitaria), o Formación Profesional de Primer Grado en su rama sanitaria, o en su defecto, documento acreditativo de estar en condiciones de que le sea expedida.

c) Fotocopia u original de la documentación acreditativa de los méritos objeto de baremación, siendo éstos los establecidos para la fase de concurso del proceso selectivo mencionado, los cuales irán referidos hasta el último día de plazo de presentación de solicitudes del proceso selectivo, según se indica a continuación:

CATEGORIA

Orden de convocatoria del proceso selectivo

Méritos referidos a:

Formación continuada

Técnico en Cuidados Auxiliares de Enfermería

Orden SAN/854/2011, de 21 de junio (BOCYL 1/07/2011)

21/07/2011

De 22/07/ 2001 a 21/07/2011

La documentación acreditativa de los méritos, solamente deberá ser aportada por aquellos aspirantes que no hayan sido objeto de baremación en la fase de concurso del mencionado proceso selectivo.

Las solicitudes podrán presentarse en los registros de las Gerencias de Salud de Área, Gerencias de Atención Primaria y Gerencias de Atención Especializada de la Gerencia Regional de Salud de Castilla y León o conforme a lo señalado en el artículo 38 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, y se dirigirán a la Sra. Gerente de la Gerencia de Salud de las Áreas de Valladolid, C/Álvarez Taladriz nº 14, 47007 Valladolid.

 
CONTRATACIONS VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 17 Decembro 2013 09:32

Infórmase que está previsto que esta semana se publiquen no Diario Oficial de Galicia as seguintes resolucións relativas a procesos de selección:

Xoves, 19 de decembro:

o    Orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polos aspirantes admitidos nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de Farmacéutico de A.P. e Pediatra de A.P.

-          Venres, 20 de decembro:

o   Relación provisional de admitidos/as e excluidos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización de listas nas categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico clínico e técnico/a superior en radioterapia.

 
Baremación provisional de pinche e cociñeira/o Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 21 Novembro 2013 12:44

Contratacións: Publicada baremación provisional de pinche e cociñeira/o

Xoves, 21 Novembro 2013 08:04 | Imprimir | Correo-e

Publícase hoxe no DOG a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as para as listas de contratación de pinche e conciñeira/o, así como os resultados provisionais de baremación no Expedient-e.

  • RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de cociñeiro/a e pinche. Descargar PDF 

Contra a baremación provisional ábrese prazo de reclamacións de dez días naturais a partir de mañá. Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as só cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir de mañá, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, e potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes.

postcategoryiconCategoría: Contratacións / Noticias
 
LISSTAS DE CONTRATACION DE VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 14 Novembro 2013 21:29
  • Publicadas listas de baremación provisional de fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e nutrición e técnico/a en farmacia. RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF
 
LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITID@S E EXCLUID@ PARA VINCULACIONS TEMPORAIS DE ENFERMEIR@ ESPECIALISTA DO TRABALLO E ENFERMEIR@SPECIALISTA DE SAÚDE MENTAL Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 06 Novembro 2013 21:35
  • RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de enfermeiro/a especialista do traballo e enfermeiro/a especialista de saúde mental. Descargar PDF
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info