CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Xullo 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
  1  2  3  4  5  6  7
  8  91011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
Publicadas resolucións sobre listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 14 Xuño 2012 08:41

Publícanse hoxe no DOG dúas resolucións relativas a listas de contratacións:

A primeira publica as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, xunto coa baremación provisoria, das categorías do 3º proceso (Aux. Administrativo, PSX, Celador/a)

  • RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

Con esta publicación enténdese estimadas ou desestimadas as reclamacións presentadas sobre as situacións de exclusión das listas, e contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ou ben, previamente a este, recurso de resposición ante Recursos Humanos no prazo dun mes. Sobre as puntuacións provisorias, disponse do prazo de dez días naturais a contar a partir de mañá para realizar reclamacións.

A segunda resolución abre o prazo de inscrición do 4º proceso, para as categorías de:

1. Persoal médico de familia.
2. Persoal médico de urxencias hospitalarias.
3. Pediatra de Atención Primaria.
4. Médico/a coordinador/a do 061.
5. Médico/a asistencial do 061.
6. Médico/a especialista en medicina do traballo.

  • RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF 

Para esta primeira xeración de listaxes, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 15 de xuño ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas. As listas xeraranse coas persoas inscritas ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos que serán tidos en conta nesta primeira xeración de listaxes serán os causados ata o día 30 de xuño de 2012 coa puntuación e número de orde que resulte da aplicación dos baremos.

 
listas de contratación: información SERGAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 13 Xuño 2012 09:18

Recibimos o seguinte correo do SERGAS, sobre as categorias que faltan non temos información ningunha

jaiteiro

O día 14 de Xuño publicaranse as listas definitivas de admitidos/excluídos de auxiliares administrativos, persoal de servizos xerais e celadores. Así tamén a baremación coa puntuación e número de orde provisional. Tamén se publican o número de titulares e suplentes de listas de curta duración de celadores. As listas estarán publicadas na web do SERGAS e na intranet.

Remitiremos modelos de reclamación por si fora de utilidade para formalizar as posibles reclamacións contra a puntuación obtida. Ter en conta que o prazo é de 10 días naturais  a contar dende o día 14 de Xuño.


Así tamén o mesmo día 14 de Xuño, publicarase a Cuarta convocatoria de listas para as categorías seguintes. O prazo de solicitude abrirase o día 15 de Xuño a través do formulario do apartado de procesos no expedient-e.

ü  Persoal  Médico de familia

ü Persoal Médico de urxencias hospitalarias

ü Pediatra de Atención Primaria

ü Médico/a coordinador/a do 061

ü Médico /a asistencial do 061

ü Médico/a Especialista en medicina do traballo

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes dende o día  15 de xuño ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas

Para calquera dúbida ou incidencia podedes contactar con nos.

 
intruciiois xestion pool Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 30 Maio 2012 11:19

Publícase hoxe no DOG as instrucións de xestión de listas de curta duración, nas que aceptaron algunhas das alegacións de CIG-Saúde.

  • RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica o acordo sobre xestión das listaxes de vinculacións temporais de curta duración nas institucións sanitarias deste organismo. Descargar PDF

instrucciois_pool.pdf

 
publicacion listas tecnicos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 15 Maio 2012 08:44

Publícanse hoxe en DOG as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e a puntuación provisional das categorías de Técnicos (1º proceso de inscrición).

Podedes consultalas aquí:

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias de formación profesional no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

O SERGAS remite esta información ao respecto:

Como xa vos adiantamos na comisión central, no DOG publicarase a Resolución pola que se da publicidade ás listas definitivas de admitidos e excluídos e tamén as listas provisionais con puntuación e número de orde.

As listas definitivas de admitidos se publican coa puntuación asociada e as listas de excluídos se publican sen puntuación, figurando no expedient-e a causa de exclusión.

As listas completas estarán dispoñibles no espazo de emprego público da web do SERGAS, en listas de contratación, así como no mesmo espazo en Recursos Humanos da intranet.

Así tamén, os/as aspirantes admitidos poderán consultar no seu expedient-e  a súa puntuación con mais detalle, dentro do apartado de procesos.

As listas abren a posibilidade de reclamación de 10 días naturais sobre a baremación realizada. Remitimos un modelo de reclamación .

 
Información Comisión Central Seguimento do Pacto Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 10 Maio 2012 08:33

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DO 9 DE MAIO DE 2012.


1. Previsión de publicación da baremación provisional e número de orde nas listas de técnicos superiores sanitarios e listas de admitidos e excluídos. Infórmannos de que o día 15/05/2012 publicarase no DOG e poderase ver na web as listas provisionais coa baremación dos técnicos superiores sanitarios. Abrirase un prazo de 10 días naturais para reclamacións. Na páxina web do Sergas figurará un listado coas puntuacións de todos os aspirantes cunha puntuación desglosada por bloques. Cada aspirante a través do Expedient-e poderá ver con detalle toda a súa baremación. No apartado de Procesos do Expedient-e o aspirante poderá acceder á baremación correspondente. En Resultados verá a súa baremación total, o seu nº de orde na lista xeral, o nº de orde nas sublistas (xornada reducida, áreas especiais...), e en cada apartado do baremo pode ver todos os méritos baremados. Dáse a opción de ver a detalle toda a baremación, onde se indicarán tamén os méritos que non puntúan. Os/as aspirantes de Promoción Profesional no apartado de baremación da OPE terán un axuste na nota posto que se pondera a puntuación sobre 60 puntos (na nota OPE estaba sobre 55 puntos). Exemplo: A nota de Galego en lugar de ser 5 puntos son 5,455 puntos.
Previsións de outras categorías: Antes do verán pretenden abrir as inscricións de médicos de familia, pediatras de atención primaria e médicos de urxencias hospitalarias. Con posterioridade (xa despois do verán) irían as/os TCAE e para o final pretenden deixar as categorías de oficios. Dende CIG-Saúde solicitamos que previamente se nos aporte un informe sobre a contratación nos últimos anos nas categorías de oficios para evitar falsas expectativas aos/as aspirantes.

2. Número de titulares e suplentes nas listas de curta duración de celadores. Apórtannos un cadro coa proposta feita polas Xerencias de titulares e suplentes para as listas de curta duración da categoría de celador.


3. Acordo sobre Instruccións de listas de curta duración. Dende CIG-Saúde solicitamos que se aclarase que os titulares que nun mes acaden os 12 días poderán acceder aos contratos da lista xeral que lles correspondan que sexan superiores a 3 meses, tal e como indica o Pacto. Acéptase revisar o texto clarificando este punto e remitirannos o documento definitivo previamente a que se remita a DOG para a súa publicación.


4. Proposta de criterios xerais sobre formación práctica específica para o acceso ás áreas especiais.Dende CIG-Saúde solicitamos que a aqueles/as aspirantes que abandonen a formación práctica sen xustificación impedindo que outra persoa poida  acceder a ela, non se lles permita repetir dita formación. Quedaron en valorar esta posibilidade. Aclárase tamén, que cando un aspirante interrompa a formación por ser chamado para un vínculo temporal, poderá continuar co programa formativo se este non rematou, complementando as datas da ausencia; ou se o programa formativo rematou poderá volver a repetilo cando se volva a impartir. No referente á convalidación doutra formación aclarouse que cada caso será tratado individualmente na Comisión Central.
Dende CIG-Saúde solicitamos que no punto 6.3 de Acceso á formación práctica específica do persoal fixo só sexa de aplicación para o persoal de promoción profesional. Estas bases son só para pacto de contratacións, se a Admón. ten interese en formar ao persoal fixo deberá presentar unha proposta en Mesa Sectorial pero fóra do ámbito do Pacto de contratacións. A nosa solicitude foi apoiada polo resto de OOSS e quedaron en darlle traslado desta petición á Directora para a súa valoración. 
Solicitamos que na área especial de prematuros/neonatos as prácticas tivesen a mesma duración que as de UCI/Reanimación de adultos. Quedaron en valoralo.


5. Varios.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se aclare aos aspirantes que presentan certificados en linguas cooficiais do Estado se estes teñen que vir traducidos. Acórdase incorporar en preguntas frecuentes un apartado aclaratorio sobre este tema. Para aqueles aspirantes que presentaron certificados en linguas cooficiais do Estado distintas do galego e o castelán, poderán aportar o certificado traducido no prazo de reclamacións. Por último, aclárasenos que o tempo traballado en urxencias extrahospitalarias e 061 non son computables para a área especial de urxencias hospitalarias.

 
compatibilidade nas listas especiais Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 12 Abril 2012 09:34

Parece ser que houbo un erro na información recibida sobre a compatibilidade das listas especiais e polo tanto estivemos informando mal ó persoal.

As listas Pool son compatibles tanto coas listas de área especial como coa opción de contratos de tempo parcial., pódese estar anotado/a nas listas de área especial, en calquera delas, en varias, e ao mesmo tempo nas listas Pool.

Perdoade as molestias

 
APERTURA DE PRAZO DE INSCRIPCION DE VARIAS LISTAS DE CONTRATACIÓN Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 26 Marzo 2012 14:11

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade

ENLACE A RESOLUCIÓN

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de Enfermaría para vinculacións temporais no ámbito das institución sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade

ENLACE A RESOLUCIÓN

 
Actualizado modelo de reclamación de excluidos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 12 Marzo 2012 19:14

Poñemos outro modelo de reclamación para a xente que resultou excluida nestas últimas listas, para descargalo, clikade aquí

 
modelo de reclamación listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 12 Marzo 2012 09:34

Neste enlace tedes un modelo de reclamación de excluidos das listas de contratación, o SERGAS o fixo para os técnicos polo que deberedes modificar as datas, están marcadas en vermello

 
próxima aberturas de listas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 05 Marzo 2012 10:25

Parece ser que o SERGAS vai enviar durante esta semana ó DOG a apertura da listas de contratación de:

Psicólogo/a clínico/a

Traballador/a social.

Logopeda.

Técnico/a superior en prevención de riscos laborais.

Técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais. 

DUE

 
Listas de contratación: provisorias de admitid@s e excluid@s persoal técnico Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 15 Febreiro 2012 09:46

Publícase hoxe en DOG a Resolución que fai públicas as listas provisorias de admitid@s e excluid@s do persoal técnico

As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expedient-e na epígrafe de procesos. A documentación declarada co estado de incompleta (DI) na epígrafe correspondente do expedient-e, así como os erros materiais en que incorresen as persoas aspirantes poden ser emendados no prazo de dez días hábiles, contados desde mañá.

As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é porque a súa inscrición se formalizou con posterioridade ao día 30.11.2011, polo que sairán na seguinte xeración de lista, de acordo co pacto.

 
Información Contratacións Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 13 Febreiro 2012 12:48

Remiten desde o SERGAS certa documentación (borradores) relativa á selección temporal:

 
información da comisión de seguimento do Pacto de contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 26 Xaneiro 2012 09:23

CIG-Saúde
26/01/12
Comisión de seguimento do pacto de Contratacións do 25/01/2012.


jaiteiro1. Expedient-e.


Están rematadas as validacións dos 3200 aspirantes inscritos nas categorías de Técnicos Superiores. Estas categorías, no apartado de Procesos do Expedient-e, poderán visualizar no momento en que se habilite o aplicativo, (polo momento non está aberta esa parte do aplicativo)  cada un dos/das aspirantes a súa baremación desglosada. Por exemplo, no apartado de Formación Continuada virán relacionados todos os cursos baremados coa súa puntuación, e os cursos non baremados coas causas de exclusión.


2. Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as.


A mediados de febreiro teñen previsto sacar a primeira publicación de listaxes provisionais de Técnicos Superiores. A semán que vén previsiblemente poderán dar unhas datas de publicación.
A Administración infórmanos de que se farán as seguintes publicacións de listas:


1º Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as sen puntuación. Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos requisitos (titulación errónea, pago erróneo de taxas, cumprimentación incompleta da inscrición...).


2º Listaxes provisionais de admitidos/as con puntuación desglosada (OPE, Formación Continuada, Experiencia Profesional...). Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos méritos.


3º Listaxes definitivas de admitidos/as con puntuación.
As seguintes categorías que están a validar son as de PSX, Auxiliar Administrativo e celador. Hai 17000 inscricións.


En febreiro teñen intención de abrir as inscricións das seguintes categorías:
 DUE
 Traballador/a Social
 Psicólogo/a Clínico/a
 Técnico/a en Prevención de Riscos Laborais
 Logopeda
Do resto de categorías non fan ningunha previsión.


3. Incidencias en Promoción Interna.


O expedient-e permite a inscrición en áreas diferentes, mentres que o pacto só permite a promoción interna na mesma área. No caso dos aspirantes de P.I. que se inscribiron nunha área distinta á área onde teñen a praza, sairán nas listaxes como excluídos, e poderán subsanalo no prazo correspondente.
Acordouse unha única excepción. A petición individual dirixida á Comisión Central de seguimento do pacto, un aspirante xa inscrito en P.I. na área sanitaria onde ten a praza, alegando e xustificando razóns de conciliación da vida laboral e familiar, poderáselle permitir a inscrición en listas de P.I. nunha área sanitaria distinta á que ten a praza.
A Administración expón un caso dunha traballadora, que actualmente está en Comisión de Servizos por conciliación da vida familiar e laboral noutra área, que solicita activarse nas lista de Promoción Interna na área na que está en Comisión de Servizos alegando as mesmas razóns de conciliación da vida laboral e familiar (previamente xa estaba inscrita nas listaxes de Promoción Interna na área de orixe). Acéptase que entre nas listas vixentes de Promoción Interna da área na que está en Comisión de Servizos.


4. Outros.


 Formación práctica específica. Teñen elaborado un procedemento xeral amplo para que cada centro o poida adaptar ás súas características. Unha vez o teñan rematado remitiránnolo para a nosa valoración, e así poder aprobalo nunha reunión posterior.


 Clarexamento dos criterios aplicados pola Dirección Provincial de A Coruña no referente ás contratacións de substitución encadeadas por diferentes ausencias do mesmo titular sen incorporación efectiva do mesmo. Como criterio xeral, se non hai incorporación efectiva e física do titular mantense o mesmo substituto. No caso de que a substitución se considere de longa duración, aplicaríase a norma do pacto de contratación, ofertándose ao primeiro da lista. Exemplo: baixa seguida de maternal e posteriormente de excedencia. A excedencia ofertarase con criterio de primeiro de lista. A Administración quedou en que lle remitirá aos centros estos criterios clarexando estos puntos.


 Áreas limítrofes. Detectamos que houbo un erro ao non considerar a Zona de Cee como limítrofe con outras áreas que non fosen A Coruña. Modificarano para as seguintes convocatorias.

 
Mesa Sectorial Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 25 Xaneiro 2012 09:06

Hoxe vaise reunir por fin a Mesa Sectorial, a orde do dia é a seguinte:

 

Orde do día:

1º.- Expedient-e: información das convocatorias en marcha, novas convocatorias e previsións.
2º.- Acordo sobre listaxes provisionais de admitidos e excluídos.
3º.- Listaxes de curta duración.
4º.- Propostas de exclusión de listaxes por incumprimetos graves e non superación do período de proba.
5º.- Información sobre chamamentos de listas automáticas.


A ver se por fin o SERGAS desvela cando se vai a abrir o prazo para anotarse nas listas o persoal que falta e cando estarán activas.


Unha vez teñamos información do acontecido en Mesa o publicaremos sen dilación.

 
contratos a tempo parcial AP de Ourense volve a contratar a xornada completa Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 19 Decembro 2011 10:55

Despois da reunión mantida o pasado xoves con "superxerenta" das áreas de O Barco e Ourense, e onde tratamos moi a fondo os contratos lixo de tempo parcial, denunciando esta situación, posto que merma moito a calidade asistencial e convirte ó persoal en exclavos ó servizo do sergas, posto que a retribución que se lles da en moitas ocasiois non cubren os gastos de desplazamento, a Xerenta da área integrada quedou en darnos resposta ó dia seguinte, polo que o venres a última hora chamou para comunicarnos que se volveria á situación anterior, é decir ós contratos a tempo completo, polo menos de momento.

Postos en contacto coa sección sindical da CIG en Ourense, comentannos que tamén o palican nesa área, pero de momento sólo os PSXs, posto que se siguen facendo contratos en enfermaría a tempo parcial.

 

A concentración prevista para ás 18 horas de hoxe diante do HCV por este asunto, convertirase nunha asemblea informativa.

 
concentración contra dos contratos lixo Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 14 Decembro 2011 09:52

psxs

Onte os PSXs da ára de O Barco concentráronse enfrote do Centro de Saúde de O Barco, para protestar contra os contratos lixo de media xornada para cubrir xornadas completas, este de abaixo é o comunicado que nos enviaron.

O persoal de servizos xerais queremos informar a opinión pública, a política de contratación practicada dun tempo a esta parte dende a Xerencia de Atención Primaria do SERGAS en Ourense,  referímonos en concreto a última modalidade de contratos de media xornada para cubrir as ausencias do persoal que está a xornada completa, isto significa que: 

·        O resto de xornada ordinaria está descuberto este servizo e polo tanto os usuarios durante este tempo non poden realizar trámites administrativos, cita previa, tarxeta sanitaria etc., que ademais en Centros de Saúde como o de Trives fan os trámites doutros centros de saúde (Manzaneda e San Xoan de Rio). 

·        O traballo ademais recae non só sobre os PSX titulares senon tamén sobre o resto de profesionais do centro médicos e enfermeiras, deteriorando así a calidade asistencial prestada. 

·        Para mais INRI moitas veces os usuarios ante unha urxencia, poden ver como a porta do centro de saúde están pechadas posto que o horario habitual en que os profesionais abandonan o centro de saúde para facer os domicilios é a partires das 12, 13 horas. 

·        Este tipo de contratos poden significar a medio e longo prazo a reducción das horas de atención con que contan os centros de saúde, con estes contratos inician o camiño, pero non nos sorprendería que as novas incorporacións da nosa e resto de categorias fosen contratos a tempo parcial e limitar a atención que presta ese centro de saúde a 3 ou 4 horas diarias, ou incluso a desaparión dalgúns deles, algo similar está pasando en Cataluña onde se levan pechado mais de medio cento deles co argumento da crise. 

Os PSXs temos que cubrir toda a área de saúde de O Barco,  A Veiga, Viana, Trives, Carballeda, Larouco etc etc, isto supón que a maioria das veces que nos chaman teñamos que facer case 100 kilómetros no noso coche particular, o que equivale con este tipo de contratos a ter que traballar prácticamente de valde, co salario xa de por sí escaso que temos e reducido a metade. 

O SERGAS amparado na disculpa da crise, recorta ata amputar os dereitos mais básicos das persoas, o dereito á sanidade e a un traballo digno, a nosa situación refrexa claramente esta situación. 

O Proóximo luns ás 18 horas tódolos profesionais de atención primaria e especializada da nosa área están convocados a outra concentración en protesta por estes contratos 

 
publicación dog listas celador, psx e aux administrativo Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 28 Novembro 2011 14:11

Publícase hoxe en DOG a convocatoria de inscrición nas listas de contratación para as categorías de PSX, Celador/a e Aux. Administrativo. Pódese consultar aqui.

Para que as solicitudes e os méritos sexan tidos en conta na primeira xeración de listas, deberán estar rexistrados e acreditados antes do día 15 de xaneiro de 2012. Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o 1 de decembro de 2011 e ata o 15 de xaneiro de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 31 de decembro de 2011 e acreditados dentro do prazo. Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición con posterioridade ao 15 de xaneiro de 2012, o/a aspirante figurará na seguinte xeración de listas.

 
reunión mesa da seguimento do pacto de contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 25 Novembro 2011 09:38


Comisión de seguimento do Pacto 24 de novembro de 2011


 Segunda convocatoria de listaxes polo expedient-e.


Comunicáronnos de que o luns 28 de novembro de 2011, se publicará en DOG a resolución pola que se abre o prazo de inscrición para as categorías de:

 

 Grupo Auxiliar da función administrativa
 Persoal de Servizos Xerais
 Celador/a


o O prazo de inscrición abrirase o 1 de decembro de 2011 e TODAS as persoas interesadas deberán inscribirse a través do FIDES/expedient-e.


o Os méritos que serán tidos en conta son os causados a 31 de decembro de 2011.


o O prazo de aportación de solicitudes e méritos remata o 15 de xaneiro de 2012.


o Ao igual que na convocatoria de Técnicos Superiores, a solicitude presentarase vía electrónica e documental co pertinente rexistro administrativo da solicitude.


o Unha vez se publiquen os listados provisionais, abrirase un prazo máximo de 10 días hábiles para a presentación de reclamacións.

 

 Aclaracións de dúbidas ou cuestións sobre o expedient-e e o novo pacto.
o Solicitudes de inscrición confirmadas: no caso de que algún aspirante, unha vez teña confirmada de maneira definitiva no FIDES a inscrición nas listas de contratación, queira facer algunha modificación na mesma, poderá aportar por rexistro administrativo un escrito dirixido á mesma unidade de validación que a solicitude de inscrición, no cal solicite os cambios na solicitude de inscrición que considere oportunos, SEMPRE que se faga antes da finalización do prazo de presentación de inscricións (neste caso, o 15 de xaneiro).


o Cursos antigos que non teñen o programa impreso no diploma: teranse en conta só os que indiquen a categoría destinataria.


o Nomeamentos a tempo parcial: preguntouse de cal sería a orde de oferta deste tipo de contratos, a resposta foi a seguinte:


 1º opción voluntaria de nomeamentos a tempo parcial da área/zona.
 2º lista xeral da área/zona.
 3º opción voluntaria de áreas limítrofes. Segundo a Administración contestan que, dada a situación actual, non se dará este caso porque consideran que non se esgotarán as listas.


o Listas de curta duración: na inscrición figurará sempre a opción SI/NON ás listas de curta duración. Naquelas áreas ou zonas nas que estén habilitadas estas listaxes (Anexo II) haberá unha casela na que os aspirantes terán que escoller o centro ao que pretenden anotarse.


Varios:
o A Administración informa que no mes de decembro nos convocarán para tratar o regulamento das listas de curta duración, e tamén o regulamento da Formación Práctica Específica que se recolle no Pacto.
o Non hai previsión da publicación das listas provisionais de Técnicos Superiores, porque están a ter problemas coa catalogación da experiencia profesional.


o Previsións:
 A Administración informounos de que teñen a intención de que as seguintes categorías en abrir o prazo de inscrición sexan as categorías sanitarias e finalmente o resto do persoal non sanitario.


 De todas maneiras pretenden ter pechados todos os procesos de inscrición no mes de marzo de 2012.

 
proxima convocatoria de psx, celador e aux administrativo Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 21 Novembro 2011 09:54

O SERGAS fíxonos chegar un correo co borrador da convocatoria de listas de PSX. celador e Aux administrativo, polo tanto estas parecen ser as listas de contratación que sairán en breve, segiremos informando.

 
información do sergas sobre as listas convocadas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 18 Novembro 2011 09:47

O SERGAS remítenos esta información, refírese sólo as listas que xa foron convocadas (técnicos especialistas).

Lles informamos que a partir do día 16 de Novembro se comezaron a validar as solicitudes de inscrición das listas que teñan sido confirmadas e entregadas polas persoas interesadas. A partir dese momento, as persoas poderán consultar o estado da validación da súa inscrición, no apartado de procesos correspondente a selección temporal ou promoción profesional, según sexa. Poderán saber en tempo real se a súa solicitude foi validada ou ben rexeitada.

 

De rexeitarse algunha solicitude polas causas previstas relacionadas coas taxas ou por defectos nos formularios, poden subsanarse dentro do prazo de solicitude. Posteriormente, coa publicación das listas provisionais se abrirá un novo prazo de subsanación de erros, pero non comprenderá a subsanación por impago de taxas.

 

A validación da inscrición, será visible en tempo real polas persoas interesadas, polo tanto de non ter aboado as taxas o ter outro defecto nas mesmas o no modelo, poden estar informadas e subsanar dentro do prazo de solicitude.

 

A validación da inscrición realizarase por orde de rexistro de entrada de ditas solicitudes nas unidades de validación polo que as persoas que entreguen as solicitudes con antelación poden subsanar os erros.

 

De ter algunha dúbida o  aclaración, prégolles se poñan en contacto con nos.

 
Por outra banda publican hoxe en DOG unha corrección de erros da convocatoria de inscrición en listas para técnicos, corrixen a orde de prelación das listas de área limítrofe da área de Ourense/zona Verin:

  • CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de outubro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF 
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info