CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Xullo 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
  1  2  3  4  5  6  7
  8  91011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
BORRADOR PACTO DE CONTRATACIOIS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 10 Febreiro 2011 13:24
Aquí vos deixamos o borrador remitido polo SERGAS para o seu debate na Mesa sectorial do próximo 17 de febreiro


BORRADOR_PACTO_SELECCIN_TEMPORAL_GT_17022011.doc
 
Nova reunión pacto de contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 08 Febreiro 2011 22:36
Chéganos este correo do SERGAS:

Por medio do presente achégolles convocatoria don Grupo da traballo para a elaboración dun novo Pacto de vinculacións temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde, que terá lugar o vindeiro xoves 17 de febreiro de 2011 ás 11:00 horas na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
 
borrador pacto de contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 15 Decembro 2010 15:16
Deixámosvos onovo borrador do Pacto de contrataciois , parece ser polo que nos informan @s compañeir@s que o están negociando que probablemente sexa o último ou penúltimo borrador antes do definitivo.


Entregan un novo documento, que remitimos, no que aparecen suliñados varios cambios con respecto ao anterior. Nestes cambios recollen, nalgúns casos parcialmente, algunhas das nosas alegacións, como en Promoción Interna, valoración do Galego, cambios de área por conciliación, prelación de áreas limítrofes, listaxes de tempo parcial, categorías compatibles ou orde de prelación da subsidiariedade de listas.

 

Na rolda de intervencións das OOSS, desde CIG-Saúde manifestamos de entrada que seguimos mantendo as alegacións que enviamos, nomeadamente esiximos unha redacción clarificadora sobre cal vai ser a situación das categorías reclasificadas por privatizacións. Mantemos a esixencia de que figure un descanso obrigatorio despois de 360 días traballados, e preguntamos a qué se refiren con órganos competentes e qué quere dicir o que se engade na valoración da capacidade funcional. Tamén pedimos que se recolla a nosa alegación sobre Pool, en canto á duración dos contratos e ao máximo de días por mes, así como a puntuación adicional e que se redacte dalgún xeito que non se poden encadear contratos de Pool para cubrir ausencias longas. Falamos tamén do requisito de formación para as áreas especiais, 40 horas de formación sen máis séguenos parecendo insuficiente.

 

A Administración contesta ás alegacións e despois do debate, o máis salientable é:

* Reclasificacións. Prodúcese un intenso debate sobre se debe figurar ou non no pacto. A Administración mantén que non é tema de pacto, senón de mesa sectorial. Insistimos en que a xente que está nesas listas tén que saber a qué aterse e que debe figurar no pacto recollida unha mínima regulación.

* Descanso obrigatorio. Non están dispostos a recollelo, explican que debe traballar sempre a persoa con máis méritos e non obrigala a permanecer na casa para que traballe xente con menos méritos. Explicamos a nosa postura e a nosa argumentación a favor da rotación nas listas. Só unha organización mais apoia que se manteña o descanso obrigatorio. As demais OOSS apoian a Administración en suprimilo, polo que esta é a postura que finalmente se adoptará no texto definitivo.

* Valoración da capacidade funcional. Pedimos que se clarifique a redacción, quén son os órganos competentes e en qué medida vai afectar a valoración ás persoas aspirantes.

* Suspensión de chamamentos sen causa. Ven como moi problemático recoller este punto, pode dar lugar a que nun momento dado haxa indispoñibilidade. Remitiranse estes casos á causa j), que será valorada polas Comisións de Área. Explícase que nestes órganos normalmente non se aceptan causas á parte das recollidas expresamente, mais a Administración apela ao sentido común (?).

* Supresión de Pool. Algunhas OOSS seguen a solicitar a súa eliminación. A Administración ve necesario o Pool, mais non acepta que teña puntuación adicional nos baremos, alegan que xa é xente que traballa máis que o resto e ai ten a súa compensación pola dispoñibilidade. Tampouco se moven da súa postura de 4 días máximo por contrato e 15 días máximo por mes. Valorarán aceptar unha puntuación adicional na primeira xeración de listas a modo de transición.

* FEAS. Non queren contemplalos neste pacto, mais aceptan tratalo para ver de facer unha regulación da contratación destas categorías.

. En caso de indispoñibilidade nalgunha categoría poderase xerar unha nova lista para introducir aspirantes que non figuraban. Prodúcese un debate sobre se debe ser unha lista subsidiaria ou realizar unha xeración de lista xeral. Finalmente óptase por facer unha nova xeración de lista xeral, introducindo nov@s aspirantes.

* Requisitos para Áreas Especiais. Insistimos en que 40 horas de formación non son suficientes, e que é necesario, cando menos, unha formación práctica. Outras OOSS están de acordo en que se necesita formación práctica no servizo. Desde a Administración valorarán articular prácticas tuteladas, inda que non ven claro como facelo.

* Revogación de nomeamento por IT. Plantexanse dúbidas de se isto é legal. A Administración insiste en que entra dentro da legalidade.

 

Cos cambios efectuados e os recollidos do debate, prepararán un documento definitivo que remitirán antes da próxima reunión (na segunda quincena de xaneiro), con idea de que sexa xa o documento para a sinatura.

 

Unha vez finalizada a reunión preguntamos por dúas cuestións:

 

. @s compañeir@s de administración advertíronnos de que o director de Función Pública afirmou que as instruccións sobre tribunais de procesos selectivos que se están elaborando (e que están en fase de alegacións) tamén van ser aplicables ao persoal de Ensino e do SERGAS. Preguntamos se isto é así e en qué xeito afectaría. Nesta Administración non teñen coñecemento do tema. Consultarano e remitirán unha resposta.

Cronograma. Insistimos, unha vez máis, na necesidade de que informen sobre os prazos de resolución dos procesos en marcha. Estamos na máis absoluta ignorancia e isto non pode ser. As persoas da Administración presentes manifestan non coñecer a situación ao respecto, pero indican que preguntarán e responderán convenientemente (non sabemos se cun cronograma ou con máis evasivas).
 
listaxes provisorias marona: convocatoria extraordinaria contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 14 Decembro 2010 13:58
Mañá mércores, 15 de decembro, terá lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as listaxes provisionais de aspirantes a vinculacións temporais na categoría de Matrona e Matrón, tras o rexistro e baremación das solicitudes achegadas ao abeiro da convocatoria extraordinaria  do 22 de novembro de 2010 (DOG do 26 de novembro).
 
Publicación Listas Definitivas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 26 Novembro 2010 08:56
Publicación Listas Definitivas - Convocatoria Automática de 1 de outubro de 2010

Hoxe 26 de novembro, terá lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, tras a resolución das reclamacións interpostas contra as listas provisionais, correspondentes á convocatoria automática do 1 de outubro de 2010.

As categorías obxecto desta publicación son as de:

Persoal Médico de Familia;
  • Pediatra;
  • Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias;
  • Matrona e Matrón;
  • Persoal de Enfermería (DUE);
  • Cociñeira e Cociñeiro.
 
HCV ou Mesa provincial de contratación? quen é o responsable? Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 26 Outubro 2010 11:18
Hoxe quedámonos coa boquiña aberta coas resoluciois que deu a Mesa Provincial de Contratación de Ourense.
Polo que nos comenta o representante da nosa central nela, a maioria dos temas controvertidos foron de O Barco e a Mesa botaba balois contra o HCV e viceversa.
dmo
O caso é que ningún dos 3 casos que se plantexaron dos que temos coñecemento foi para adiante, e os tres constituen vamos a definir como "graves erros" na xestión das listas.

Non temos por costume de publicar o que acontece nas resoluciois normais da mesa, porque ata o de agora as noticias que nos chegaban do seu funcionamento e as súas resoluciois na maioría dos casos era a prevista, a pesares que nalgunha outra ocasión estivemos a punto de denunciar temas concretos e que ó final non o fixemos posto que o persoal afectado así nolo pediu; pero o de hoxe xa colma o vaso.

Por un lado tratouse a reducción da duración de acumulaciois de tarefa ata o tempo que lle permitira facer ó primeiro da lista; este tema xa foi tratado hai tempo, posto que dende CIG-Saúde de O Barco decatámonos que era precisamente o persoal de mais arriba nas listas o mais perxudicado debido ó tope que establece o SERGAS dos 6 meses para este tipo de contratos. Naquela reunión acordouse que se miraría o tempo que lle restaba por facer á persoa que lle correspondera por lista e reducir o contrato ó tempo restante. Pois ben a Mesa di que é o HCV quen o debe mirar e o HCV di que pensaba que era a Mesa quén o debería facer. Resultado que a traballadora que reclama perde o contrato que lle corresponde.

Outro dos casos que se tratou hoxe (este plantexado dende a comisión de centro) foi o contrato dado a unha traballadora que xa tiña esgotado o tempo por acumulación de tarefas, desta vez ofértanselle 6 meses que según as directrices do SERGAS non se lle poderían ofertar. Resolución; está pasado o prazo de cese en 15 dias e segue a mesma traballadora; (haberá que telo en conta para futuras prórrogas).

Por último tratouse a reclamación doutra traballadora que reclamaba un contrato por IT, que debido a movimentos extranos dos dias de baixa a cubrir dentro dun determinado servizo, se lle adxudicou a outra persoa. Desta vez a Dirección do HCV asumiu a súa culpa pero a pesar disto a resolución foi contraria á persoa reclamante.

Señores e señoras da Dirección provincial e da Dirección do HCV, descoñecemos quén é mais ou menos responsable destes despropósitos, o que sí que temos moi clariño é que non son as persoas ás que se está perxudicando unha e outra vez. Ou se toman en serio o seu cometido ou dimitan e deixen os seus postos a xente con mais capacidade que se tomen en serio as cousas.

Agora empezamos a entender o reseu rexeitamento a que se publiquen os chamamentos.

BASTA XA DE TANTO MAMONEO!!!!
 
borrador novo pacto de contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Domingo, 17 Outubro 2010 20:50
Á espera de recibir información detallada do acontecido na reunión do venres do Pacto de contrataciois que probablemente teñamos mañá, pero como non estaremos no local pola mañá posto que imos Ourense a amosar o noso apoio a un compañeiro de CIG-Administración por "incidentes cos axentes do desorden público", deixamos o último borrador entregado polo SERGAS na mentada reunión.
Déusenos prazo de dez días para facer as alegacións ao texto, nese prazo teranse que reunir o noso grupo de traballo para facelas.
Seguiremos informando

15102010_borrador_pacto2.doc
 
publicación listas definitivas dos listados paralelos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 04 Outubro 2010 11:31

Mañán, martes día 5 de outubro, publicaranse as listas definitivas nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.

 
listas 061 Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 10 Setembro 2010 12:35

Chéganos este correo do SERGAS.

Resoltas as reclamacións presentadas contra a publicación das listas provisionais da categoría de persoal de enfermería no ámbito do 061,  as listas definitivas publicaranse o vindeiro martes 14 de setembro.

 
publicación listaxes automáticas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 06 Setembro 2010 12:51

Mañán,  martes día 7 de setembro, publicaranse as listas provisionais nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.

 
Listas contratación despois dos recursos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 19 Xullo 2010 12:24

Recibiuse esta comunicación do SERGAS que de momento non está sendo certa. Agardemos que ao longo do día sexan publicados os listados que anuncian.

 tou_sinalando_p

Pola presente comunícolles que na xornada do vindeiro luns 19 de xullo, procederase á publicación na web corporativa, das listaxes definitivas derivadas da resolución dos recursos administrativos interpostos contra as listaxes definitivas de vinculacións temporais da convocatoria ordinaria de 1 de abril de 2009 (DOG do 17 de abril) correspondentes ás categorías de Persoal Médico de familia, Puericultor, Persoal médico de urxencias hospitalarias, Pediatra, Odontólogo/a, Matrón/a, Cociñeiro/a.


Polo que respecta ás listaxes de DUE e de TCAE, é previsión deste centro directivo proceder á publicación das mesmas tras os recursos administrativos na data do venres 30 de xullo.

 
comunicado de prensa coberturas en atención primaria Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 06 Xullo 2010 12:43

Este de abaixo é o comunicado de prensa íntegro que mandamos ós medios de comunicación, sobre a falla de contratación en atención primaria, veremos mañá como se recolle a noticia nos medios.
concentracion_ap_
A sección sindical de CIG-Saúde O Barco queremos denunciar a política de contratación dos responsables de Atención primaria de Ourense están levando nos centros de Saúde de O Barco e A Rúa, de momento o persoal mais afectado é o da área administrativa, pero a partires do 16 de xullo prevemos que se vai extender ó persoal sanitario e facultativo, posto que é ahí onde hai mais persoal de vacacións.

En O Barco a dia de hoxe das catro persoas da área administrativa que atenden habitualmente o centro na quenda da mañá, somente están dúas, posto que está sen cubrir a persoa que está de vacacións e a xente que solicita LDs ou outro tipo de permisos.

En A Rúa a situación é aínda pior se cabe, posto que este Centro o atenden dous PSX e está un de vacacións polo que o que queda ten que asumir o traballo de dúas persoas nunhos meses (xullo e agosto) en que A Rua incrementa a súa poboación considerablemente non sólo polos retornados, senon tamén porque nesta vila os campamentos infantís e xuvenís incrementan a poboación de nenos e nas en 300 persoas.

En ocasión estanse formando colas neste centro  que chegan moitos metros fora do recinto.

CIG-Saúde plantexámoslle a dirección de primaria esta situación co obxecto que se correxira pero a resposta destes foi que non hai presuposto. Pois que curioso, para contratar xente non hai presuposto, pero para facer unha campaña de márquetin sobre a “modernización da sanidade” gástanse un millón de euros, (DOG do xoves 10 de xuño de 2010).

Con ese diñeiro adicado a lavar a cara da señora conselleira  e todo o seu equipo poderíanse facer moitas contratacións polo que a poboación non vería dañada a calidade asistencial que recibe e o persoal do SERGAS non sofriría o estrés que padece  pola saturación de traballo, nun mes ademáis que viron como as súas nóminas baixaban un 5% ( menos cartos mais traballo, “unha boa forma de incentivar ó persoal”), lembramos ademáis que este persoal e o resto do SERGAS quedou sen os incrementos pactados ata de o 2010- 2012, polo que o SERGAS tería ahí unha fonte onde botar man para facerse cargo das sustitucións do persoal, e aínda así sería o propio persoal quén o asumiría .

Esiximos da Dirección de Atención Primaria do SERGAS de Ourense que proceda a cubrir de forma inmediata as ausenzas que do persoal, ben sexa por permisos, baixas, vacacións, etc. E deixe de presionar ó persoal para que collan días poñéndose de acordo cos compañeiros ou compañeiras, posto que son eles ( a dirección) os que teñen que cubrir estes días con persoal de listas e sen sobrecargar o traballo dos traballadores e traballadoras.

De non ser así, esta sección sindical iniciará unha serie de accións encamiñadas a que se atendan os dereitos de persoal dos centros, das listas de contratación e sobre todo non se dañe a calidade asistencial ofrecida ós usuarios. 

En O Barco a 6 de xullo de 2010

 
Bolsa e traslados Sacyl Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 24 Xuño 2010 09:44
Está aberto o prazo de presentación de instancias para incorporarse á bolsa de contratación do SACYL, para as categorías de Limpadora, Pasadora de Ferro, Lavandeira e Pinche ata o 7 de xullo, e para as categorías de Celador, Telefonista e Peón ata o 1 de xullo. Máis información premendo aqui.
 
Tamén podedes baixar a solicitude desde esta ligazón.

Tamén está aberto o proceso de traslados para as categorías de Enfermeir@s, Matrona/matrón e Fisioterapeutas. Podedes ver as convocatorias aqui.
 
listas provisionais DUE 061 Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 16 Xuño 2010 11:20

 

No DOG de hoxe publícase unha resolución que dá publicidade ás listas de contratación provisionais do 061 da categoría de DUE.

  

Podedes descargar a resolución premendo aqui e as listas podedes velas na páxina web do SERGAS.

  

Parece ser que hai un erro na baremación xa que puntuaron a OPE 2006, e na convocatoria recóllese que a OPE a puntuar sería a do 2009-10. Postos en contacto co SERGAS, confirman que ían tentar solucionalo. Publicarán un comunicado na súa web.

 
Información Novo Pacto Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 11 Xuño 2010 11:08

Información da reunión de negociación do pacto de contratacións celebrada o día 10 de xuño de 2010.

libro

descarga aquí o novo borrador do  pacto de contrataciois


Nesta reunión a Administración presenta un novo documento, segunda parte do anterior, e establécese un debate sobre os novos apartados do documento. Temos un prazo dunha semana para alegar sobre o novo.

As alegacións remitidas sobre o documento anterior non foron debatidas, quedando para unha próxima reunión.

A Administración presenta o novo pacto enmarcado no concepto de área: promoción interna de área, listaxes de curta duración de área…

No debate que se produciu dos novos puntos, e a espera de concretar as nosas alegacións, comentamos o seguinte:

 

a.-II.2. Disposicións Especiais.

2.- Nomeamento de curta duración.

A Administración propón listaxes de área.

b.- III Xestión do chamamento.

3.- Realización do chamamento.

Neste documento regúlanse o nº de chamadas a realizar.

4.- Suspensión de chamamentos. Propuxemos que se ampliase até os 12 anos a idade dos fillas/os, tal como está establecido.

Reposición nas listaxes

Reposición despois dunha suspensión solicitada a petición da/do interesada/o.

O texto recolle a incorporación inmediata pola Administración, para non demorar a suspensión. Como CIG-SAÚDE comentamos que isto podía producir situacións de desigualdade, propuxemos que para garantir a igualdade na reposición o pacto debería de recoller o seguinte:

As reposición nas listaxes faranse ao mesmo tempo para todas/os as/os solicitantes, establecendo un procedemento de reposición de dúas veces no mes. O día 15 de cada mes repoñeranse as/os aspirantes que o soliciten mediante escrito. O último día de cada mes repoñeranse as solicitudes chegadas con posterioridade a o día 15. A comisión de seguimento terá información documentada das reposicións nas listaxes.

6.- Revogación de nomeamento.

Inclúen un novo punto 6.2 de revogar o nomeamento se non hai incorporación efectiva.

Disposicións especiais

Promoción interna: será de área. Solicitamos, unha vez máis, que se oferten todos os vínculos de previsión superior aos dous meses, aínda que o contrato inicial sexa de 15 días ou inferior.

III 2.3. Nomeamentos de curta duración.

Non compartimos o de ampliar a quince días (15) o nº de días máximo de contrato.

No referente a que se lles oferten os vínculos superiores a dous meses quedamos en posicionarnos.

IV.- Réxime de penalizacións.

IV . Por renuncia ao nomeamento.

Neste documento recóllese unha nova redacción de penalizacións. A Administración propón que o persoal penalizado nas listaxes de pool pase tamén ao final da lista xeral.

No resto de temas hai que alegar.

Coas alegacións enviadas polas comarcas, elaboraremos o noso documento de alegacións atendo aos posicionamento maioritario expresado por cada comarca.

Preguntámoslle á Administración se tiña intención de facer unha nova convocatoria de pacto, para todas as categorías, unha vez rematada esta negociación. A Administración díxonos que si, á espera de que rematen a plataforma informática, según eles vai a bo rirtmo. A previsión podía ser que esta convocatoria se realizase no 1º trimestre do próximo ano.

Fora de pacto preguntamos polos recursos de alzada, segundo a Administraciin remataron os recursos de alzada de médicas/os odontólogas/os, agora empezaron cos de enfermeiras/os e os de TCAE quedaran para despois do verán.


 
Convocatoria Reunión Novo Pacto Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 01 Xuño 2010 13:25
O SERGAS ven de convocarnos para unha nova reunión do Grupo de Traballo do Novo Pacto de Contratacións, que quedara adiada polo cambio de data da Mesa Sectorial. A nova reunión terá lugar o próximo xoves 10 de xuño, a partir das 11:00 hs da mañá. Nesta reunión agardamos avanzar nos temas pendentes (xestión de listas, baremos...) 
 
seguimos sen ter acceso ós chamamentos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 27 Maio 2010 12:15
Coméntannos que o martes pasado na reunión da mesa provincial de contrataciois, o SERGAS abordou o punto reclamado por CIG-Saúde O Barco, sobre a publicación diaria ou periódica chamamentos que se van producindo.

Pois ben, a dirección provincial dí que non poden facelo sen aplicativo, polo que acordaron levar este tema á mesa central e reclamar ese aplicativo.
Grfico3

A nós esta solución non nos convence, parécenos unha tomadura de pelo que a estas alturas a xente que está nunhas listas de contratación non poda saber en que número están chamando, para sabelo hai que chamar persoalmente, e conseguir que collan o teléfono e que a persoa responsable dos chamamentos esté libre. En fín que temos a mesma situación na era dos ordenadores, internet, ipad, ipod e mil dispositivos de tecnoloxia futurista e nomes extranos, que tíñamos no século pasado.

Ou acaso deberiamos ser mal pensados e crer que isto non se produce por intereses ocultos dalguén??

Nós seguiremos insistindo PUBLICACIÓN DOS CHAMAMENTOS XA!!!
 
listaxes curta duración das antigas fundacións Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 21 Maio 2010 09:19

Podedes descargar aqui a copia da Resolución que se publica hoxe no DOG, que formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías (enfermaría e TCAE) no ámbito das listas especiais de curta duración no Salnés, Barbanza, Virxe da Xunqueira e Verín.

 
publicación chamamentos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 03 Maio 2010 12:58

Como poderiades ver, hai un par de semanas subimos os chamamentos da área de O Barco, pensábamos podelo facer 1 ou 2 veces por semana, pero incomprensiblemente dende a Dirección Provincial se nos dixo que non podería facerse así, polo que hoxe conseguimos por fin poñernos en contacto cos responsables da mesa de contratación da dirección provincial de Ourense. parece desprenderse polas palabras do Secretario Provincial do SERGAS que hai vontade de que se nos envien os chamamentos, o problema é que non hai aplicativo para facelo, ou polo menos eles non o teñen, insistimos en que en Lugo e Pontevedra xa se está enviando. Como deciamos as palabras foron boas, pero veremos en que queda a cousa.

Ó final remitimos un escrito ó secretario provincial do SERGAS, que podedes descargar premendo peticin envio chamamentos.pdf

 
Asemblea Novo Pacto de Contratacións Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 29 Abril 2010 11:21
ASEMBLEA NOVO PACTO DE CONTRATACIÓNS

Día: martes, 4 de maio.
Hora: 14 hs.
Lugar: Salón de Actos HCV

tou_preguntandop


 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info