CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Novas de Contratacións
LISTAXES CONTRATACION PERSOAL DE XESTION E SERVIZOS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 11 Xullo 2016 10:38

·       RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160711/AnuncioG0003-300616-0001_gl.pdf

 
Listas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 22 Xuño 2016 09:31

listas sergas 182x91

Información sobre as listas de contratación, dada polo SERGAS na reunión da Comisión Central de Seguimento que se está celebrando hoxe na sede do SERGAS.

Publicacións previstas

XUÑO (Finais de xuño ou primeiros de xullo)

  • Listas provisionais de:
  • Grupo Técnico e de Xestión da Función Administrativa
  • Enxeñeiro/a Técnico/a
  • As dúas categorías de Prevención de Riscos Laborais
  • As tres categorías de Tecnoloxías de Información (informática).
  • XULLO

  • Listas definitivas de:
  • PSX
  • Calefactor/a
  • Electricista
  • Mecánico/a
  • Fontaneiro/a
  • Condutor/a.
  • SETEMBRO

  • Listas definitivas de:
  • Farmacéutico/a AP
  • Médico/a do Traballo
  • Psicólogo/a Clínico/a
  • Odontólogo/a AP
  • Médico/a Coordinador/a e Asistencial do 061
  • Fisioterapeuta
  • Logopeda
  • Terapeuta Ocupacional
  • Traballador/a Social.
  • Listas definitivas de:
  • Grupo Técnico/a e de Xestión da Función Administrativa
  • Enxeñeiro/a Técnico/a
  • As dúas categorías de Prevención de Riscos Laborais
  • As tres categorías de Tecnoloxías da Información.

    OUTRAS INFORMACIÓNS.

  • Pretenden que a 1 de outubro estean publicadas todas as listas definitivas.

  • Preguntouse pola apertura de listas de telefonista, costureira... e a Admón. deixou claro que non teñen intención de sacar esas listas.

 
Publicadas listas provisionais de varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 09 Xuño 2016 07:49

listas sergas 182x91

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas de admitidas/os e excluídas/os e á baremación provisional de varias categorías (facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico/a de atención primaria, médico/a especialista en medicina do traballo, odontólogo/a de atención primaria, médico/a coordinador/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, médico/a asistencial da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional e traballador/a social)

  • Listas provisionais varias categorías. RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

Para ver as puntuacións provisionais ir á páxina do SERGAS

 
Listas definitivas varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 19 Maio 2016 08:12
  • Listas definitivas varias categorías (médico/a de familia, enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía). RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF 
 
listas definitivas Selec. Temporal de varias categorias Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 18 Maio 2016 11:00

Bo día,

 

Infórmase que está previsto que, mañá, 19 de maio, se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se

aproban as listas definitivas de selección temporal das categorías de médico/a de familia, enfermeiro/a, enfermeiro/a da

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

 

As listas entrarán en vigor, aos efectos de chamamentos, desde o día seguinte ao da súa publicación.

 

Un saúdo

 
Listas de contratación definitivas, varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 10 Maio 2016 13:45

listas sergas 182x91Publícase hoxe no DOG resolución que dá publicidade ás listas definitivas das categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía (TEAP), técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico (TER), técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico (TEL), técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia (TCAE).

  • Listas de contratación definitivas, varias categorías. RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

A entrada en vigor é mañá, día 11 de maio. 

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Ligazón á páxina do SERGAS para ver as listas.

 
Listas de contratación definitivas, varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 10 Maio 2016 06:50
  • Listas de contratación definitivas, varias categorías. RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2016, da Dirección Xeral 
  • de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas 
  • aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias.
  • Descargar PDF


 
PREVISION DE PUBLICACION LISTAS DE CONTRATACION Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 02 Maio 2016 08:34

Bo día,

 

Polo presente correo adiántase a información sobre a previsión de próximas publicacións de listas definitivas de selección temporal:

 

-Semana do 10 de maio:  Listas definitivas das categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

-Semana do 16 de maio: Listas definitivas das categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía e médico/a de familia.

 

Nos próximos días concretarase a data exacta de publicación no Diario Oficial de Galicia de cada unha das resolucións.

 
LISTAS CONTRATACION VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 21 Abril 2016 08:41
  • Listas definitivas varias categorías. RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de
  •  prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas 
  • categorías sanitarias. Descargar PDF 
 
LISTAS PROVISIONAIS ENFERMERIA E MEDICO DE FAMILIA Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 31 Marzo 2016 09:31

INFORMACIÓN IMPORTANTE LISTAS DE CONTRATACIÓN:

Parece ser que nas listas de baremación provisional de enfermaría do 061 publicadas hoxe, hai erros importantes na

baremación da experiencia profesional. 
   Falado co SERGAS, o erro parece ser que se debe a que se contabilizou o tempo traballado como enfermeira/o coma se

fora noutra categoría. Están mirando de solucionalo, mais mentres tanto, as persoas afectadas terían que facer unha

reclamación sobre esa puntuación.

   Polo visto, tamén hai algún problema coa puntuación da OPE dalgunhas persoas. Queremos lembrar que se incorporou a

nota provisional desta OPE inda en contra das grandes dúbidas manifestadas pola CIG sobre a súa irregularidade, dado

que se trata dun mérito acadado posteriormente ao 15 de outubro e ademais o que se incorpora é unha nota provisional,

xa que non está rematada a fase de oposición da OPE. As persoas que se sintan afectadas por esta cuestión, tamén

deberían que formular unha reclamación ao respecto.

  • Baremación provisional listas de enfermeira/o, enfermeira/o 061, enfermeira/o especialista en obstetricia 
  • e xinecoloxía e médico/a de familia. RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos
  • Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de 
  • baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. 
  • Descargar PDF 
 
LISTAS PROVISIONAIS VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 17 Marzo 2016 08:47
  • Listas provisionais condutor/a. RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, 
  • pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación 
  • no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito desta 
  • entidade e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de condutor/a. Descargar PDF
  • Listas provisionais PSX. RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que 
  • se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso 
  • de actualización das listas de selección temporal da categoría de persoal de servizos xerais. Descargar PDF
  • Listas provisionais varias categorías. RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, 
  • pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no 
  • proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito desta 
  • entidade e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías de persoal de xestión e servizos. 
  • Descargar PDF 
 
LISTAS CONTRATACION VARIAS CATEGORIAS Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 16 Marzo 2016 09:02

Bo día,

 

  Infórmase que está previsto que mañá 17 DE MARZO 2016 ("S. Patricio") se publiquen no Diario Oficial de Galicia

os resultados da

baremación provisional das listas de selección temporal das categorías de calefactor, condutor, electricista, fontaneiro,

mecánico e PSX.

 

Un saúdo.

 
Publicadas listas definitivas de contratación de varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 25 Febreiro 2016 09:05

listas sergas 182x91Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas de contratación das categorías de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche.

  •  Listas definitivas de contratación. RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos. Descargar PDF

 As persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A entrada en vigor destas listas será mañá, 26 de febreiro.

 
Listas definitivas de contratación Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 24 Febreiro 2016 12:39

 

Infórmase que está previsto que mañá xoves, 25 de febreiro se publiquen no Diario Oficial de Galicia as listas definitivas de selección temporal das categorías de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche.

 

 

Así mesmo, nesta mesma data, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución de nomeamento dos tribunais cualificadores do proceso selectivo de persoal sanitario, diplomado e técnico, convocado por Resolución do 17 de xuño de 2015.

 

 
Información listas de contratación: ERROS DE BAREMACIÓN Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 05 Febreiro 2016 12:00

info importante webOnte día 4/02/2016 publicáronse no DOG as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os e baremación das categorías de:


• técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
• técnico/a superior en hixiene bucodental
• técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
• técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
• técnico/a superior en radioterapia
• técnico/a superior en documentación sanitaria
• técnico/a superior en dietética e nutrición
• técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Nesta ligazón podes ver a resolución da convocatoria.

Nesta ligazón podes ver as listas provisionais (páxina web do SERGAS).

Logo de seren publicadas, detectáronse erros na puntuación dos cursos de formación continuada.

Coa convocatoria da OPE 2014-2015, modificouse o baremo, o cal tamen é de aplicación nestas listas de contratación. Podes consultar aquí o novo baremo (anexo IV punto 1.2 Continuada).

As modificacións mais salientables son:
-Só se computaran os cursos acreditados con créditos CFC ou por horas cun contido relacionado coas categorías ás que se opta.
-Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraránse en todas as categorías, con independencia da data de obtención do título esixido para o acceso a estas, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Os cursos que están incluídos no teu expediente que se validaron con anterioridade ao sistema FIDES, foron verquidos desde un programa antigo que non contemplaba se os créditos eran CFC ou doutro tipo, co que nestas listas, no FIDES, os cursos aos que non lles consten créditos CFC apareceránche como mérito non baremable ao non constar tipo de crédito establecido na convocatoria nin as horas.

Desde a dirección de RRHH do SERGAS teñen a intención de arranxar este problema, mais, malia que estes cursos foron validados hai tempo, é posíbel que non teñan os certificados de tódolos cursos feitos polas/os profesionais, sobre todo, dos máis antigos. Polo que se tes algún curso que non fora baremado debes presentar a reclamación, no prazo indicado (do 5 ao 14 de Febreiro, ambos inclusibles), na unidade de validación que che corresponde, axuntando copia dos certificados de formación afectados.

Modelo de reclamación.

 
Listas provisionais de varias categorías Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 04 Febreiro 2016 09:40

listas sergas 182x91

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os e baremación das categorías de:

  • técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
  • técnico/a superior en hixiene bucodental
  • técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
  • técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
  • técnico/a superior en radioterapia
  • técnico/a superior en documentación sanitaria
  • técnico/a superior en dietética e nutrición
  • técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
  • Listas de contratación, provisionais varias categorías. RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

Ábrese un prazo de dez días naturais a partir de mañá (remata o 14 de febreiro) para reclamar tanto a exclusión das listas como a baremación.

 
Por unha negociación real do Pacto de Contratacións Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 21 Xaneiro 2016 09:56

info importante webO día 15, remitiuse un escrito, asinado por todas as organizacións sindicais da Mesa Sectorial, presentes tamén na iniciada "negociación" do Pacto de Contratacións, para instar á Administración a que acometa unha verdadeira negociación. O Pacto actual foi denunciado, e a CIG-Saúde foi unha das organizacións que o denunciou, porque está claro que non cumpre, a día de hoxe, coa función para a que foi concebido, e está a crear grandes problemas na xestión das contratacións temporais no SERGAS.

En xuño de 2015 houbo unha primeira reunión do Grupo de Traballo emanado da Mesa Sectorial para a negociación do Pacto, despois dunha espera de máis de seis meses desde a denuncia, e nesa reunión xa puidemos comprobar que non había por parte da Administración intención real de negociar nada. Está claro que á Administración lle serve o Pacto tal e como está na actualidade e, como moito, pretenden matizar certas cuestións, e non sempre a favor das persoas aspirantes. Isto viuse confirmado na seguinte reunión de decembro de 2015 onde, despois de tres meses desde que se remitiran por parte das OOSS as alegacións ao primeiro texto, desde o SERGAS entregan un documento na reunión onde non se recolle practicamente ningunha das alegacións, nin tampouco se permite que se debatan na propia reunión, nin sequera se argumenta por que si ou por que non se recollen as propostas da parte social. Entregaron un documento pechado. Así liquidan unha negociación do Pacto, en dúas reunións e sen debate.

Coa CIG que non conten para isto. Ese texto non é un pacto, é unha imposición da Administración.

Todas as OOSS presentes nesta "negociación" estamos de acordo en que isto é un paripé e non imos participar del. Por iso vimos de remitir este escrito, no que exiximos a convocatoria dun Grupo de Traballo para debater, propoñer, discutir e falar do Pacto. Para NEGOCIAR. Agardamos unha resposta da Administración.

→Escrito dirixido á Directora de Recursos Humanos do SERGAS.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info