CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Traslados
TRASLADOS PERSOL DE XESTION E SERVIZOS Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 03 Xullo 2015 08:23

Está previsto que o mércores 8 de xullo se publique en DOG a  Resolución pola que se publica a relación definitiva 

deadmitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas

básicas de persoalestatutario de xestión e servizos, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014.

 
Convocatoria OPE Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 01 Maio 2015 16:32

                                                  info importante web

Vimos de recibir esta mensaxe do SERGAS:

Infórmase que está previsto que o próximo luns, 4 de maio, se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución de ampliación do número de prazas do concurso-oposición das categorías de médico/a de familia e enfermeiro/a, convocado por Resolución do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 18 de decembro) acumulando as aprobadas no Decreto de oferta de emprego público de 2015.

Coa publicación desta Resolución reabrirase o prazo dun mes para a presentación de solicitudes de participación (desde o 5 de maio ata o 4 de xuño, ambos incluidos).

Aquelas persoas aspirantes que tivesen presentado a súa solicitude de participación neste proceso no período inicial comprendido entre o 19 de decembro de 2014 e o 30 de xaneiro de 2015, non terán que presentar nova instancia de participación nin achegar ningunha documentación. Os méritos a ter en conta na fase de concurso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, 17 de decembro de 2014.

 
Publicadas listas de admitid@s e excluídos do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 30 Abril 2015 06:51

INFORMACIN TRASLADOS Sairon publicadas as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os do concurso de traslados

de persoal de xestión e servizos. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá

para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de

validación a que dirixise a solicitude de participación no concurso. As persoas que, tendo presentado debidamente a súa

solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para

formularen a súa reclamación. As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas na publicación de listados

definitivos de admitidas/os e excluídas/os.

  • Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados de persoal de xestión e 
  • servizos. RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a 
  • relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas 
  • básicas de persoal estatutario de xestión e servizos convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2014. 
  • Descargar PDF
 
Publicada a Oferta de Emprego Público 2015 Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 23 Abril 2015 13:13



info importante webPublícase hoxe no DOG a Oferta de Emprego Público para o ano 2015.

  • Oferta de Emprego Público 2015. DECRETO 59/2015, do 16 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2015. Descargar PDF

Tal como xa informamos anteriormente, a Administración vai xuntar parte destas prazas ás das ofertas de 2013 (xa convocada a oposición, categorías de Médico/a de Familia e Enfermaría) e de 2014 (pendente de convocar, varias categorías). Quedaría tamén pendente de convocar a oposición para o resto de prazas desta oferta 2015. Podedes ver toda a información ao respecto, premendo aquí, e tamén as nosas valoracións nesta ligazón e nestoutra.

 
O SERGAS quere ter persoal de primeira e de segunda, por iso convoca OPE só para certas categorías Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 22 Abril 2015 07:58

As/os traballadoras/es do SERGAS estamos clasificados en grupos profesionais en función dos requisitos de titulación polos que acedemos ao posto de traballo. Agora o SERGAS quere facer unha nova clasificación: traballadoras/es de 1º e de 2º nivel. Segundo pertenzas a un ou outro grupo terás diferentes dereitos laborais, ou simplemente non os terás.

mobilizacin sergasQue queremos dicir con isto? Que o SERGAS quere eliminar o dereito á estabilidade laboral do persoal: celadoras/es, persoal da función Administrativa e de servizos xerais, persoal de hostalaría e persoal de mantemento, entre outros. E para conseguir este obxectivo o que fai é non convocar ningunha praza destas categorías nos procesos de OPE desde o ano 2012, e previsiblemente isto se prolongará até o ano 2017, ano no que se resolverán os procesos actualmente convocados.

                Ao non convocar OPE para estes colectivos o SERGAS cumpre dous dos seus obxectivos.

  • Manter a determinados colectivos do persoal estatutario na máis absoluta precariedade, negándolles o dereito á estabilidade, e aplicándolles a reforma laboral do PP: eventualidade, contratos lixo, xornadas irregulares...
  • Continuar cos procesos de privatización da Sanidade Pública. Queren que a sanidade sexa un instrumento máis en mans de empresas amigas para que non perdan o lucro cesante.

Desde CIG-SAÚDE EXIXIMOS a publicación por parte do SERGAS dun decreto de oferta de OPE para as categorías de persoal de xestión e servizos, en igualdade de condicións có resto do persoal. Non podemos consentir que as vacantes destas categorías se computen para convocar OPEs doutros colectivos, mentres ás persoas destas categorías se lles nega o dereito de estabilidade laboral.

No ano 2015 queremos OPE de Celadoras/es, Persoal da Función Administrativa, Persoal de Servizos Xerais, Persoal de Hostalaría, Persoal de Mantemento.

Para a Administración Pública todas/os as/os traballadoras/es debemos ser iguais en dereitos e obrigas. Non lles podemos consentir esta discriminación, é doado aplicar medidas coma estas contra quen, o PP entende, é a parte máis fráxil do sistema.

OPE 2015 PARA TODAS AS CATEGORIAS PROFESIONAIS DO SERGAS

NON Á DISCRIMINACIÓN LABORAL

TODAS/OS SOMOS IGUAIS EN DEREITOS E OBRIGAS

NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

NON Á PERDA DE 3000 POSTOS DE TRABALLO PÚBLICOS

 
TRASLADOS PERSOAL SANITARIO Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 27 Marzo 2015 11:34
  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal licenciado sanitario. RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015,
  •  da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a
  • provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014.
  • Descargar PDF
  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal sanitario diplomado e de formación profesional.
  • RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter
  • definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de
  • formación profesional, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF
 
Convocatoria OPE Centro de Transfusión de Galiza Imprimir Correo-e
Traslados
Martes, 24 Marzo 2015 09:28

Publícase no DOG a Resolución que convoca proceso selectivo para o Centro de Transfusión de Galiza. As categorías e número de prazas a convocar son as que seguen:

info importante webMédica/o especialista en Hematoloxía e Hemoterapia  3 prazas
Médica/o xeral  16 prazas
Técnica/o superior 4 prazas
Responsable de comunicación 1 praza
Enfermeiro/a  23 prazas
Técnica/o especialista laboratorio 11 prazas
Promotor/a da doazón 2 prazas
Auxiliar administrativa/o 1 praza
Auxiliar clínica/laboratorio 2 prazas
Auxiliar de informática 1 praza
Condutor/a-Celador/a 9 prazas
 
As bases completas aquí:
  • Fundación CTG. Convocatoria OPE. RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015 pola que se convoca un proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo nesta fundación, mediante contratación laboral fixa, e se nomean os membros dos tribunais. Descargar PDF
prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte da publicación en DOG, é dicir, desde o 25 de marzo ata o 25 de abril.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info