CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Traslados
OPE-TRASLADOS SERGAS Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 18 Marzo 2015 08:31

info importante web

 Transmitiunos a seguinte información respecto ás previsións dos procesos de OPE e Traslados en marcha:

OPE.

  • OPE 2015. Queren adiantar a publicación da oferta de emprego de 2015 para sumar parte das prazas a convocar ás OPE en curso. A publicación en DOG será inmediata, pero non dan data. Deste xeito, as OPE quedarían como segue:
  • OPE 2013 (Med. Familia e Enfermaría):
  • Despois da publicación da oferta de emprego 2015, vaise publicar unha resolución en DOG que incorpora ás prazas convocadas (125 de Enfermaría e 40 de Méd. de Familia) as prazas da OPE 2015 para esas categorías (80 de Enfermaría e 42 de Méd. de Familia), abríndose un novo prazo para as persoas que queiran rexistrar solicitude. As persoas que xa se inscribiran non teñen que facer ningunha nova documentación nin inscrición. Deste xeito, esta OPE en curso adxudicaría ao final 205 prazas de Enfermaría e 82 de Méd. de Familia.
  • A intención é que o exame sexa no 2015.
  • OPE 2014 (Varias categorías sanitarias: matrona, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, TAP, hixienista dental, TER, TEL, tec. radioterapia, TCAE):
  • Está pendente de convocar. Ás prazas ofertadas do 2014 sumaranse as prazas desas categorías da OPE 2015 (6 de matrona, 6 de fisioterapeuta, e 60 de TCAE).
  • Convocarannos para a Comisión Técnica de preparación despois de Semana Santa.
  • OPE 2012 (FEAs e MUH):
  • A toma de posesión será en maio.
  • OPE 2015. Posteriormente convocarase unha OPE coa oferta de prazas das categorías que veñen no cadro que non se suman nin á OPE 2013 nin á OPE 2014 (das categorías de FEAs, Méd. 061, Odontólogo AP, TEF, Grupo Técnico Func. Adm, Tecnic@s PRL, Informátic@s, Traballador/a Social).

Cadro de prazas da OPE 2015.

TRASLADOS.

  • Traslados Persoal Sanitario: Publicarase en DOG o 27 de marzo a resolución cos destinos definitivos. O prazo de cesamento coincidiría coa Semana Santa, polo que vai ser ampliado, e iniciarase o martes 7 de abril. 
  • Traslados Persoal Non Sanitario: En abril publicarase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Os destinos provisionais saberanse antes do verán e a resolución definitiva será despois do verán.

prazas2015

 
OPE 2015: A Consellaría é o goberno do PP non informan da letra pequena Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 06 Marzo 2015 13:30

 Contan verdades a medias, que se convirten en grandes mentiras.

A finais do ano 2014, a Consellaría de Sanidade anunciou que para o ano 2015 a taxa de reposición pasaba do 10% ao 50%. O que non dixo é que esta taxa de reposición do 50% se ía calcular só sobre as vacantes que se xeraran no ano 2015.

E dicir, na OPE 2015 só se van convocar o 50% das prazas que ficaron vacantes este ano. Non se van convocar o 50% das prazas reais vacantes no SERGAS. O efecto real desta convocatoria é que na OPE 2015 só se van convocar menos do 10% das prazas vacantes reais.

                De onde saen as 344 prazas que anuncia o SERGAS para a OPE 2015? Das xubilacións deste ano:

Xubilacións persoal SERGAS ANO 2015

Persoal Sanitario Diplomatura/Grao

Persoal Formación Profesional

346

Persoal de Xestión e Servizos

190

FEAs

151

Total xubilacións

687

Convocatoria OPE SERGAS 2015. 344 PRAZAS

Vacantes 2015

Taxa de reposición

Prazas OPE

687

50%

344

Se o SERGAS convocase o 50% das prazas vacantes totais no SERGAS, estariamos a falar dunha convocatoria de máis de 2.000 prazas.

Cal e obxectivo que pretende cumprir a Consellaría de Sanidade e o goberno do PP con esta convocatoria de OPE?

  • Eliminar postos de traballo da Sanidade Pública.
  • Precarizar ao máximo as condicións laborais do persoal.
  • Impedir que todo o persoal consolide emprego.
  • Afondar nas privatizacións.

Non ten deixes enganar. CIG-SAÚDE exixe unha convocatoria de OPE e Traslados co 100% das prazas para todas as categorías.

Descarga e difunde!

 
Próxima convocatoria de OPE no CTG Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 06 Marzo 2015 13:27

Desde Recursos Humanos do SERGAS comunícannos que o vindeiro martes día 24 de marzo vaise publicar no DOG a convocatoria de OPE do Centro de Transfusión de Galiza, que recolle a seguinte oferta de prazas (preme para agrandar):

cadro de prazas CTG

 
Temario Sacyl de varias categorías Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 26 Febreiro 2015 10:23

 Hoxe saen publicados os temarios de varias categorías no Sacyl. Preme no seguinte enlace:

http://www.saludcastillayleon.es/profesionales/es/temariossacyl

 
Publicación das listas de Médico de Familia e Pediatras Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 18 Febreiro 2015 10:46

Comunícannos o cambio de data da publicación das listas de médico/a de familia e pediatras de primaria. A publicación que estaba previsto para hoxe, día 18 de febrero,e trasládase ao o venres, día 20 de febrero.
 
•Corrección de erros da convocatoria de Traslados de persoal de Xestión e Servizos Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 29 Decembro 2014 12:46
  • Corrección de erros da convocatoria de Traslados de persoal de Xestión e Servizos. RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2014,
  • da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 19 de novembro de 2014 pola
  • que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos.
  •  Descargar PDF
 
Convocatoria de OPE para Enfermeiras ( prazas) e Médico de familia (40). Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 18 Decembro 2014 09:43

Convocatoria de OPE para Enfermaría (125 prazas) e Méd. de Familia (40 prazas). A OPE miserábel de Rocío Mosquera.



INFO OPEPublícanse hoxe as resolucións que convocan as OPE de Enfermaría e Méd. de Familia:

  • Convocatoria 125 prazas OPE categoría Enfermaría. RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a. Descargar PDF
  • Convocatoria 40 prazas OPE categoría Méd. de Familia. RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria. Descargar PDF

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición remata o 30 de xaneiro.

Esta OPE da miseria foi rexeitada pola CIG-Saúde tanto na presentación da Oferta de Emprego, en novembro do ano pasado, como na da convocatoria propiamente dita. Desde CIG-Saúde rexeitamos de cheo esta trapallada, exiximos unha vez máis a eliminación de toda taxa de reposición e aconvocatoria de OPE e Traslados para todas as categorías e co 100% das prazas vacantes.

 
TRASLADOS PERSOAL XESTION E SRVIZOS Imprimir Correo-e
Traslados
Martes, 02 Decembro 2014 10:52

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados

para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos. Descargar PDF

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info