CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Traslados
OPES FESA E MEDICOS DE URX,HOSPITALARIAS Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 13 Marzo 2014 11:37

XUNTA DE GALICIACONSELLERíA DE SANIDADE do SERVIZO GALEGO de SAÚDE

Dirección Xeral de Recursos Humanos

INSTRUCIÓN SOBRE A ASISTENCIA DOS/AS ASPIRANTES AOS EXERCICIOS

DAS PROBAS SELECTIVAS DE FACULTATIVO/A ESPECIALISTA DE ÁREA E

MÉDICO/A DE URXENCIAS HOSPITALARIAS

Está previsto que durante as fins de semana do próximo mes de abril teñan lugar os

exercicios correspondentes aos procesos de selección de persoal estatutario fixo,

licenciado sanitario, convocados por resolucións deste centro directivo do 30 de abril

de 2013 (OOG nO91, do 14 de maio).

A normativa de aplicación ao devandito colectivo prevé a concesión de permisos

retribuídos para concorrer a exames e probas selectivas, no ámbito do emprego

público, durante os días da súa realización.

Porén, e coa finalidade de facilitar a asistencia ás referidas probas dos/das

aspirantes que prestan servizos nas institucións sanitarias do organismo e nas

entidades adscritas á Consellería de Sanidade, procede que as respectivas

xerencias e entidades adopten, con base nas súas competencias, as medidas

oportunas en orde a procurar que os/as aspirantes admitidos/as non teñan asignada

actividade o día de celebración do exercicio.

Para estes efectos, entenderase por día de celebración o período que comprenda a

xornada, quenda de traballo ou garda coincidente total ou parcialmente co horario da

proba, a quenda anterior e a quenda posterior que se inicie o mesmo día.

Xa que logo, e de ser posible a adopción das citadas medidas, non concorrería o

suposto de feito habilitante para a concesión dun permiso retribuído. En calquera

caso, e de resultar necesaria a concesión deste, a súa duración entenderase nos

mesmos termos do parágrafo anterior.

ESTRUTURAS ORGANIZATIVAS DE XESTIÓN INTEGRADA

FUNDACIÓNS E ENTIDADES SANITARIAS PÚBLICAS

 
OPES Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 24 Febreiro 2014 10:27

Publicacións BOE

  • Resolución de 12 de febreiro de 2014, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se nomea persoal estatutario fixo na categoría do Grupo de Xestión da Función Administrativa. PDF (BOE-A-2014-1876 - 2 páxs. - 154 KB)

 
NOVO PRAZO TRASLADOS Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 19 Febreiro 2014 13:14

   Como está habendo moitas dúbidas con respecto á publicación da corrección de erros dos traslados, e en espera de que o SERGAS faga as aclaracións oportunas, publicamos esta información na web nacional:

 ACLARACIÓN IMPORTANTE:

   O motivo de abrir un novo prazo posterior á finalización do primeiro é para que o expediente permita xerar unha nova solicitude. Como é sabido, unha vez confirmada a solicitude o programa non permite facer modificacións, por iso teñen que deixar rematar este prazo, e abrir un novo que permita editar unha nova solicitude. O persoal pode esperar até o novo prazo para facer a súa solicitude, non tén porqué facela agora e repetila despois. Se xa se fixo a solicitude e cando saia a corrección de erros se quere modificar, poderase facer entón. Se a persoa que presentou solicitude no primeiro prazo non se sinte afectada pola corrección de erros, non tén porqué facer unha nova solicitude nin repetir a anterior, seralle válida a que xa presentou.

   Importante: fixádevos que o novo prazo é para as categorías especificadas, e só para esas. As persoas das outras categorías sanitarias (enf. saúde mental, logopeda, terapeuta ocupacional, téc. hixiene bucodental, TEL, téc. radioterapia) que queiran participar no concurso de traslados deben facer a solicitude agora, posto que non vai haber novo prazo para esas categorías.

 
NOVO PLAZO PARA TRASLADOS Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 17 Febreiro 2014 12:01

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE TRASLADOS

 

   Mensaxe recibida do SERGAS (14 de febreiro de 2014):

   Infórmase que logo de que finalice o prazo de inscrición no concurso de traslados convocado por

Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 8 de xaneiro de 2014 publicarase no Diario

 Oficial de Galicia unha corrección de erros do Anexo III (Prazas ofertadas por categoría) e Anexo IV

(Prazas a resultas) das respectivas convocatorias e pola que se reabrirán os prazos de participación

no concurso polo período dun mes, nas seguintes categorías:

   - Enfermeiro/a - Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (matrón/a)

   - Médico/a de familia - Pediatra de Atención Primaria

   - Técnico/a de anatomía patolóxica e citoloxía

   - Fisioterapeuta

   - Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

   - Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

   O día 14 recibimos unha información sobre o concurso de traslados, unha  ampliación de prazo de presentación de solicitudes. O motivo de abrir un novo prazo é para que o expediente permita xerar unha nova solicitude.

   Como sabedes  unha vez confirmada a solicitude o programa non permite facer  modificacións, por iso teñen que deixar rematar este prazo, abrir un novo  que permita editar unha nova solicitude.

        O persoal pode esperar até o novo prazo para facer a súa solicitude.

 
OPES --TRASLADOS Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 31 Xaneiro 2014 20:21

INFORMACIÓN SOBRE AS PREVISIÓNS DE OPE E TRASLADOS

 

Información dada pola Administración na Mesa Sectorial:

 

OPE FEAs: Vanse publicar en breve @s membros dos tribunais. Exame OPE FEAs en marzo - abril, traballan para que sexa en marzo. A semana que ven indicarán a data.

 

Traslados persoal xestión e servizos, están traballando na convocatoria,  mandarán rascuño antes da seguinte Mesa Sectorial.

 

Convocatoria OPE Méd. de Fam. e Enferm. Están traballando no rascuño de convocatoria.

 

Non poden adiantar datas de previsión de incorporación porque depende do número de solicitudes que se presenten e da axilidade dos procesos de validación.  As incorporacións de OPE e Traslados serán conxuntas ou separadas en función de como vaian indo os procesos. Van publicar unha corrección de erros da convocatoria de traslados porque detectaron erros nos cadros de prazas, entre eles a falta de prazas a resultas do 061.

 
Traslados SERGAS Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 22 Xaneiro 2014 07:41

Publicada convocatoria de traslados

Martes, 21 Xaneiro 2014 08:13 | Imprimir | Correo-e

dogPublícanse hoxe no DOG as resolucións que abren a convocatoria de traslados para categorías de persoal licenciado sanitario, diplomado sanitario e de formación profesional.

  • RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional deste organismo. Descargar PDF 
  • RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo. Descargar PDF

O prazo de presentación de solicitudes a través do Expedient-e para as dúas convocatorias comeza mañá día 22 de xaneiro de 2014 e será dun mes, polo que rematará o 22 de febreiro.

postcategoryiconCategoría: Traslados / SERGAS
 
OPE FEAS Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 17 Xaneiro 2014 16:45
  • Resolución de 2 de xaneiro de 2014, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se nomea persoal estatutario fixo na categoría de Facultativos/as Especialistas de Área en Farmacia Hospitalaria. PDF (BOE-A-2014-463 - 2 páxs. - 141 KB)
  • Resolución de 2 de xaneiro de 2014, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se nomea persoal estatutario fixo na categoría de Facultativos/as Especialistas de Área en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo. PDF (BOE-A-2014-464 - 2 páxs. - 146 KB)
  • Resolución de 2 de xaneiro de 2014, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se nomea persoal estatutario fixo na categoría de Facultativos/as Especialistas de Área en Otorrinolaringoloxía. PDF (BOE-A-2014-465 - 2 páxs. - 141 KB)
  • Resolución de 2 de xaneiro de 2014, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se nomea persoal estatutario fixo na categoría de Facultativos/as Especialistas de Área en Nefroloxía. PDF (BOE-A-2014-466 - 2 páxs. - 144 KB)
  • Resolución de 2 de xaneiro de 2014, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se nomea persoal estatutario fixo na categoría de Facultativos/as Especialistas de Área en Neuroloxía. PDF (BOE-A-2014-467 - 2 páxs. - 141 KB)
  • Resolución de 2 de xaneiro de 2014, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se nomea persoal estatutario fixo na categoría de Facultativos/as Especialistas de Área en Pediatría. PDF (BOE-A-2014-468 - 2 páxs. - 146 KB)
  • Resolución de 2 de xaneiro de 2014, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se nomea persoal estatutario fixo na categoría de Facultativos/as Especialistas de Área en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. PDF (BOE-A-2014-469 - 2 páxs. - 147 KB)  
  • Resolución de 2 de xaneiro de 2014, do Instituto de Xestión Sanitaria, pola que se nomea persoal estatutario fixo na categoría de Facultativos/as Especialistas de Área en Medicina Interna. PDF (BOE-A-2014-470 - 1 páx. - 139 KB)
 
TRASLADOS PERSOAL SANITARIO Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 17 Xaneiro 2014 11:59

Infórmase que está previsto que o próximo martes 21 de xaneiro se publique no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do concurso de traslados das categorías de licenciado sanitario de atención primaria e sanitario diplomado e de formación profesional. O prazo para a presentación de solicitudes e da documentación acreditativa dos méritos é dun mes, que se  iniciará o 22 de xaneiro e rematará o 21 de febreiro, ambos incluidos

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info