CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Traslados
Convocada OPE SACYL para TCAE Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 01 Decembro 2011 11:29

 Convocada OPE SACYL para TCAE, para mais información clika aquí

 
Información Mesa Sectorial Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 20 Outubro 2011 10:15

perdoade o retaso nesta información.

 

1.- OPE e Concurso de traslados.

Ø  OPE: PROPOSTA SERGAS.

O SERGAS propón convocar este ano a OPE de FEAS, para esta convocatoria teríanse en conta as vacantes existentes desde o ano 2009; 1762 prazas vacantes dotadas orzamentariamente (estas non son todas as  prazas vacantes  do SERGAS, pero o resto están cubertas con contratos temporais, non con nomeamento de interinos).  Como hai que aplicar a taxa de reposición do 10%, a oferta de prazas sería de 176 prazas. Non se convocarían todas as especialidades. Asistencia Sanitaria elaborará un informe das necesidades do SERGAS, en base a este informe decidiríanse as especialidades a convocar e en que  áreas sanitarias se convocarían.

Resto de categorías, convocaríanse nos seguintes anos.

  - Resposta CIG-SAÚDE.

O que ten que facer o goberno da Xunta é instar ao goberno do Estado para que se elimine a taxa de reposición.

Con nós que non conten para repartir esta miseria.

Agora convocan facultativos, pero, cómo se vai a contabilizar a taxa de reposición do ano que ven? Se esta se computa tomando como referencia as vacantes que se xeneren entre esta convocatoria e a seguinte,  non dá para convocar nin media praza de enfermaría.

Cando chegue a quenda de convocatoria do persoal de xestión e servizo o nº de prazas será = 0. Situación ideal para eliminar do cadro de persoal a certos colectivos.

Ø  Traslados: proposta SERGAS.

Cambios na normativa, en breve recibiremos a súa proposta que conterá os seguintes aspectos:

a.- Renuncias.

b.-Capacidade Funcional.

c.-Valoración de antigüidade. A antigüidade ten moito peso no baremo, isto conleva que en certos centros se estea a aumentar, de forma considerable, a idade das/os profesionais.

d.- Non se convocarán o 100% das prazas ofertadas a OPE, é dicir, convocaranse menos de 176 prazas para evitar o incremento do nº de profesionais se concursa persoal doutras CCAA. Tampouco se convocarán todas para non deixar desertos os comarcais.

e.- Terase en conta as prazas de alta especialidade.

  - Proposta CIG-SAÚDE.

a.- Eliminación da taxa de reposición

b.- Convocatoria do 100% das prazas vacantes, non só as 176 da oferta de emprego.

c.- Respecto dos baremos existentes. Mantemento o peso da antigüidade.

        d.- Negociar un pacto de selección temporal con puntuación adicional para as localidades con dificultade de cobertura;  isto facilitaría que non queden desertos os comarcais.

e.- Negociación dos itinerarios profesionais. Neste tema o SERGAS solicítanos que lle enviemos a nosa proposta por escrito.


Como podedes comprobar o SERGAS vai propor modificacións substanciais na selección e previsión  de persoal. Enviarán documentación.

 

2.- Selección temporal: chamamentos para os centros de saúde dos concellos de Pontevedra que agora se integran na área de xestión de Compostela.

Maioritariamente as organización sindicais propuxemos que para a selección temporal destes centros de saúde se realicen os chamamentos polas listas da área de Pontevedra. Na próxima convocatoria de selección temporal integraranse na área de Compostela.

 En xaneiro desaparecerán as Direccións Provinciais de Coruña e Ourense; están elaborando os procedementos para a xestión das contratacións nestas áreas.


3.- Plano de traballo 4º trimestre.


·         Integración no réxime estatutario do persoal transferido da Deputación de Lugo. Están elaborando o Decreto de integración. Non se ofertará carreira profesional .

·         Selección temporal de FEAS. Enviarán documento.

·         Desenvolvemento do Plano de Ordenación de RRHH. Temas a desenvolver:

                       a.-Regular as situación administrativas.

                       b.-Orde de vínculos.

                       c.- Regular capacidade funcional en: Selección temporal, selección definitiva, prolongación da vida laboral.

Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que todas as reestruturacións que se fagan en aplicación do PORH para, como din eles, facilitar a xestión integrada, sexan negociados na Mesa Sectorial. Neste tema tivemos un debate importante, segundo o SERGAS pasarán por M.S os temas referentes ás condicións de traballo, os temas de organización non son competencia da M.S

Preguntamos se a organización non afecta ás/aos traballadoras/es e polo tanto vanse ver modificadas as súas condicións laborais. Se a organización non afecta ás/aos traballadoras, e polo tanto non é tema de mesa, se a asistencia sanitaria tampouco, que nos definan que facemos as/os traballadoras/es no SERGAS.


4.- Catalogación de prazas Enfermeira/o Especialista  en Saúde Mental. Non se pode facer xa que isto implica un incremento retributivo, e a Lei prohibe os incrementos.
 

>Temas que a CIG-Saúde quer abordar na Mesa Sectorial.

   Persoal de Xestión e Servizos de Atención Primaria, pendente desde o acordo do 2008.

   Cómputo de xornada.

   Reunión coas/os xerentes, ou como se chamen agora, de Atención Primaria para abordar a aplicación da acta de xullo de 2011.

   Grupo de traballo ou comisión Técnica para abordar o CPV do persoal facultativo. Non ven necesaria creación deste grupo, os indicadores son tema de organización. De condicións de traballo son as instrucións; están elaborando un documento de instrucións que se pasará pola M.S.

 
SACYL: bolsa de emprego Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 01 Xullo 2011 09:13

Vense de abrir o prazo para presentar méritos para a bolsa de contratación, do persoal que participou na Ope do SACYL nas categorias de DUE e TCAE e que non o superaron.

 

RESUELVE

Primero.– Publicar, en el Anexo I de esta Resolución, la relación de aspirantes que han de integrar la bolsa de empleo para las categorías de: Enfermero/a y Técnico en cuidados Auxiliares de Enfermería. Dicho Anexo I se hace público en las Gerencias de Salud de Área, en las Gerencias de Atención Primaria, Atención Especializada y en la Gerencia de Emergencias Sanitarias, así como en el Servicio de Información 012 y en el Portal de Salud de la Junta de Castilla y León (www.saludcastillayleon.es).


Dicha relación está constituida sólo por aquellos aspirantes que figuran en la relación definitiva de admitidos del turno libre y de personas con discapacidad al correspondiente proceso selectivo, que hayan manifestado expresamente en la solicitud de participación su deseo de formar parte de la bolsa de empleo y que no hayan superado el proceso selectivo.

 

CONSEJERÍA DE SANIDAD

GERENCIA REGIONAL DE SALUD


RESOLUCIÓN de 21 de junio de 2011, de la Dirección General de Recursos Humanos de la Gerencia Regional de Salud de Castilla y León, por la que se publica la relación de aspirantes que han de integrar la bolsa de empleo para las categorías de Enfermero/a y Técnico en Cuidados Auxiliares de Enfermería y se concede plazo para la presentación de la solicitud de participación en las bolsas de empleo junto con la documentación acreditativa de los méritos objeto de baremación.

O persoal que non participou na devandita OPE, ten a opción de apuntarse nas listas cero que son subsidiarias do resto, como ven refrexado na ORDEN SAN/398/2010, de 23 de marzo, por la que se establece el procedimiento de funcionamiento de las bolsas de empleo para la selección del personal estatutario temporal del Servicio de Salud de Castilla y León.:
Cuarto.– Aquellos interesados que no se encuentren incluidos en la relación de aspirantes del Anexo I, y que deseen formar parte de las bolsas de empleo, únicamente podrán inscribirse en las listas cero, conforme se establece en el artículo 6 de la Orden SAN/398/2010, de 23 de marzo.

Artículo 6. Listas cero.

1. Se confeccionarán para todas las categorías y para cada una de las Gerencia de Atención Primaria, Atención Especializada o Gerencia de Emergencias «Listas cero», y estarán constituidas por aquellas personas que, cumpliendo los requisitos legalmente establecidos, se encuentre en alguno de los siguientes supuestos: a) Aspirantes que habiendo participado en el proceso selectivo, no hubieran manifestado expresamente su deseo de formar parte de las bolsas de empleo, o que no hubieran presentado, en el plazo establecido al efecto, escrito de elección del Área, Gerencia, Zona o centro que estimen convenientes.

b) Personas que no hubiesen presentado solicitud de participación en el correspondiente proceso selectivo de la categoría o especialidad de que se trate o fueran excluidos del mismo.

2. Sólo se acudirá a dichas listas cuando se agoten todas las posibilidades anteriormente expuestas para la lista ordinaria.

3. El llamamiento se efectuará según el orden que ocupen en las mismas, en función de la fecha y hora de registro de entrada de las solicitudes que se presenten en cualquiera de los Registros establecidos en el artículo 38 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, con posterioridad a la finalización del plazo de presentación de la documentación acreditativa de los méritos objeto de baremación y de adscripción al Área, Gerencia, Zona o centro

 
traslados DUE definitivos Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 05 Maio 2011 10:40

CIG-SAÚDE INFORMA

Publicada no DOG nº 39, do 25 de febreiro, a Resolución do 17 de febreiro de 2011 pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías do Servizo Galego de Saúde convocado por Resolución do 22 de xullo de 2010, habilitábanse os correspondentes prazos para que, se é o caso, os/as inte­resados/as puideran presentar os oportunos recursos en vía administrativa.

Resoltos todos os trámites derivados da interposición deses recursos e derivándose da resolución destes variacións de puntuacións e adxudicacións na listaxe inicialmente pu­blicada, cómpre agora dar publicidade ás modificacións da resolución definitiva, polo que este centro directivo

ACORDA:

Primeiro. Facer pública a modificación da Resolución do 17 de febreiro de 2011 (DOG n.º 39, do 25 de febreiro) pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de tras­lados para a provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG n.º 143, do 28 de xullo), nos termos que aparecen reflectidos no anexo desta resolución, ademais das listaxes correspondentes expostas na páxina web www.sergas.es

Segundo. A publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia serviralles de noti­ficación aos interesados.

Terceiro. Ratifícase que de conformidade co establecido na base 8.8 da convocatoria, os prazos posesorios dos destinos adxudicados, efectuarase de modo simultáneo á dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009, polo que será publicado próximamente no Diario Oficial de Galicia.

 
Información OPE: incorporacións Enfermaría Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 02 Maio 2011 09:33

Mensaxe recibida do SERGAS:

 

Boas tardes,

Informámosvos que a incorporación do persoal de enfermería de OPE está prevista para o vindeiro 12 de maio. O mesmo día cesaría o persoal con destino adxudicado no concurso de traslados. Na páxina web do Sergas colgarase esta información en canto sexa oficial.

 
Prazas ofertadas e elección de destino de varias categorías Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 28 Abril 2011 11:13

Publícase hoxe en DOG a resolución da oferta de prazas das últimas categorías pendentes de elección de destino: Auxiliar Administrativo, TER (Radiodiagnóstico), TER (Radioterapia). A elección de destinos producirase mañá venres día 29.

 

 
Modificación nos destinos adxudicados no concurso de traslados na categoría DUE Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 28 Abril 2011 09:58

Despois de resolver diversos recursos que se interpuxeron á resolución definitiva de adxudicación de destinos do concurso de traslados da categoria de DUE, o SERGAS ven de facer pública, colgándoa na súa web, a modificación da resolución definitiva. Parece ser que hai algúns cambios, non moitos.

Pódese consultar a resolución de modificación premendo aqui.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info