CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Traslados
concurso de traslados aberto e permanente Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 10 Decembro 2018 10:23

Servizo Galego de Saúde

  • RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario das categorías de facultativo/a especialista de área, médico/a de urxencias hospitalarias, médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a asistencial do 061 e técnico/a en farmacia.

Descargar PDF

 
OPE E TRASLADOS Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 30 Novembro 2018 15:44

Hoxe na Mesa Sectorial fixeron entrega do anexo de prazas que se incluirán na Oferta de emprego de 2018

Estas son as previsións que nos deron sobre OPE e traslados.

-          Concurso de traslados aberto e permanente:

  1. Na primeira quincena de decembro publicarase en DOG a apertura do prazo de inscrición para as categorías de FEAs, MUH, Médico/a de Admisión, Médico/a asistencial do 061 e Técnico/a de farmacia. Terán de prazo para inscribirse ata o 15 de xaneiro igual que o resto de categorías.
  2. Aquelas persoas que participaron no concurso de traslados e non obtiveron praza, terán dispoñible no FIDES a inscrición editable a primeiros de decembro, para que poidan modificar a súa solicitude.

-          OPE 2015-2016 (FEAs, TSPRL, Traballador/a social...):

  1. Acto de elección antes do 24 de decembro.
  2. Toma de posesión despois do 15 de xaneiro de 2019

-          OPE 2016-2017 (Enfermaría, celador/a e Aux. Administrativo):

  1. Primeira quincena de decembro de 2018
  • Listados definitivos de admitidos e excluídos e exentos da realización do exame de galego
  • Publicación dos membros do tribunal de celador/a

-          OPE 2017-2018: Tratarase na Comisión técnica de OPE o cronograma das convocatorias do 2019.

 
CONCURSO DE TRASLADOS ABERTO E PERMANENTE Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 15 Outubro 2018 11:28

Servizo Galego de Saúde

  • RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario diplomado sanitario.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario de formación profesional.

Descargar PDF

 
Publicación da resolución definitiva do ciclo de adxudicación do ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente de licenciadas/os sanitarias/os de atención primaria Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 10 Outubro 2018 14:11

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención primaria.

Pódense consultar as listas coa puntuación na páxina do SERGAS: https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Concurso-de-traslados-aberto-e-permanente

Ou ben, pódese consultar o estado de cada solicitude polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo as instrucións emitidas pola Dirección de RRHH do SERGAS os prazos, con carácter xeral,  serán os seguintes:

  • CESAMENTO: o luns 8 de outubro de 2018

No suposto de atoparse disfrutando de permiso, licencza, vacacións, incapacidade temporal ou maternidade, o cesamento queda diferido ata a incorporación á praza de orixe.

  • PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN:
  • Sen prazo posesorio, é dicir, o día 9 de outubro: aquelas persoas que non cambien de centro de destino (comisión de servizos, reingresos provisionais...)
  • 3 días hábiles, é dicir, ata o 11 de outubro: para cambios de centro de destino dentro da mesma EOXI.
  • 15 días hábiles, é dicir, ata o 30 de outubro: para cambios a prazas de distinta EOXI.
  • Un mes: para persoas procedentes doutro servizo de saúde, reingreso ao servizo activo.

Para máis información diríxete ás nosas seccións sindicais nos centros.

 
• CONCURSO DE TRASLADOS: RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a pr Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 05 Outubro 2018 12:18
  • CONCURSO DE TRASLADOS:  RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención primaria.

Descargar PDF

 
Instrucións de incorporacións e cesamentos concurso de traslados aberto e permanente Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 05 Outubro 2018 11:57

Bo día,

Hoxe esixímoslle á Dirección de RRHH que nos remitise as Instrucións de incorporacións e cesamentos que serán de aplicación ao persoal que participou no concurso de traslados aberto e permanente.

Hai un cambio substancial nos cesamentos que cómpre salientar.

Anteriormente o prazo de cesamento era de 3 días hábiles e cesaban de oficio o último día. Agora establecen que os ceses se producirán de oficio o primeiro día hábil.

Tradución práctica para as categorías que se resolven hoxe día 5 de outubro:

-          Os ceses serán de oficio o luns 8 de outubro.

-          As incorporacións serán:

  1. Martes 9: as comisións de servizos que acadan destino no mesmo centro onde estaban, e traslados sen cambio de centro(p.e. cambio de quenda nun centro de saúde).
  2. Ata o Mércores 11 (3 días hábiles): traslados dentro da mesma área sanitaria. Ollo, xa aplican literalmente a nova lei de saúde onde a área é a EOXI.
  3. Ata o 30 de outubro (15 días hábiles): traslados a outra área sanitaria (EOXI).
  4. Un mes: traslados doutro servizo de saúde.
 
traslados persoal licenciado sanitario Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 25 Maio 2018 11:37
  • CONCURSO DE TRASLADOS: RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

Descargar PDF

 
TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES 2018 Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 28 Marzo 2018 08:29

Servizo Galego de Saúde

CONCURSO DE TRASLADOS ABERTO E PERMANENTE

  • RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención primaria.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario de formación profesional.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario diplomado sanitario.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos.

Descargar PDF

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info