CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Xuño 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Frase pra baixar os modulos en firefox

Área Sanitaria
Éxito da manifestación de SOS-Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Luns, 22 Novembro 2010 10:08

CIG-Saúde participou hoxe na manifestación convocada pola Plataforma SOS-Sanidade Pública contra as privatizacións da Sanidade Pública. A  manifestación foi un éxito de asistencia, milleiros de persoas berraron polas rúas de Santiago NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE!!!

dscn1005

 
A sociedade de radioloxía oponse á concentración de gardas entre Verín, Monforte e O Barco Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Xoves, 28 Outubro 2010 20:25
Artigo extraido do blog da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco:

A sociedade de radioloxía oponse á concentración de gardas entre Verín e O Barco

Parece que non só as Plataformas pensamos que acumular gardas de radioloxía de tres hospitais nun só é un xeito de aforrar a costa da saúde de certas poboacións. Tamén a Sociedade Galega de Radioloxía se pronunciou recentemente nese senso. Podedes ver a nova na súa páxina web: http://www.radioloxiagalega.es/sgr/index.php

Deixámosvos aqui o comunicado completo:

Carta aberta da SGR en relacion co uso da Telerradioloxia na nosa Comunidade

A Xunta Directiva da Sociedade Galega de Radioloxía, ante a inquietude xerada entre a Comunidade Radioloxica de Galicia pola presentacion da Plataforma Diagnostica do SERGAS considerou oportuno facer publicas as suas liñas de opinión que podan ser utiles tanto para os Radiologos da Sociedade como para as autoridades Sanitarias Galegas en relacion co desenrolo futuro da telerradioloxia na nosa Comunidade. Tras tres reunions o grupo de traballo acadou o consenso nos 8 puntos que se expoñen a continuacion e que tratan de conxugar o coñecemento cientifico ao respecto coa sua aplicacion no entorno da nosa comunidade.
 
Non á represión, sí á Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Mércores, 07 Xullo 2010 08:47
Artigo extraido da páxina principal de CIG-Saúde.

No acto de onte en Santiago, a policía recibiu ordes de retirar as pancartas da entrada do Palacio de Congresos, protagonizando algúns momentos de tensión ao forcexear con algúns dos manifestantes. A nosa compañeira de CIG-Saúde Susana foi arrastrada pola policia  no acto de protesta. O noso compañeiro de CIG-Sáude Xan Ramón plantouse sentado diante da entrada ao auditorio en sinal de protesta. Está claro que os PPeros non querían ningunha protesta que lle afee os actos de paripé que organizan, teñen nostalxía do pasado preconstitucional  e o autoritarismo parece que lle resulta mais acorde coa súa ideoloxía ultradereitista.

 

 

Carta de protesta envíada á Conselleira

 

A CIG-Saúde quérelle amosar o noso máis enérxico rexeitamento á actitude que tivo no día de onte coas/os  representantes das plataformas sanitarias constituídas nas diversas localidades en defensa da sanidade pública.

 

Non é de recibo que nun “estado democrático” se mande actuar ás forzas de orde pública contra quen, pacificamente, amosa publicamente, nun espazo público “A Praza da Concordia”, o seu rexeitamento á política sanitaria que está a levar a cabo a consellaría que vostede dirixe.

 

É a primeira vez que no eido sanitario se utilizan as forzas de orde pública para intentar calar as voces que queren transmitir as inquedanzas da poboación das súas localidades, que ven con preocupación o futuro da sanidade e o recorte das prestacións que esta consellería pretende acometer.

 

A CIG-Saúde solicita de vostede que en aras a garantir o dereito democrático que ten toda persoa de reivindicar  publicamente e pacificamente unha sanidade pública e de calidade, reprobe a actuación policial, e se desculpe publicamente por estas actuacións.

Agardando de Vde. unha resposta na maior brevidade posíbel.

Un saúdo.

 

Compostela, 7 de xullo de 2010.

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 

NON A REPRESIÓN, SI Á SANIDADE PÚBLICA


Velaqui o resultado da "actuación" policial de onte ante o delito tan grande de amosar unha pancarta:

DSCN0894

 

NON A REPRESIÓN!!!

SI Á SANIDADE PÚBLICA!!!

 
Velai a democracia deste goberno Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Mércores, 07 Xullo 2010 08:35

Artigo extraido do blog da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco.

Velai a democracia deste goberno





Reproducimos abaixo unha nota de prensa que ven de enviar a Plataforma Galega pola Defensa da Sanidade Pública despois dos feitos acontecidos esta tarde (a tarde do día 6 de xullo) na entrada do Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. Mentres algúns representantes das diversas Plataformas que se veñen moblizando en defensa da Sanidade Pública agardabamos pacíficamente, en silencio, sen molestar, simplemente portando as pancartas das plataformas, as "autoridades democráticas" deste goberno deron orde ás forzas antidisturbios de que nos desaloxaran pola forza, chegando a arrastrar literalmente polo chan a algúns compañeiros. Este é o talante democrático deste goberno. Non só privatizan, tamén reprimen coa forza física cando alguén amosa a súa disconformidade. É máis, chegaron a pedir indentificarse a algunha persoa que estaba a facer fotos, mentres a ameazaban se "saia nalgún medio" o que alí aconteceu. Represión e ameazas. Mais non o van conseguir. Aqui tendes un par de fotos do momento en que os antidisturbios nos empurraban e nos botaban dalí á forza.

Exactamente, cal era o problema de que estiveramos alí? Non estabamos impedindo o paso a ninguén, non estabamos nin sequera berrando. Simplemente estabamos alí. Pero claro, facíamos fea a foto da señora Conselleira e do señor Feijoo. E como quedabamos feos, había que botarnos.

Que saiban que non nos arredamos. Defenderemos a Sanidade Pública e as nosas áreas pese a quen pese e traian os antidisturbios que traian.

Representantes das Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, A Mariña, Pontevedra, O Barco de Valdeorras, Monforte, e Vigo, así como dos sindicatos CIG, CCOO e da Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia (COGAVE), realizaron unha concentración á entrada do acto de propaganda institucional da Consellería de Sanidade no que se presentou o Plan Estratéxico de Sanidade, que pretende consolidar a estratexia de deterioración e privatización do Sistema Sanitario de Galicia .
Os representantes das Plataformas, en nome dos miles de persoas que se manifestaron en toda Galicia convocadas polas mesmas, mostraron o seu malestar á Xerente do SERGAS Rocio Mosquera, á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas e ao Presidente da Xunta Núñez Feijoo, que deberon acceder ao acto entre as pancartas de rexeitamento á política de deterioración e privatización do sistema sanitario levada adiante por eles.

Como aspecto negativo cabería resaltar que, a pesar do carácter pacífico e plenamente democrático do acto de protesta, a policía recibiu ordes de retirar ás pancartas da entrada do Palacio de Congresos, protagonizando algúns momentos de tensión ao forcexear con algúns dos manifestantes.

A Plataforma Galega Para a Defensa da Sanidade Pública quere facer saber á poboación que manterá as convocatorias de mobilizacións ata que cese esta política de deterioración do sistema sanitario que leva a cabo a administración en Galicia.

 
Manifestación en Defensa da Sanidade Pública e da Área da Mariña Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Xoves, 24 Xuño 2010 12:17
Lembrámosvos que o sábado, día 26 de xuño, a partir das 12 hs da mañá, e coa saída programada desde o Hospital da Costa de Burela, levarase a cabo a manifestación en Defensa da Sanidade Pública e da Área da Mariña á que, pensamos, todas e todos deberíamos acudir. A problemática que están a padecer en Burela é moi similar á que se nos plantexou aqui na área do Barco: a Consellaría de Sanidade pretende impoñer unhas áreas integradas que sobardan a actual división en áreas da sanidade galega, e disfrazándoas coa integración de primaria e especializada, pretende facernos crer que a súa intención é manter as áreas. Pode ser que manteñan as áreas, pero non así a xestión, que, sabémolo ben claro, e onte volveuse confirmar no Parlamento, pretenden facer depender de entidades provinciais.
Polo tanto, e ante a persistencia da Consellaría en levar a cabo unha política sanitaria que non vai traer máis que prexuizos para @s usuari@s, con privatizacións, supresión de servizos, fusión de áreas e demais actividades neoliberais, convidámosvos a secundar a manifestación do sábado en Burela e facerlle ver así á Consellaría que non pasaremos por unha Sanidade Pública empobrecida e vendida ás empresas que só buscan lucro á costa da nosa saúde.

Lembrade: Sábado 26 de xuño, ás 12 hs, desde o Hospital da Costa, en Burela.
 
Éxito de mobilización pola Área Sanitaria Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Venres, 04 Xuño 2010 12:12

Perto de 10.000 persoas secundaron a manifestación que convocou onte a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco.
IMG_6619
A área sanitaria foi onte un clamor. Todas e todos berramos á vez pola defensa da sanidade pública da nosa área. Como podedes ver nas fotografías, miles de persoas camiñaron durante o percorrido, berrando consignas como "Conselleira, non sexa trapalleira", "Coa saúde non se xoga" ou "Sanidade de Calidade". Pero a consigna máis aclamada sen dúbida foi "Conselleira, Dimisión".

Persoas de todas as idades, xéneros e ideoloxías sairon onte a defender a área. Só faltaron aqueles que durante estes días previos á manifestación se dedicaron a boicoteala e tentar desmobilizar á xente. Os cabecillas do PP comarcal non estiveron á altura das circunstancias e non sairon, xunto con toda a poboación da área, a defender o que nos corresponde por dereito. Mais a Plataforma fíxolles un convite para que se sumaran ás reivindicacións dunha Sanidade Pública Digna e de Calidade, cunha área forte, xestionada aqui tanto humana como tecnolóxica como económicamente.

Os nosos parabéns ás persoas que traballaron duro para organizar a manifestación, e tamén un aplauso a todas aquelas persoas que participaron e apoiaron na xornada de onte, incluindo xentes e plataformas de diversos lugares da xeografía galega.



Podedes ver a nova publicada nos distintos xornais:

 

 

 
TOD@S Á MANI! Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Xoves, 03 Xuño 2010 11:19

Lembrade:

HOXE, ÁS 20 HS, DESDE O CAMPO DE FÚTBOL DE CALABAGUEIROS, NO BARCO

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA DO BARCO

Non máis recortes de servizos! Somos unha área!

 
Comunicado da Plataforma Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Martes, 01 Xuño 2010 12:42
Transcribimos aqui o comunicado que onte enviou a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco e que sae hoxe nos medios de comunicación:

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco quere sair ao paso das declaracións feitas pola Conselleira de Sanidade, a señora Pilar Farjas, na súa recente e sorpresiva visita ao Hospital Comarcal Valdeorras, nas que tachaba de dicir “mentiras e falsedades” á Plataforma e ás organizacións que a conforman.
cartazmani
A Señora Farjas pretende coas súas manifestacións confundir á poboación para desmobilizala de cara á manifestación do día 3, algo que non vai conseguir. Di a Conselleira que os nosos intereses “non son mellorar a asistencia sanitaria, son outros” e fala de que minten “aquelas organizacións políticas, non políticas, sociais, que con outros intereses que non son os da área de Barco de Valdeorras nin os dos cidadáns de Barco de Valdeorras...”. E nós preguntámonos...

1. Acaso sabe a señora Farjas mellor que a poboación desta área cales son os seus intereses? Acaso se erixe a Conselleira en grande defensora dos intereses desta poboación cando está constantemente desmantelando servizos e diminuindo a calidade asistencial que se presta nesta área?
2. A señora Farjas, Conselleira de Sanidade, sabe qué é a Área Sanitaria do Barco e qué poboacións comprende? Porqué nas súas declaracións fala dos “cidadáns de Barco de Valdeorras”? Non sabe a señora Farjas que a Área do Barco dá servizos ás poboacións de toda a comarca de Valdeorras, da comarca de Viana e da comarca de Terras de Trives? E pretende facernos crer que ela sabe mellor que ninguén cales son os intereses desta poboación, cando nin sequera sabe de qué poboación estamos a falar?
3. Promúlgase a señora Farjas como única sabedora do que lles convén aos cidadáns e cidadás destas comarcas por algún motivo concreto? Acaso porque coñece de primeira man as súas necesidades? Porque pasa moitísimo tempo nestas terras? Está claro que non. A súa visita sorpresiva e fugaz ao Hospital Comarcal Valdeorras así o demostra, como tamén demostra que só cando está convocada unha manifestación, do mesmo xeito que pasou en Monforte, se digna a aparecer por aqui: inda que no seu momento se comprometera coa Plataforma a visitar a Área e explicar o seu modelo de Área de Xestión Integrada, só realizou a visita cando hai unha manifestación convocada, con intención de desmobilizar á poboación, e entrevistándose exclusivamente coa Dirección do Hospital Comarcal Valdeorras.
4. Sendo como di que é grande coñecedora dos intereses da poboación desta Área... porqué só se reúne na súa visita coa Dirección do HCV e non o fai coa Plataforma, integrada por multitude de asociacións e organizacións de todo tipo e que representan a unha grande maioría da poboación das comarcas afectadas?

Señora Farjas: quén minte? Quén di falsidades? Quén está desmantelando os servizos sanitarios desta área sanitaria? Porqué non falou vostede do que pensa facer coa radioloxía e as supostas gardas mancomunadas? Porqué non di que se vai cubrir o traumatólogo que falta?
Fale claro, pero non coa prensa ou coa Dirección do HCV: fale claro coa Plataforma e coa poboación que representa, fale claro onde tén que facelo, fale claro no Parlamento cando se lle pregunta se vai manter ou non a área sanitaria do Barco, porque esta Plataforma, mentres non teña enriba da mesa un decreto no que se diga claramente que se mantén esta Área Sanitaria con todas as súas competencias ou máis, onde se exprese claramente que a sanidade desta área se vai xestionar desde aqui, tanto en persoal como en material como económicamente, mentres non teñamos diante ese decreto, nós non nos cremos as súas palabras.

A poboación desta Área Sanitaria sabe, mellor que ninguén, cales son os seus intereses e sabe que empeorar a calidade asistencial que se lle presta non é un deles. Faga algo para solucionalo, que para iso é vostede a Conselleira de Sanidade. Ou é que vostede sí que tén outros intereses?

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco reafirmámonos nas nosas reivindicacións, e mentres non vexamos plasmado por escrito e confirmado no Parlamento Galego que a Área Sanitaria do Barco se vai manter coas súas competencias, cunha xestión non dependente de ningún ente provincial, completando e mellorando os seus servizos, non nos cremos nada do que diga a señora Conselleira, porque xa nos ten dito moitas cousas que despois non son certas. Polo tanto, pedimos a toda a poboación que secunde a MANIFESTACIÓN que terá lugar o próximo xoves día 3, a partir das 20 hs con saída do Campo de Fútbol de Calabagueiros, no Barco.

A nova no Faro.
A nova na Voz.
 
Visita da Farjas e mesa sectorial Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Venres, 28 Maio 2010 19:33


Estes de abaixo son os temas a tratar na mesa sectorial do mércores, como vedes introducen a "reordenación dos procesos de radioágnostico.
A fotografia que ilustra o artigo corresponde os membros da plataforma da sanidade pública "escoltando á dirección do HCV á espera de recibir a sor farjas. Veremos mañá o que dí a prensa da reunión que mantivo coa dirección do centro a 5 dias da manifestación en apoio da área, apostamos a que trata de desmobilizar ó persoal. 

farjas

Asunto: Mesa sectorial

Órgano convocante: Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións

 

Orde do día:

  • Reordenación dos procesos de radiodiagnóstico.
  • Plan de ordenación de recursos humanos do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
  • OPE Facultativos Especialistas de Área en Psiquiatría 2006.

 

Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2010 ás 11:00 horas na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde 

Convocados:

  • Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal
  • Subdirección Xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional
  • Dirección de Asistencia Sanitaria
  • Organizacións sindicais: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE e USAE
  •  

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2010 

O subdirector xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico

e Recursos e Reclamacións 

Francisco Javier  Pena Corredoira

 

ORGANIZACIÓNS SINDICAIS: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE E USAE

 

DIRECCIÓN DE ASISTENCIA SANITARIA

 


20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info