CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Febreiro 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17181920212223
242526272829 
Frase pra baixar os modulos en firefox

o recorte en cifras Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Xoves, 27 Maio 2010 21:24
A xente que levamos anos traballando para o SERGAS, sabemos que foron moitas as mobilizaciois que fixemos en aras de conseguir un salario e unhas condiciois de traballo dignas, así como para mellorar a sanidade pública.
mobilizaciois
Despois do roubo por parte da administración do PP sobre os acordos asinados co bipartido, que se conseguiron a base de estar a pe de rua, hoxe o congreso dos diputados de Madrid cos votos do partido socialista e a abstención de CIU ven de aprobar unha nova agresión cara os traballadores da administración.

O argumento da crise vale para todo, non sólo para este recorte senon tamén para deixar en precario as plantillas de persoal posto que as contrataciois están sendo reducidas á mínima expresión , a isto hai que sumar os centos de traballadores e traballadoras do SERGAS que viron truncado acceso á carreira profesional ou a progresar nela.

E todo isto co agravante que non hai data límite para seguir agredíndonos con recortes e precarizar as condiciois de traballo, para o ano que ven de entrada xa temos garantida a conxelación.

Se a este atraco a man armada lle sumamos a pouca transparecia do SERGAS nos procesos de contratación (hoxe mesmo publicamos a súa negativa a publicar os chamamentos na mesa de Ourense), os "curiosos casos" que se dan ano tras ano na OPE con certo cheiro a enchufismo, o ter a xente desprazada a centos de kilómetros da súa casa e según en que categoria traballen non ofertar o 100% das prazas a traslados, a negativa de negociar permisos e poñer dende as xerencias cantos mais atrancos mellor para disfrutalos, o fantasma fondo social que non aparece por ningures a pesares de acordarse en tódalas negociaiois, a ameaza do copago na sanidade que xa se está a oir en boca da ministra, a pretensión do SERGAS de eliminar servizos e unificar áreas de saúde, e un longo etc; sitúanos nunha situación nunca vivida que convirte o espazo de traballo nun verdadeiro campo de batalla onde ou damos de novo a cara ou seguiremos levando labazadas de por vida.
. Mentres ás grandes fortunas, os bancos os monopolios etc etc etc, non se lle esixe esforzo ningún (menos mal que foron eles quenes provocaron a crise e que temos un governo que se di de esquerdas).

É por iso que o próximo 2 de xuño intentaremos mobilizar ó persoal contra esta agresión continuada

No enlace seguinte podedes ver, por categorías, a repercusión dos recortes aprobados hoxe no Congreso dos diputados en Madrid.
Retribucionss_2010_recorte_10-111.pdf

Lembrade tamén que hoxe ás 11:30 hs, no Salón de Actos do HCV, temos convocada unha Asemblea Informativa sobre os recortes salariais, onde tentaremos aclarar as dúbidas que poidades ter.
 
cambio data publicación puntuacións OPE Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 27 Maio 2010 12:35

Bos días: estaba previsto que mañana fora publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que sepublican las puntuacións definitivas, así como as persoas definitivamente seleccionadas na OPE de as diversas categorías/especialidades de licenciados sanitarios (coa excepciíon de médicos de familia). 

Nembargantes nos comunican dende o Diario Oficial de Galicia que a devandita publicación producirase o vindeiro luns, día 31 de maio.
 
seguimos sen ter acceso ós chamamentos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 27 Maio 2010 12:15
Coméntannos que o martes pasado na reunión da mesa provincial de contrataciois, o SERGAS abordou o punto reclamado por CIG-Saúde O Barco, sobre a publicación diaria ou periódica chamamentos que se van producindo.

Pois ben, a dirección provincial dí que non poden facelo sen aplicativo, polo que acordaron levar este tema á mesa central e reclamar ese aplicativo.
Grfico3

A nós esta solución non nos convence, parécenos unha tomadura de pelo que a estas alturas a xente que está nunhas listas de contratación non poda saber en que número están chamando, para sabelo hai que chamar persoalmente, e conseguir que collan o teléfono e que a persoa responsable dos chamamentos esté libre. En fín que temos a mesma situación na era dos ordenadores, internet, ipad, ipod e mil dispositivos de tecnoloxia futurista e nomes extranos, que tíñamos no século pasado.

Ou acaso deberiamos ser mal pensados e crer que isto non se produce por intereses ocultos dalguén??

Nós seguiremos insistindo PUBLICACIÓN DOS CHAMAMENTOS XA!!!
 
Información sobre a reunión de Traslados 26-5-10 Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 26 Maio 2010 14:53
Nesta reunión, logo da demanda sindical da Mesa Sectorial, o SERGAS plantexa o seguinte:  

Oferta do 100 x 100 a traslados nas seguintes categorías: 

  • Enfermeiras
  • Auxiliares Enfermaría
  • Médicos/as Familia
  • Celadores/as
  • Fisioterapeutas
  • Matronas
  • Pediatría Atención Primaria
  • PSX
  • TEL
  • TERcarro

Para o resto de categorías(nas que se ofertan poucas prazas, categorías pequenas) manteñen a oferta feita que consiste en ofertar o número de prazas que saíu para a oposición.  

Casos particulares

  • Persoal oficios: non queren baixo ningún concepto crear ningunha praza a maiores por ese motivo non ofertan máis.
  • Pinches: poden ofertar o 100 x 100 coa excepción de Vigo onde baixo ningún concepto van ofertar máis que o número de ope, polas características concretas de Vigo, coa construción do novo hospital.
  • Celadores Atención Primaria: Non van a ofertar ningunha praza.
  • Auxiliares Administrativos: no anterior concurso viñeron 60 persoas de fora de Galicia e non están dispostos a ter que soportar ese incremento de vacantes.
  • Traballadoras Sociais: Non queren ofertar o 100 x 100 porque non saben como se vai comportar a categoría por mor de que non se ofertou no anterior concurso de traslados.

Con todo isto van a elaborar unha acta na que queren se recolla tamén o criterio de que si nalgunha das categorías que van ofertar o 100 x 100 de vacantes hai problemas de desavastecemento nun servizo se poida regular a incorporación graduando a mesma no tempo. 

Quedaron en remitirnos o novo cadro coas prazas na semana que ben, están pechando coas xerencias neste momento as prazas. 

Borrador do Traslado. Retomouse unha cuestión que afecta ao baremo do Persoal Non Sanitario, que ao final queda como na convocatoria do 2007, que diferencia os servizos prestados como fixo noutra categoría dos prestados como temporal na mesma. 

Descargar novo borrador

 

 
concentración polo mantemento de servizos Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 26 Maio 2010 11:43
stacaHoxe levamos a cabo un novo corte de tráfico en defensa da nosa área de saúde e contra da perda de servizos.
Nél explicouse ó persoal o que transmitiu a directora xerente do HCV que a eliminación das gardas de Rx é unha cuestión de tempo. á espera de ter a dotación técnica que o permita.

Tamén se explicou a negativa da dirección de non dotar da segunda enfermeira de noite argumentando que non habia cuartos, sí os hai explicou a xerenta para a xornada extra que están a realizar os traumatólogos pola non cobertura do traumatólogo que marchou, por certo traunmatólogo que non se vai cubrir, sí en cambio contratarase un ciruxan, é increible que coa demanda que ten trauma  non se cubra esta vacante consolidada dende hai anos, ou acaso habrerá algún obscuro interese en que isto sexa así? A xerenta afirmou que este traumatólogo que marchou "gastaba moito en probas complementarias" (sería por iso que era o traumatólogo do servizo mais demandado polos usuarios).

Cando lle plantexamos como era que non habia cuartos para unha enfermeira e sí os habia para a xornada complementaria destes facultativos se nos dixo que tampouco íbamos a ser tan intolerantes no gasto das xornadas complementarias, Imaxinamos que o mesmo de intolerantes que eles cos gastos do resto de persoal necesario).

Parece que a crise afecta mais a uns que a outros.

Mañá de novo ás 11,30 CONCENTRACIÓN.
 
Cadro resumo dos descontos salariais Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 26 Maio 2010 11:35
Cadro que reflexa os descontos que contempla o Real Decreto Lei. Como se indica ao final do mesmo, a maiores, cada persoa tería tamén un desconto no complemento específico e na productividade fixa.

 Descargar cadro

O venres 28 ás 11,30 horas teremos unha asemblea no salón de actos do HCV para explicar o que nos afectan estas medidas.


BANNERRECORTESENSINO

 
Publicados os listados provisionais dos traslados de diversas categorías de persoal Facultativo Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 26 Maio 2010 11:34

Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 20 de maio de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías de licenciados sanitarios convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010. 

Ábrese un prazo de quince días hábiles para formular reclamacións contra ela. 

Web SERGAS Traslados

 
Isto é o SERGAS! Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 25 Maio 2010 07:32

Parece que o SERGAS anda a xogar a marearnos coas reunións e non para de cambiar datas. Despois de varios cambios, as datas das próximas reunións son as que seguen:

Mércores 26 de maio, reunión de traslados. Ainda seguimos sen saber se sacan ou non o 100%.

Mércores 2 de xuño, Mesa Sectorial. Despois de varios cambios, agardemos que esta sexa a data definitiva. Ainda non temos orde do día. A reunión do grupo de traballo do Pacto de Contratacións que estaba programada este día queda adiada ata novo aviso.

Isto é o SERGAS!

 
Reunión traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 21 Maio 2010 10:11

paradrapopO SERGAS envíou a convocatoria que pegamos abaixo para tratar o tema dos traslados sen darnos unha resposta sobre se sacan ou non o 100% das prazas. O seu compromiso era respostar nesta semana e non o fan. E convocan a reunión sen que as organizacións sindicais saibamos cal é a súa posición, ou sexa, téñennos totalmente desinformados e así nos fan ir a esa convocatoria. Vaia talante negociador.

 Bo día:

Consonte ao expresado pola directora de Recursos Humanos na pasada reunión, co fin de avanzar na negociación e, en definitiva chegar a un consenso respecto da porcentaxe de prazas a ofertar que permita non dilatar innecesariamenten o concurso de traslados, convócasevos para unha xuntanza o vindeiro martes 25 de maio, ás 12 h, na sala 02.03.

 

 
Publicacións OPE e traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 21 Maio 2010 09:50

Hoxe chegounos o seguinte correo do SERGAS:

Bos días: está previsto que a vindeira semana sexan publicadas no D.O.G as seguintes resolucións:

- Día 26 de maio: resolución provisional do concurso de traslados de persoal licenciado sanitario ( excepto categorías de atención primaria), coa puntuación provisional e adxudicación, no seu caso, de destino provisional.

- Día 28 de maio: Resolución definitiva de OPE das diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario (expecto médicos de familia), e apertura do prazo para a presentación de documentación dos aspirantes defiitivamente seleccionados.

Por razóns de urxencia e de conformidade co establecido no artigo 50 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, reducese o prazo de presentación da devandita documentación a 15 días, circunstancia que se fará constar na devandita resolución. Non obstante sería aconsellable que se dera a máxima difusión desta reducción entre os profesionais interesados. Grazas.

 
listaxes curta duración das antigas fundacións Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 21 Maio 2010 09:19

Podedes descargar aqui a copia da Resolución que se publica hoxe no DOG, que formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías (enfermaría e TCAE) no ámbito das listas especiais de curta duración no Salnés, Barbanza, Virxe da Xunqueira e Verín.

 
mesa sectorial traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 19 Maio 2010 20:58

Por fín  chegounos a información do que aconteceu na mesa sectorial de traslados, sentimos a demora na publicación.

Cando a Administración quixo entrar a valorar as prazas que saían a traslados, todas as organizacións sindicais alí presentes manifestamos a nosa esixencia de que saisen o 100% de prazas vacantes a traslados. Nese momento, as tres persoas que representaban á Administración na mesa puxeron cara de circunstancias e afirmaron non poder dar unha resposta a iso. Desde CIG-Saúde esiximos que, posto que esas tres persoas non estaban en posesión da capacidade de negociar, se chamase a quen si o estivera; esiximos a presenza na mesa dun interlocutor válido, posto que esta é unha mesa de negociación e se non se pode negociar, a qué imos?

Ante a nosa insistencia, conseguimos que se presentara a Directora de Recursos Humanos, Esperanza Lago, que se reafirmou no seu criterio de sacar a traslados só o número de prazas ofertadas a OPE. Despois dun arduo debate no que se expuxeron oor parte das organizacións sindicais diversos argumentos polos que se puxo de manifesto que non tiña sentido limitar as opcións  de mobilidade do persoal fixo, a Directora de Recursos Humanos asumiu o compromiso de “valorar” esa petición, mais advertiu que, en caso de aceptar sacar o 100% das prazas, sería coa condición de que a incorporación sería escalonada, posto que o seu argumento fundamental para non sacar o 100% é que temen que haxa unha “desbandada” de especializada cara primaria e que isto provoque problemas en certos servizos.

A Administración quedou en darnos unha resposta esta semana. Nós non somos moi optimistas ao respecto. Agardaremos a resposta e a convocatoria dunha vindeira reunión.

 
Concentracións contra os recortes salariais Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 19 Maio 2010 19:06
Concentracións en protesta pola medida do goberno de recortar os salarios ás empregadas e empregados públicos:
punhoestrela2
•    SANTIAGO: PRAZA DO TOURAL ÁS 19 HORAS
•    A CORUÑA: DELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 19 HORAS
•    LUGO: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 20 HORAS
•    OURENSE: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 19 HORAS
•    VIGO: RÚA DO PRINCIPE ÁS 19 HORAS
•    PONTEVEDRA: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO ÁS 19 HORAS
•    FERROL: EDIFICIO ADTVO DA XUNTA ÁS 19 HORAS

PARTICIPA, NON TE DEIXES ENGANAR
"NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS,
SI AOS SERVIZOS PÚBLICOS
 
asemblea plataforma da sanidade pública: cheo Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 19 Maio 2010 11:11
asmbleaOnte o salón de actos da casa da cultura de O Barco, abarrotouse na asemblea organizada pola plataforma en defensa da sanidade públia da área de O Barco, onde se explicou o risco que corre a nosa área de seguir a conselleria de sanidade coa política de concentración e recortes que está a levar a cabo.
Hoxe repetiremos asemblea no cine avenida de A Rua ás 20 horas.

Ás 11, 30 horas de hoxe o persoal do HCV cortamos de novo o tráfico en protesta pola intención da conselleria de suprimir as gardas de radioloxia e pola perda de servizos. Mañá de novo a mesma hora repetiremos a concentración.

Retraso na información da mesa sectorial de traslados.

Dende a mañá cedo os membros da plataforma desplegámonos no reparto de octavillas explicativas e megafoneando O Barco e os pobos aledaños para que a xente acudira a informase, este foi o motivo polo cal onte apenas poidemos atender o local e a propia web, sabemos que estades moi atentos o que aconteceu onte na reunión da mesa sectorial polo tema dos traslados. Por desgraza aínda non temos a información, esperamos contar con ela esta mesma tarde, sentimos esta tardanza non habitual en nós na publicación do que acontece, pero os múltiples frontes nos que nos atopamos inmersos, tanto nós como os compañeiros e compañeiras da executiva non nos permiten ser tan áxiles como quixéramos, en todo caso confirmáronnos que hoxe a tarde teríamos esa información e unha vez nos chegue a publicaremos sen dilación, pedímosvos disculpas por este retraso.
 
"NON AOS RECORTES SALARIAIS E SOCIAIS, SI AOS SERVIZOS PÚBLICOS" Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 19 Maio 2010 10:15

Ante o anuncio feito polo presidente do goberno español,  Sr. Zapatero, de rebaixar nun 5% os salarios das empregadas/os públicos, na CIG confirmamos ,unha vez máis, que esta era unha das medidas que se ían aplicar no sector público para seguir coa campaña iniciada de precarización e desprestixio dos servizos públicos, é a xustificación perfecta para tomar medidas cada día máis regresivas no eido laboral.

Ante a gravidade destes feitos,  desde a  CIG, convocamos a todas as organizacións sindicais para que en pé de igualdade elaborásemos un calendario de mobilizacións co obxectivo de parar as medidas impulsadas polo goberno español. As organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF non responderon  á convocatoria de reunión que a CIG lles fixera chegar, pero a pesares disto a CIG sí acudiu á convocatoria que estas organizacións sindicais nos fixeron chegar.

O día 18 de maio, ás 16,30 hs, iniciase a reunión das organizacións sindicais, desde a CIG, e sendo respectuosas/os co calendario de mobilizacións que eles tiñan convocadas en todo o Estado Español, propoñémoslles ampliar este calendario, dando participación nas mobilizacións as/os traballadoras/es , e que o calendario de mobilizacións non se convertera, unha vez máis, en medidas cara a galería para lavar a súa imaxe.

Despois de transcorridas 3 horas de reunión acadamos un acordo de calendario, onde a CIG en aras á unidade sindical deixamos para unha posterior reunión o resto de mobilizacións, que cremos debemos levar a cabo para parar a medidas do goberno.

O  calendario pactado contiña as seguintes medidas:

- Concentracións o día 20 de maio nas sete cidades galegas chamando á participación das/os traballadoras.

- Anuncio da convocatoria de folga o día 8 de xuño.

-Comunicado conxunto das organizacións sindicais convocantes anunciando as mobilizacións acordadas.

-Manter unha próxima reunión o día 24 de maio, ás 16 hs, xa que o día 20 de maio está convocada a Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Este día coñeceremos o alcance das medidas.

Como CIG insistimos perante as organizacións sindicais que se o día 20 o goberno mantén as medidas anunciadas deberíamos recrudecer as mobilizacións, facendo un calendario conxunto.

 Ás 9  da noite, e transcorridas máis de 4,30 hs de reunión, as organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT, comunícannos que non queren manter a unidade sindical coa CIG, que se desdín do calendario pactado entre todas as organizacións e que eles van  seguir co seu calendario.

 A valoración que facemos disto e:

A CIG é una organización sindical incomoda para CCOO, UGT e CSIF. xa que o único que pretenden é dar una imaxe cara as/os traballadoras/es de que van a convocar mobilizacións para parar as medidas do goberno, mentres os seu dirixentes pactan en Madrid co goberno as devanditas medidas.

Neste momento as/os traballadoras/es públicos somos a moeda de cambio de CCOO, UGT e CSIF para conseguir do goberno medidas que non sabemos a quén van beneficiar.

A CIG seguirá adiante co seu calendario de mobilizacións, informando puntualmente a toas/os das medidas que pretende adoptar o goberno, así mesmo informaremos do que acontece na Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Para que todo o persoal coa información suficiente poida tomar as súas decisións.

Non te deixes enganar por quen, unha vez máis, antepón o seu interese aos intereses das traballadoras e traballadores.  

Que estraños intereses teñen para que a  presenza da CIG lles moleste tanto?

Infórmate e Participa. 

Descarga, imprime e reparte o folleto no teu centro de traballo

 
prazas a traslado Imprimir Correo-e
Traslados
Sábado, 15 Maio 2010 22:52
Por fín nos chegaron as prazas a traslado, o martes revisaremoas, se alguén vei que pode faltar algunha que nolo comunique. Lembrade que o martes temos a reunión co SERGAS.

prazas a traslado en excel coas prazas de A.P. por centros

prazas_traslado_2010.pdf
 
folga xeral contra as medidas adoptadas polo goberno Imprimir Correo-e
Venres, 14 Maio 2010 20:16

A CIG fai un chamamento á unidade sindical de cara a unha convocatoria de folga xeral contra as medidas adoptadas polo goberno

A central sindical entende que dada a súa gravidade e o seu carácter antisocial, a resposta non se pode limitar á área pública
A Confederación Intersindical Galega vén de anunciar en rolda de prensa -na que alén do Secretario Xeral, Suso Seixo, estaban as secretarias nacionais das federacións de Administración Pública, María do Carme López Santamariña, e Saúde, María Xosé Abuín, xunto co secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao- que ten convocado para o vindeiro martes día 18 de maio, ás 11:00 horas a todas as centrais sindicais, para abordar unha resposta conxunta e contundente ás medidas que vén de facer públicas o goberno. A CIG entende que é necesaria a mobilización e a unidade sindical para frear a imposición destas medidas e que se debe camiñar cara unha folga xeral que ten que facerse extensiva a todos os sectores, dado o seu carácter regresivo e antisocial, e non limitarse á área pública.
De esquerda á dereita: María Xosé Abuí, Secretaria Nacional de CIG-Saúde, María Carme López Santamariña, Secretaria Nacinoal de CIG-Administración Pública, Xesús Seixo, Secretario Confederal da CIG, e Anxo Louzao, Secretario Nacional de CIG-Ensino.

garrulopAlén da xuntanza prevista para o vindeiro martes, a CIG anuncia a convocatoria de concentracións nas sete cidades para o vindeiro día 20 de maio, coincidindo co debate, no Congreso dos deputados, das medidas presentadas polo presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero.

Xunto a iso e como organización sindical maioritaria no ámbito da administración, anuncia a convocatoria de folga para o día 2 de xuño, na área pública (Administración, Saúde e Ensino), e unha manifestación nacional, ese mesmo día, en Compostela.

A rolda de prensa producíase logo dunha xuntanza das executivas das federacións de Administración Pública, Saúde e Ensino, convocada para analizar as repercusións que as medidas presentadas o pasado mércores terán para os empregados e empregadas da área pública, pero tamén para o conxunto da clase traballadora.

Na súa comparecencia, Suso Seixo salientou a gravidade da situación e lembrou que a CIG xa manifestara as súas críticas por considerar que desde o goberno non se estaban a adoptar medidas dirixidas a frear a crise económica e que esta se saldara de forma positiva para a clase traballadora.

María do Carme López Santamariña, secretaria nacional da Federación de Administración Pública, salientou a necesidade de que se dea a “máis contundente contestación” a estas medidas e fixo un chamamento á unidade sindical para que isto sexa posíbel.

A este respecto, Seixo subliñou que “queremos unidade sindical para que desde Galiza se dea unha resposta conxunta a estas políticas” e fixo un chamamento á reflexión a CCOO e UGT para que esa resposta non se cinxa á función pública, porque tamén supón unha redución nas prestacións sociais, nomeadamente nas pensións.

O secretario xeral da CIG alertou ademais de que a estas medidas vaise sumar a reforma laboral anunciada que terá, segundo explicou, características similares no ámbito privado porque se vai tomar a redución salarial no sector público como referente, ademais de incluír medidas como o abaratamento do despedimento ou unha maior flexibilidade do mercado laboral, entre outras.

Suso Seixo denunciou tamén que, en troques de aplicar políticas encamiñadas a incrementar o investimento público de carácter produtivo e o gasto social para contribuír a reactivar a economía; a controlar a  economía especulativa e o capital financeiro; encetar unha reforma fiscal incrementando os impostos directos sobre as rendas máis altas e sobre o capital; recuperar o imposto de patrimonio; eliminar os paraísos fiscais ou combater a fraude fiscal, o goberno apostou por medidas antisociais facendo recaer o custo da crise sobre a clase traballadora.

En contraste con isto, salientou os elevados beneficios da banca europea durante o ano 2009, que ascenderon a 50.000 millóns de euros de euros e mesmo denunciou que en plena crise as grandes empresas españolas chegaron a repartir 32.000 millóns de euros de dividendos, grazas aos beneficios acumulados durante ese mesmo período.

Por iso, afirmou que quen está a dirixir a política económica nos estados é o capital especulativo e denunciou a covardía dos estados, incapaces de abordar políticas que camiñen cara un cambio de modelo.

 
Mobilizacións pola Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 14 Maio 2010 08:01
Onte levaronse a cabo dúas mobilizacións máis en defensa da sanidade pública. A primeira delas, pola mañá, diante do Hospital Comarcal Valdeorras, unha concentración de traballadores que protestaba polo intento de implantar un proxecto piloto de gardas de radioloxía "mancomunadas" entre os centros de O Barco, Verín e Monforte, o que deixaría a estes centros en certos días sen radiólog@ de presenza. Este proxecto, xunto coas deficiencias que non se subsanan en outros servizos sanitarios, enmárcanse na tentativa da Consellería de Sanidade de suprimir as competencias das actuais áreas sanitarias, para facer unha entidade de xestión sanitaria provincial, coas consecuencias negativas que traería consigo para a poboación das áreas periféricas.

A noticia na Región.

De similar cariz eran as reivindicacións da grande manifestación que se levou a cabo onte en Monforte. Miles de persoas sairon ás rúas para reivindicar unha área sanitaria forte, con plenas competencias e sen dependencia orgánica de Lugo. O rotundo éxito da mobilización debería facer pensar ás "cabezas pensantes" da Consellería e do PP de que a poboación destas áreas non vai permitir que se xogue coa súa saúde.

Noticia no Xornal.

Noticia na Voz.

Noticia no Progreso.

monforte

 

Sanidade Pública Digna e de Calidade! Non ao negocio coa saúde!
 
O galego, o noso existir Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Xoves, 13 Maio 2010 10:33

A Plataforma QUEREMOS GALEGO! Valdeorras convida a toda a poboacion a que festexe connosco o dia 17 de maio, nunha celebracion que e, ao mesmo 17_de_maio_cartaztempo, ludica e reivindicativa, de amor e de denuncia.

O idioma galego e, para a inmensa maioria dos galegos e galegas, un patrimonio propio, unico, e insustituibel. Sentimos o galego como algo noso,  independentemente da lingua que empreguemos no noso dia a dia. E a nosa creacion mais valiosa e pertencenos.

Poucas dubidas hai de que se Galiza ten hoxe un certo grao de autogoberno cunhas institucions propias e, nunha parte fundamental, debido a termos unha lingua e unha cultura propias.

Lamentabelmente, desde hai un ano, temos un presidente e un goberno da Xunta que parecen non decatarse de que se estan ai e grazas a termos un idioma de noso. Incumpren de forma incivica o mandato estatutario de promover o galego e andan as patadas con el. O mellor exemplo desta politica tan lesiva e o decretazo contra o galego, que, por exemplo, varre a nosa lingua da educacion infantil nas cidades e prohibe ao profesorado o seu uso nas materias do ambito  cientificotecnico.

A sociedade galega esta a responder mobilizandose contra a extincion da nosa lingua e reclamando as institucions que cumpran coa sua obriga de promovela, para garantir a igualdade de conecemento, a igualdade de dereitos e a igualdade de oportunidades.

A Plataforma QUEREMOS GALEGO! chama con ese obxectivo a mobilizacion social o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras, nunha manifestacion que partira as 12 hs da Alameda de Santiago de Compostela e se fechara na Praza do Obradoiro.

Ademais, QUEREMOS GALEGO! anima ao conxunto da cidadania a que apoie coa sua sinatura unha proposicion de lei de garantia dos dereitos linguisticos, para o que anuncia en Valdeorras a colocacion dunha mesa de recollida de sinaturas o pŕoximo sábado, día 15 de maio, a partir das 19 hs, no Paseo do Malecón do Barco (zona parques infantis).

Asemade, e para facilitar a participacion na manifestacion do luns dia 17, QUEREMOS GALEGO! Valdeorras pon a disposicion de quen o precisar, un autobús que partira o propio dia 17 de maio ás 8:30 hs desde a Praza do Concello do Barco, facendo paradas onde for preciso. Para reservar praza no autobus so hai que chamar ao telefono 690 76 82 95.

Animamos a todo o mundo a participar, festexando e defendendo a lingua, porque O GALEGO, é O NOSO EXISTIR.

 
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info