CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Xaneiro 2020  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
    1  2  3  4  5
  6  7  8  9101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Frase pra baixar os modulos en firefox

Actualidade
INFORMACIÓN MESA SECTORIAL 3 DE XUÑO 2014 Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 04 Xuño 2014 18:43

INFORMACIÓN COMPLETA, PREME AQUÍ 

Temas incluídos na Orde do día:

 

1.- Procesos de integración no réxime estatutario.

2.- Procesos de provisión

              a.- OPE de FEAS e MUH en curso. 

              b.- OPE persoal de enfermaría e de médicas/os de familia.

              c.- Traslados de persoal sanitario que están en proceso.

              d. Convocatoria de traslados do persoal de xestión e servizo.

 3.-Computo de Xorada.

4. Especialidades de Enfermaría.

5.- Reordenación de actividade no período estival: peche de camas.

6.- Estratificación poboacional por risco.

7.- Rogos e preguntas.

 
Afíliate: con máis CIG ti es máis forte! Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 02 Xuño 2014 11:58

A central pon en marcha unha campaña de afiliación para consolidar e ampliar a capacidade de resposta
A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. [DESCARGA ABAIXO A FICHA DE AFILIACIÓN]
ImaxeCampanhaAfiliacionCIG

Faise preciso incrementar a base afiliativa e reforzar a presenza da CIG nos centros de traballo se queremos avanzar cara a nunha saída á crise favorábel para a clase traballadora galega. Sendo máis afiliados e afiliadas na CIG temos máis forza para combater as reformas laborais, os recortes e perdas de dereitos, a destrución de emprego, o empobrecemento dos salarios, o retroceso nas condicións laborais, etc.

Canta máis CIG, canta máis e mellor organización, máis capacidade de organización para loitar, e polo tanto, máis capacidade de camiñar cara a soberanía nacional de Galiza como expresión da consecución dos obxectivos de emancipación da clase obreira galega.

Con esta campaña de afiliación reforzamos a nosa independencia económica como única forma de garantir o proxecto sindical da CIG, que dende o seu nacemento dá unha resposta combativa e representa unha alternativa real ao capitalismo. A independencia económica permitiunos ser o que somos e manter a coherencia na defensa da clase traballadora galega. 

Servizos de apoio á acción sindical 

Para apoio da nosa acción sindical e para unha mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega, creamos todo un conxunto de servizos e mecanismos que podemos resumir nos seguintes:

-O departamento de servizos xurídicos, que cobre todo tipo de asesoramento e defensa en casos de despedimentos, reclamación de cantidades, vacacións, xornada laboral, pensións, prestacións por desemprego, etc, sendo totalmente gratuíto este servizo a partir de levar cinco anos afiliado/a. 

-Os departamentos de asesoramento económico, laboral e de igualdade, que cobren todo tipo de asesoramento en materia de informes para ERES, descolgues de convenios, economía social, plans e políticas de igualdade e conciliación, informes sobre novas ordes, decretos ou leis, etc. Totalmente gratuíto.

-O departamento de formación profesional, que a través dun convenio coa fundación FORGA leva anos impartindo cursos de formación, nos nosos propios centros, nos que se formaron miles de traballadores/as, con fondos públicos e de forma totalmente gratuíta.

-O Plan de Axuda Alimentaria Solidario da CIG, creado nos últimos tempos coas achegas solidarias da afiliación para dar apoio a todos aqueles afiliados/as que como consecuencia da crise teñen dificultades para poder cubrir as necesidades máis básicas de alimentación. Somos a única central sindical en Galiza que temos operativo este servizo de axuda á afiliación. 

-A Caixa de Resistencia, de apoio en caso de folga, posibilitando que os afiliados/as, que levan máis de tres meses de afiliación á central sindical, poidan cobrar até o equivalente do salario mínimo interprofesional, a partir do cuarto día de folga, este incluído, compensando así unha parte importante do salario perdido como consecuencia da folga. Este mecanismo tenlle servido até hoxe a moitos compañeiros/as afiliados/as para aguantaren a folga na súa empresa e permitirlle así gañar o conflito fronte á patronal. Somos a única central sindical en Galiza que temos operativo este servizo de apoio á afiliación. 

Para informarte e afiliarte 

-Ponte en contacto coa representación sindical da CIG na túa empresa.

-Chama por teléfono ou envía un correo electrónico ao local da CIG máis próximo ao teu enderezo.

-Descarga a folla de afiliación da páxina web da CIG, cúbrea e envíaa ao local da CIG ou entrégalla á representación sindical da CIG no teu centro de traballo.

Documentos
Descarga a ficha de afiliación
Tríptico informativo da campaña
 
FACERES E DESFACERES DA "NOSA" XERENCIA Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 26 Maio 2014 09:31

  

   Á xerenta do hospital comarcal valdeorras moléstanlle os sindicatos, o primeiro día que

se reuniu connosco xa nos dixo que as protestas facíanse fóra do centro de traballo, na folga de

decembro non quería deixarnos poñer carteis polas paredes e o último é que, na última concentración,

non nos deixou usar a megafonía do hospital para avisar aos traballadores, cousa que nunca pasara.

A ela, aos seus métodos e á súa intención de acalarnos vai dedicado este poema.

Cal dona e señora dun castelo feudal
Pasea dona Guillermina por todo o hospital

Practica o seu don de mando e a sua loable integridade 
Aínda que case todo é falso
Porque mente máis que fala 
Ou non iamos ter TAC de verdade??

Organiza e desorganiza os servizos por doquier
e non lle pregunta a ninguén!! que sabe o pobre traballador
do que ten que facer??

Logo vén Eloína dende a capital
E intégranos e dinos que oh! marabilla
“Seremos todos igual”

Aínda que a realidade é outra e é que non mandan…recortan
E lévanse os especialistas e diminúen persoal

E privatizan servizos e as camas gustalles pechar…pero coidado!!
Que elas defenden o público!!! Pero só polo calado

Eso xa vemos como está demostrado
E non contenta con mentir, desorganizar, consentir e recortar
Agora tamén pretende facernos calar

Pero non somos vasallos nin o seremos xamais
E malia vostede e todos os demais
A CIG estivo, está e estará!!!

 
DEITAMONOS DE NOVO O 21 Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 19 Maio 2014 11:04

MÉRCORES, 21 DE MAIO

CONCENTRACIÓN
 (DEITADA)

 por unha sanidade pública, universal e gratuíta

 

Durante os meses de verán vanse pechar centos de camas e mesmo unidades enteiras nos hospitais. Do mesmo xeito, o SERGAS vai pechar axendas de Atención Primaria. Todo isto vai provocar un grave deterioro da calidade asistencial, con colapsos dos servizos de urxencias e un grande aumento das listas de espera, ademais dun maior paro no sector.

Non podemos consentilo!

Llamada rectangular redondeada:  
LUGAR:
           ENTRADA PRINCIPAL
HORA:       13:30

  

 

 

   

 

 Convocan:

      

 
Publicación baremación provisional das listas de contratación de Médicos/as do 061 Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 15 Maio 2014 11:56

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as das categorías de Médico/a Coordinador do 061 e Médico/a Asistencial do 061, así como a baremación provisional destas listas.

  • RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas categorías de médico/a coordinador/a do 061 e médico/a asistencial do 061. Descargar PDF 

Ábrense prazos:

* contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

* as persoas interesadas, con respecto aos resultados de baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias en xestión do persoal, no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

postcategoryiconCategoría: Contratacións / Noticias
 
Horas Electorais Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 08 Maio 2014 11:13
Instrucción do SERGAS para a petición de horas para as vindeiras eleccións europeas.
  • ORDE do 28 de abril de 2014 pola que se regula o exercicio de dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións ao Parlamento Europeo convocadas para o día 25 de maio de 2014 polo Real decreto 213/2014, do 31 de marzo. Descargar PDF 
 
LEI DE MUTUAS Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 15 Abril 2014 10:21

Las clínicas privadas cargan también contra la Ley de Mutuas

Los inspectores denuncian la 'venta' de las historias clínicas al INSS. Temen que las entidades se 'coman' los conciertos con la privada.

 La Federación Nacional e Clínicas Privadas (FNCP) ha expresado su preocupación por el borrador de la futura Ley de Mutuas (todavía pendiente de aprobación en Consejo de Ministros), que permitirá a las mutuas colaborar con la sanidad pública asumiendo pruebas y tratamientos que ésta les encomiende. Según denuncia la FNCP se trata de una medida "gravemente lesiva", ya que dejará que éstas realicen tareas asistenciales "sin acudir a una vía de concurso en concurrencia con otros centros sanitarios privados. Es más, este concurso no sería en condiciones de igualdad, pues las mutuas seguirán disfrutando de exención tributaria absoluta", al contrario que las clínicas privadas. La FNCP critica también que la futura ley autorice a las mutuas a contratar asistencia con entidades aseguradoras privadas, porque "esto significa introducir más de 400 centros sanitarios en el mercado de la provisión sanitaria privada, centros que además están amortizados en su mayoría vía cuotas y dadas sus ventajas legales, y la libre competencia resultará muy perjudicada". Por ello, afirma que "las mutuas son un eficaz medio de gestión de prestaciones de Seguridad Social, pero en ningún caso deben convertirse en una prolongación de la sanidad pública".

Mala gestión de la IT
Las críticas de la FNCP han coincidido casi en el tiempo con el informe del Tribunal de Cuentas sobre la gestión de la incapacidad temporal (IT), que ha destapado graves deficiencias en la gestión económica (no en la sanitaria) de la IT que han permitido el pago de casi 350.000 bajas laborales sin tener parte de baja médica documentado. El citado informe recomienda precisamente agilizar trámites para que las mutuas puedan prestar asistencia sanitaria, en contra de la advertencia de las clínicas privadas.

José María Morán, vicepresidente de la Federación de Asociaciones de Inspección de Servicios Sanitarios (Faiss), explica que el informe del Tribunal de Cuentas constata que "existen evidentes pruebas de mala gestión y de falta de control en los pagos de las prestaciones por IT, pero parece que se descarga la culpa en la Seguridad Social en su conjunto, cuando más del 75 por ciento de la gestión de estos procesos compete a las mutuas".

Desde Faiss se destaca sin embargo otra cuestión que refleja el informe, que entronca de lleno con el temor expresado por las clínicas privadas por el mayor protagonismo que tendrán las mutuas en la asistencia. Según Faiss, el informe del_Tribunal de Cuentas muestra cómo "se ha consolidado la venta de las historias clínicas de los trabajadores al INSS (y presumiblemente pronto a las mutuas) con la excusa del control de la IT". Con estas palabras Faiss hace referencia a los pagos que el INSS hace a las autonomías en función del cumplimiento de algunos objetivos y entre los que figura el citado acceso a las historias. Según Faiss, "si el hecho nos parece lamentable, el precio nos parece más ridículo aún, pues teniendo en cuenta que los pagos supusieron de media anual 12,3 millones y que en las estadísticas de la SS_había 17,1 millones de afiliados, el precio de venta anual de cada historia clínica es de 0,72 euros". El problema, según detalla Faiss es que esta venta se realiza de momento al INSS, pero con la futura ley se hará a las mutuas, que, a su vez, podrán contratar con aseguradoras, lo que permitiría, de facto, la venta de historias clínicas a las aseguradoras sanitarias.

Formación

Los convenios para mejorar la IT siguen dando de qué hablar. La Audiencia Nacional tumbó en enero (ver DM del 24-I-2014) los incentivos a la concesión de altas y el Tribunal de Cuentas ha criticado ahora el reparto arbitrario de las ayudas a formación en IT.

 
ACLARANDO DÚBIDAS SOBRE A PAGA EXTRA Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 10 Abril 2014 12:11

Eperando poder aclarar as dúbidas surdidas sobre a reclamación da paga extra do 2012 e agradecendo as/os compañeiros da comarca de Lugo o cadro/resumo enviado.

imaxe_paga_extra

 
A nova executiva de CIG-Saúde Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 07 Abril 2014 10:36

María Xosé Abuín, reelixida Secretaria Nacional no VI Congreso da CIG-Saúde

Abuín e Seixo chaman á fortalecer a organización para acadar unha mellor defensa da sanidade pública e dos dereitos da maioría social
O VI Congreso da CIG-Saúde reelixiu este domingo a María Xosé Abuín como Secretaria Nacional, con 70 votos a favor, 24 en branco e dous nulos, sendo a única candidatura presentada. No proceso tamén se elixiu á nova Executiva Federal e as/aos membros que formarán parte do Consello Confederal. O VI Congreso rematou coas intervencións de Abuín e Xesús Seixo, que chamaron a pular polo fortalecemento da base social da nosa organización para combater de xeito efectivo ás políticas neoliberais de recortes e desmantelamento do público.
A nova Executiva da CIG-Saúde.

Galería de imaxes

A candidatura para a nova Executiva Federal (tamén encabezada por María Xosé Abuín) obtivo 76 votos a favor, 18 en branco e dous votos nulos, quedando configurada do seguinte xeito:

-María Xosé Abuín Álvarez

- Carme Aira Díaz

-Manuel González Moreira

-Susana Méndez Rodríguez

-Xoana Zamudio Cutrín

-Víctor Vila López

-Ana Lestón Gallardo

-Mª Áurea Rodríguez Blanco

-Víctor Acuña Mella

Os membros elixidos pola Federación de Saúde para formar parte do Consello Confederal (74 a favor, 21 en branco e un nulo) son:

-Susana Méndez Rodríguez

-Xermán Rouco Llanderrozas

-Xosé Manuel Marcote Baña

Intervención da Secretaria Nacional

A reelixida Secretaria Federal, María Xosé Abuín, foi a encargada de clausurar o VI Congreso, salientando que fica patente que a CIG-Saúde é unha organización viva,”onde as discrepancias construtivas reforzan o noso posicionamento e ideario sindical, facéndonos cada día máis fortes no noso traballo sindical”.

Unha situación, matizou, que permite á Federación afrontar os retos que se presentan tanto na defensa do sistema sanitario público como dos dereitos sociais e laborais que nos pertencen. Por iso, instou a, nos próximos catro anos, “seguir a fortalecer a organización, para facela máis participativa, para fomentar o debate, para que todas e todos nos sintamos militantes do mesmo proxecto”.

A este respecto, Abuín subliñou a importancia de fortalecérmonos como organización para que as traballadoras e os traballadores vexan na CIG un sindicato que non só defende os intereses laborais, senón que, co conxunto da cidadanía, segue a loitar por unha sociedade máis xusta e máis igualitaria, “na que non teñen cabida esas políticas neoliberais que ao único que conducen é a pobreza, á exclusión e a desigualdade”.

Seixo chama a ampliar a base social da CIG

Nesta mesma liña tamén se enmarcou a intervención do Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, no acto de clausura do proceso congresual. Seixo asegurou que no actual contexto, a CIG ten que cumprir un papel fundamental na sociedade: aglutinar forzas non só para que evitar que nos sigan roubando os dereitos conquistados, senón para recuperar algúns dos dereitos que xa nos retiraron a través das contrarreformas sucesivas impostas.

Para isto, resulta fundamental agrandar “a nosa base social, o espazo de incidencia da nosa organización a nivel sindical”, tanto no referido á representación nos centros de traballo como no medre da afiliación. Haberá, xa que logo, sinalou, reforzar o traballo de cara ao próximo período concentrado de eleccións sindicais. “Temos moitas posibilidades de situarnos como primeira forza sindical en Galiza, aínda sendo conscientes de que a CIG vai ser moi agredida por parte do poder”, pois a central nacionalista mantén a súa independencia dende o punto de vista económico e político.

No tocante á afiliación, o Secretario Xeral animou a traballar por incrementar o número de afiliadas e afiliados (a CIG é a primeira central sindical neste aspecto, con arredor de 70.000 afiliados/as), para estar nas mellores condicións no enfrontamento coa patronal. “É fundamental mellorar o nosos métodos de traballo e agrandar a nosa base afiliativa. Esa será a mellor defensa contra os ataques do poder”, aseverou.

Abundando nesta cuestión, Seixo insistiu en que a conxuntura actual non se vai poder  mudar a curto prazo, hai que dar a batalla para ir recuperando dereitos que nos están a roubar. Mais tamén tendo presente que todos os dereitos que hoxe temos non viñeron regalados. “A clase traballadora foinos conquistando tras moitos anos de loita, pasando por momentos realmente moi difíciles, e a través da solidariedade, da organización e da nosa loita conseguimos ir superando e mellorando os nosos dereitos e a calidade de vida. E non ter por que ser distinto nas actuais circunstancias”, animou.

Por esta razón, chamou a non asimilar o discurso do gran capital referido a que non hai alternativas ás políticas de recortes. “Hai outras saídas, pero para iso é necesario gobernar en función dos intereses da maioría social e non dos intereses dunha minoría: a oligarquía financeira, que é para quen goberna nestes momentos o Partido Popular”. Será preciso, entón, mudar tamén a correlación de forzas no ámbito das institucións políticas.

Modificacións estatutarias

Previamente á presentación de candidaturas e votacións, os congresistas e as congresistas debateron votaron as modificacións estatutarias propostas e as emendas presentadas ás mesmas. Os novos estatutos foron aprobados con 77 votos a favor, un en contra e 14 abstencións, sendo rexeitada a proposta de constituír como novo órgano o Secretariado Federal.

Resolucións aprobadas polo VI Congreso

O VI Congreso da CIG-Saúde tamén aprobou resolucións en solidariedade coa loita dos traballadores e traballadoras de Asfedro, contra a privatización da IT, pola defensa da nosa lingua, e polo dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo.

Mencións a compañeiras e compañeiros

Durante a clausura do Congreso fíxose mención especial á compañeira Paca da Coruña, e Elvira Iglesias, recentemente xubiladas, polo traballo realizado durante moitos anos na central sindical. Así mesmo, tamén se salientou a labor dos membros da anterior Executiva que non repiten.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info