CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Setembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Frase pra baixar os modulos en firefox

Lingua e Cultura
Un policía ameaza a unha andaluza por usar o galego Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Luns, 26 Xullo 2010 11:07
Noticia extraída de el pais.

Estaba na Alameda de Compostela e quería chegar á praza de Pescadería Vella. Ao cruzar no semáforo da entrada ao casco histórico na noite do sábado, en plenas festas do Apóstolo, unha xornalista do PAÍS, andaluza, preguntou a unha señora por onde tiña que ir usando o nome oficial do lugar, en galego. Fíxoo á beira dun grupo de independentistas que se concentraban pacíficamente, rodeados por decenas de axentes da Policía Nacional. Un antidisturbio agarrouna do brazo: ""Aquí no hay nada que se llame Pescadería Vella, se llama Pescadería Vieja. Tú, que eres de fuera, deberías saberlo",", reprendeulle. Acto seguido espetoulle: "Corre, no vaya ser que te demos unas hostias". Foi antes de que os antidisturbios comezasen a cargar contra os concentrados.
 
para mariñeiros, nós Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Venres, 23 Xullo 2010 09:57
Un pouco de humor galego non fai dano e axuda a eliminar o stres.


 
Cortexo cívico-reivindicativo Rosalía de Castro Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Martes, 13 Xullo 2010 12:02
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) coordina e convoca para este xoves 15 de xullo un cortexo cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, acto que tivo lugar o 25 de maio de 1891, e para que se garanta o acceso ao Panteón dos Galegos Ilustres.

O acto conta co apoio e colaboración de máis de 200 entidades e colectivos culturais de todo o país.

Un tren, identificado como "Follas Novas", partirá da estación da Matanza, a carón da casa de Rosalía, o xoves día 15 de xullo, para facer o traxecto Padrón-Compostela. Previamente, haberá unha concentración na colexiata de Santa María de Iria, no cemiterio de Adina, onde o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, informará do sentido dos actos, á vez que se lerá un poema de Rosalía de Castro.

Na estación de Compostela agardará a comitiva restante, actuando a banda municipal de Santiago. Despois, o cortexo sairá pola rúa do Hórreo cara á Praza do Toural, primeira parada da comitiva, onde haberá unha lectura de tres poemas de Cantares Gallegos (“A gaita gallega”, “Castellanos de Castilla” e “Eu cantar, cantar, cantei”), para continuar pola Praza da Universidade e pola Praza de Cervantes, onde se lerán outros poemas de Rosalía.

Finalmente, en San Domingos de Bonaval celebrarase unha audición do Ángelus, de Massenet, e unha lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións do diversos grupos musicais e artistas participantes, para rematar o acto coa lectura dun comunicado reivindicativo da figura de Rosalía de Castro, no día en que se fan 125 anos da súa morte acontecida o 15 de xullo de 1885, e para que se garanta o acceso ao Panteón dos Galegos Ilustres, unha vez coñecida a intención do Arcebispado de Santiago de Compostela de pechar as súas portas, despois dun litixio que lle outorga a titularidade do panteón á Igrexa.

 

Podedes obter máis información sobre as actividades na páxina web da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

 

Parécenos sumamente importante, neste ano que se conmemora o 125 aniversario da morte de Rosalía, a participación nestes actos lúdicos e á vez de reivindicación, non só da apertura do Panteón de Galegos Ilustres, senón tamén da figura de Rosalía de Castro, deturpada históricamente como esa muller chorona que escribía poemas intimistas, cando na realidade é a nosa poeta nacional, avangarda no seu momento da denuncia da situación da muller e da situación de Galiza.

  

Animámosvos a participar este xoves no cortexo cívico-reivindicativo.

 
sos Courel: o vídeo mais visto Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Venres, 09 Xullo 2010 10:13
artigo extraído de vieiros

ÉXITO DE DIFUSIÓN

'Axuda urxente para o Courel', o vídeo máis visto no youtube

Á montaxe ideada por Raquel González Gamallo e con música de Luar na Lubre xa superou o millón de visitas na rede.

“Aínda hoxe queda xente que sabe sentir a terra, queda aínda quen comprenda canto pode aprender dela”. Os versos da canción 'Terra' de Luar na Lubre cobran unha nova dimensión logo do éxito de difusión do vídeo 'Axuda urxente para o Courel', que xa sumou máis dun millón de visitas no youtube, a principal páxina de reprodución de vídeos na rede.

Logo de que máis dun millón de persoas picasen no play desta montaxe audiovisual, xa se converteu no primeiro vídeo galego en acadar tal cifra e practicamente duplica as visitas dos seus inmediatos seguidores ('Bailaré sobre tu tumba', de Siniestro Total; 'Me pica un...' tamén de Siniestro; ou 'Canto de andar' de Luar na Lubre').

Montado por Raquel González Gamallo, veciña de Vigo mais con avós da Serra do Courel (no concello de Quiroga), o vídeo acompaña con imaxes do Courel o tema “Terra” de Luar na Lubre, que tamén foi escrito pola propia González Gamallo. Foi subido á rede en maio de 2007 e tiña por obxecto acadar a máxima difusión posíbel, para “dar a coñecer ao Mundo o que no Courel está acontecendo”, en referencia ás continuas agresións que, daquela e agora, sofre o Parque Natural a xeito de canteiras, louseiras, eólicas, hidroeléctricas e demais industrias que pouco respecto amosaron, ao longo dos tempos, por un dos espazos naturais de maior beleza paisaxística de Galiza.

A iniciativa, apoiada por diferentes colectivos como SOS Courel, Verdegaia, Arredemo, Ecotono, Amigos da Terra, Adega ou a Federación Ecoloxista Galega, confirmou así o seu éxito e esta grande difusión e, nas palabras dun dos seus voceiros, Orlando Gregorio Álvarez “fixo inútil o intento de políticos corruptos, infiltrados en todas as administracións, de xustificar ou ocultar o abuso e a destrución ociosa dunha terra de valor incalculábel”.

 
Escrito para entregar para garantir o dereito á educación en galego Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Mércores, 23 Xuño 2010 09:10

Queremos Galego iniciou unha campaña para que aquelas persoas que tendes fillos/as en Educación Infantil poidades cubrir os vosos datos neste formulario e o enviedes á Plataforma, que remitirá todos os que cheguen á Consellaría de Educación. Deixámosvos aqui a explicación da campaña. Podedes descargar e difundir o formulario.

 

paradrapopESCRITO PARA ENTREGAR COMO NAI/PAI/TITOR-A DUN NENO OU DUNHA NENA NA EDUCACIÓN INFANTIL, PARA GARANTIR O DEREITO Á EDUCACIÓN EN GALEGO

A Xunta aprobou, a pesar do rexeitamento da comunidade educativa, un novo decreto que, entre outros problemas, non garante que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino en galego na etapa de infantil.

Esta norma foi promulgada de forma unilateral, sen ter en conta a opinión de sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de nais e pais, institucións culturais como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, ou un informe de altísimo nivel xurídico do Consello Consultivo. Este último organismo advertiu á Xunta de que este decreto conculca dereitos na educación infantil.

Que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino na lingua propia até que faga os seis anos de idade é unha situación que non se produce en ningunha outra comunidade do Estado español e que leva o galego a unha situación preautonómica, alén de conculcar o dereito a un ensino igualitario e de calidade.

Por iso, desde Queremos Galego animamos a todas as nais, pais ou titoras e titores de nenas e nenos na etapa de educación infantil a que cubran o formulario e o remita ao enderezo da nosa plataforma cívica: Queremos Galego, Rúa do Vilar, 15 – 1º dereita, 15705 Santiago de Compostela.

Desde Queremos Galego entregaremos todos os escritos (que serán compilados de acordo coa Lei de protección de datos) no rexistro da Xunta, dirixidos ao Conselleiro de Educación, e achegarémoslle tamén as copias correspondentes a cada centro de ensino á dirección do mesmo, para que teñan constancia.

Este documento está pensado para todas as familias que, falen galego ou castelán, desexen que o seu fillo ou a súa filla teña as garantías para unha educación en galego. Subliñamos isto porque o actual decreto non só dificulta que unha familia falante de galego poida ter ensino neste idioma para o seu fillo/a, senón que imposibilita que un neno dunha familia falante de castelán poida adquirir competencias comunicativas en galego.

Ademais pedimos a todas as nais pais que respondan á pregunta formulada pola Consellaría de Educación: EN GALEGO. A pregunta está formulada de tal xeito que non se quere ter en conta en que lingua se quere escolarizar ás fillas e fillas senón en que lingua falan as nais e pais.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info