CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Abril 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
  1  2  3  4  5  6  7
  8  91011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
Frase pra baixar os modulos en firefox

Atención Primaria
o pp contra a ATENCION PRIMARIA Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Luns, 15 Abril 2019 14:22

Considera que “fixeron saltar polos aires” o acordo asinado o pasado 10 de abril

CIG-Saúde denuncia que a “soberbia” do PP e de Feijóo impide solucionar a problemática de Atención Primaria

Compostela, 11 de abril de 2019.- O pasado luns asinábase o acordo de negociación de todos os temas que se viñan denunciando, desde hai anos, referidos o deterioro de Atención Primaria. Un acordo polo que o SERGAS se comprometía, a través da Directora de Recursos Humanos -designada por eles-, a negociar en dúas mesas as demandas presentadas polo comité de folga. “Transcorridas menos de 24 horas xa fixeron saltar todo polos aires”, denuncia a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

Abuín explica que tan só un día despois da sinatura deste acordo desde o Presidente da Xunta, até o Xerente do SERGAS, pasando polo portavoz de Sanidade no Parlamento e mesmo o propio conselleiro de Sanidade, en comparecencia parlamentaria, retiraron publicamente o apoio ao acordo asinado no ámbito de negociación. “O PP non só desautoriza así á Directora de Recursos Humanos, senón que constata a súa indecencia política e o escaso, por non dicir nulo valor dos seus compromisos, que xa non se sustentan sequera en campaña electoral”, denuncia a secretaria nacional de CIG-Saúde.

María Xosé Abuín lembra as manifestacións públicas de uns e outros e denuncia que mesmo chegaran a cualificar a plataforma de Primaria como un “chiringuito”; que manifestaran que xa tiñan asinado todo cos Colexios Profesionais e outros colectivos; que o conselleiro chegara a afirmar que o modelo de Primaria do PP xa era un modelo de éxito que non precisaba máis orzamento e que só ía dedicar 17,3 millóns de euros en dous anos; que a solución pasaba por facer campañas de información á cidadanía e por aumentar máis tecnoloxía na Atención Primaria. “Isto quere dicir, nin máis nin menos, que o que pretenden é ampliar o negocio que agora está nos hospitais, tamén á primaria e que o único que farán, en todo caso, será redefinir algúns temas”.

A secretaria Nacional de CIG-Saúde considera “inadmisible” que xa antes de iniciarse a negociación do estudo de necesidades de persoal na atención primaria, que é un dos compromiso recollidos na acta, xa o conselleiro adiante en sede parlamentaria que non teñen a máis mínima intención de dotar o servizo de máis medios humanos, nin materiais, nin máis orzamento. Nin sequera de dotar á Primaria de capacidade resolutiva ou a creación dunha Xerencia. “Antes de cuantificar as necesidades reais xa anuncian o ridículo orzamento que van investir, o que é a proba máis evidente de que a súa intención era e é non facer nada”, denuncia Abuín.

Desde a CIG-Saúde “lamentamos o erro cometido ao confiar en que a consellaría de Sanidade e Feijóo ían cumprir o que a Directora de Recursos Humanos, que adoita respectar os compromisos que adquire e que dela dependen, nos estaba a transmitir. Estaba sendo utilizada e eles non tiveron sequera a decencia de asistir a ningunha reunión coa Plataforma”.

A CIG-Saúde lamenta, xa que logo, ter desconvocado a folga e terlle dado ese voto de confianza ao goberno do PP, que “sabemos que non é digno de tal”, afirma Abuín, quen anuncia que “imos convocar unha reunión da plataforma en breve para propor retomar a folga no mes de maio se o día 26 o SERGAS non trae á mesa sectorial as propostas para desenvolver os acordos acadados o 10 de abril. Estamos dispostas a incrementar a mobilización a todos os niveis”.

Para calquera aclaración podedes contactar con María Xosé Abuín no 662 312 958.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

 
nomeamento estatutario eventual de continuidade. Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 31 Xaneiro 2019 12:13

Servizo Galego de Saúde

  • RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a 
  • publicación das bases do nomeamento estatutario eventual de continuidade.

Descargar PDF

 
MANIFESTACION APOIO DEFENSA ATENCION PRIMARIA Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 21 Decembro 2018 14:51

              Captura.JPG_MANI_AP_VIGO

 
MANIFESTACION EN DEFENSA DA ATENCION PRIMARIA Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 21 Decembro 2018 14:47

             Bo día: o próximo día 27 de decembro, ás 20hs vaise celebrar unha manifestación en Vigo en defensa da

Atención Primaria, a devandita mani e o preludio das mobilizacións en todas as áreas da atención primaria, polo que

procede dar apoio desde todas as comarcas.

              Felices Festas  

 
FOLGA NOS PACs Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 04 Outubro 2018 16:38

Na reunión de representantes do colectivo de PACs coas Organizacións Sindicais presentes na Mesa Sectorial 28/09/2018 acordouse, por unanimidade, convocar folga os martes, venres e domingo a partires do 16 de outubro, durante 4 semanas comezando o 16 de octubro ata o 11 de novembro.

O ámbito da folga afectará a todo o persoal estatutario das categorías de Medicina de Familia e de Enfermería.

PUNTOS DA FOLGA:

  • Equipos completos de médico/enfermeiro en tódolos PACs.
  • Tempos de traballo do persoal conforme ás directivas europeas
  • Calqueira avaliación de “derivación hospitalaria” debe ser eliminada das listas de obxetivos xa que as derivacións non son opcionáis, seguen criterios médicos. Os ADX deben adecuarse ao traballo dos PACs.
  • A existencia de criterios obxetivos para a dotación de persoal nos PACs en base á carga asistencial, dispersión, distribución etaria, distancia ao hospital e número de mobilizacións polo 061 para garantir o dereito á asitencia sanitaria.
  • pago do 100% dos complementos de nocturnidade e festividade dende este momento e con carácter retroactivo dende o 2010.
  • Que non se aumente a xornada laboral efectiva das 1451 horasactuais. Calquera exceso de xornada debe ser voluntario, incentivado e por tramos.
  • Cómputo axeitado de Incapacidades Temporais e permisos retribuidos.
  • As asistencias a calquera reunión convocada dende as xerencias deben ser contabilizadas como xornada laboral.
  • As dietas dos domingos e festivos deben ser aboadas pola comida e pola cea.
  • Elaboración dos calendarios de quendas dando prioridade ao persoal propio de PAC ocupando o persoal voluntario os ocos.
  • Dotación de Equipos de Protección Individual a todo o persoalque traballa nos PACs, aínda que sexan persoal en formación ou ocasional.

Descargar convocatoria folga

 
LISTAS AUX.ADM.-CELADORES-PSX Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 16 Xaneiro 2014 12:52
  • Publicación listas provisionais de contratación varias categorías: RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías estatutarias de xestión e servizos. Descargar PDF
 
recortes e censura Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 11 Abril 2012 08:00

Onte mandamos ós medios de comunicación a nota de prensa de mais abaixo,, a deixaron reducida a un par de liñas, está claro que a prensa gáñase a pulso as subvenciois que reciben da Xunta.


amordazado

A sección sindical de CIG-Saúde área O Barco, quere informar á opinión pública da políca de recortes que está se está levando a cabo pola xerencia de xestión compartida e o seu obscorurantismo á hora de levar a cabo estes recortes, sen informar ó persoal nin á xunta de persoal,  isto non é mais que a execución a prazos da nosa sanidade como xa se denunciou dende a plataforma en defensa da sanidade , xunta de persoal e outras organización como a nosa.

Hai uns días a xunta de persoal denunciou que se estaban eliminando contratos na nosa área, tanto no HCV como en atención primaria, ademáis de cambiar as condicións de traballo de moito persoal sen comunicalo previamente como marca a lexislación.

Pois ben, agora hai que sumar a eliminación dun posto de traballo de persoal de xestión no centro de saúde de O Barco, hai que lembrar que a plantilla deste persoal xa contaba dende as oposición do ano pasado cunha persona menos e que 2 das vacantes estaban cubertas non con contrato de  vacantes senon deacumulacións de tarefas (contratos en precario), este centro de saúde conta ademáis cunha enfermeira menos dende hai uns meses como xa se denunciou dende a xunta de persoal hai uns días dende a Xunta de persoal.

O persoal de xestión do centro de saúde atópase polo tanto sobrepasado nas súas tarefas, que está empezando a notarse nos arquivos da historia clínica pero pouco a pouco pode repercutir de non dotarse con persoal suficiente na atención directa ós usuarios.

A “prima de risco” na atención sanitaria na nosa área de saúde chámase “área de xestión integrada” e ten á súa máxima exponente na súa Xerenta Eloina Núñez que coa súa política de recortes en materia de persoal e servizos acabará por convertir a nosa área ó que era hai 30 anos, cando ata as mulleres tiñan que ir a parir a Ourense e dende a nosa central sindical non o imos a permitir sen poñer oposición.

Hai que lembrar ademáis que a atención primaria desta área sanitaria debería estar xestionada pola xerente executiva de O Barco, según o decreto de área de xestión integrada, feito do que se desentende e é levada directamente dende Ourense o que supón un grave problema á hora de xestionar e organizar os recursos.

Pouco a pouco imos perdendo calidade asistencial, posto que non se pode dar a mesma atención con menos persoal e menos recursos, entendemos que vivimos tempos difíciles e hai que racionalizar o gasto, pero o que non se pode facer é cargarse a retalladas un servizo tan básico e esencial como é o da saidade pública; polo tanto esta sección sindical pide a dimisión de Eloina Núñez, así como da directora executiva da área de O Barco (mais preocupada por seguir as directrices do seu partido que por ofrecer unha sanidade de calidade, desatendendo as necesidades do centro que xestiona), por levarnos directos a una quebra sanitaria sen precedentes, pedimos ademáis que se revise e cambie o decreto de xestión integrada, para que dende a nosa área se tomen as decisións organizativas que nos afectan.

En O Barco a 10 de abril de 2012

 
mobilizaciois PACs Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 08 Febreiro 2012 09:38
A mobilización, convocada pola CIG, desenvolveuse en Santiago de Compostela por espazo dunha hora
Arredor de 150 traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe na concentración convocada pola CIG en Santiago de Compostela para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
2012 02 07 ProtestaSergasPACSantiago1
 
A protesta, na que participaron empregados/as dos PAC´s de todas as áreas sanitarias do país, desenvolveuse fronte á sede central do Sergas na capital galega entre as 11.00 e as 12.00 horas para reclamar o cumprimento dos acordos asinados polo departamento autonómico coas organizacións sindicais. CIG-Saúde considera prioritaria a defensa do emprego público, que se respecten os dereitos do persoal e que se fagan as contratacións a través das listas.

A CIG-Saúde demanda a inmediata convocatoria da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria. María Xosé Abuín, secretaria nacional da federación, reclama da administración “unha actitude negociadora para desbloquear esta situación e que non aconteza como na xuntanza anterior, á que chegaron coa negativa absoluta a abordar ningún dos problemas expostos”.

Abuín fai este chamamento ao SERGAS, logo de ter fracaso a anterior xuntanza coa administración, convocada a instancias da CIG e avalada coa sinatura de máis de 400 profesionais.

Con estas concentracións CIG-Saúde segue a reclamar:

1.- Cómputo de xornada. Reclamamos unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual na que se penaliza aos traballadores cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.

2.- Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadores e construídos con criterios de equidade. Neses calendarios, a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.

3.- Cumprimento da Acta do 16 de xuño. Na súa aplicación en cada área reclamamos que, de quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.

4.- Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións. Lembran que na área de Vigo, por exemplo, hai máis de 70 médicos nas listas.

Finalmente, advirten que esta situación está a provocar a precarización das condicións de traballo do persoal dos PAC's, “o que repercute moi negativamente no servizo prestado aos cidadáns”. 

A nova en Avantar.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info