CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Atención Primaria
escrito sección sindica CIG Saúde O Barco á Xerenta da área integrada Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 01 Febreiro 2012 18:57

DE: SECCION SINDICAL DA CIG DE O BARCO (ATENCION PRIMARIA)

A: DIRECTORA XERENTE DO AREA INTEGRADA DE OURENSE

 

Sra Directora Xerente: Como vostede sabe, estamos a realizar unha serie de mobilizacions para recordarlle que existimos, que temos problemas que veñen de longo, e que queremos que se solucionen.

Os problemas mais importantes resúmense en 4 puntos: 

 

dmopa) CÓMPUTO DE XORNADA: Reclamamos una interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para impedir a penalización dos traballador@s cando teñan unha IT, ou otros permisos retribuidos,(días por formación, días por defunción, etc.) convertíndonos en traballador@s de segunda con respecto as plantillas de Atención Especializada e ó resto de Atención Primaria.

 

b) CONFECCIÓN DE CALENDARIOS: Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación d@s traballador@s, con criterios de equidade, diferenciando a xornada ordinaria da complementaria, recollendo a xornada ordinaria do persoal de PAC (1430 h. anuais), e tódolos seus permisos (130 h. de vacacions + 63 h. de días de libre disposición. Total: 1623 h. / ano).

 

c) CUMPRIMENTO DO ACTA DO 16 DE XUÑO: De quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vínculo estable (obra e servizo), contratando a personal das listas de contratación e non ofertálas á voluntariedade. No PAC de O BARCO, estáse a dar unha circunstancia que afortunadamente, xa non se da en ningún outro sitio de Galicia:dous traballador@s teñen ,cada un ,1860 horas de voluntariedad. Esto nin é legal, nin ético. Vostede é a responsable de que esto cambie.

 

d) CONTRATACIÓN DE PERSOAL DAS LISTAS: Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacions. Con respecto a este punto, nas áreas de TRIVES, VIANA DO BOLO e O BARCO, este último ano nos PACs, só se contratou cando o personal de voluntariedad non podía máis, é decir, algún día puntualmente. Tódalas vacacions, ausencias, un contrato de promoción interna de seis meses de duración, foron cubertos por voluntariedade, HABENDO PERSOAS DISPONIBLES NAS LISTAS DE CONTRATACIÓN.

O personal facultativo ten dereito a desfrutar dos seus LDS cando os necesiten, contratando a sustitutos, sen depender de que os cubra algún compañeiro. O mesmo pasa nas suas vacacions: teñen que recuperar as gardas á volta, porque non se contrata.

A sua xestión está permitindo que mentras unhas persoas non traballan, outras reciben un sobresoldo, a veces, escandaloso. Con respecto ó personal facultativo sobre todo, cómo se ofertan contratos por días en vez de sustitucions por baixas (por ejemplo), este personal opta por traballar noutros países ou na privada, e atopámonos a veces, con que non só non hai sustitutos, senon que ademáis se lle denegan días ós que quedan traballando, porque non os poden sustituir.

 

ADEMÁIS:


a ) Os contenedores de seguridade non se recollen coa frecuencia que se debería e acumúlanse nas consultas indefinidamente. Solicitamos plans de xestión de residuos de Atención Primaria.

 

b) O material de seguridade para extracción de sangue, conseguímolo no hospital porque no catálogo de pedidos de AP nin figura.

 

c) Os locais onde traballamos, deben ser adecentados urxentemente.

 

d) Solicitamos informes de resultados da avaliación de riscos laborais e condicions de traballo nos PACs

 

e) Plans de emerxencias dos centros de traballo. f) adecuación das medidas de accesibilidad para minusválidos nos locais dos PACs. Por todo elo, solicitamos unha reunión coa Xunta de Personal para tratar de todos estes temas con vostede , e tamén , instamos ós responsables do SERGAS a convocar de novo á Mesa de Seguimento dos Acordos de Primaria, para solventar de unha vez por todas, estes problemas.

 

Sen máis, un cordial saúdo

 

En Ourense a 31 de xaneiro do 2012

 
INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DOS ACORDOS DE PRIMARIA 20-12-2011 Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 23 Decembro 2011 09:10

A Administración tivo o agasallo de Nadal de introducir na orde do día tódolos puntos propostos por CIG-Saúde, total para o que lle costou o agasallo....., non nos fixeron caso algún, seguen enrocados agardando a que dende Madrid nos poidan poñer aínda peor o panorama.

A orde do día era a seguinte:

1.- Cómputo de xornada

Nós seguimos mantendo, e verase proximamente , que o aplicativo vai traballar a favor do Sergas, ou sexa en contra do persoal sanitario de PACs, a administración insiste en que o aplicativo funciona correctamente; volve a teorizar sobre o cómputo de xornada e negándose a reabrir este tema, chegando a dicir que a vía administrativa ou a xudicial sería a única que dera ou quitara razóns. Dende CIG-Saúde lamentamos que a administración non entre en razóns e teña o valor de convocar unha reunión práctica e non teórica dos múltiples supostos que demostran que o aplicativo non é eficaz cando hai xornada complementaria, xa que os permisos regrados irán a cargo desa xornada complementaria e non terán a consideración de xornada neutra. Como sabe que temos razón non farán esa convocatoria e o persoal afectado terá que recorrer ao contencioso-administrativo a resolver o mal cálculo, e o que non reclame: ganancia para o Sergas.........

2.- Elaboración de calendarios de PAC

A través da recollida de sinaturas que se fixo entre traballadores e traballadoras de PAC co fin de conseguir esta reunión, CIG-Saúde detectou certo malestar no persoal pola elaboración dos calendarios, queixas para tódolos gustos según o PAC, a xerencia, a voluntariedade ou non voluntariedade... Nós esiximos que se cumpran os acordos en canto a elaboración dos calendarios, garachovepntindo inexcusablemente a xornada efectiva anual dos traballadores e traballadoras do PAC, a creación de postos de traballo coas horas de voluntariedade excedentes, a diferenciación no calendario do que é xornada ordinaria de PAC e o que é xornada complementaria co fin de clarexar o cómputo de xornada, solicitamos así mesmo que se faga unha instrucción ás xerencias para a elaboración correcta dos calendarios e os pasos a dar en caso de que non haxa acordo entre o persoal. A Administración dinos que agás algunha excepción tódalas xerencias teñen elaborados os calendarios co consenso de tódolos implicados/as, algúns ata finais de marzo de 2012 e outros ata primeiros de ano do 2013 contemplando nos casos en que era posible a cadencia de 1 traballado e 3 libranzas, que se presentarán ás comisións de centro antes de fin de ano e basicamente que está todo moi calmado, que non hai conflictividade ningunha  a pesares do difícil que é manter o equilibrio entre o persoal das unidades, dos PACs e o dos listados de contratación.

Resumindo “ o que non estea contento que se poña , e senón que reclame na comisión de centro que para eso están”.

 

3.- Cuestións da acta do 16 de xuño

Dende CIG-Saúde denunciamos que non se está a aplicar correctamente a acta do 16 de xuño de 2011 da comisión de seguimento dos acordos de primaria, xa que as xerencias están a permitir que o persoal de nova incorporación faga máis de 230 horas de voluntariedade, non se están a respectar os criterios de quén perde o dereito á voluntariedade, e o máis grave, que a bolsa de horas xerada non se está a utilizar para facer contratacións. Todos sabemos que a hora de traballo voluntaria costa, en xeral,  un 24% menos que a hora contratada por aquelo dos topes na cotización á seguridade social.

4.- Contratacións

Incúmprese o acordo sobre a orde de prelación na cobertura das ausencias :

.- Contratación a través das listas

.- Prolongación de xornada

.- Intersubstitución.

A administración substitúe estes criterios acordados polos de bloqueo das axendas e intersubstitución, despois de un longo debate sen argumentos por parte da administración, con alusión á crise económica, e á programación asistencial o que veñen a dicir é que a xerencia é a que determina a cobertura, como, cando e onde.

Denunciamos así mesmo a frecuencia coa que se están a facer contratos de xornada reducida para a cobertura de xornadas completas; ó igual que no punto anterior non poidemos arrancar un mínimo compromiso de arranxar isto, volven  repetir o mesmo argumentario de xestión, do momento económico....

Fin da reunión, como podedes comprobar o resultado da mesma foi nulo. Como non espabilemos córtannos as orellas e non laiamos, teñamos un medianamente bó Nadal e á volta témonos que pòñer a traballar para navegar pola marea azul.

 
agresiois continuas ó persoal do SERGAS Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 01 Decembro 2011 09:32

Levamos dun tempo a esta parte que as "agresiois" por parte da Administración o seu persoal vense incrementadas cada dia que pasa, baixo o paraguas da crise xustifican o inxustificable, mentres por outro lado siguen inxectando miles de millois de euros á aparato financiero que é quen nos meteu nela. 

toucellaÉ ademais o persoal temporal o que con maior  virulencia sofre este despropósito, á reducción de contratos, dun tempo a esta parte súmase o novo modelo de contratos a tempo parcial para cubrir xornadas completas, afecta sobre todo ó persoal de servizos xerais de atención primaria, pouco se corta o SERGAS en cubrir media xornada deixando a outra media ó persoal sanitario sen PSX e ós usuarios que en moitas ocasiois teñen que recorrer varios kilómetros para chegar ó centro de saúde, atópanse cando chegan a él con que non poden xestionar a tarxeta sanitaria por exemplo.

Esta nova modalidade de contratación, non nos engañemos, de permitila pronto afectará ó resto de persoal e podémonos ver a medio praza que a hora de atención de determinados centros de saúde pódese  ver reducida a una xonarda de 4 horas de atención ou menos, coa sua repercusión na OPE e os traslados, por non falar do mais importante, a atención ó usuario.

En centros como o de Trives, con un importante número de poboación o seu cargo, vanse cubrir as vacaciois da PSX, con este tipo de contrato lixo, é por iso que este colectivo vai a iniciar unha serie de mobilizaciois, (xa se están facendo noutros puntos de Galiza) en protesta por esta situación, en concreto o dia 13 de decembro vaise celebarar unha concentración da que daremos conta nuns dias, diante do centro de saúde, a CIG pola sua banda ademais de apoiar e invitar á participación de cantos actos protesta haxa, vai levar este tema á mesa sectorial do dia 15 e invita a todo o persoal a concentrarse ese mesmo dia en protesta por esta situación. diante das portas do SERGAS. 

Porque  ou tomamos conciencia do problema e actuamos en consecuencia ou sufriremos de xeonllos o que non soubemos defender de pe.

 
CIG-Saúde reclama o correcto cumprimento dos Acordos de PACs e unha reunión urxente da Comisión de Seguimento Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 30 Novembro 2011 11:11
Entrega no rexistro da consellaría de Sanidade 400 sinaturas de médicos/as e enfermeiros/as apoiando estas demandas

CIG-Saúde demandou, en rolda de prensa, o correcto cumprimento dos acordos de Puntos de Atención Continuada (PACs) e solicitou a reunión, con carácter urxente, da Comisión de Seguimento dos Acordos para tratar aspectos como cómputo de xornada; confección de calendarios; cumprimento da acta do 16 de xuño e contratación de persoal das listas. Antes da rolda de prensa presentou, no rexistro da consellaría de Sanidade, 400 sinaturas de médicas/os e enfermeiras/os sumándose a estas reclamacións.

María Xosé Abuín Alvarez, Secretaria Nacional de CIG-Saúde, Lois Méndez e Manuel G. Moreira, da Executiva Nacional de CIG-Saúde, acompañados de enfermeiras/os e médicas/os de PACs (dispositivos de urxencias de Atención Primaria), foron os encargados de explicar a situación na que se atopa, neste intre, o persoal destes centros e as súas demandas.

Así lembraron que, o 26 de outubro, a CIG-Saúde presentou por rexistro un escrito no que xa se solicitaba que, con carácter urxente, se reunira a Comisión de Seguimento dos Acordos. Diante da ausencia de resposta, CIG-Saúde puxo en marcha unha campaña de recollida de sinaturas á que se sumaron 400 médicos/as e enfermeiros/as de PACs, reiterando esta demanda.

A través deste escrito reclaman, no que respecta a cómputo de xornada, unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual, na que se penaliza aos traballadores/as cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.

Xunto a isto, demandan calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadoras/es construídos con criterios de equidade. Uns calendarios nos que entenden que “a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e todos os permisos”.

Respecto do cumprimento da Acta do 16 de xuño, na súa aplicación en cada área reclaman que, de quedar horas suficientes (1.623 horas anuais), se proceda á creación dun vínculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.

Do mesmo xeito exixen que se cumpran os apartados do acordo que estabelecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.

María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, afirma que os incumprimentos reiterados da administración respecto destes acordos está a dificultar un bo clima laboral que, entende, a administración debería ser a primeira interesada en favorecer para garantir a mellor calidade asistencial posíbel. “E máis na atención primaria, que é a porta de entrada ao sistema sanitario”.

Por iso CIG-Saúde reclama que alén de convocar á comisión de seguimento con carácter de urxencia, “para unificar criterios deben acudir a ela os responsábeis de todas as xerencias”.

A nova en Avantar.

 
agora non se poden pedir os sabados en AP de Ourense Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Luns, 31 Outubro 2011 12:51

A dirección de primaria de Ourense ven de enviar unha circular, pola que se restrinxe o desfrute de LDs en sábado, CIG-Saúde  O Barco considera inaceptable esta medida que vulnera unha vez mais os dereitos do persoal amparándose na crise.

 

Dende CIG-Saúde imos levar este tema a asesoría xurídica que unha vez faga informe desta nova agresión, convocaremos unha asemblea do persoal afectado para aprobar mobilizaciois ó respecto.

 

Porque xa é hora de plantarlles cara e decir BASTA.

 
comunicado de prensa Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 15 Xullo 2011 10:58

Aos Medios de comunicación.


Dende a sección sindical de CIG-Saúde O Barco, queremos denunciar a actitude da Dirección de Atención Primaria de Ourense, que non está contratando a practicamente ninguén este verán para cubrir vacacións e outras ausencias do persoal.

 

En concreto no PAC de O Barco as vacacións do persoal de enfermaría en vez de ser cubertas, por persoal de listas de contratación en paro, cóbrenas, profesionais dos centros de saúde da zona, co que mestres estes ven incrementadas as súas retribucións, o persoal de listas segue sen traballar.

Estes días ademais produciuse ademais a substitución dunha enfermeira que estará fora do PAC  de O Barco 2 meses e medio, este oco tamén se cubre con profesionais que están traballando e non con persoal de listas que están parados actualmente.

 

É paradóxico que nestes tempos de crise sexa a propia Administración a primeira en promocionar políticas activas de DESEMPREGO, incrementando o soldo duns en detrimento de xente que en moitas ocasións depende moito o seu salario e a súa experiencia laboral dos contratos que se xeneran por substitucións.

 

Pero non solo nos PACs hai problemas de cobertura de persoal. O persoal dos centros de saúde, sobre todo os de O Barco e A Rua ven moi mermada a súa plantilla estes meses pola non cobertura de persoal, o que ocasiona atrasos na atención ó usuario mais que evidentes e un malestar creciente entre os traballadores e traballadoras.

E non queda ahí a cousa, aínda encima o persoal está tendo problemas á hora de concedérselle os permisos perfectamente regulamentados, como as saídas a consultas médicas ou outros permisos como nas elecciois pasadas onde a algún negouselles as horas estipuladas por lei para poder votar.

A todo isto hai que sumar a non cobertura dun celador no centro de saúde de O Barco dende hai mais de 4 meses e a situación que padecen os PSXs do centro de saúde de A Rua, ós que nunca se substitúen ó igual que os da quenda de tarde do Centro de saúde de O Barco.

 

A sección sindical de CIG-Saúde O Barco empezamos a preguntarnos, se isto responde a unha política intencionada do Partido Popular de de deteriorar a sanidade pública ata o punto de dar paso a outro tipo de xestión, menos pública e mais discriminatoria na atención a poboación.

 

En o Barco a 15 de xullo de 2011

 
conflicto centro de saúde de O Barco Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 13 Maio 2011 10:59
Hoxe por fin pudémonos poñer en contacto coa dirección de atención primaria de Ourense e a verdade que o cambio de posturas da dirección foi constante.
Na primeira toma de contacto á primeira hora da mañá o director de xestión mantiña esta postura:
tou_pensando1
De momento non amortizar ningunha das 3 prazas (2 de auxiliar administrativo e outra de celador), pero tampouco se cubrirá como vacantes ningunha delas, farase un contrato ata o 31 de maio por acumulación de tarefas e ningunha das 3 se cubrirán como correspondería é decir como vacante, mais adiante cecais se cubra unha das prazas de auxiliar administrativo cunha comisión de servizo, e o luns 16 sólo habería 2 persoas de servizos xerais atendendo ó público.

Mais tarde chegounos o "rumor " de que se iba a contratar a unha persoa para o luns para que deste xeito houbera 3 persoas ese dia. pero seguía sen haber unha carta persoa o resto de tempo, polo que decidimos organizar unha sere de actos de protesta durante a semana que ven. xa elaboraramos o post comunicando destes actos cando se nos chamou e se nos dixo que poidera ser que houbera mais modificaciois n asuno, polo que nos puxemos en contacto co Director de Xestión que nos informa que van a contratar en principio por acumulación de tarefas as 2 prazas de auxiliar administrativo, á espera de ofertalas para o persoal en comisión de servizos, polo que despois serían xa cubertas cos contratos correspondentes de vacante, (como vedes cambiou o conto e moito da primeira á segunda entrevista). Trasladamos o que se nos dixo ó persoal afectado e acordamos de momento suspender as concentraciois e reparto de octavillas que tíñamos organizado para a semana que ven, pero manter a reunión de persoal o xoves ás 18 horas na sala de xuntas do centro de saúde de O Barco, onde conxuntamente co persoal estudiaremos se procede ou non levar medidas de presión, que hai que lembrar que a praza de celador vai quedar de momento sen cubrir.
 
prazas sen cubrir no centro de saúde de o Barco Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Xoves, 12 Maio 2011 16:31
csAta apenas hai pouco mais dun mes no centro de saúde de O Barco contaba cunha plantilla de persoal non sanitario de 1 celador, 2 auxiliares administrativos e 2 PSXs na quenda de mañá;  no concurso de traslados o celador e as duas persoas que ocupaban o posto de auxiliar administrativo obtiveron destino fora deste centro de traballo, e parece que a intención da dirección de atención primaria é a de amortizar a praza de celador e aínda non ten moi claro se facer o propio cunha das prazas de auxiliar administrativo, polo que quedarían 3 persoas onde antes habia 5 para facer o mesmo traballo e ademais a 2ª praza de auxiliar administrativo sería cuberta de momento cunha acumulación de tarefas e non por un contrato de vacante como debera.

A sección sindical de CIG-Saúde de O Barco estamos á espera de poder contactar  cos responsables de atención primaria de Ourense para que confirmen ou desmintan estes "rumores", pero polo que sabemos o luns 16 non hai prevista contratación mais que a dunha acumulación de tarefas que correspondería a unha das prazas de auxiliar administrativo e dado que hai solicitado e concedido un permiso para ese dia, quedarían 2 solas persoas onde antes habia 5 e o resto de dias do mes de maio serían 3 no mellor dos casos, logo" xa se verá".

Pois dende esta sección sindical decimos NON, dende logo se isto se confirma mañá, estamos dispostos a convocar mobilizaciois no centro de saúde para que non se amorticen estas prazas que suporía unha merma importante na calidade asistencial que se presta posto que provocaría retrasos importantes na atención dos usuarios e usuarias do centro de saúde, por non falar da grave situación que padecería o persoal coa sobrecarga de traballo e o empeoramento das suas condiciois laborais.

Mañá, unha vez coñezamos as intenciois da Dirección de primaria publicaremos no blog cales son, así como as iniciativas que levaríamos a cabo para intentar solventar a situación, porque xa vamos fart@s de oilos xustificar todas estas falcatruadas escudándose na crise.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info