OPE VARIAS CATEGORIAS Imprimir
OPE
Luns, 20 Xaneiro 2020 10:03

En pasadas datas publicáronse no DOG, diferentes Resolucións polas que se convocan concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías do SERGAS. Remitimos nos enlaces de abaixo, o acceso directo ás citadas resolucións.

As categorías convocadas son:

- Técnico/a en farmacia,
- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía,

- Técnico/a superior en hixiene bucodental,

- Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico,

- Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico,

- Técnico/a superior en radioterapia,

- Pinche

- Cociñeiro

- Logopeda e Terapeuta Ocupacional

Lembramos que o prazo para inscribirse en calquera destes procesos remata o día 31 de xaneiro. Se tedes calquera dúbida, non deixedes de poñervos en contacto cos delegados de CIG-SAÚDE Ourense.


Saúdos

Servizo Galego de Saúde

CONVOCATORIAS OPE

  • RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de logopeda e terapeuta ocupacional.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de cociñeiro/a.

Descargar PDF

Addthis
 
Technorati Button Facebook Button Twitter Button