TRASLADOS SERGAS
Por fin o SERGAs cumpliu co seu compromiso de convocar o concurso de traslados aberto e
permanente para o seu persoal, tanto sanitario como non sanitario. Os prazos, debido aos
retrasos na publicación no
DOG, son:
Persoal Non Sanitario: Ata o 15 de Xaneiro
Persoal Sanitario: Ata o 31 de xaneiro
Cada persoa interesada en participar, deberá cubrir unha única solicitude de participación por
categoría/especialidade, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional
(Fides/Expedient-e/Sección de Procesos), á cal se accederá seguindo as instrucións que se
establecen no Anexo IV da convocatoria, e que logo de confirmada deberá asinar mediante
sinatura dixital (DNI electrónico ou certificado dixital) e presentar mediante o rexistro electrónico
habilitado a través de Fides/Expedient-e.
No momento de confirmar a solicitude de inscrición no concurso aberto e permanente,
debe elixir unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario e deberá
presentarse unicamente mediante o REXISTRO ELECTRÓNICO habilitado no Fides/Expedient-e,
consignando a súa sinatura dixital, sen necesidade de ter que acudir a ningún rexistro
presencial
No formulario de inscrición poderá visualizar para a súa selección, os potenciais destinos,
que son as prazas básicas do cadro de persoal das institucións sanitarias, ás que poderá optar
o/a profesional en función da súa categoría/especialidade de pertenza,
con independencia da súa ocupación na data de solicitude por persoal temporal ou fixo.
No primeiro trimestre de cada ano natural a Dirección Xeral de Recursos Humanos do
Servizo Galego de Saúde, previo o seu tratamento na Mesa Sectorial de Negociación, publicará
no Diario Oficial de Galicia así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde a oferta
de prazas correspondente ao ciclo de adxudicación do ano en curso, co detalle do seu número
por categoría, centro, localidade, e no seu caso, quenda de traballo.
Esta oferta incluirá tamén as prazas de necesaria cobertura ocupadas por
persoal fixo que poidan ser adxudicadas en resultas
O destino adxudicado será irrenunciable agás que a renuncia estea motivada
pola obtención de praza en virtude da resolución dun procedemento de mobilidade
voluntaria convocado por outra Administración Pública ou servizo de saúde.
O vindeiro día 19 de decembro ás 12 horas, diante do Parlamento Galego, a Área Pública da CIG convoca unha concentración para amosar o noso rexeitamento aos presupostos do ano 2018 e contra a sinatura do acordo feito pola Xunta con CCOO,UGT e CSIF.
Coincide co día de votación do conxunto do proxecto de presupostos 2018.
TRASLADOS
Segundo informou o SERGAS, está previsto que o próximo mércores, 29 de novembro se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario do Sistema Público de Saúde de Galicia.
Proximamente publicarase a convocatoria coa apertura do prazo de inscrición para as categorías de persoal de xestión e servizos. A continuación, iniciaranse os prazos de inscrición para as categorías de persoal licenciado sanitario de atención primaria e sanitario diplomado e de formación profesional.
OPE
Esta é a relación de prazas (desglosada por categorías) que vai ofertar o SERGAS para a vindeira OPE. Como podedes ver, son a suma das ofertas públicas de emprego dos anos 2015, 2016 e 2017. Deixan fora deste plano as prazas vacantes producidas nos anos 2010, 2011 e 2012. Como ben saberedes, CIG-SAÚDE esixiulle ao SERGAS a recuperación de todos os postos vacantes dende o ano 2009 (este foi un dos motivos da convocatoria de folga dos días 2 e 3 de novembro). Non podemos apoiar un plano de emprego que destrúe postos de traballo e facilita a privatización.
Esta é a relación de prazas (desglosada por categorías) que vai ofertar o SERGAS para a vindeira OPE. Como xa se comentou en anteriores correos electrónicos, son a suma das ofertas públicas de emprego dos anos 2015, 2016 e 2017. Deixan fora deste plano as prazas vacantes producidas nos anos 2010, 2011 e 2012. Como ben saberedes, CIG-SAÚDE esixiulle ao SERGAS a recuperación de todos os postos vacantes dende o ano 2009 (este foi un dos motivos da convocatoria de folga dos días 2 e 3 de novembro). Non podemos apoiar un plano de emprego que destrúe postos de traballo e facilita a privatización.
Categorías incluidas na convocatoria de OPE para o ano 2018. |
||||
Categorías. |
Decreto oferta 2015 |
Decreto oferta 2016 |
Decreto oferta 2017 |
Total Prazas |
Celadorxs |
168 prazas |
222 prazas |
390 prazas |
|
Enfermeirxs |
140 prazas |
690 prazas |
830 prazas |
|
Médicxs de Familia |
83 prazas |
158 prazas |
241 prazas. |
|
Enxeñeiro Técnico |
4 prazas |
3 prazas |
7 prazas |
|
Auxiliar Administrativo |
85 prazas |
124 prazas |
209 prazas |
|
Técnicos Xestión |
10 prazas |
8 prazas |
18 prazas |
|
Documentación Sanitaria |
4 prazas |
7 prazas |
11 prazas |
|
Técnico Función Administrativa |
7 prazas |
2 prazas |
9 prazas |
Nesta relación están incluidas as prazas reservadas para discapacitados, tanto físicos coma intelectuais. A directora de RRHH comprometeuse a convocar no Decreto de Oferta de OPE do ano 2018 as categorías que neste ano non tiveron oferta: FEAS e persoal de Xestión e Servizo. Veremos si é certo.
PUBLICACIÓN LISTAS DE CONTRATACIÓNS DEFINITIVAS
Publlícase no DOG de hoxe, 18 de maio, a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de:
- Enfermeiro/a,
- Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo,
- Enfermeiro/a especialista de saúde mental,
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía,
- Médico/a de familia,
- Médico/a de urxencias hospitalarias e
- Pediatra de atención primaria.
O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.
Na área sanitaria de Vigo, coas listas de garda máis longas, o número das pechadas supera o das abertas
CIG-Saúde denuncia o peche de camas durante o verán nos hospitais galegos
Compostela, 12 de maio de 2017.- A CIG-Saúde denuncia que as Xerencias das Áreas Sanitarias comezaron xa a comunicar o número de camas que teñen previsto pechar durante os meses de verán que, como en anos anteriores, chega en algúns casos a estenderse até o mes de outubro.
A falta de datos oficiais que confirmen o número definitivo de camas e servizos que pecharán en todas as áreas sanitarias, todo indica que será similar ao de anos anteriores: unhas 1.200 en total.
Con todo, para a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, é especialmente rechamante que na área sanitaria de Vigo, “unha das que ten as máis longas listas de agarda, se manteña o Hospital do Meixoeiro case desmantelado, con unidades pechadas permanentemente e que agora se incrementa co peche das unidades que están en activo”.
De feito neste centro hospitalario, que ten un total de 343 camas, o número das pechadas vai ser maior que o das que van permanecer abertas, que serán só 163 (o 47,52%). “Coa demanda asistencial desta área sanitaria é unha irresponsabilidade tomar esta decisión, como xa o foi a de non volver a abrir 60 camas de cirurxía desde a posta en funcionamento do Álvaro Cunqueiro”.
Para a CIG-Saúde estamos diante dun “peche patronal no que o conselleiro, que actúa como Xerente desta empresa, só utiliza o argumento de que isto vén motivado polas vacacións do persoal”. Fronte a isto, Abuín lembra que “as traballadoras e traballadores só gozamos dun mes de vacacións, non catro, e que só ten que mirar o número de persoas que están inscritas nas listaxes de contratación para comprobar que hai relevo abondo para contratar en ausencia do persoal que marcha de vacacións”.
Para a CIG-Saúde, se no se pecharan camas e se contratara a este persoal estariamos mellorando, aínda que sexa temporalmente, os datos de desemprego, facilitando que, cando menos, este persoal puidera ter un contrato de catro meses. “Deste xeito garantiríase ademais que as e os doentes reciben a atención adecuada no prazo prescrito en función da súa patoloxía”.
A secretaria nacional de CIG-Saúde asegura que “non hai razóns técnicas nin asistencias que xustifiquen este peche dado que nin o propio conselleiro non é capaz nin de esgrimilas”. Porén, denuncia que “ao final do verán asistiremos a unha nova publicación dos datos das listas de agarda o suficientemente maquilladas como que pareza que malia este peche melloran”.
Gabinete de Comunicación
Confederación Intersindical Galega
Información da reunión da Mesa Sectorial extraordinaria celebrada o día 30 de marzo de 2017
Único punto da orde do día: Plan de Estabilidade de emprego no SERGAS.
Nesta reunión produciuse un debate interesante entre o contido do plan de estabilidade que presenta o SERGAS e o acordo asinado onte na mesa de función pública do estado (acordo que a CIG non asinou):
A directora de RRHH explicou, que o Plan de Estabilidade do SERGAS xa contiña moitas das materias recollidas no acordo de Madrid, tales como:
- O acordo de Madrid ao igual ca o do SERGAS só fala das vacantes producidas desde o ano 2012, as producidas desde o 2010 fixéronas desaparecer.
- O acordo de Madrid recolle unha taxa de reposición do 100% das vacantes producidas no ano anterior, como recolle a lei de orzamentos desde o ano 2016. Tamén recolle, que se a lei de orzamentos o permite esta taxa se podería incrementar. O plan do SERGAS recolle que as convocatorias de OPE se realizarán coa máxima taxa que permita a lexislación estatal.
- A directora de RRHH do SERGAS nega a existencia de 7.660 prazas vacantes no SERGAS (que era o que se recollía no borrador inicial do acordo de Madrid), di que nestas prazas están computadas toda a media anual das acumulacións de tarefas do SERGAS, incluídas as acumulacións de tarefas que se fan para a cobertura de vacacións, reforzos, e outras ausencias do persoal. O acordo asinado onte en Madrid xa non engade ningún anexo de persoal, o que se presentou xunto co borrador tamén desapareceu.
- Con respecto ao que recolle o acordo de Madrid, páxina 3 do documento de acordo, referente a que as prazas que se oferten á promoción interna non computarán aos efectos da taxa de reposición, isto ten trampa: Na normativa do SERGAS, Decreto 206/2005 de provisión e selección, recóllese que as prazas ofertadas na OPE pola quenda de promoción interna e non cubertas, sumaranse ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre. Mais no total as prazas ofertadas nas dúas quendas non pode superar o 100% da taxa de reposición. Normativa básica do estado. Se o SERGAS aplicase o criterio do acordo de Madrid, e as prazas da promoción interna no computasen para a taxa de reposición, as prazas de OPE que non se cubriran por esta quenda, non se poderían sumar ás prazas convocadas pola quenda libre. Unha enleada.
No referente ao Plan de Estabilidade, non aceptaron ningunha das nosas alegacións.
- O Plan só fala das vacantes producidas desde o ano 2013, as producidas nos anos 210/11/12 desapareceron.
- Séguense negando a entregarnos os censos de persoal que lle reclamamos en todas as reunións:
- Censo de persoal interino por área sanitaria, categoría e especialidade.
- Censo de acumulacións de tarefas, de duración superior a un ano, por área sanitaria, categoría profesional e especialidade.
- No referente as 400 prazas de acumulación de tarefas que recolle o plano para converter en vacantes no ano 2017, a directora de RRHH nun arrebato de sinceridade, comentou que maioritariamente serán de FEAS, tamén algunha de enfermeira.
- No referente á comisión de seguimento que recolle o Plan de Estabilidade, coa única función de facer un seguimento de que o SERGAS cumpre o seu calendario, manifestamos que para a CIG-SAÚDE esta é unha comisión sen sentido ningún, xa que a competencia de negociar selección e provisión de prazas é da Mesa Sectorial.
O Plan vai ser aprobado por algunhas centrais sindicais. Quedaron en enviarnos a acta de fin de negociación.
Desde CIG-SAÚDE seguimos a reclamar
- Que se elimine a fórmula de computo da taxa de reposición, para que o SERGAS poida convocar todas as prazas vacantes des o ano 2010. Como mínimo 2.652 prazas, máis as 805 prazas vacantes producidas por xubilación no ano 2016.
- Que o SERGAS negocie de boa fe, facendo entrega na Mesa Sectorial dos anexos de persoal con todas as prazas vacantes, cubertas por persoal interino, servizos determinados e acumulacións de tarefas de máis dun ano de duración.
Isto si que sería un verdadeiro Plan de Estabilidade que permitise rematar coa precariedade laboral, e coa destrución de emprego na Sanidade Pública.
CIG-Área Pública rexeita un "Acordo para a mellora do emprego público" que avala a súa destrución
A CIG-Administración, a CIG-Ensino e a CIG-Saúde rexeitaron, en rolda de prensa, o acordo asinado este mércores, antes mesmo da celebración da Mesa Xeral das Administracións Públicas, por CCOO,UGT e CSIF. Denuncian que “é unha renuncia a recuperar todo o emprego público perdido durante todos estes anos” e que non contempla tampouco a recuperación nin dos dereitos laborais suprimidos, nin das condicións salariais recortadas. Lonxe disto, denuncian que se lle dá un aval ao Partido Popular para que utilice ao persoal das administracións públicas como arma para que se lle aproben os orzamentos de 2017.
“O contido deste documento non contempla a creación de emprego público en ningunha das administracións, non leva parello dotación económica, nin abre a vía para que se derroguen ou modifiquen os decretos lei que nos impuxeron ao longo destes anos e que impedían dotar as administracións públicas dos recursos humanos que precisan”.
Esta foi, segundo explicou a portavoz da Área Pública da CIG, Maricarme López Santamariña, unha das principais causas polas que a central sindical acordou non asinar este “Acordo para a Mellora do Emprego Público” que, en realidade. non mellora o emprego público.
Non mellora o emprego público
De feito, as condicións salariais e os dereitos perdidos por mor da imposición de sucesivos decretos leis -que comezaron xa no ano 2010, con Zapatero, cun recorte do 5% nos salarios- se manteñen. “Non se fala da recuperación do poder adquisitivo perdido, de arredor dun 30% nestes anos, nin da recuperación dos fondos de acción social, nin da volta á xornada laboral que tiñamos establecida nas administracións ou da recuperación do complemento do 100% en caso de IT. Non se fala de nada de nada”, denunciaba López Santamariña.
Fronte a un acordo que a CIG-Área Pública entende que é tamén “unha renuncia a poder recuperar todo o que nos foron roubando e vai imposibilitar a reposición de efectivos nas administracións”, reclama a recuperación de dereitos, de servizos públicos e a dotación de cadros de persoal estruturais que permitan recuperar os servizos esenciais.
Lembra ademais que nin sequera se eliminan, como a CIG demandaba, as taxas de reposición, que se manteñen e que serán dun 50% para a administración xeral e dun 100% para os servizos que se consideran esenciais.
Cumprimento das sentenzas europeas
A Área Pública da CIG considera que porén, do que se trata con este documento é de solucionar un problema que ten o Estado español e todas as administracións públicas: comunidades autónomas, concellos, universidades… por mor da precariedade campante en todos os seus servizos.
Unha precariedade da que López Santamariña responsabilizou “á política destrutiva” do PP e que afecta a entre un 30 e un 40% do seu cadro de persoal. “Agora, con este acordo, o goberno español poderá facer un lavado de cara acatando as sentenzas europeas coas que se lle chamaba a atención pola alta precariedade nas administracións públicas, por esta vía. Dáselle un balón de oxíxeno para regularizar os cadros de persoal, dotándoos de estabilidade nos postos de traballo nos que xa están”.
Incremento salarial do 1% que non compensa a perda do 30% de poder adquisitivo
Segundo se anunciou, prevese un incremento salarial do 1% para o persoal das administracións públicas, cando se calcula que desde 2010 perdeu arredor dun 30% nestes anos nos que, aos recortes salariais ou das pagas extra, hai que engadir as sucesivas subas do IPC que non se lles aplicaron. “É como rirse de nós”, afirmou a portavoz da Área Pública da CIG.
Falta de profesorado e con menos dereitos no ensino público
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, foi especialmente contundente no seu rexeitamento deste acordo que xunto coa CIG tampouco asinaron nin ELA, nin LAB. Denunciou que “é totalmente impresentábel, totalmente inaceptábel, que haxa organizacións sindicais que estean en disposición de asinalo”.
Lembrou que durante estes anos no ensino público, en Galiza, se perderon arredor de 3.000 profesores/as e que con este acordo “non se restitúe nin un deses”, porque o único que di “é que imos continuar co cadro de persoal que tiñamos até o de agora”.
Por iso afirmou que UGT, CCOO e CSIF asinaron a “acta de defunción” da reivindicación da restitución dos dereitos laborais e salariais do profesorado e do conxunto de empregados/as públicos/as e tamén da restitución do persoal que se perdeu durante estes anos. E xunto a isto considerou que estas organizacións sindicais “queren esquecer todo o que nos arrebataron” e avalan ademais “o empeoramento dos servizos públicos” e ao goberno do PP “para aprobar os orzamentos”.
Subliñou que non se trata xa de pedir melloras, senón de exixir a restitución deses dereitos “liquidados”. Por iso afirmou que “un sente vergonza allea de que haxa organizacións sindicais que din que representan á clase traballadora pero logo están dispostas a asinar un acordo como este, no que para o Ensino só contempla unha taxa de reposición do 100% que xa tiñamos”.
Falta de persoal na sanidade pública
Pola súa banda Susana Méndez, da Executiva da CIG-Saúde, considerou que estamos diante dunha acordo que non é máis que unha declaración de intencións, que non recolle concrecións, que mantén tamén para a Sanidade unha taxa de reposición do 100%, pero que “impide que se recuperen as máis de 3.500 prazas que se perderon desde o ano 2010”.
Méndez afirmou que esa recuperación de prazas é esencial para a sanidade pública galega porque “a inestabilidade e o aumento da carga de traballo supoñen unha diminución da calidade da prestación do servizo sanitario”.
Ademais denunciou que no referido a temporalidade, este acordo non pasa de frases vagas como analizar a porcentaxe de interinidade e outras cuestións, pero sen recoller datos concretos. “Serve só de carta branca ao goberno, sen aportar ningunha mellora para a sanidade pública ou para o persoal que a sostén”.
Así as cousas, agardou que na Mesa sectorial do SERGAS si se dea maior concreción “para rematar coa precariedade e temporalidade que afecta á sanidade pública e para recuperar esas 3.500 prazas que se perderon” a fin de garantir a prestación da asistencia sanitaria nunhas condicións dignas.
A noticia en Avantar