NOVAS REMITIDAS POLO SERGAS EN RELACION A DISTINTAS TOMAS DE POSESION DE OPE E TRASLADOS:

"Bo día:

Polo presente, infórmovos de que ao longo da vindeira semana iranse publicando no DOG, de xeito escalonado, as datas de toma de posesión (OPE e concurso de traslados) das últimas categorías pendentes.

Esta mesma tarde, estará dispoñible na páxina web o avance das seguintes resolucións de publicación:

· Resolución de nomeamento, adxudicación e toma de posesión de OPE e C.Traslados de Auxiliares de enfermería: data de publicación no DOG de 6 de maio.

· Resolución de nomeamento, adxudicación e toma de posesión de OPE e C.Traslados de farmacéutico/a de atención primaria, médico/a de atención primaria, odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria: data de publicación no DOG de 6 de maio."

 

Máis artigos...

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info