PUBLICADA CONVOCATORIA OPE 2015 PARA TSPRL, TRABALLADOR SOCIAL E CATEGORÍAS DE TÉC. INFORMÁTICA

Publícanse hoxe no DOG, as resolucións que convocan concurso-oposición para as categorías de Técnico/a Superior de Prevención de Riscos Laborais, Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información, Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Traballador/a Social.


  • RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais. Convocatoria OPE 2015 (TSPRL).Descargar PDF
  • Convocatoria OPE 2015 (Técn. Informática e Traballador/a Social). RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social. Descargar PDF


As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).  Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico, e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, remata o 10 de febreiro.


Nesta ligazón tes información para o pago das taxas: Modelo de Autoliquidación de Taxas

Máis información na páxina web do SERGAS.


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info