PUBLICACIÓN LISTAS DE CONTRATACIÓNS DEFINITIVAS


    Publlícase no DOG de hoxe, 18 de maio, a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de:  


- Enfermeiro/a,
- Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo,
- Enfermeiro/a especialista de saúde mental,
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía,
- Médico/a de familia,
- Médico/a de urxencias hospitalarias e
- Pediatra de atención primaria.


O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Descargar PDF


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info