TRASLADOS

        Segundo informou o SERGAS, está previsto que o próximo mércores, 29 de novembro se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario do Sistema Público de Saúde de Galicia.

 Proximamente publicarase a convocatoria coa apertura do prazo de inscrición para as categorías de persoal de xestión e servizos. A continuación, iniciaranse os prazos de inscrición para as categorías de persoal licenciado sanitario de atención primaria e sanitario diplomado e de formación profesional. 

OPE

     Esta é a relación de prazas (desglosada por categorías) que vai ofertar o SERGAS para a vindeira OPE. Como podedes ver, son a suma das ofertas públicas de emprego dos anos 2015, 2016 e 2017. Deixan fora deste plano as prazas vacantes producidas nos anos 2010, 2011 e 2012. Como ben saberedes, CIG-SAÚDE esixiulle ao SERGAS a recuperación de todos os postos vacantes dende o ano 2009 (este foi un dos motivos da convocatoria de folga dos días 2 e 3 de novembro). Non podemos apoiar un plano de emprego que destrúe postos de traballo e facilita a privatización.

            Esta é a relación de prazas (desglosada por categorías) que vai ofertar o SERGAS para a vindeira OPE. Como xa se comentou en anteriores correos electrónicos, son a suma das ofertas públicas de emprego dos anos 2015, 2016 e 2017. Deixan fora deste plano as prazas vacantes producidas nos anos 2010, 2011 e 2012. Como ben saberedes, CIG-SAÚDE esixiulle ao SERGAS a recuperación de todos os postos vacantes dende o ano 2009 (este foi un dos motivos da convocatoria de folga dos días 2 e 3 de novembro). Non podemos apoiar un plano de emprego que destrúe postos de traballo e facilita a privatización.

 

Categorías incluidas na convocatoria de OPE para o ano 2018.

Categorías.

Decreto oferta 2015

Decreto oferta 2016

Decreto oferta 2017

Total Prazas

Celadorxs

168 prazas

222 prazas

390 prazas

Enfermeirxs

140 prazas

690 prazas

830 prazas

Médicxs de Familia

83 prazas

158 prazas

241 prazas.

Enxeñeiro Técnico

4 prazas

3 prazas

7 prazas

Auxiliar Administrativo

85 prazas

124 prazas

209 prazas

Técnicos Xestión

10 prazas

8 prazas

18 prazas

Documentación Sanitaria

4 prazas

7 prazas

11 prazas

Técnico Función Administrativa

7 prazas

2 prazas

9 prazas

     

          Nesta relación están incluidas as prazas reservadas para discapacitados, tanto físicos coma intelectuais.  A directora de RRHH comprometeuse a convocar no Decreto de Oferta de OPE do ano 2018 as categorías que neste ano non tiveron oferta: FEAS e persoal de Xestión e Servizo. Veremos si é certo.


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info