TRASLADOS SERGAS
Por fin o SERGAs cumpliu co seu compromiso de convocar o concurso de traslados aberto e
permanente para o seu persoal, tanto sanitario como non sanitario. Os prazos, debido aos
retrasos na publicación no
DOG, son:
Persoal Non Sanitario: Ata o 15 de Xaneiro
Persoal Sanitario: Ata o 31 de xaneiro
Cada persoa interesada en participar, deberá cubrir unha única solicitude de participación por
categoría/especialidade, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional
(Fides/Expedient-e/Sección de Procesos), á cal se accederá seguindo as instrucións que se
establecen no Anexo IV da convocatoria, e que logo de confirmada deberá asinar mediante
sinatura dixital (DNI electrónico ou certificado dixital) e presentar mediante o rexistro electrónico
habilitado a través de Fides/Expedient-e.
No momento de confirmar a solicitude de inscrición no concurso aberto e permanente,
debe elixir unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario e deberá
presentarse unicamente mediante o REXISTRO ELECTRÓNICO habilitado no Fides/Expedient-e,
consignando a súa sinatura dixital, sen necesidade de ter que acudir a ningún rexistro
presencial
No formulario de inscrición poderá visualizar para a súa selección, os potenciais destinos,
que son as prazas básicas do cadro de persoal das institucións sanitarias, ás que poderá optar
o/a profesional en función da súa categoría/especialidade de pertenza,
con independencia da súa ocupación na data de solicitude por persoal temporal ou fixo.
No primeiro trimestre de cada ano natural a Dirección Xeral de Recursos Humanos do
Servizo Galego de Saúde, previo o seu tratamento na Mesa Sectorial de Negociación, publicará
no Diario Oficial de Galicia así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde a oferta
de prazas correspondente ao ciclo de adxudicación do ano en curso, co detalle do seu número
por categoría, centro, localidade, e no seu caso, quenda de traballo.
Esta oferta incluirá tamén as prazas de necesaria cobertura ocupadas por
persoal fixo que poidan ser adxudicadas en resultas
O destino adxudicado será irrenunciable agás que a renuncia estea motivada
pola obtención de praza en virtude da resolución dun procedemento de mobilidade
voluntaria convocado por outra Administración Pública ou servizo de saúde.