Ante as declaracións de Nuñez Feijoo de que para acabar cos colapsos dos servizos de urxencias hai que aumentar as camas das habitacións dos hospitais (a costa do confort dos pacientes) desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:

1.- Reiteramos a nosa denuncia de que o colapso do sistema sanitario público galego é a consecuencia directa da redución de camas e persoal e do abandono da Atención Primaria. A política de recorte e desmantelamento da sanidade pública esta dirixida a potenciar aos grupos hospitalarios privados internacionais que están realizando grandes investimentos na sanidade da nosa Comunidade Autónoma.

2.- A solución dos colapsos sanitarios non pasa por acenar pacientes nas habitacións en lugar de nos corredores,  Parece que se pretende volver ás antigas salas dos hospitais provinciais con múltiples camas atendidas por persoal relixioso, que moita xente maior aínda recorda. Esta decisión non afectará ao noso máximo mandatario que, como outros moitos dirixentes populares, utiliza a sanidade privada para a atención persoal e dos seus familiares.

3.- Ademais de una ocorrencia inxusta, estas declaracións poñen en evidencia a súa radical ignorancia dos problemas sanitarios: unha cama hospitalaria non é un moble a improvisar senón un conxunto de recursos profesionais (persoal medico, de enfermeira e auxiliar) e de aparellos tecnolóxicos que garanten a atención dos pacientes hospitalizados. Sen contar os riscos epidemiolóxicos derivados do acinamento de pacientes con infeccións respiratorias.

4.- A solución do colapso da sanidade pública pasa por recuperar os recursos recortados, unha planificación dos mesmos en función das necesidades de saúde da poboación, a potenciación da Atención Primaria e a dimisión dos responsables do caos, por ocurrencias como esta e pola súa incapacidade manifesta para xestionar a sanidade galega pública como o Conselleiro de Sanidade e o propio Presidente da Xunta.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
12/01/2018 
Imágenes integradas 1

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info