A última información que nos deu o SERGAS sobor dos procesos de OPE  e Traslados é a que segue:

- ACTO DE ELECCIÓN DE DESTINO DE PERSOAL FACULTATIVO DA OPE 2008:

Se realizará no edificio da Consellería de Sanidade (San Lázaro S/N Santiago de
Compostela) na mañá do sábado día 26 de xuño de 2010.

- EXERCICIOS PENDENTES DE REALIZACIÓN:

Os exercicios de coñecemento da lingua galega de cociñeiros, pesoal de servizos xerais,
grupo auxiliar da F.A, grupo tecnico da F.A. e grupo de xestión da F.A se realizarán o
día 29 de xuño de 2010 Na Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS).

Igualmente ese mesmo día realizaranse os exercicios da parte común (jurídica ) de
cociñeiros e o terceiro exercicio dos grupos técnicos e de gestión da función
administrativa.

As horas concretas de realización destes actos serán anunciadas no Diario Oficial de
Galicia e anticipadas na páxina web do SERGAS.

-  TRASLADOS:

O SERGAS convocou aos sindicatos para unha reunión o vindeiro día 18 de xuño, para pechar
o tema das prazas que ofertan e avanzar no proceso, de xeito que, as previsións son que
hacia finais de mes podería publicarse a convocatoria.

 Esta información, coma sempre, temos que tomala coas debidas reservas, xa que todos
coñecemos a política da administración, respecto dos prazos e as datas.


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info