Nesta reunión abordáronse os seguintes temas.

  • Plan parcial de RRHH.

Neste tema a Admón pretendía centrar o debate exclusivamente na prolongación da vida laboral, apelan á renovación xeneracional para non prolongar máis alá dos 65 anos a vida laboral, iso si, sempre dentro da taxa de reposición. Desde CIG-SAÚDE centramos o debate en todo os artigos do documento (xa enviaramos as alegacións).

a.- Non podemos das por validos os datos que contén o documento pois non existe no SERGAS un sistema de enumeración (identificación unitaria das prazas) que nos permita contrastar os datos. Este sistema de identificación do cadro de persoal esta recollido no artigo 14 do Estatuto Marco e na Lei de Saúde de Galiza.  Con este sistema permitiríanos poder identificar, por exemplo, cantos/as celadores/as hai, cantos/as se xubilan, cantos/as se amortizan e cantos/as se repoñen, tipo de vínculos... Despois do debate a Directora de Recursos Humanos comprometeuse a desenvolver isto, agardamos que o fagan. Este tema tamén o presentamos nas alegacións á Lei do emprego de Galiza, artigo 38. A ver se é verdade que por fin imos ter un sistema de identificación das prazas. Verémolo?

b.-No referente á prolongación da vida laboral propoñemos que só se prolongue a vida laboral ao persoal que non acadase a cotización máxima. A taxa de reposición ten que ser do 100% en todas as categorías. Non poden utilizar o PORRHH como unha ferramenta de chantaxe, non poden desestimar a prolongación da vida laboral ao persoal que teña solicitado a exención de gardas a partires dos 55 anos se non ten o tempo máximo de cotización.

  • Decretos de integración no réxime estatutario. 

1. INTEGRACIÓN DO PERSOAL APD E DO PERSOAL LABORAL E FUNCIONARIO QUE PRESTA SERVIZOS EN INSTITUCIÓNS SANITARIAS.

Como sabedes a Lei 16/2012 recollía obrigatoriamente a integración no réxime estatutario do persoal APD e o persoal laboral e funcionario que presta servizos nas institucións sanitarias. En posteriores instrucións flexibilizaron esta obrigatoriedade e agora volve ser voluntario. Antes do 31 de decembro este persoal terá que manifestar, se quere, a opción de estatutarizarse. Se non o fan agora, o decreto vai establecer un sistema aberto e permanente para que se poidan estatutarizar cando queiran: agora, cando se convoque concurso de traslados, cando haxa traslados a postos da Admón...

O debate produciuse por que a Admón e outras organizacións sindicais defendían que esta situación máis beneficiosa só era de aplicación ao persoal APD. Desde a CIG opuxémonos a isto, se o ámbito de aplicación do artigo 10 e o da disposición adicional decimosexta da Lei 16/2012 é para o persoal APD e para o persoal funcionario e laboral das institucións sanitarias, o SERGAS se aplica unha condición máis beneficiosa non pode limitar o ámbito de aplicación; á carta para todos ou para ninguén. A Admón recoñeceu que tiñamos razón. Enviarán un novo documento.

A estatutarización aberta e permanente non é de aplicación ao persoal das fundacións e empresas públicas. A estatutarización deste persoal réxese polo Decreto 91/2007, do 26 de abril. Este persoal deberá estatutarizarse agora cando publiquen a súa orde de integración.

 Desde CIG-SAÚDE solicitamos o recoñecemento da carreira profesional. Segundo a Admón a carreira está suspendida e retomarase cando toque.

2. INTEGRACIÓN DO PERSOAL DA LEI 17/1989.

O decreto de integración deste persoal publicarase conxuntamente co resto dos decretos, non será nin aberto nin permanente. No texto do Decreto, e nun acordo de Mesa, recóllese que no prazo máximo dun ano convocarase o 3º proceso selectivo para os/as farmacéuticos inspectores de saúde pública; este é o único colectivo que ten pendente de convocar a derradeira OPE segundo a normativa de función publica.

  • XESTIÓN CLÍNICA.

Rexeitamos unha vez máis o sistema de implantación da xestión clínica que está a levar o SERGAS sen ter publicado o decreto, e sen ter pasado por Mesa Sectorial o desenvolvemento do mesmo como se comprometeron. Lamentamos que non estivese presente o Director de Asistencia Sanitaria. Desde CIG-SAÚDE centramos o debate en dous artigos do borrador do decreto galego.

a.- Artigo 7º.- Designación do/a director/a da área de xestión clínica. Solicitamos que se publique a norma que regule a convocatoria destes/as directores/as. Que haxa unha convocatoria regrada como a que recolle o decreto 206 para as/os xefes/as de servizo, con requisito de exclusividade no sistema público. Agardamos que a xestión clínica non sexa a escusa para encher o SERGAS de xefes por libre designación. Asemade débese regular normativamente as competencias deste persoal: dependencias xerárquicas...

b.- Artigo 8º .- Persoal adscrito ás unidades de xestión clínica. Solicitamos que se regule mediante Orde ou Resolución a participación do persoal  estatutario nas unidades de xestión clínica; presente e de futuro, de xestión pública ou de entidades con personalidade xurídica propia. A directora de RRHH repite, constantemente, que na Galiza as unidades de xestión serán públicas. A CIG-SAÚDE parécenos ben a idea de xestión clínica da directora, pero a Admón regúlase por documentos non por compromisos de boas intencións.

 Desde CIG-SAÚDE solicitamos que a norma que se publique de participación do persoal estatutario na xestión clínica debe conter:

                .- O réxime xurídico do persoal será estatutario.

                .- A participación voluntaria do persoal.

                .- A permanencia na praza, centro, unidade, independentemente da participación ou non na unidades de xestión clínica.

                .- A posibilidade de reversión na participación na U.X.C.

                .- Se de futuro a Consellaría de Sanidade modifica o decreto galego e permite que as unidades de  X.C  teña entidade xurídica propia, isto non modificará o réxime estatutario do persoal. A modificación das U.X.C non suporá ningún cambio nos dereitos laborais do persoal estatutario.

                A Admón amosouse receptiva a publicar unha norma de participación nas U.X.C, enviarán documento.

  •  Contrato de privatización de RX, Intervencionismos, Medicina Nuclear e Radioterapia.

 A información deste tema foinos facilitada polo Director de Recursos Económicos, que é quen convocou o concurso. O Sr Torres respondeu con certa agresividade verbal ás alegacións presentadas por CIG-SAÚDE, xa sabemos que as verdades doen, pero os cargos públicos están para dar información.       A información que se nos facilitou confirma que este contrato é unha privatización destes servizos sanitarios. A empresa só vai a achegar solucións técnicas, as solucións económicas ponas o SERGAS, e a empresa recibirá beneficios.

Desde CIG-SAÚDE  manifestámonos en contra desta medida, as alegacións son a que xa fixemos públicas. Ademais disto advertímoslle que esperamos que con este contrato a Admón no estea entrando na porta xiratoria, é dicir, que non pase como en Madrid, que responsables que antes privatizaron servizos agora traballan para as empresa privadas.  

  • Formación continuada nos procesos de mobilidade interna.

Este tema, caducidade da formación nos procesos de mobilidade interna, quedou pendente da reunión anterior. A Admón solicitara que para modificar o anterior pacto debería existir unanimidade das organizacións sindicais, mais houbo disparidade de criterios. CIG-SAÚDE: que este tema se decida nas comisións de centro, xa que hai comarcas que xa convocaron mobilidade interna para algunhas categorías e os cursos caducaban. As comarcas que aínda non iniciaron os procesos de mobilidade que o decidan na comisión de centro. Este tema segue pendente até que as organizacións sindicais enviemos por escrito o noso posicionamento. Tratarase na próxima mesa.

 

Cartaz_CDMG_Concentracin_26_de_setembro_pequeno

En 2013 procederase á actualización das listas das categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a supe­rior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, persoal de servizos xerais, grupo auxiliar da función administrativa, celador/a, enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

PRAZO: SEGÚN O PACTO DE CONTRATCIÓNS AO QUE REMITE A RESOLUCIÓN PUBLICADA HOXE:

II.4.1.2. Tempo. As persoas aspirantes poderán presentar a solicitude de inscrición en listas en calquera momento, sen suxeición a prazo. En cada xeración de listas que se efec­túe incluiranse as solicitudes e méritos que consten presentados e debidamente validados no sistema informático ata quince días antes da data prevista no punto II.4.3.

II.4.3.1. Con carácter xeral, as listas xeraranse a data 31 de outubro de cada ano.

 

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130923/AnuncioG0003-160913-0007_gl.pdf

OPE SERGAS  

 

Publícanse hoxe no DOG estas resolucións que dan publicidade ás listas de admitid@s e excluíd@s para a OPE de FEAs e para a OPE de MUH.

  • RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013. facultativo especialista de área Descargar PDF
  • RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega no concurso-posición para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013. Descargar PDF

 

GALIZA_CONTRA_A_GUERRA_ou

Esta é a oferta formativa de CIG-SAÚDE Ourense para o que resta de ano.

CARTEL_CURSO_DETECCION_E_ACTUACION_PERSOAL_SANITARIO_ANTE_A_VIOLENCIA_DE_XENERO

CARTEL_CURSO_RISCOS_LABORAIS_COCIAS_HOSPITALARIAS

CURSO_MOBILIZACION_E_TRASLADO_PACIENTES

 

INFORMACIN_SOBRE_AS_PREVISINS_DE_OPE_E_TRASLADOS

Máis artigos...

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info