l_fc7b03721b8243b587f45da421056de2

HOXE TIVERON LUGAR EN TODA GALICIA CONCENTRACIÓNS PARA DEMANDAR DO SERGAS UN CAMBIO DE RUMBO NA SÚA POLÍTICA DE CONTRATACIÓNS QUE INCLÚE, NON SÓ UNHA PUBLICIÓN INMEDIATA DAS LISTAS PENDENTES, SENÓN TAMÉN O FINAL DA POLÍTICA DE HORAS EXTRAS NO CANTO DE CONTRATAR A PERSOAL DAS MENCIONADAS LISTAS. A ELES QUE SE LLES ENCHE A BOCA CON AUSTERIDADE E SOLIDARIDADE COS PARADOS, SUSPENDEN OS ACORDOS ASINADOS CON CASE TODOS OS SINDICATOS,NON NOS ESQUEZAMOS QUE ALGÚN NON O FIXO E AGORA PRETENDE SER ADALID DO CUMPRIMENTO DO ACORDO DE 2008, MESTURANDO PARA ISO TODO UN BATIBURRILO DE CUESTIÓNS QUE NON VEÑEN AO CASO,PAGAN HORAS EXTRAS E NON CONTRATAN A ISES PARADOS QUE DIN DEFENDER.
A PESAR DE QUE O NÚMERO DE TRABALLADORES SUPERABA O MEDIO CENTO, NON PODEMOS ESTAR CONTENTOS. SON MOITOS MÁIS OS IMPLICADOS COMO PARA QUE SÓ SE PRESENTEN 50.NECESITAMOS DA FORZA DE TODOS PARA CONQUERIR CAMBIAR DE RUMBO AO SERGAS. QUE VEXAN A NOSA FORZA, A FORZA DOS TRABALLADORES, PARA QUE DUNHA VEZ PUBLIQUEN AS LISTAS,OS DECRETOS DE NOVAS CATEGORÍAS, UN NOVO PACTO ACORDE COS TEMPOS E A REALIDADE DOS TRABALLADORES...SEGUIREMOS CON ESTA LOITA PERO ESPERAMOS QUE SER MÁIS A PRÓXIMA OCASIÓN.
UNETE A NOSA, A VOSA,LOITA
Dende CIG-SAÚDE OURENSE queremos desmentir todos os rumores que están a circular entre os/as compañeiros/as que acudiron á pasada OPE do SERGAS, ao respecto da impugnación do exame de varias categorías por parte desta central sindical.
Simplemente o que se fixo dende CIG-SAÚDE foi remitir un escrito de queixa ao SERGAS sobre os contidos da proba da categoría de CELADORES.


EN TODO CASO, TEMOS QUE LEMBRAR A TODO O MUNDO QUE OS ÚNICOS CAPACITADOS LEGALMENTE PARA IMPUGNAR PREGUNTAS DOS EXAMES SON OS PROPIOS OPOSITORES.

As últimas novas que temos respecto ao exame de celadores foi remitida polo SERGAS o pasado 17 de novembro e dí textualmente: "Rematou o prazo para presentar reclamacións ás preguntas, o tribunal a día de hoxe non tomou aínda ningunha decisión ao respecto, non hai de momento nada anulado, cando analicen tódalas reclamacións tomaran unha decisión ao respecto como se fai sempre".


Esta é a nota que se lle remitiu á prensa e máis a Consellería de Sanidade:

EXAME CELADORES

Este fin de semana celebrouse en Silleda o exame da oposición para o Sergas da categoría de CELADORES, o mesmo constaba de 2 partes diferenciadas:
1. Unha parte específica, con temario propio.
2. Unha parte común tamén con temario propio.
Unha vez rematado o exame nas suas partes, os opositores constataron que na parte específica había un número de preguntas ( aproximadamente 6 ), que non debían de figurar nese exame en concreto pois pertencian ao temario da parte común.
Por todo isto dende CIG-Saúde pedimoslle ao Sergas que busque unha solución, xa que non parece de recibo realiza-los cambios de temarios entre os distintos exercicios.
Tamén se constatou que o nivel dun grande número de preguntas non correspondía coa titulación esixida para á categoría.

Un saúdo

Xan Ramón Fernández Cid
Executiva CIG-Saúde

CALENDARIO-2010-CIG-OURENSE-Festas-Locais3

  Onte celebrouse asemblea informátiva sobre a suspensión dos acordos retributivos por parte do SERGAS,onde se presentou a última proposta da administración. Acudiron unhos 50 traballadores, despois dun apaixoado debate chegouse a conclusión de non aceptar a proposta do SERGAS, tampouco se acadou unha postura unitaria sobre as medidas a tomar,entre as que se encontraba convocar unha folga, polo que se determinou esperar a xuntanza do próximo mércores, en COMPOSTELA, da plataforma unitaria , onde se examinará a información provinte do resto das asembleas de Galicia.

MANTERÉMOSVOS INFORMADOS
 
No seguinte enlace podedes atopar unha presentaciÓn en Power-Point sobre as respercusións da proposta do SERGAS

A CIG-Saúde e a Federación de Sanidade da CIG; e dicir ocúpase de tódolos asuntos sindicais que se producen no Sector da Sanidade.

Como federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo de clase e nacionalista nos que os principio de solidariedade e acción sindical global é o eixo da nosa actividade como sindicato.

Ademais os nosos obxectivos principais establecidos nos estatutos de CIG-Saúde son os seguintes:

1) A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.

2) A defensa do carácter de servicio público da atención de saúde, e por tanto a consolidación dun sitema sanitario público, universal, gratuito e de calidade.

3) A loita contra o coorporativismo e a integración dos lexitimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de clase, e unha acción común.

4) A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean.

Como podedes observar no nosa web para dar cauce os léxitimos intereses particulares dos diferentes colectivos existen as agrupacións ou grupos de traballo que ocúpanse de forma especializada dos intereses exclusivos que lles afectan, un exemplo de todo isto é a Agrupación Médica que defende os intereses sindicais dos traballadores médicos ante os órganos que correspondan e poñen en coñecemento do sindicato as reivindicacións do seu colectivo, sempre no eido dun sindicalismo global, de clase e solidario.

Noutros colectivos existen grupos de traballo que fan a mesma función que as agrupacións e que posibilitan as propostas sindicais do seu colectivo nunha alternativa real solidaria os sindicatos coorporativistas e nunha forma de atende-los problemas do día a día que como ben sabemos moitas veces son os que máis prexuizos e molestias ocasionan os traballadores.

No referente a organización da nosa Federación podemos resumila da seguinte forma:

1.-Son órganos nacionais de governo da CIG-Saúde:

a) O Congreso

b) O Consello Federal

c) A Executiva Federal

2.- Son órganos comarcais de governo da CIG-Saúde:

a) A Asemblea Comarcal

b) O Consello Comarcal

3.- Son órganos locais de governo da CIG-Saúde:

a) A Asemblea Local

b) O Consello Local

3.- É órgano unipersoal da CIG-saúde:

a) A Secretaría Nacional

b) A Secretaría Comarcal

c) A Secretaría Local

 

¿Que significa afiliarse?

A afiliación na CIG-Saúde é un acto de compromiso e solidariedade.

Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran parte cos postulados e opinións nosas, e solidariedade porque a cota sindical que pagas non é a compra dun servicío senón a contribución desinteresada para o mantemento da organizacións sindical.

Tamén e un acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións e actos convocados polo sindicato sempre que poidas asumilos.

¿E que se financia coa túa cota sindical?

Pois a adquisición de edificios e locais do sindicato, así como o seu mantemento.

As campañas de mobilización e concienciación social.

A contribución a caixa de resistencia é que se utiliza só en conflictos longos e duros, e de desgaste económico para o afiliado de inmensa contía.

Os servicios técnicos como a Asesoría Xurídica e normalización liguística.

Servicios Sociais como a Secretaría da Muller ou Atención o Emigrante retornado ou Inmigracion.

Tódolos que xere o sindicato pola súa actividade instituciónal.

Asesoría Xurídica:

A asesoría xurídica esixe para a súa utilización por parte do traballador unha antigüidade mínima de 6 meses, ou o pago dos mesmos se queres utilizala, nunha medida que ten como fin promocionar a afiliación de conciencia e compromiso colectivo, e non a de interese individual exclusivo.

Ademais nas demandas nas que o traballador reclama diñeiro o sindicato estableceu unhas comisións sobre os cartos reclamados no caso de que a demanda sexa estimada e que diminue atendendo a antigüidade do afiliado que no caso de ter máis de 5 anos a comisión e 0%.

¿Cómo afiliarse?

Achégate polo noso local e cubre a folla de afiliación.


OURENSE

  • ANA Mª SUAREZ ÁLVAREZ (PERSOAL NON SANITARIO)
  • ELOÍSA SEOANE LORENZO (PERSOAL SANITARIO E SAÚDE LABORAL)
  • YOLANDA DOMINGUEZ GALLEGO (ATENCIÓN PRIMARIA)
  • MANUEL PIÑEIRO IGLESIAS (ATENCIÓN PRIMARIA, CONTRATACIÓNS E PRIVADA)
  • FERNANDO RIVAS PÉREZ (PERSOAL NON SANITARIO E CONTRATACIÓNS)
  • ROSA EVA FERNANDEZ PEREIRA (HOSPITAL DE VERÍN)
  • MIGUEL ANGEL CRUZ RODRIGUEZ (PERSOAL SANITARIO E FORMACIÓN)

ENDEREZOS, MAILS E TELÉFONOS

Parque S. Lázaro, 12 - 4º Andar    Teléf.: 988 23 31 34    


C.H.U.Ou (Complexo Hospitalario Ourense)      Teléf.: 988 38 58 44

Correo Electrónico:   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo nfo


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info