ACCESO_S_XEFATURAS

OPE SERGAS

Publicado no D.O.G do día 11 de xuño o

Nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das categorías de:

Médico/a de urxencias hospitalarias

Facultativo/a especialista de área Alergoloxía

Facultativo/a especialista de área Análises Clínicas

Facultativo/a especialista de área Anatomía Patolóxica

Facultativo/a especialista de área Anestesioloxía e Reanimación

Facultativo/a especialista de área Aparello Dixestivo

Facultativo/a especialista de área Cardioloxía

Facultativo/a especialista de área Cirurxía Oral e Maxilofacial

Facultativo/a especialista de área Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

Facultativo/a especialista de área Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora

Facultativo/a especialista de área Cirurxía Torácica

Facultativo/a especialista de área Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía

Facultativo/a especialista de área Endocrinoloxía e Nutrición

Facultativo/a especialista de área Farmacia Hospitalaria

Facultativo/a especialista de área Hematoloxía e Hemoterapia

Facultativo/a especialista de área Medicina Física e Rehabilitación

Facultativo/a especialista de área Medicina Intensiva

Facultativo/a especialista de área Medicina Interna

Facultativo/a especialista de área Microbioloxía e Parasitoloxía

Facultativo/a especialista de área Nefroloxía

Facultativo/a especialista de área Neurocirurxía

Facultativo/a especialista de área Neurofisioloxía Clínica

Facultativo/a especialista de área Neuroloxía

Facultativo/a especialista de área Obstetricia e Xinecoloxía

Facultativo/a especialista de área Oftalmoloxía

Facultativo/a especialista de área Oncoloxía Médica

Facultativo/a especialista de área Oncoloxía Radioterápica

Facultativo/a especialista de área Otorrinolaringoloxía

Facultativo/a especialista de área Pediatría e as súas áreas específicas

Facultativo/a especialista de área Pneumoloxía

Facultativo/a especialista de área Psiquiatría

Facultativo/a especialista de área Radiodiagnóstico

Facultativo/a especialista de área Reumatoloxía

Facultativo/a especialista de área Uroloxía

 

 


María Xosé Abuín: “En vez de pechar as camas que pechen a consellaría polo tempo que queda até as próximas eleccións”

A CIG-Saúde considera inadmisíbel que a conselleira de Sanidade volva culpar do peche de camas ás vacacións do persoal


Compostela, 1 de xuño de 2015.- A CIG-Saúde denuncia o empeño da consellaría de Sanidade e o goberno do PP de vincular o peche de camas coas vacacións ás que o persoal do SERGAS ten dereito. “O peche de camas é unha medida política que afonda no desmantelamento da sanidade pública. O único que se consegue é paralizar, durante catro meses, a asistencia sanitaria pública, que é o seu obxectivo, facilitando a derivación de doentes á sanidade privada”, afirma a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

A CIG-Saúde denuncia que o peche de camas ten consecuencias no eido asistencial e no eido laboral. Abuín explica que, no eido asistencial, provoca un incremento das listas de espera o que obrigará a derivar a doentes á sanidade privada para cumprir a Lei de Garantías. “A lei di que as e os doentes teñen que ser atendidos en 60 días para intervencións cirúrxicas e en 45 para consultas ou probas diagnósticas. A imposibilidade de cumprir eses  tempos na sanidade pública favorecerá a súa derivación á privada, que é onde serán atendidos/as. Ese é precisamente o seu obxectivo político, afondar no desmantelamento da sanidade pública”.

No eido laboral a CIG-Saúde denuncia que o que se incrementa é o desemprego porque estas camas pechadas inciden tamén no desmantelamento do emprego público. “As camas pechan  catro meses, ou máis en algún caso, pero o persoal só ten 30 días de vacacións. O resto fas de corre quendas e cobres os/as compañeiros/as doutras unidades que se van de vacacións impedindo o acceso ao emprego doutros traballadores/as que están inscritos nas listas de contratación”, denuncia Abuín.

A secretaria nacional da CIG-Saúde chama a atención sobre a situación laboral no sector e denuncia o elevado nivel de desemprego. “Estas políticas laborais son intolerábeis, porque así o que lle queda ás e aos profesionais que están nas listaxes de contratación é emigrar”.

Segundo os datos que ten a CIG-Saúde neste intre hai máis 7.000 enfermeiras/os inscritas/os nas listaxes de contratación e no pico máis alto de contratación traballan un 23,27%. Xunto a isto hai case 6.000 auxiliares de enfermería das/os que só traballan o 21,45%; máis de máis 5.300 celadoras/es anotadas/os e só traballan o 11,72%; máis de 3.000 de persoal de servizos xerais e traballa o 3,80%, e máis de 1.000 técnicas/os de laboratorio das/os que só traballa o 9%.

“Poderiamos seguir enumerando máis casos, como é o do persoal facultativo de atención especializada, cun alto índice de precariedade laboral, pero non podemos facilitar datos porque o SERGAS négase a negociar un pacto de contratacións para este persoal e así se oculta a súa situación”, denuncia Abuín.

Ante esta situación a secretaria nacional da CIG-Saúde reitera que “o peche de camas non é responsabilidade do persoal, senón da política de privatización e de desmantelamento do sistema público deste goberno”. Conclúe exixindo que “asuman por unha vez a súa responsabilidade de xestores e que se vaian de vacacións permanentes. En vez de pechar as camas que pechen a consellaría polo tempo que queda ate as próximas eleccións”.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

 

 

Onte, 1 de xuño, publicouse no DOG a ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado matriculado no ano académico 2015/16 nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2016.


Podedes descargar a solicitude na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.es/web/node/14932

image-0001

           

             Asemade, o Diario Médico do día 5 de maio, recolle a noticia que podedes ler máis abaixo, sobre o novo plano de estabilidade que presentou o goberno do PP en Europa. Van recortar, cada ano,  500 millóns de €uros en RRHH, non explican como o van facer, pero si o vinculan á xestión clínica.

      A noticia dí:


"Programa Nacional de Reformas

El Gobierno promete a Bruselas 500 millones de ahorro anual en RRHH sanitarios

El Gobierno ha remitido a la Comisión Europea el Programa Nacional de Reformas en el que, entre otras muchas medidas, promete 500 millones de ahorro anual en recursos humanos sanitarios por la puesta en marcha de la gestión clínica y la mejora de la coordinación, así como 1.000 millones hasta 2016 por el nuevo techo de gasto en farmacia.

El Gobierno ha remitido ya a Bruselas el Programa Nacional de Reformas 2015 y el Plan de Estabilidad 2015-2018, que aprobó el pasado jueves en el Consejo de Ministros. Se trata de dos extensos documentos en los que el Ejecutivo central se compromete con la Comisión Europea a reformas estructurales y recortes de gasto público para sanear las cuentas españolas . Y entre la ingente cantidad de medidas que promete adoptar  hay una larga  batería que afectará a la sanidad. Concretamente, el Programa Nacional de Reformas se compromete a 500 millones de ahorro anual en recursos humanos sanitarios. Para ello avanza la inminente aprobación del decreto que regulará los diplomas de acreditación avanzada, la orden de ficheros de datos que hará posible el registro de profesionales sanitarios y el decreto de gestión clínica. El documento no detalla cómo conseguirá exactamente esos citados 500 millones de ahorro anual, si bien, de las normas previstas a aprobar tan sólo puede desprenderse que los fía a la gestión clínica.

El Programa Nacional de Reformas es un compendio de medidas en el que nos siempre resulta fácil desentrañar qué es nuevo ahorro previsto y qué es ahorro ya conseguido con medidas previas. Las cifras acostumbran a bailar en este documento año a año con partidas de ahorros que tan pronto son de 100 millones como el año siguiente lo son de 500 millones para el mismo asunto o que incluso desaparecen y que, además, pocas veces se asemejan a los ahorros conseguidos posteriormente en la práctica real. Comoquiera que sea, atendiendo a las nuevas promesas enviadas a Bruselas, figuran muchas sanitarias. Entre ellas 500 millones de euros en 2015 y otros 500 millones más en 2016 por la fijación del  nuevo techo de gasto en farmacia, que forzará a las autonomías a no gastar en medicamentos más que lo que crezca el PIB. Pero también hay otras muchas sanitarias:  700 millones de euros anuales por la "ordenación de la cartera básica" de servicios sanitarios y 42,5 millones de euros por la revisión de la cartera de productos dietéticos, así como 134 millones de euros por la central de compras, 263 millones por el ahorro de la receta electrónica y 77 millones extra por la unificación de las tarjetas sanitarias. En este sentido se afirma además que la base de datos de tarjeta sanitaria ha permitido detectar una bolsa de fraude de 28 millones de euros por la baja de 200.000  tarjetas de hipotéticos pensionistas que eran activos.  El documento vuelve a cifrar en 1.000 millones anuales la "adecuada trasposición de la directiva europea", en referencia a la reforma para luchar contra el turismo sanitario y añade otros 1,5 millones de euros de ahorro por la simple no renovación de tarjetas sanitarias de ciertos colectivos.

Además promete 511 millones de euros extra  por las nuevas facultades que se ha dado a las mutuas en la gestión de la incapacidad temporal, 40 millones más por el saneamiento de las cuentas de la Seguridad Social que permitirá la venta de las sociedades de prevención de las mutuas (que debería haberse completado el 31 de marzo) y hasta 305 millones extra por el uso de recursos sanitarios de las mutuas para la atención a pacientes del SNS de baja laboral.

En materia de farmacia, además de los nuevos 1.000 millones entre 2015 y 2016 por el nuevo techo de gasto, se recuerda que entre julio de 2012 y diciembre de 2014 se han ahorrado 4.314 millones en fármacos, más 400 millones anuales por la fijación de precios de referencia (45 por la revisión de precios de referencia y 340 por el nuevo sistema de agrupaciones homogéneas).

El documento vuelve a hablar, como en los tres años anteriores, de crear un modelo sociosanitario y promete la presentación de la estrategia a los grupos sociales involucrados y la aprobación de un documento refundido que resuma la estrategia a seguir en este campo, pero huye en esta ocasión de poner cifras al ahorro que éste conseguirá (que en documentos anteriores se había cifrado en 150 millones anuales). También han desaparecido del texto, por ejemplo, los cuantiosos ahorros que figuraban en el documento anterior atribuidos a la subida del IVA de productos sanitarios.

 En conjunto, el documentos prevé reducir el peso de la sanidad sobre la economía nacional desde representar el 6 por ciento del PIB en 2013 hasta ser el 5,3 por ciento en 2018, lo que supone un descenso del 0,8 por ciento, pero en términos nominales per cápita un incremento del 0,6 por ciento frente al 0,9 por ciento de alza que experimentaría el conjunto del gasto público en el mismo periodo. Es decir, la sanidad perderá peso comoquiera que sea. "



 

OFERTA DE  CURSO ON-LINE:

 


Como todos os anos, CIG-SAÚDE Ourense vai ofertar una serie de cursos de formación en colaboración con FORGA. Entre outros  ofértase o curso "RELACIÓNS HUMANAS E CLIMA LABORAL".

 

Trátase de un curso on-line que se vai desenvolver  dende o día 29 de maio ao 3 de xullo.    

 

 

As solicitudes pódense realizar no local sindical de CIG-SAÚDE Ourense (2º andar edif. materno infantil), ou a través da páxina web de FORGA (www.forga.org)

 

 

 

 

 

 

 

 

TRASLADOS SERGAS PERSOAL SANITARIO


 

 

 

Publicado no DOG de hoxe, día 27 de marzo:

  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal licenciado sanitario. RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF
  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal sanitario diplomado e de formación profesional. RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MESA_SECTORIAL_17_DE_MARZO

Máis artigos...

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info