LISTAS DE CONTRATACIÓNS

TÉC. AUXILIARES EN COIDADOS DE ENFERMARÍA E TÉCNICOS 

 

 

Hoxe, día 17 de decembro, publicouse no Diario Oficial de Galiza o seguinte :


RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF 

 

Cartaz_concentracion_3_decembro

campaa_emprego

 

20141121_conselleira_precarizadora_jpg

 

      Unha mentira repetida cen veces non se converte nunha verdade. O único que pon de manifesto é o desprezo absoluto desde o que fala a persoa que, sen nengún tipo de pudor, repite estas mentiras co fin de ocultar a realidade e desprestixiar ás/aos profesionais.

    Estamos a referirnos ás declaracións que a Conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, fixo nun medio de comunicación, asegurando que a contratación no SERGAS por días soltos ou por media xornada é puntual, que só se daba en contadas excepcións, cando todo o mundo sabe que é a norma e que todos os días se producen cantidades inxentes de contratos, non só por días, senon tamén miserábeis contratos por horas.

 

A quén pretende enganar?

* Ás persoas inscritas nas listas de contratacións que sofren día a día o desemprego, a precariedade laboral, a obriga de realizar contratos a xornada reducida, nalgún caso con desprazamentos superiores a 70 km, onde as retribucións non cubren nin os gastos.?

* Á poboación que sofre día a día as demoras na asistencia pola falla de profesionais?

* Á mesma poboación que ve como os seus familiares, traballadores/as da sanidade pública,agora están en desemprego cando antes traballaban regularmente?

* Ás persoas que emiograron en busca dun posto de traballo?

 

     Sra. Conselleira, unha persoa nun cargo público, ante todo debe de ser respectuosa co persoal que depende dela. O seu aforamento non lle da dereito a mentir e quedar impune. Se o que vostede pretende é transmitir á opinión pública que a precariedade laboral debe ser a situación normalizada dos/as traballadores/as  públicos, non se reprima, sexa sincera.

 

Vostede siga a facer méritos con quen pretende privatizar a sanidade. A sociedade galega non vai consentir que teña a desvergoña de privatizar a Sanidade Pública, que se atreva a criminalizar é precarizar ás persoas que co seu traballo a manteñen viva e que inda teña a fachenda de  negalo mentindo descaradamente.

 

ROCÍO MOSQUERA, PRIVATIZADORA, PRECARIZADORA E ADEMAIS MENTIREIRA!!!!  TENAS TODAS !!!!!

 

 

 

CIG-SAUDE_INFORMA___________MS_5-11-2014

CIG-SAUDE_INFORMA______2_____MS_5-11-2014

CIG-SAUDE_INFORMA____3_______MS_5-11-2014

(Nota de prensa enviada por CIG-SAúDE a pasada semana)

A CIG-Saúde denuncia que esta formación xa é impartida pola FEGAS

A CONSELLARÍA DE SANIDADE DESTINA 228.600 EUROS A CONTRATAR UNHA EMPRESA PRIVADA PARA IMPARTIR FORMACIÓN ÁS/AOS PROFESIONAIS DO SERGAS

         

                                                                                        Compostela, 30 de outubro de 2014


            A CIG-Saúde vén de denunciar que nos orzamentos para 2015 a consellaría de Sanidade destina unha partida de 228.600€ para contratar unha empresa privada que imparta formación continuada a profesionais en “mellora da calidade e seguridade e redución de custos”. Para a CIG-Saúde este gasto está enmarcado na política da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera,  de detraer dos orzamentos públicos diñeiro para empresas privadas sen xustificación algunha.

           A CIG-Saúde explica que até o de agora a formación das e dos profesionais era impartida pola Fundación Pública de Formación Sanitaria (FEGAS) e a formación a usuarios/as a través da Escola de Cidadáns.

Ademais disto, engade que agora a consellaría de Sanidade vai crear a Axencia Galega de Formación e Innovación Sanitaria que “entendiamos que era para mellorar o servizo público e a formación das e dos profesionais –e non só para incrementar o número de directivos designados a dedo- cando, ao final, semella que non vai ser así porque prima o interese por seguir privatizando”, afirma a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

         Neste sentido, a  CIG-Saúde lembra que  desde a chegada do PP ao goberno da Xunta fóronse reducindo os orzamentos destinados a formación e pregúntase se o obxectivo último, á vista desta nova partida orzamentaria, non sería precisamente a de” ir reducindo a formación desde o sistema público para finalmente derivala a empresas privadas”.


Redución de custos

        A CIG-Saúde alerta ademais dos obxectivos concretos desa formación que se pretende impartir desde a empresa privada, nomeadamente no que se refire e “redución de custos”. Neste sentido sinala que até o de agora para o Partido Popular “reducir custos foi e é recortar dereitos e prestacións sanitarias o que vai en detrimento da calidade do sistema público de saúde, castigando ás persoas con menos recursos”. 

1_22-10-14

2_22-10-14

3_22-10-14

 

CONVOCADA OPE DAS CATEGORÍAS DE ENFERMARÍA E MÉDICOS DE FAMILIA NO SERGAS

 

 

CON DATA DE 18 DE DECEMBRO DE 2014, PUBLICOUOSE NO DIARIO OFICIAL DE GALIZA, A RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO-OPOSICIÓN PARA AS CATEGORÍAS DE ENFERMEIRA E MÉDICO DE FAMILIA.


O prazo para presentación de solicitudes ábrese dende o día seguinte da publicación ata o vindeiro 30 de xaneiro de 2015, ambas datas incluídas.

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

 

cig_informa_comisin_tcnica_ope_Pgina_1

cig_informa_comisin_tcnica_ope_Pgina_2

Máis artigos...

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info