SOS_MODIFICADO

ASEMBLEA_TRABALLADORES_19-05-2010

REGULAMENTO BÁSICO DE AXUSTAMENTOS INTERNOS DO COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE
Artigo 1.- Obxectivo e ámbito de aplicación.
O presente Regulamento ten por obxecto establecer as normas básicas polas que se rexerá o procedemento de mobilidade interna voluntaria para o persoal sanitario non facultativo e non sanitario do Complexo Hospitalario de Ourense (en adiante, CHOU).
Enténdese por mobilidade interna o procedemento de provisión no que o profesional participa voluntariamente co fin de acadar a adscripción a un posto base da categoría que ostenta con praza en propiedade neste Centro Hospitalario.
Artigo 2.- Requisitos e condicións de participación.
Poderá participar nas convocatorias de axustamentos internos o persoal estatutario con praza en propiedade no CHOU, que se atope en situación de servizo activo incluíndo as seguintes particularidades:
1.- O persoal con dereito de reserva de praza base no Complexo Hospitalario en situación de liberación sindical, promoción interna temporal, servizos especiais, os dous primeiros anos de excedencia por coidado de familiares e nomeamentos provisionais terá reservado o seu posto, podendo participar nos procedementos de axustamento interno da súa categoría de orixe.
2.- O persoal con praza en propiedade no CHOU e en comisión de servizos noutra Institución Sanitaria ou Administración Pública reservará o posto acadado por axustamento interno neste Centro durante seis meses dende o inicio da comisión, agás das xeradas por cooperación con algunha organización de axuda humanitaria, que non terán tal limitación.
3.- O persoal fixo cunha praza definida na Relación de Postos de Traballo (en adiante, RPT) do réxime xurídico funcionario ou laboral da Xunta de Galicia, só poderá optar aos postos de traballo vacantes convocados no Centro de Traballo ao que está adscrito pola súa RPT.
Artigo 3.- Convocatoria.
Os concursos de axustamento interno convocaranse pola Xerencia Xeral do CHOU, con carácter xeral, cunha periodicidade anual. A convocatoria realizarase no último trimestre do ano, preferentemente no mes de outubro, salvo situacións excepcionais que serán resoltas pola Comisión de Axustamentos Internos.
A convocatoria, xunto co cronograma, publicarase nos taboleiros de anuncios así como na Intranet do Complexo Hospitalario e conterá, como mínimo:
-As bases da convocatoria, recollidas no presente Regulamento e que se xuntará como Anexo I da dita convocatoria.
-A relación de postos vacantes ofertados, entendéndose por vacantes todos aqueles carentes de propietario axustado previamente.
-O modelo oficial de solicitude.
Previamente a calquera convocatoria ordinaria, a Dirección achegará á Comisión de Axustamentos Internos a relación de postos de traballo a convocar na categoría correspondente.
Os postos en áreas de nova creación poderán convocarse no momento da súa necesidade de cobertura, previa negociación na Comisión de Axustamentos Internos, garantíndose a mesma publicidade e podéndose reducir os prazos excepto o prazo de presentación de solicitudes que se manterá, en todo caso, o prazo de 15 días.
Artigo 4.- Solicitudes.
As solicitudes presentaranse por duplicado exemplar no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario (en horario de 8:30 h. a 14:30 h.) no modelo establecido ao efecto, sendo o prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria nos taboleiros.
Cada solicitante poderá optar a un máximo de 10 postos de entre os convocados, relacionándoos na solicitude por orde de preferenza.
Xuntaranse á solicitude os documentos acreditativos dos méritos alegados, debendo ser presentados no Rexistro orixinais e copias dos mesmos para o seu cotexo.
A solicitude xunto coa documentación, unha vez rexistrada, incluirase nun sobre pechado, remitíndose todos eles, ao día seguinte ao de remate do prazo, á Dirección de Recursos Humanos e Relacións Laborais.
Rematado o prazo de presentación de instancias, non se admitirán modificacións nin a incorporación de nova documentación.
Artigo 5.- Comisión de Axustamentos Internos.
A Comisión de Axustamentos Internos integrarase de forma paritaria por un representante de cada unha das Centrais Sindicais representadas na Comisión de Centro e igual número de representantes designados pola Xerencia Xeral do CHOU; e terá entre as súas funcións:
-A interpretación do presente Regulamento e a decisión sobre aqueles supostos que puideran xurdir e non estiveran especificamente contemplados nel.
-A elaboración das propostas de resolución dos procesos.
-Resolver, no seu caso, as reclamacións formuladas contra a Resolución Provisional do proceso.
E, tódalas demais funcións que se lle asignen no presente documento.
Artigo 6.- Resolución provisional.
No prazo de 30 días naturais, a contar dende o seguinte ao de remate da presentación de instancias, a Comisión de Axustamentos Internos formulará a proposta de resolución provisional, indicando os destinos adxudicados e precisando a puntuación obtida por cada solicitante que acade destino, facendo tamén constar os postos que queden desertos.
En caso de empate na puntuación final obtida entre dous ou máis aspirantes, resolverase cos seguintes criterios:

-Maior antigüidade con praza en propiedade na categoría á que se opta:
1º.- No CHOU.
2º.- No Sistema Nacional de Saúde (en adiante, SNS).
-De persistir o empate, terá preferenza o aspirante de maior idade.


A proposta da Comisión deberá elevarse á Xerencia Xeral, quen dictará a Resolución provisional e procederá á súa publicación nos taboleiros de anuncios do CHOU no prazo de 5 días hábiles dende a recepción da proposta.
Artigo 7.- Impugnacións.
Os participantes disporán dun prazo de 5 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación da Resolución provisional para presentar as reclamacións que estimen pertinentes.
Durante o devandito prazo os participantes poderán presentar a súa renuncia por escrito no Rexistro Xeral do CHOU, sen penalización para o traballador.
Artigo 8.- Resolución definitiva.
Rematado o período de impugnacións indicado no apartado anterior, a Comisión de Axustamentos Internos pronunciarase sobre as mesmas, emitindo proposta de Resolución definitiva que será dictada e publicada pola Xerencia Xeral nos 10 días naturais seguintes.
Co obxecto de procurar unha estabilidade na organización dos Servizos, os traballadores aos que se lles asigne definitivamente un posto, e non tivesen renunciado ao mesmo unha vez publicada a Resolución provisional, poderán renunciar ao mesmo antes da súa incorporación efectiva tendo o mesmo tratamento que se renunciasen unha vez incorporados.
Artigo 9.- Incorporación aos postos adxudicados.
Co fin de evitar posibles trastornos nos distintos Servizos do Hospital, a incorporación dos adxudicatarios ós seus destinos será realizada pola Dirección correspondente de xeito progresivo en tempo e prazo non superior aos 3 meses dende a data de publicación da Resolución definitiva, se ben, en casos excepcionais nogociarase na Comisión de Axustamentos Internos a ampliación do prazo anterior. En todo caso, o prazo anterior non será aplicable cando a incorporación se realice en unidades, Servizos ou Áreas de Axustamento consideradas como especiais. Non obstante, a este persoal computaráselle, para os efectos de continuidade, como tempo traballado na Unidade de destino dende o día seguinte ao da data de publicación da Resolución definitiva.
Naquelas Unidades, Servizos ou Áreas de Axustamento con máis dun posto vacante a cubrir nun mesmo axustamento, a adxudicación de postos farase atendendo á maior puntuación obtida no proceso, independentemente da incorporación efectiva e progresiva aos destinos adxudicados.
Haberá un período de adaptación de 2 meses, a contar dende a data de incorporación efectiva ao destino adxudicado, en que o traballador poderá renunciar ao novo posto, voltando neste caso ao seu posto de orixe, non podendo participar no seguinte proceso de axustamento.
Neste mesmo prazo, e para o suposto de que o adxudicatario manifeste unha notoria e probada inadaptación ao novo destino, previo informe emitido polo responsable da Unidade correspondente e co visto e prace da súa Dirección, oído o adxudicatario e previa reunión coa Comisión de Axustamentos Internos, poderá revogarse a súa adxudicación, podendo voltar o traballador ao seu posto de orixe –se este o ostentase por axustamento previo- ou ben optar entre os que se atopen desertos dos ofertados.
A dirección facilitará a formación daqueles traballadores que, como consecuencia dun proceso de axustamento interno, vaian a incorporarse a Unidades, Servizos ou Áreas especiais coas seguintes especificacións:
Previamente á incorporación nas unidades, servizos ou áreas especiais, o persoal terá a opción de realizar un curso de formación certificado fóra da xornada laboral, podendo facer coincidir o máximo de 28 horas anuais para asistencia a cursos de formación estipuladas no vixente Acordo de Concertación Social coa xornada laboral.
As especificacións da formación serán as seguintes:
A) Persoal Sanitario Non Facultativo
Unidades, Servizos ou Áreas especiais : UCI adultos, Reanimación, Quirófanos, Nefro-Diálise, UCI Pediátrica, Prematuros, Esterilización e Resonancia Magnética Nuclear.
-Enfermeiro/as: 60 horas.
-Técnicos especialistas en radiodiagnóstico: 60 horas.
-Técnicos en coidados Auxiliares de Enfermaría: 30 horas.
B)Celadores
Unidades, Servizos ou Áreas especiais : Saúde Mental e Quirófanos.
-Saúde Mental: 30 horas prácticas.
-Quirófanos: 30 horas prácticas.
O persoal que se incorpore ás ditas unidades e que manifeste unha notoria inaptitude para o desempeño do posto nun prazo de 20 días de xornada efectiva dende a súa incorporación, poderá ver revogada a súa adxudicación previo informe da Dirección correspondente, oído o traballador/a e previa reunión coa Comisión de Axustamentos Internos, retornando, nese caso, ao seu posto de orixe se éste se obstentase por axustamento previo ou ben optar entre os vacantes que lle sexan ofertados.
Artigo 10.- Postos que resulten desertos ou vacantes xeradas tralo axustamento.
10.1.- Os postos que resulten desertos así como os pertencentes a traballadores que se encontren nas situacións especificadas no artigo 2, punto 1, ademais daqueles que quedaran vacantes como consecuencia do axustamento interno cubriranse, de xeito provisional, por persoal propietario sen posto base definitivo que previamente participara no axustamento en curso ou polo persoal do centro que non tivera dereito a participar no mesmo.
-Terá prioridade o persoal fixo pola seguinte orde:
1º.- Persoal con praza fixa no CHOU.
2º.- Persoal en Reingreso Provisional.
3º.- Persoal en Comisión de Servizos.
4º.- Persoal en Promoción Interna.
-A continuación situarase o persoal vinculado temporalmente.
Os criterios a seguir en ambos casos (primeiro persoal fixo e logo temporal), con carácter xeral, son os seguintes:
1º.- O máis antigo no CHOU na categoría correspondente (no persoal fixo refírese ao máis antigo con praza en propiedade no CHOU e no caso do persoal temporal ao máis antigo como interino en praza vacante).
2º.- O máis antigo no SNS na categoría correspondente (refírese ao máis antigo con praza en propiedade).
3º.- O de maior idade.

Nas Unidades, Servizos ou Áreas de Axustamento especiais, os criterios a seguir serán os seguintes:
1º) Persoal con máis de 90 días de experiencia
a.- O máis antigo no CHOU na categoría correspondente.
b.- O máis antigo no SNS na categoría correspondente.
c.- O de maior idade.
2º) Persoal con experiencia entre 30 días e 90 días
a.- O de maior experiencia na Unidade, Servizo ou Área de Axustamento.
b.- O máis antigo no CHOU na categoría correspondente.
c.- O máis antigo no SNS na categoría correspondente.
d.- O de maior idade.
* No caso do persoal interino no apartado 1º obviarase o punto b e no 2º obviarase o punto c.
10.2.- Os postos que resulten vacantes ou postos de nova creación dentro dunha Unidade, Servizo ou Área de Axustamento, xerados entre axustamentos, serán ofertados a todo o persoal axustado nesa Unidade, Servizo ou Área de Axustamento no momento da súa xeración.
A súa adxudicación seguirá os seguintes criterios:
1º.- O de maior antigüidade na Unidade, Servizo ou Área con posto axustado.
2º.- O de maior antigüidade como propietario na categoría no SNS.
3º.- O de maior idade.
Artigo 11.- Restructuración de Áreas.
11.1.- Cando con motivo dunha restructuración ou calquera outra circunstancia que puidera dar lugar a unha redución de postos de persoal axustado nunha Unidade, Servizo ou Área de axustamento sairán do referido destino:
1º.- O que voluntariamente o solicite.
2º.- O de menor antigüidade de na Unidade, Servizo ou Área con posto axustado.
3º.- O de menor antigüidade, como propietario na categoría, no SNS.
4º.- O de menor idade.
No caso de supostos excepcionais de separación de Unidades, Servizos ou Áreas de Axustamento, para definir a pertenza a unha ou outra zoa resultante da escisión, seguirase o criterio inverso quedando do seguinte xeito:
1º.- O de maior antigüidade na Unidade, Servizo ou Área con posto axustado.
2º.- O de maior antigüidade como propietario na categoría no SNS.
3º.- O de maior idade.
11.2.- O traballador afectado poderá optar entre as vacantes existentes nese momento na súa categoría no Complexo, tendo ese posto carácter definitivo de axustamento constando como data de antigüidade na Unidade, Servizo ou Área a que tivese na Área obxecto da restructuración.
De non existir vacantes, terá preferenza no primeiro axustamento interno que se convoque. No caso de ser varias as persoas que se atopen nesta situación e opten por un mesmo posto, aplicaráselles o baremo.
11.3.- Así mesmo, este persoal, tanto se tivera abandonado a Unidade voluntariamente como se o fixera forzosamente, terá preferenza para retornar á mesma Unidade cando se orixine unha vacante e por unha soa vez.
11.4.- Cando a reducción de postos á que se fai referenza anteriormente afecte a persoal sen posto axustado, utilizaranse os seguintes criterios de saída:
1º.- O persoal interino por orde de menor a maior antigüidade na Unidade, Servizo ou Área de Axustamento.
2º.- O persoal en promoción interna en praza vacante de menor a maior antigüidade na Unidade, Servizo ou Área de Axustamento.
3º.- O persoal en Comisión de Servizos de menor a maior antigüidade na Unidade, Servizo ou Área de Axustamento.
4º.- O persoal en Reingreso Provisorio de menor a maior antigüidade na Unidade, Servizo ou Área de Axustamento.
5º.- O persoal fixo no CHOU, sen posto axustado, por orde de menor a maior antigüidade na Unidade, Servizo ou Área de Axustamento.
ANEXO I
BAREMO
As solicitudes serán avaliadas conforme ao seguinte Baremo:
1.- Titulación específica
Terá prioridade absoluta o persoal que tendo especialidade ou titulación recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia aspire a unha vacante relacionada coa dita especialidade ou titulación.
2.- Criterios de baremación
-Antigüidade no SNS con nomeamento en propiedade: ponderación do 55%.
-Continuidade (tempo de permanenza de xeito continuado nunha Unidade, Servizo ou Área de Axustamento con posto axustado): ponderación do 30%.
-Formación (Continuada, Docencia e Investigación): ponderación do 15%.
3.- Baremo aplicable
3.1.- Antigüidade no SNS
Por cada mes completo acreditado de servizos prestados con nomeamento en propiedade na categoría obxecto de convocatoria: 0,15 puntos.
Por cada mes completo acreditado de servizos prestados con nomeamento en propiedade noutra categoría estatutaria: 0,075 puntos.
(Aos Operarios computaráselles o tempo traballado nesa categoría como servizos prestados na categoría na que se homologaron).
A puntuación máxima neste apartado será de 55 puntos.
3.2.- Continuidade
Tempo nunha Unidade, Servizo ou Área de Axustamento con posto adxudicado en concurso de axustamento interno, valorarase a partir de 24 meses con 8 puntos, máis 0,25 puntos por cada mes.
A puntuación máxima neste apartado será de 30 puntos.
3.3.- Formación
3.3.1.- Formación continuada
a) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría.
b) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría.
c) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das Administracións Públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría.
A razón de:
- Por crédito: 0,25 puntos
- Por hora: 0,025 puntos
Os cursos valoraranse polos créditos que consten nos seus certificados, se non constasen os créditos, os cursos valoraranse polas horas que se especifiquen no certificado. No caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste. Non se valorarán aqueles cursos nos que non figure a súa duración e contido.
A puntuación máxima que se poderá obter por formación continuada será de 10 puntos.
3.3.2.- Docencia (pregraduada, posgraduada e formación continuada) relacionada directamente coa categoría do/a docente
a) Por hora impartida: 0,05 puntos.
A puntuación máxima que se poderá obter por docencia será de 3 puntos.
3.3.3.- Traballos científicos e de investigación, comunicacións ou ponencias en congreso.
a) Por traballos publicados directamente relacionados coa categoría da que se trate, conforme os seguintes criterios:
Publicación revista: 0,12 puntos.
Capítulo libro: 0,15 puntos.
Libro completo: 0,5 puntos.
Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.
b) Comunicacións ou ponencias en congresos directamente relacionados coa categoría da que se trate: 0,05 puntos por ponencia.
Un mesmo traballo presentado en varios congresos, xornadas, talleres, etc. so poderá ser valorado unha soa vez por convocatoria de axustamento.
A puntuación máxima que se poderá obter por traballos científicos e de investigación, comunicacións ou ponencias en congresos será de 2 puntos.
5.- Revisión.
En cada convocatoria poderá valorarse pola Comisión de Axustamento Interno a introducción de posibles modificacións no baremo aplicable, que se estimen convenientes para adaptarse á realidade do Centro e da categoría concreta obxecto da dita convocatoria.

Los sindicatos critican el cierre del Hospital de Piñor y el Chou dice que las obras no lo clausuran

Autor: La Voz de Galicia
 
Fecha de publicación:27/3/2010 
 
Por parte del Chou se informa que la denuncia de los sindicatos «é de todo xeito falsa e tendenciosa» y añade que en verano, el Hospital de Piñor acometerá las obras para una nueva red de saneamiento y alcantarillado así como de la mayor parte de sus conducciones y canalizaciones. Señala que tales obras coincidirán «coa redución de ingresos hospitalarios e de recursos humanos derivados do periodo vacacional» y esto obligará, según la directiva del Chou, a cesar la actividad de las unidades de hospitalización «inutilizando as 71 camas cas que conta o hospital».

Este un exemplo dos moitos publicados na prensa a raiz do peche do Hospital de Piñor. As disculpas iniciais eran as obras. Como podemos ver nas imaxes seguintes parece que non era moi necesario o peche: as obras están en curso e os doente seguen en Piñor.

OBRAS_PIOR

 

Como podemos fiarnos das verbas da xerente do CHOU? se comeza xustificando ó peche por obras e non era necesario pechar o Hospital para facelas, por que se nos di iso?


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info