NOVAS REMITIDAS POLO SERGAS EN RELACION A DISTINTAS TOMAS DE POSESION DE OPE E TRASLADOS:

"Bo día:

Polo presente, infórmovos de que ao longo da vindeira semana iranse publicando no DOG, de xeito escalonado, as datas de toma de posesión (OPE e concurso de traslados) das últimas categorías pendentes.

Esta mesma tarde, estará dispoñible na páxina web o avance das seguintes resolucións de publicación:

· Resolución de nomeamento, adxudicación e toma de posesión de OPE e C.Traslados de Auxiliares de enfermería: data de publicación no DOG de 6 de maio.

· Resolución de nomeamento, adxudicación e toma de posesión de OPE e C.Traslados de farmacéutico/a de atención primaria, médico/a de atención primaria, odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria: data de publicación no DOG de 6 de maio."

 

Informacion web do Sergas:


O sergas fixo público hoxe o seguinte
Sábado 29 de Abril :

Ás 17,00 horas a totalidade dos seleccionados nas categorías de
técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico e técnico/a
especialista en radioterapia

Ás 17,45 horas a totalidade dos seleccionados na categoría de
grupo auxiliar da función administrativa
ter_tel_aux_administrativos.pdf

CORREO REMITIDO POLO SERGAS CON NOVAS SOBRE TOMAS DE POSESIÓN E ELECCIÓN DE DESTINO

"Bo día:

Por encargo da directora de RRHH, mediante o presente, infórmovos do seguinte:

1.- Acto elección destino.- categorías de auxiliar administrativo, T. E en radioterapia e T. E. en radiodiagnóstico: Xúntanse as prazas correspondentes a estas categorías. O citado acto de elección será o día 29 de abril. A resolución sairá mañá para o DOG.

 Libro_AUXADM.xls

 LibroOPETER_TECRADIOTERAPIA.xls

2.- Tomas de posesión.- categorías grupo de Xestión da función administrativa, lavandero/a; pasador/a de ferro. Prevemos que a toma de posesión de concurso de traslados teña lugar o día 27 de abril e a de OPE o 29 de abril.

A resolución xa está mandada a DOG para a súa publicación o vindeiro día 26.

3.- Toma de posesión OPE e concurso de traslados.- categorías de T.C. auxiliares de enfermería e médicos de familia. A previsión que vos anticipamos é que teñan lugar o vindeiro 10 de maio.

No caso de que sobre estas previsións se produza algunha mudanza por cuestións organizativas e/ou técnicas, vola comunicaremos á maior brevidade posible.

Saúdos"

NOTA REMITIDA POLO SERGAS:

"Bo día:

Polo presente infórmovos que as tomas de posesión das categorías citadas (PSX, T. E de sistemas e TI ; T. de xestión de sistemas e TI) no asunto serán o día 12 e o 14 de abril para concurso de traslados e OPE, respectivamente.

Prevemos que as resolucións se publiquen no DOG o vindeiro lúns e que estean dispoñibles a partires do mediodía de hoxe na páxina web.

 Saúdos,

María Ponte

Xefa de servizo de RRLL"

 

Publicada na web do SERGAS (e xa van dúas resolucións que publican sen avisar...) resolución pola que se declaran rematados os procesos de celadores/as e FEA de Psiquiatría.

Os prazos de toma de posesión serán como seguen:

O cómputo dos prazos dos ceses para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 29 de marzo de 2011, conforme ao disposto na base oitava das Resolucións do 21 de xaneiro de 2010 (DOG nº 27 do 10 de febreiro) e do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 143, do 28 de xullo) polas que se convoca o concurso de traslados. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e iniciarase o día 29 de marzo de 2011.

Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 31 de marzo de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.

O SERGAS envíanos o

documento definitivo de INSTRUCIÓNS DE INCORPORACIÓNS E CESAMENTOS

Dende CIG-SAÚDE, queremos denunciar o contemplado no apartado "D" punto "cuarto", das mesmas, que permite aos cargos que ocupan unha xefatura, entre outras ás supervisións, manterse en dita xefatura non tendo a obriga de incorporarse ao destino acadado como consecuencia do traslado, isto segúndo o noso criterio supón un fraude no concurso xa que a consecuencia que ten é que blinda un número importante de prazas en Atención Primaria para Xefaturas, cando nos entendemos que os traslados ao ser un acto voluntario, non debería de permitir esto e debería de obrigar as persoas a tomar posesión de destino acadado.


Previsión de publicacións no DOG para a vindeira semana é a seguinte:

 

luns 24:

FEA de Psiquiatría (OPES 2006/2008), elección de destino unificada

 

martes 25:

resolución definitiva do concurso de traslados de todas as categorías, agás licenciados sanitarios e enfermarías

 

mércores 26:

puntuacións definitivas da baremación da fase de concurso da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

 

Máis artigos...

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info