Segundo duas sentenzas xudiciais( unha do xulgado contencioso administrativo de Santiago, a outra do TSJ da Coruña ) sobre o particular de "localidade" a sentenza identifica claramente o concepto "ÁREA SANITARIA" co de "LOCALIDADE" para o ámbito do Sergas.

Tamen contempla claramente que o que recoñece o Estatuto Básico é norma mínima, que pode haber acordos que superen o que contempla este Estatuto Básico, polo tanto o que acontece en definitiva é:

 1.       Permisos SERGAS: ámbito AREA SANITARIA e non localidade.

2.       Si o que contempla o noso Acordo de Concertación Social é superior ao EBEP, aplicariase o Acordo de Concertación Social.

3.       Si o que contempla o EBEP é superior, sería esto o que se aplicase.

 

CASO CONCRETO

 Permiso enfermidade grave

 EBEP: concede 3 dias na localidade e 5 días  si é fora da localidade [ para o Sergas sería 3 días na mesma área e 5 días noutra área ]

 ACORDO CONCERTACIÓN: 4 días

Neste caso a persoa está noutra localidade ( polo EBEP corresponderíanlle 5 días ), pero está na mesma área e como o Xuíz identifica no Sergas área con localidade, corresponderíanlle 3 días, pero entonces é cando hai que acudir á normativa específica ( acordo concertación ) que recolle 4 días.


Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info