ÉXITO DA CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLA PATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE


No día de onte, 24 de xaneiro, celebrouse unha concentración na Praza Maior, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Ourense. O motivo principal era amosar o rexeite á nova lei de Saúde aprobada  recentemente polo Consello da Xunta de Galiza presidida por Feijóo. Asemade, sumáronse a esta convocatoria a Comisión de Centro do CHUO, a Comisión Delegada de Verín, o persoal de limpeza e mantemento de Ferrovial, ademais doutros colectivos que na actualidade estamos en conflicto coa administración sanitaria.

A convocatoria foi un éxito, cun cheo absoluto da Praza Maior de Ourense. Miles de ourensans mostraron así a sua indignación contra o maltrato que os nosos xestores están a ter coa provincia de Ourense.

A seguinte cita será o 4 de febreiro, coa convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela por parte de SOS Sanidade pública e para a que pedimos a colaboración de tod@s @s cidadáns.

A SANIDADE PÚBLICA NON SE VENDE !!!  

DEFÉNDESE !!!

Concentracin_Ourense_Praza_Maior_24_xaneiro_2018_1