Outra decisión restritiva para xs traballadorxs da EOXI Pontevedra-Salnés

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Sergas

Limitación do dereito ao desfrute das vacacións. CIG rexeita a decisión unilateral da dirección da EOXI Pontevedra-Salnés de rachar co acordo existente dende 2005 acerca do período ordinario de desfrute das vacacións nos meses de xullo a setembro, e dos acordos de rotacións entre traballadorxs dos diferentes servicios para desfrutar as vacacións nese período. O argumento da dirección de que en determinadas categorías existan dificultades para cubrir as vacantes non o poden utilizar como escusa para restrinxir os dereitos do conxunto do traballadorxs. A decisión de aumentar nun mes máis o período de desfrute das vacacións (xuño a setembro) vai supor unha menor contratación nese período e non está garantido a mellora na contratación para o persoal das listas como a administración nos quere facer crer.

Esta medida ten máis que ver co peche de camas que coa falta de profesionais, deste xeito o persoal excedente dos servizos pechados substituirá ao persoal de vacacións do resto dos servizos. Cabe lembrar que as categorías que a administración define como deficitarias son consecuencia directa da política de contratación do SERGAS: contratos en precario e sen garantías obrigan aos profesionais a marchar á empresa privada e a outros servizos de saúde, ou a solicitar a suspensión de chamamentos porque senón non teñen vida familiar. A pesar de que dirección insinúa nos medios de comunicación de que conta co beneplácito dxs traballadorxs, está lonxe da realidade, o que existe é moito cabreo por parte dos profesionais con esta medida.

Dende a CIG estamos convencidos de que esta medida ten máis que ver con recortar en contratos de persoal (medida exclusivamente económica) que coa falta de profesionais, pois pechar camas durante catro meses ou mais implica que o persoal fixo excedente cubrirá as vacacións do resto do persoal. Esta decisión ven afondar máis na apatía e desmotivación dos profesionais que ven como día a día a súa situación laboral se deteriora. Os profesionais son os que están a dar a cara e implicarse de cheo nunha situación de deterioro do Sistema Sanitario Público Galego.

 

Xuntanzas coa Dirección (marzo do 2018)

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

2018 marzo 12018 marzo 22018 marzo 3

 

Asemblea polo Convenio na Sanidade Privada

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

asemblea Convenio 22M Vigo

 

Folga na Sanidade Privada

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Panfleto Folga Sanidade Privada

 

Concentración pola Sanidade Pública en Pontevedra

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

concentración día 24

 

Cursos ON LINE FORGA sobre Sanidade

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

forga 1

Informamos que está previsto que nos vindeiros días se publique na nosa páxina de FORGA (https://forga.gal) os seguintes cursos ON-LINE.

1. ATENCIÓN NOS PROCESOS DE DÓ TRAS UNHA PERDA. 10h. Dende o 8 ó 23 de marzo.

2. HABILIDADES SOCIAIS E DE COMUNICACIÓN NOS SERVIZOS SANITARIOS. 26h.  
Dende o 3 de abril ó 8 de maio
 

Xuntanzas coa Dirección (decembro do 2017)

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

xaneiro 2017 1xaneiro 2018 2xaneiro 2018 3

 

A voltas coa saturación das Urxencias

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
urxencias montecelo 1
 
Dende a CIG -Saúde queremos denunciar máis unha vez a saturación de urxencias. Son moitos os pacientes que se están a queixar das interminábeis esperas e non poucas altas prematuras e somos tamén moitas traballadoras e traballadores os que vemos esta saturación e o estres de boa parte do persoal ante xornadas intensas.
 
A semana pasada, a Xerencia da Xestión Integrada de Pontevedra-O Salnés anunciou un Plan de Continxencias contra a gripe e, entre outras medidas, falaban do aumento de persoal, maior coordinación entre servizos e eliminar as operacións de tarde (peonadas) para liberar camas e desconxestionar urxencias. Nada diso se cumpríu. Por poñer un exemplo: a unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria (CMA) que conta con 10 camas, estivo ocupada con ingresos de urxencias toda a pasada fin de semana, até o luns. O luns 18, comezaron con peonadas e pola noite (ese mesmo luns) esa unidade permaneceu pechada, mentres Urxencias seguía saturada e se seguía dicindo que non había camas.
O resto da semana esa unidade seguíu ocupada con pacientes cirúrxicos das peonadas, porque dende a Xerencia deben ter présa por reducir algo os números das listas de espera para vendelo como un éxito a final de ano, por diante da atención sanitaria e de ter as camas necesarias para os doentes que as precisasen. Dende a Xerencia poderanlle dar as voltas que queiran e mesmo maquillar os datos, pero estas decisións non redundan na calidade asistencial e nunhas adecuadas condicións de traballo para as traballadoras e traballadores.
 
A situación lonxe de solucionarse vaise agravando co tempo como consecuencia da falta de inversión en infraestructuras, e a falta do persoal necesario.
 
A semana pasada Feijóo culpaba aos usuarios do mal uso do sístema público dun xeito irresponsábel. É culpa dos doentes que non haxa personal suficiente e que non se cubran baixas, permisos ou vacacións? É culpa dos doentes que se peche unha unidade cando se precisan camas? Non será que quen fai un mal uso do sistema público de saúde son quen o xestionan, señor Feijóo? Non sería mellor que o Presidente da Xunta e o seu goberno se deixasen de recortar e privatizar a sanidade de todas e todos?
 
Dende a CIG-Saúde esiximos que o SERGAS e o PP na Xunta en vez de preocuparse de tapar os problemas, rectifiquen e se adiquen a resolvelos, reforzando os servizos a través da  contratación de
persoal, suspendendo as peonadas e abrindo todas as unidades dispoñíbeis para desconxestionar Urxencias. Porque coa nosa saúde non se xoga!
 
 
Cig Saúde Pontevedra-O Salnés
 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>