Folga Xeral na Sanidade Pública Galega

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

 

FOLGA XERAL

NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA

    Feijoo demanda das/os demais que cumpran as normas, mentres el segue a incumprir os acordos asinados na mesa sectorial, que teñen carácter de norma, e polo tanto son de obrigado cumprimento.

    No ano 2010, o goberno do PP suspende os acordos de mellora retributiva e laborais, así coma a carreira profesional.

    No ano 2017, séguenos a negar o dereito a negociar un calendario de recuperación dos mesmos. Condenando así ao persoal do SERGAS a ter as retribucións máis baixas ca o resto de traballadoras/es da Xunta de Galiza, e do resto dos Servizos de Saúde.

    Entende o Sr Feijoo que os únicos que teñen dereito, non só á recuperación salarial, se non a incrementar o seu salario, son el e o seu goberno. Por iso permitiuse no ano 2017 subirse o seu salario un 7.5% cando no ano 2010 só o rebaixou un 3%.

Se a recuperación económica é froito do noso esforzo,

os nosos salarios tamén teñen que recuperarse

 

Non lle consintamos a Feijoo que siga insultando as/os traballadoras/res do SERGAS. Xa no ano 1991 impediu que as/os traballadoras/es do SERGAS cobrásemos a mesma retribución do complemento específico que o resto de traballadoras/es da Xunta de Galiza.

Co acordo 2008-12 as/os traballadoras/es do SERGAS iamos reducir esa diferencia salarial do complemento específico, pero chegou Feijoo e roubounos os nosos dereitos.

E si falamos da atención continuada: noites, festivos, gardas.... seguemos a estar a cola das retribucións dos servizos de saúde.

E na enfermidade, ao persoal do SERGAS é a único persoal que se lle desconta o 50% do salario nos 3 primeiros días de baixa.

Entre todas e todos temos que obrigar a Feijoo a que cumpra as normas de:

Acordo retributivo 2008-12.
Acordo salarial de atención primaria. As/os traballadoras/es de primaria non poden seguir a cobrar, indefinidamente, o 80% da retribución correspondente a noites, domingos e festivos.
A carreira profesional, concepto retributivo recollido no Estatuto Marco, para todas as categorías .
Pago do 100% en caso de I.T e recollida no estatuto de persoal sanitario e non sanitario desde o ano 1972.
 

Pola defensa dos teus dereitos e pola túa dignidade profesional.

PARTICIPA NA FOLGA DOS DÍAS 2 e 3 de Novembro.

É responsabilidade de Feijoo e do Conselleiro de sanidade manter a paz social no SERGAS.

 

 

 

 

 

Concentración no Hospital do Salnés. 25 de Outubro

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

25 de outubro

 

Lumes Nunca Máis! A CIG exixe a dimisión de Feixóo pola súa “política forestal pirófita”

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Lume 1
Convocadas concentracións en toda Galiza para este luns
 
Lumes Nunca Máis! A CIG exixe a dimisión de Feixóo pola súa “política forestal pirófita”
 
A CIG lamenta profundamente a morte das persoas que se viron atrapadas polos lumes descontrolados que asolaron esta noite montes e poboacións enteiras en distintos puntos de Galiza e nomeadamente de Pontevedra, Ourense e Lugo. Unha situación catastrófica da que a CIG responsabiliza á “política forestal pirófita do Partido Popular” e exixe a dimisión do presidente da Xunta. Chama ademais ás concentracións convocadas de urxencia por toda a xeografía galega.
 
Polo momento están confirmadas, para as 20:00 horas deste luns día 16 as concentracións que seguen, pero poderían ampliarse a máis localidades.
 
- Ourense: Casa de Chocolate
 
- Vigo: Diante do Marco
 
- A Coruña: Obelisco
 
- Compostela: Praza do Toural
 
- Lugo: Edificio Multiusos da Xunta
 
- Pontevedra: Praza da Peregrina
 
- Ferrol: Praza de Amada García
 
- Cangas: Praza do concello
 
- Monforte: Praza de España
 
- Ribeira, Praza do Concello.
 
- Cambados, Praza do Concello.
 
- Lalín, Praza de Lóriga.
 
- As Pontes, diante do Concello.
 
- O Carballiño, Praza Maior.
 
- Barcelona. Plaça Sant Jaume
 
- Madrid. Porta do Sol
 
- No Barco a concentración celebrarase ás 19h diante do Concello.
 
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, responsabiliza da catástrofe que padeceu Galiza esta noite á política de abandono do rural propiciada polo Partido Popular e a política de eucaliptización promovida desde a Xunta de Galiza, condicionada polos intereses empresariais da pasteira ENCE.
 
Carril denuncia tamén a ausencia de políticas de prevención que manteñan os nosos montes limpos e a falta de previsión diante dunhas condicións climatolóxicas que se sabía desde hai xa varios días que eran as peores para a propagación de lumes: vento, seca e altas temperaturas. Por iso rexeita a versión oficial coa que desde o goberno do PP se pretende eludir responsabilidades atribuíndo a vaga de lumes ao “terrorismo incendiario”, cunha suposta trama organizada que tería provocado estes incendios ao longo do noso territorio. “Terrorista é quen permite unha ordenación do territorio e unha política forestal que favorece que o noso país arda polos catro costados”, afirma.
 
O secretario xeral da CIG tampouco considera serio que se responsabilice desta catástrofe ás autoridades portuguesas polos incendios que pasaron dunha banda a outra do Miño, tal e como fixeron o Presidente e o vicepresidente da Xunta.
 
A CIG denuncia ademais que lonxe de se adoptar medidas “o goberno do PP insiste en políticas suicidas pretendendo aprobar unha lei como a de Fomento de Implantación empresarial que afonda aínda máis na eucaliptización para atender aos intereses de Ence”.
 
Apagón informativo
 
Para a CIG resulta indignante a ausencia informativa dos medios de comunicación públicos galegos, que permaneceron alleos á gravísima situación na que vivía o país mantendo a programación enlatada que tiñan prevista para esa xornada sen dar sequera información das alertas que se sucederon ao longo da xornada e que puxeron en grave risco a poboacións enteiras eludindo o seu labor de servizo público.
 
Diante disto, a central sindical denuncia o uso partidista que o PP fai dos medios públicos e a obsesiva censura e manipulación informativa á que se ven sometidos.
 
Ao longo do día de onte púxose en evidencia, para esta central sindical, a falta de previsión, de organización, de medios e a incapacidade do goberno do PP para xestionar a situación mesmo dando advertencias ou recomendacións para circular por estradas (ou para fuxir das aldeas cercadas polo lume) provocándose así unha situación de aínda maior confusión, caos e pánico. Isto obrigou ao pobo galego a organizarse máis unha vez para suplir as carencias dunha administración incompetente que coa súa ineptitude deixou un regueiro de destrución e a lamentábel morte de tres persoas. Unha situación que é intolerábel en Galiza.
 

Convocada folga no Sergas para os días 2 e 3 de novembro en demanda da recuperación dos acordos

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
folga

 

CIG-Saúde, UGT, CCOO, CSIF, SAE e SATSE desenvolverán concentracións os días 19 e 25 de outubro

As organizacións sindicais CIG-Saúde, UGT, CCOO, CSIF, SAE e SATSE anunciaron esta mañá en rolda de prensa a convocatoria de folga no Sergas para os días 2 (o inicio efectivo será ás 22:00 horas do día 1, cando comeza a quenda de noite) e 3 de novembro e concentracións previas os días 19 e 25 de outubro. Segundo explicou a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, a convocatoria responde á negativa da consellaría de Sanidade e da propia Xunta de Galiza “a sentar sequera a negociar un calendario para recuperar os acordos retributivos e a carreira profesional”.

Abuín denunciou que con esta negativa “o sr. Feijóo condena o persoal do Sergas, non só a ter peores salarios que o resto de servizos de saúde do Estado, senón tamén do conxunto de empregados/as da Xunta de Galiza”. Por iso, sinalou, “non nos queda máis remedio que convocar folga para reclamar uns salarios que realmente retribúan as nosas condicións de traballo”. 

A secretaria nacional de CIG-Saúde Abuín lembrou que no ano 2008 –durante o goberno bipartito- as organizacións sindicais asinaron un acordo de equiparación salarial que permitía situar os seus complementos retributivos de atención continuada, polos que se pagan as noites, os festivos e as gardas, na media dos servizos de saúde do Estado español. Ese acordo contemplaba ademais un incremento salarial, en cinco anos, para igualar –case- o complemento específico do persoal do SERGAS co resto de traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza.

Porén eses acordos foron suspendidos tras da chegada ao goberno do PP e a día de hoxe, malia o propio Feijóo asegurar que xa se superou a crise, non hai intención algunha de recuperalos. A consecuencia é que, segundo sinalou Abuín, mentres todo o persoal da administración pública ten, xunto co salario base, os trienios, o complemento de destino -que se articula en niveis- e o complemento específico -que se paga en función dese nivel atendendo ás condicións particulares do posto de traballo: dificultade técnica, responsabilidade, dedicación e penosidade- “a maioría do persoal do Sergas teña unha retribución equivalente ao nivel 10 que cobra o persoal da Xunta de Galiza, independentemente do nivel que teñamos”.

A modo de exemplo, Abuín asegurou que, “sexas enfermeiro/a especialista ou de coidados xerais, que teñen nivel 23 ou 21, o seu nivel de complemento específico é de nivel 16, igual que un auxiliar administrativo da Xunta de Galiza”.

Igual no resto das categorías

O mesmo ocorre co resto de categorías: técnicas/os superiores de radioloxía ou laboratorio, traballadoras/es sociais ou auxiliares de enfermería que, segundo a secretaria nacional de CIG-Saúde, teñen un nivel de complemento específico de grupo E “igual que un ordenanza da Xunta de Galiza”.

Ao seu entender “é moito máis grave no caso das/os médicas/os”, que teñen un nivel 24 de complemento específico, mentres que “un/ha administrativo/a da Xunta que teña unha Xefatura, ao que se lle pide como requisito de acceso o Bacharelato, pode ter nivel 25”. Xunto a isto subliñou a peor situación na que se atopa o persoal de atención primaria porque “só cobra o 80% do valor dun festivo ou dunha noite respecto do que cobramos o resto”.

A secretaria nacional de CIG-Saúde tamén reclamou a recuperación da carreira profesional, recollida no Estatuto Marco desde o ano 2003 e tamén suspendida, e asegurou que estes datos poden ser comprobados na orde de confección de nóminas que publica cada ano a consellaría de facenda. “Estas son as retribucións que nos merecemos os excelentes profesionais que di Feijoo que ten o Servizo Galego de Saúde”, concluíu.


 

CIG-SAÚDE esixe á EOXI de Pontevedra e Salnés que non malgaste diñeiro público co Equipamento Ambulante

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Sergas1 b045ffaf41

 

CIG-SAÚDE demanda da Xerencia da EOXI Pontevedra e Salnés información sobre o que ten pensado facer co equipamento ambulante (camións quirófano) estacionado no aparcadoiro do Hospital Provincial. Fai uns días chegaron ao Hospital Provincial dous “camións quirófano” que andan a percorrer a xeografía galega como se fosen feirantes. Polo que sabemos estiveron en Ourense, Costa da Morte e a maior parte do tempo fóra de servizo.

A Consellaría de Sanidade inverteu cerca de dous millóns de euros na compra deste equipamento, chamado, “Punto de Atención-Diagnóstico Terapéutico Móbil”, e que di ter como obxectivo: cubrir as necesidade sanitarias da poboación en zonas xeograficamente afastadas do Hospital de Referencia, e reforzar os centros sanitarios. Polo que se ve xa tiñan pensando a eliminación das Áreas Sanitarias do Barco, Monforte, O Salnés e Burela, e substituílas por camións.

O SERGAS estivo a vender perante a opinión pública os beneficios que ia achegar á Sanidade Pública a adquisición deste equipamento pero a realidade veu a demostrar, o que xa denunciábamos daquela, que era unha campaña de propaganda e un gasto de recursos económicos públicos que ían a parar a mans privadas e que non servía para corrixir ningunha das deficiencias dos sistema sanitario público galego.

Parécenos lamentable o malgasto económico e de recursos humanos deste proxecto, cando moitos dos Centros de Saúde da nosa Área Sanitaria (Anafáns, Caldas, Portonovo, Sóutelo de Montes, Marín que a pesares das moitas promesas non conta cunha sala de raios, e poderiamos seguir) se atopan nun estado lamentábel, sen recursos materiais e humanos. A cobertura das ausencias do persoal de Atención Primaria estase a facer, no mellor dos casos, durante o verán e durante o resto do ano con contratos de media xornada, creando listas de espera para as consultas das/os médicas/os de familia. Con este orzamento; cantos destes centros poderían ser arranxados?, cantos poderían ser construídos? e cantos contratos se podían facer? Isto si que engadiría calidade á prestación sanitaria.

O SERGAS e a Consellaría de Sanidade utilizan como argumento para desmantelar as áreas sanitarias e para afastar as prestacións sanitarias da poboación que a proximidade aos centros sanitarios non garante a excelencia nin a calidade. E agora queren convencer á poboación que é mellor desmantelar as infraestruturas sanitarias (peche de camas, peche de quirófanos, falta de persoal) e substituír estas por un camión ambulante.

CIG-SAÚDE esixe á EOXI de Pontevedra e Salnés que non malgaste diñeiro público en instalacións que non van a resolver ningunha das moitas carencias desta área sanitaria, e que destine este diñeiro á contratación de máis persoal para dar unha prestación sanitaria de calidade.

Pontevedra, 9 de outubro de 2017

 

Programación de cursos dirixidos a desempregados/as por FORGA Pontevedra - O Salnés

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

forga

 

A programación anual de cursos dirixidos a desempregados/as (AFD 2017) ven de poñerse en marcha na comarca de Pontevedra. Achegámosvos a listaxe de cursos que se celebrarán na forGA , coas datas de previstas de impartición, por se son do voso interese:

  • Operación de Sistemas Informáticos (618h, do 06/10/17 ao 19/04/18)
  • Inglés B1 (258h, do 10/10/17 ao 11/01/18)
  • Cociña (828h, do 16/10/17 ao 22/06/18)
  • Montaxe e mantemento de Instalacións Solares Térmicas (658h, do 30/10/17 ao 10/05/18)
  • Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas (618h, 02/11/17 ao 07/05/18)
  • Transporte Sanitario (578h, do 08/11/17 ao 24/04/18)
  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (618h, do 28/11/17 ao 01/06/18)
  • Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios (528h, do 09/01/18 ao 31/05/18)
  • Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos (388h, 02/03/18 ao 18/06/18)
Para máis información podes dirixirte a forGA Pontevedra (Pol. Ind. A Reigosa) nos teléfonos 986.76.10.10 ou 674.359.926 e se desexas inscribirte nalgún deles debes dirixirte á túa oficina de emprego.
 

MANIFESTACIÓN COMARCAL CONTRA A SUPRESIÓN DA ÁREA SANITARIA DO SALNÉS

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

urx. salnés

MANIFESTACIÓN COMARCAL CONTRA A SUPRESIÓN DA ÁREA SANITARIA DO SALNÉS.

A CIG-Saúde do Salnés fai un chamamento aos veciños e veciñas da comarca a participar na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, e da que fai parte a CIG, para reivindicar a retirada do Anteproxecto de modificación de Lei de Saúde que elimina a área sanitaria do Salnés.

A manifestación terá lugar mañá venres 29 de setembro, ás 20:30 h. en Vilagarcía de Arousa, saída da Casa do Mar.

 

Xuntanzas coa Dirección. Xullo 2017 (V)

Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

xullo 2017 5

 

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>