Manifestación o 28 en Compostela

Actualidade
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

manifasantiagoManifestación o día 28 de outubro en Compostela

 

Autobuses de balde. Pregunta na túa sección sindical correspondente.

Esta convocatoria é da Plataforma Unitaria Sindical polo que podes anotarte en calquera das centrais integrantes da plataforma.

POLA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS

¡¡¡MOBILÍZATE ¡¡¡

 

Contra a privatización da Sanidade Pública

Actualidade
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

comehospital

O xoves 29 de outubro celebrarase en Vigo unha manifestación en contra da privatización do novo hospital de Vigo. Nos novos presupostos da Xunta contemplase a participación do sector privado nos hospitais de Vigo, Pontevedra e Lugo así como nos novos centros de saúde proxectados.

 

 

Mobilizacións contra dos recortes retributivos

Actualidade
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA

POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS

RESPETO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN 

CALENDARIO ACORDADO DE MOBILIZACIÓNS E ACTOS QUE A PLATAFORMA SINDICAL LEVARÁ A CABO NA DEFENSA DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.  

ACTOS:  

  • Escritos dirixidos ao presidente da xunta e á conselleira de sanidade solicitando o cumprimento dos acordos asinados
  • Solicitude de entrevista cos grupos parlamentares ( PP, PSOE, BNG ) para que a lei de orzamentos contemple a masa salarial correspondente aos acordos asinados.

MOBILIZACIÓNS:

  • Asembleas en tódolos centros o xoves 15 outubro
  • Concentracións en tódolos centros os días martes 20 outubro e venres 23 outubro
  • Manifestación en compostela o vindeiro mércores 28 outubro

PARTICIPA, XOGASTE MOITO

CCOO - CIG-SAUDE - CESM - CSIF - USAE - UGT

 

Afilíate

Actualidade
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Afíliate á CIG Saúde

Se queres afiliarte á CIG-Saúde, descarga a seguinte ficha e presentaa no teu local sindical comarcal ou na sección sindical correspondente. Lembra que a afiliación na CIG-Saúde é un acto de compromiso e solidariedade. Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran parte cos postulados e opinións nosas, e solidariedade porque a cota sindical que pagas non é a compra dun servicío senón a contribución desinteresada para o mantemento da organizacións sindical. Tamén e un acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións e actos convocados polo sindicato sempre que poidas asumilos.

 

¿E que se financia coa túa cota sindical?

Pois a adquisición de edificios e locais do sindicato, así como o seu mantemento.

As campañas de mobilización e concienciación social.

A contribución a caixa de resistencia é que se utiliza só en conflictos longos e duros, e de desgaste económico para o afiliado de inmensa contía.

Os servicios técnicos como a Asesoría Xurídica e normalización liguística.

Servicios Sociais como a Secretaría da Muller ou Atención o Emigrante retornado ou Inmigracion.

Tódolos que xere o sindicato pola súa actividade instituciónal.

 

Asesoría Xurídica:

A asesoría xurídica esixe para a súa utilización por parte do traballador unha antigüidade mínima de 6 meses, ou o pago dos mesmos se queres utilizala, nunha medida que ten como fin promocionar a afiliación de conciencia e compromiso colectivo, e non a de interese individual exclusivo.

Ademais nas demandas nas que o traballador reclama diñeiro o sindicato estableceu unhas comisións sobre os cartos reclamados no caso de que a demanda sexa estimada e que diminue atendendo a antigüidade do afiliado que no caso de ter máis de 5 anos a comisión e 0%.

 

 

 

Quén somos?

Actualidade
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

PONTEVEDRA

Secretario Comarcal de Pontevedra de CIG-Saúde

Xerman_Rouco Xermán Rouco

 

Consello Comarcal de Pontevedra de CIG-Saúde:
Xermán Rouco LLanderrozas 
Fca. Ferradás González
Fco. L. Vázquez Vizoso
Rocio Graña Tapia
Begoña Mallo Rey
Xurxo Agra Do Pazo
Silvia Pisos Otero
Representantes de Pontevedra no Consello Federal de CIG-Saúde:
Fca. Ferradás Glez
Rocio Graña Tapia
Fco. L. Vázquez Vizoso
Representante de CIG-Saúde na Dirección Comarcal de Pontevedra da Confederación:
Fernando Herrero Caramés

DELEGADO/AS ELECCIÓNS SINDICAIS 2015
ÁREA DE PONTEVEDRA
DELEGADOS/AS ELECTOS
Xermán Rouco LLanderrozas
Rocio Graña Tapia
Fernando Herrero Caramés
DELEGADOS/AS SECCIÓN SINDICAL
Begoña Mallo Rei
Paca Ferradás Glez
Bernardo Jácome Varela
ÁREA DO SALNÉS
DELEGADOS/AS ELECTOS
Guillerme Bilbao Ogando
Gardenia Rguez. Somoza
DELEGADA SECCIÓN SINDICAL
Loreto Mosquera Gómez

 

 

Podes atoparnos en:

PONTEVEDRA
Pasantaría 1  2º  36002   Pontevedra
Tlf. 986.847.610 - 986800499 Local HM
Móbil: 695.556.161 - 695.558.181
Fax: 986.865.353

 

 
O SALNÉS
Móbil: 625 557 171
Salnés: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo    -   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
 
 

CIG SAÚDE

Actualidade
Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

¿Qué é a CIG Saúde?

 

A CIG-Saúde é a Federación de Sanidade da CIG; e dicir ocúpase de tódolos asuntos sindicais que se producen no Sector da Sanidade.

Como federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo de clase e nacionalista nos que os principio de solidariedade e acción sindical global é o eixo da nosa actividade como sindicato.

Ademais os nosos obxectivos principais establecidos nos  estatutos de CIG-Saúde son os seguintes:

1) A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.

2) A defensa do carácter de servicio público da atención de saúde, e por tanto a consolidación dun sitema sanitario público, universal, gratuito e de calidade.

3) A loita contra o coorporativismo e a integración dos lexitimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de clase, e unha acción común.

4) A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean.

Como podedes observar no nosa web  para dar cauce os léxitimos intereses particulares dos diferentes colectivos existen as agrupacións ou grupos de traballo que ocúpanse de forma especializada dos intereses exclusivos que lles afectan, un exemplo de todo isto é a Agrupación Médica que defende os intereses sindicais dos traballadores médicos ante os órganos que correspondan e poñen en coñecemento do sindicato as reivindicacións do seu colectivo, sempre no eido dun sindicalismo global, de clase e solidario.

Noutros colectivos existen grupos de traballo que fan a mesma función que as agrupacións e que posibilitan as propostas sindicais do seu colectivo nunha alternativa real solidaria os sindicatos coorporativistas e nunha forma de atende-los problemas do día a día que como ben sabemos moitas veces son os que máis prexuizos e molestias ocasionan os traballadores.

No referente a organización da nosa Federación podemos resumila da seguinte forma:

1.-Son órganos nacionais de governo da CIG-Saúde:

a) O Congreso

b) O Consello Federal

c) A Executiva Federal

2.- Son órganos comarcais de governo da CIG-Saúde:

a)    A Asemblea Comarcal

b)    O Consello Comarcal

3.- Son órganos locais de governo da CIG-Saúde:

a)    A Asemblea Local

b)    O Consello Local

3.- É órgano unipersoal da CIG-saúde:

a)     A Secretaría Nacional

b)     A Secretaría Comarcal

c)     A Secretaría Local

 

 

 

<< Inicio < Anterior 61 Seguinte > Final >>