Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

A Comisión de Centro de Primaria e a Comisión de Centro de Especializada da Área Norte de Pontevedra acordan apoiar e facer un chamamento aos traballadores e traballadoras a participar, na manifestación do día 3 ás 12 h en Santiago de Compostela, en defensa dunha Sanidade Pública e Universal. Rexeitamos e denunciamos os recortes en materia sanitaria, que están a levar a cabo o goberno do Estado e da Xunta de Galiza.

O actual escenario no Complexo Hospitalario de Pontevedra é dun deterioro importante, peche de camas e un recorte brutal nas substitucións dos profesionais. Todo isto lévanos a un aumento das listas de espera, ao desvío de pacientes a privada e á perda de postos de traballo.

Estas medidas pretenden o desmantelamento do Sistema Sanitario Público é Universal. Prexudican gravemente aos profesionais na medida que precarizan as relacións laborais, desmotivan e desmoralizan, cunhas consecuencias nefastas para a calidade asistencial.

Manifa_3_de_Xuo

* Haberá autobuses que sairán dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra as 10.30h.

* Reserva de prazas: 986.85.29.50 - 986.84.76.10