Partillar no Chuza!Partillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo

Como sabedes desde a entrada en vigor das novas listaxes de contratación xeradas coa aplicación do novo pacto de contratacións, os chamamentos das áreas de Pontevedra e Salnés fanse desde a Área de Xestión Integrada de Pontevedra Salnés. O servizo de persoal publica diariamente a orde de chamamentos na Intranet do CHOP, pero so se poden visualizar desde un ordenador do CHOP.

A partires de hoxe, CIG-Saúde vai tentar mantervos informados dos chamamentos coa mesma frecuencia que se publiquen na intranet. Para isto creamos unhas carpetas virtuais en Google Drive onde poderedes acceder aos chamamentos das listaxes que se vaian publicando.

Para ver os chamamentos pinchade na carpeta que queirades e logo abride a lista que queredes visualizar:

Listaxes chamamentos CHOP

Listaxes chamamentos SALNÉS

Tentaremos que o acceso se faga de xeito máis doado, pero polo momento é o que podemos ofrecer. Aceptamos ideas e críticas.